O 12 de xullo do 2024 a Dirección Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgaron as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica reforma do CT 12742 Fab Muebles no Concello de Guitiriz.
Posteriormente a beneficiaria (Begasa), con data 13 de setembro do 2024, solicitou a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.
Por isto, co obxecto de que o Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria declare a utilidade pública, en concreto, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, e para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: Reforma CT 12742 Fab Muebles (Guitiriz).
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa).
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, P.I. As Gándaras, 27003 Lugo.
Características técnicas principais:
• Líña soterrada de alta tensión a 20 kV a CT 12742 Fab Muebles con orixe no PAS instalado no apoio proxectado tipo C-2000/14 e final no Novo CT 12742 Fab. Muebles, cunha lonxitude de 150 metros en condutor HEPRZ1-150 mm.
• Centro de transformación prefabricado 12742 Fab Muebles, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA (recuperado), relación de transformación 20.000/400-230V.
• Desmontaxe dun van de condutor, desmontaxe do apoio HV con XS S14675 e desmontaxe da aparamenta do CT 12742 Fab. Muebles.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, de 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 144 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.
A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía deste Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello de Guitiriz. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/guitiriz
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito aos únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160 do 27 de xuño).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 2 de xuño de 2025
O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria de Lugo
ANEXO RBD
|
Nº |
Ref. catastral |
Pol. |
Parc. |
Lugar |
Concello |
Titular proposto |
Tipo de cultivo |
LATS sup. (m²) |
CT sup. |
Sup. oc. temp. por obras e accesos (m²) |
|
2 |
27022A12500161 |
125 |
161 |
Porto Cando |
Guitiriz |
Fiscal Audiencia Provincial de Lugo (rpta. descoñecido) |
Prado |
23 |
- |
177 |
|
3 |
1016604NH9811N |
125 |
161 |
CR Vella-Vista Alegre |
Guitiriz |
Fiscal Audiencia Provincial de Lugo (rpta. descoñecido) |
Improdutivo |
27 |
11 |
245 |
