DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2025 Páx. 34442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución aprobatoria do deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común da Lama e Antas (A Lama) (expediente DC22116).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) da Lama e Antas (A Lama), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 28.9.2022, o presidente da CMVMC da Lama presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC da Lama e a CMVMC de Antas ambas no concello da Lama. O 30.9.2022, o presidente da CMVMC de Antas presenta solicitude do mesmo deslindamento.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC da Lama (ID: 2814) da CMVMC da Lama.

– MVMC de Antas (ID: 2808) da CMVMC de Antas.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

• Acta do apeo do deslindamento do 30.6.2022.

• Acta de conciliación núm. 4 entre as comunidades no Xulgado de Paz da Lama do 15.2.2023.

• Certificado do 15.5.2023 do secretario da CMVMC da Lama coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 15.10.2022.

• Certificado do 25.9.2022 do secretario da CMVMC de Antas coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 25.9.2022.

• Memoria descritiva presentada pola CMVMC de Antas co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 30.6.2022 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado núm. 296 do COETF de Galicia. A CMVMC da Lama presenta outra memoria descritiva asinada o 25.5.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 740 do COETF de Galicia. Ambas as memorias son complementarias.

• Informes de validación gráfica catastral con CSV: 928JAGZ75WYHF75P.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 223 metros, e está composta polos seguintes puntos:

Punto 1 – x: 547.149,94 y: 4.694.570,87

Punto 2 – x: 547.159,55 y: 4.694.700,34

Punto 3 – x: 547.096,33 y: 4.694.769,02

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considerase que non afecta terceiros propietarios.

O deslindamento está formada por un tramo único. O dito deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Antas: o expediente de revisión de esbozo RE22059 xa recolle o deslindamento actual.

– CMVMC da Lama: presenta un axuste desde o punto final 3 para pechar a liña de deslindamento coa cartografía existente e o Servizo de Montes de oficio modifica o axuste presentado desde o punto inicial 1 para respectar a avinza 16/2010 entre a CMVMC de Xende e a CMVMC da Lama.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC da Lama e a CMVMC de Antas, ambas no concello da Lama, nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto no artigo 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo co artigo 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 28 de maio de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra