DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2025 Páx. 32775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución aprobatoria do deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Curro (Barro) e San Xoán de Poio (Poio) (expediente DC22049).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Curro (Barro) e San Xoán de Poio (Poio), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 28.9.2022, o presidente da CMVMC de Curro presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Curro (Barro) e a CMVMC de San Xoán de Poio (Poio).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Curro (ID Monte: 2453) da CMVMC de Curro.

– MVMC de San Xoán de Poio (ID monte: 3003) da CMVMC de San Xoán de Poio.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia:

• Acta do deslindamento o 6.9.2022.

• Acta de conciliación núm. 4/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Poio do 24.3.2023.

• Certificado do secretario da CMVMC de Curro coa conformidade do presidente do 2.9.2024 da aprobación na asemblea xeral do 24.2.2023.

• Certificado do secretario da CMVMC de San Xoán de Poio coa conformidade do presidente do 26.8.2024 da aprobación na asemblea xeral do 27.11.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 27.6.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 740 do COETF de Galicia. As emendas realizadas producen a modificación dela.

Informe de validación gráfica catastral 64WGKH16FGQ0C6B9 e P6A547725QF5S6VF inclúen as modificacións dos expedientes DC22050 e DC22049.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 50 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 01 – x: 525.235,06 y: 4.703.036,78

Punto 02 – x: 525.249,73 y: 4.702.988,93

O punto 02 (x: 525.266,01 y: 4.702.935,80) inicialmente proposto polas comunidades invade lixeiramente o esbozo do estudo previo de clasificación do monte veciñal da CMVMC de Campañó. O Servizo de Montes de oficio recúa a liña de deslindamento ata o punto 02 (x: 525.249,73 y: 4.702.988,93) respectando deste xeito o antedito esbozo.

O deslindamento está formado por un único tramo. O punto 01 é coincidente co punto 01 do expediente DC22067 (deslindamento entre a CMVMC de Santo Tomé de Nogueira e a CMVMC de San Xoán de Poio) é coincidente co punto 1 do expediente DC22050 (deslindamento entre a CMVMC de Curro e a CMVMC de Santo Tomé de Nogueira). Neste punto converxen a CMVMC de Curro, a CMVMC de San Xoán de Poio e a CMVMC de Santo Tomé de Nogueira.

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambas e non afecta terceiros propietarios.

A liña do deslindamento non respecta exactamente a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Barro e Poio.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación:

– A CMVMC de Curro presenta un axuste desde o punto inicial 01 coincidente co deslindamento DC22050.

– A CMVMC de San Xoán de Poio presenta un axuste desde o punto inicial 01 coincidente co deslindamento DC22067.

– O persoal do Servizo de Montes realizada de oficio unha modificación dos axustes presentadas polas comunidades desde o punto final 02 para pechar o deslindamento coa cartografía existente de cada unha das comunidades (respectando o esbozo da CMVMC de Campañó).

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Curro (Barro) e San Xoán de Poio (Poio), nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigo 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigo 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 21 de maio de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra