DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2025 Páx. 33674

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se publica a Resolución do 5 de xuño de 2025 de concesión de axudas convocadas mediante a Orde do 27 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT130A),

No Diario Oficial de Galicia núm. 31, do 14 de febreiro de 2025 publícase a Orde do 27 de xaneiro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT130A).

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e, por outra, a convocatoria das axudas para o ano 2025.

O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

De conformidade coa disposición adicional segunda, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na persoa titular da Dirección Xeral de Cultura para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde.

Tal e como establece o artigo 12 da Orde o prazo máximo para ditar e notificar ás persoas interesadas a resolución expresa non poderá superar os cinco meses, segundo establece o artigo 23.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O prazo computarase a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Ademais, en aplicación do artigo 13 da orde de convocatoria, a resolución de adxudicación será notificada mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.

Así mesmo, e en aplicación do artigo 14, serán igualmente obxecto de publicidade a través do Portal de cultura da páxina web da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, https://www.cultura.gal/gl/servizos e do Portal de arquivos de Galicia, https://arquivosdegalicia.xunta.gal

Unha vez instruído o procedemento e tras a proposta de resolución, con data do 26 de maio de 2025, o órgano competente emite a resolución das subvencións convocadas.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 5 de xuño de 2025, de concesión de subvencións destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT130A), que se xunta como anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 5 de xuño de 2025, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Terceiro. Comunicar que a resolución de adxudicación será notificada mediante esta publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación substituirá á notificación persoal e producirá os mesmos efectos.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2025

Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO

Resolución do 5 de xuño de 2025 de concesión de axudas convocadas mediante a Orde do 27 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2025
(código de procedemento CT130A)

Feitos:

1. O 14 de febreiro de 2025 publícase no DOG núm. 31 a Orde do 27 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT130A).

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e, por outra, a convocatoria das axudas para o ano 2025.

2. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, recibíronse un total de 42 solicitudes, das que 9 son de entidades privadas sen fin de lucro e 33 de entidades locais.

Unha vez examinada a documentación e formulados os requirimentos necesarios, procédese á avaliación das solicitudes nas reunións da Comisión Técnica de Avaliación realizadas os días 15 de abril e 14 de maio de 2025.

3. O 26 de maio de 2025 a Comisión Técnica de Avaliación emite un informe de avaliación segundo o regulado no artigo 10.3 da orde de convocatoria.

4. Como resultado da aplicación dos criterios de avaliación obtívose unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren coas condicións establecidas nas bases da convocatoria.

Fundamentos xurídicos:

1. A Orde do 27 de xaneiro de 2025 establece as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos da Comunidade Autónoma de Galicia, e procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT130A).

2. Para a financiación destas subvencións existe un crédito adecuado e suficiente na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2025, cunha contía total de cento oitenta e cinco mil euros (185.000,00 €), que se imputarán aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 nas aplicacións orzamentarias 13.03.432A.760.0 (150.000,00 €) e 13.03.432A.781.0 (35.000,00 €).

3. O proxecto obxecto de subvención será cofinanciado entre a entidade solicitante e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 7.000,00 € por proxecto, que en ningún caso poderá exceder o 80 % do orzamento total do proxecto que se vaia realizar.

4. O procedemento para a concesión das subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, tal e como establece o artigo 10 da orde reguladora, aplicando os criterios de valoración recollidos no artigo 9.

5. O órgano instrutor, con base no informe da comisión técnica de avaliación, tendo en conta as bases da convocatoria, eleva a súa proposta de concesión de subvencións ao órgano encargado de resolver o procedemento.

6. Correspóndelle ao director xeral de Cultura, por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, logo da proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, a competencia para a adxudicación das axudas mediante a correspondente resolución, tal e como establece a disposición adicional segunda da Orde do 27 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2025.

Con base en todo o anterior, e vista a proposta de resolución,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións ás entidades que se relacionan no anexo I e que se divide en dúas epígrafes:

a) Entidades locais que acadan a puntuación suficiente para obter axuda, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos nos artigos 9 e 11 da Orde do 27 de xaneiro de 2025.

b) Entidades privadas sen fin de lucro que acadan a puntuación suficiente para obter axuda, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos nos artigos 9 e 11 da Orde do 27 de xaneiro de 2025.

Segundo. Aprobar a listaxe de entidades que non resultaron adxudicatarias tendo en conta o límite de crédito establecido na orde, entidades que se relacionan no anexo II e que se divide en dúas epígrafes:

a) Entidades locais que non resultaron adxudicatarias, tendo en conta o límite de crédito establecido na orde, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos nos artigos 9 e 11 da Orde do 27 de xaneiro de 2025.

b) Entidades privadas sen fin de lucro que non resultaron adxudicatarias, tendo en conta o límite de crédito establecido na orde, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos nos artigos 9 e 11 da Orde do 27 de xaneiro de 2025.

Terceiro. Aprobar a listaxe de solicitudes excluídas e as causas de exclusión, incluíndo as solicitudes que non se axustan ao obxecto, finalidade e requisitos recollidos nos artigos 1 e 3 da orde, que figuran no anexo III.

Cuarto. As entidades adxudicatarias propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días para a súa aceptación desde a publicación desta resolución, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, agás que no mesmo prazo se comunique de xeito formal e expreso a renuncia á subvención concedida, debidamente asinada polo representante da entidade beneficiaria; se a renuncia non se comunica expresamente no citado prazo, a entidade beneficiaria queda comprometida a realizar o investimento, agás causas de forza maior aceptadas pola Comisión de Valoración e, de non facelo, incorrerá nas responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Quinto. Esta resolución finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Alternativamente, esta resolución poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Orde do 27.1.2025; DOG núm. 31, do 14 de xaneiro), Anxo M. Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura.

ANEXO I

a) Listaxe das entidades locais adxudicatarias, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos nos artigos 9 e 11 da Orde do 27 de xaneiro de 2025.

Orde

Solicitantes

NIF

Puntos

Axuda concedida en €

1

Concello do Irixo

P3203600F

8,53 puntos

7.000,00 €

2

Concello de Caldas de Reis

P3600500G

8,32 puntos

6.252,67 €

3

Concello de Rodeiro

P3604700I

8,14 puntos

6.960,53 €

4

Concello de Quiroga

P2705000D

7,50 puntos

6.776,00 €

5

Concello de Bande

P3200700G

7,50 puntos

7.000,00 €

6

Concello de Vilar de Barrio

P3209000C

7,03 puntos

6.899,90 €

7

Concello de Calvos de Randín

P3201700F

7,01 puntos

6.999,86 €

8

Concello de Viveiro

P2706700H

6,80 puntos

6.969,96 €

9

Concello de Cambados

P3600600E

6,50 puntos

6.776,00 €

10

Concello de Fisterra

P1503800C

6,50 puntos

5.118,30 €

11

Concello de Irixoa

P1504000I

6,50 puntos

5.600,00 €

12

Concello de Val do Dubra

P1508900F

6,50 puntos

7.000,00 €

13

Concello de Ourense

P3205500F

6,38 puntos

6.999,77 €

14

Concello de Mesía

P1504800B

6,15 puntos

6.975,00 €

15

Concello das Somozas

P1508200A

6,00 puntos

6.953,64 €

16

Concello de Negreira

P1505700C

6,00 puntos

7.000,00 €

17

Concello de Ribadumia

P3604600A

5,71 puntos

7.000,00 €

18

Concello de Pontecesures

P3604400F

5,50 puntos

7.000,00 €

19

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

5,50 puntos

5.544,82 €

20

Concello de Chantada

P2701600E

5,49 puntos

4.000,00 €

21

Concello de Muxía

P1505300B

5,30 puntos

5.600,00 €

22

Concello de Castroverde

P2701100F

5,02 puntos

7.000,00 €

23

Concello de Ordes

P1506000G

5,00 puntos

6.573,55 €

b) Listaxe das entidades privadas sen fin de lucro adxudicatarias, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos nos artigos 9 e 11 da Orde do 27 de xaneiro de 2025.

Orde

Solicitantes

NIF

Puntos

Axuda concedida en €

1

Diocese de Lugo

R2700002E

5,50 puntos

6.918,63 €

2

Fundación Isla Couto

G36680437

5,00 puntos

7.000,00 €

3

Asociación Cultural Fundación Penzol

G36623171

4,72 puntos

2.700,00 €

4

Fundación para el Fomento del Conocimiento de la Construcción Naval y de las Actividades Marítimas Exponav

G15944564

4,37 puntos

7.000,00 €

5

Fundación Clúster de Conservación de Productos del Mar

G36998896

4,00 puntos

7.000,00 €

6

Fundación 10 de Marzo

G15338080

3,11 puntos

4.381,37 €

ANEXO II

a) Listaxe das entidades locais non adxudicatarias, tendo en conta límite de crédito establecido na orde, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos nos artigos 9 e 11 da Orde do 27 de xaneiro de 2025

Solicitantes

NIF

Total puntos

Concello de Noia

P1505800A

4,67 puntos

Concello de Abegondo

P1500100A

4,53 puntos

Concello de Valdoviño

P1508800H

4,50 puntos

Concello de Narón

P1505500G

4,03 puntos

Concello de Valga

P3605600J

4,00 puntos

Concello de Ribeira

P1507400H

2,94 puntos

Concello de Rianxo

P1507300J

1,68 puntos

Concello de Ponteareas

P3604200J

1,50 puntos

b) Listaxe das entidades privadas sen fin de lucro non adxudicatarias, tendo en conta límite de crédito establecido na orde, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos nos artigos 9 e 11 da Orde do 27 de xaneiro de 2025.

Solicitante

NIF

Total puntos

Fundación Luis Tilve

G15169949

3,00 puntos

Fundación Uxío Novoneyra

G27407238

1,22 puntos

ANEXO III

Listaxe de solicitudes excluídas e as causas de exclusión, incluíndo as solicitudes que non se axustan ao obxecto, finalidade e requisitos recollidos nos artigos 1 e 3 da Orde do 27 de xaneiro de 2025.

Entidades locais:

Solicitante

NIF

Causa de exclusión

Concello de Rairiz de Veiga

P3206800I

Incorrer na exclusión recollida no artigo 1 da orde de convocatoria

Concello de Padrón

P1506600D

Renuncia

Entidades sen fin de lucro:

Solicitante

NIF

Causa de exclusión

Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional

G36741049

Incorrer na exclusión recollida no artigo 1 da orde de convocatoria