DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2025 Páx. 33559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2025/019-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que se describe a seguir, tal e como se recolle no proxecto asinado o día 27.2.2025 en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOEIG, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: substitución CT Penarredonda-32C703 (Ourense).

Situación: rúa Bispo Blanco Nájera, Ourense.

Orzamento: 63.556,96 €.

Características técnicas:

– Desmonte do CT Penarredonda-32C703, do tipo caseta de obra civil e con transformador de 400 kVA, que se substitúe por un novo centro de transformación, do tipo prefabricado compacto en superficie de manobra exterior con envolvente de formigón 2L+1P e con transformador de 400 kVA. O novo centro de transformación situarase na mesma parcela que o actual, con acceso desde a vía pública de circulación, nas coordenadas UTM ETRS89 H29 X: 594.269; Y: 4.687.213.

– Conexión dos condutores existentes da LMTS BBA803, do tipo RHZ1-150, ás celas de liña do novo centro de transformación proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que las personas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 21 de maio de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense