O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Toutón (Mondariz) e Fozara (Ponteareas), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 30.9.2022, o presidente da CMVMC de Toutón presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Toutón, no concello de Mondariz e a CMVMC de Fozara, no concello de Ponteareas. Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Toutón (ID 2846) da CMVMC de Toutón, Mondariz.
– MVMC de Terreiro, Cháns, Outeiro e Serra (ID 3012) da CMVMC de Fozara, Ponteareas.
Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 9.8.2022, asinada o 8.3.2024.
– Papeleta do 14.9.2022 e acta de conciliación núm. 493/2022 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 3 de Ponteareas, Decreto 101-2023, do 25.5.2023.
– Certificado do 21.2.2024 da secretaria da CMVMC de Toutón coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 25.7.2022.
– Certificado do 8.3.2024 do secretario da CMVMC de Fozara coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 24.4.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, coas fotos dos puntos levantados sobre o terreo, asinada o 30.9.2022 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado núm. 568 do COETF de Galicia.
– Informe de validación gráfica catastral con CSV: G41G970K8AG9SD2Q e R5FS5A73GGZXE8S1.
Segundo. Os puntos levantados no campo, en coordenadas UTM ETRS89 (zona 29N), de acordo coas dúas comunidades e que se corresponden con puntos identificados con fitos sobre o terreo, son os seguintes:
Punto 1 – x: 540.571,33 y: 4.677.463,32
Punto 2 – x: 540.658,11 y: 4.677.425,65
Punto 3 – x: 540.769,62 y: 4.677.300,40
Punto 4 – x: 540.836,45 y: 4.677.173,26
Punto 5 – x: 540.840,26 y: 4.677.166,07
Punto 6 – x: 540.929,80 y: 4.677.018,13
Punto 7 – x: 540.955,60 y: 4.676.990,44
No traballo de gabinete establécense puntos de deslindamento secundarios para respectar as áreas afectadas por dominio público de estradas. Estes puntos son:
|
Número |
X |
Y |
|
4a |
540.834,84 |
4.677.176,32 |
|
5a |
540.847,78 |
4.677.153,64 |
Esta liña de deslindamento entre Toutón e Fozara coincide no punto 1 de coordenadas (X:540571,33 e Y: 4677463,32) coa liña de deslindamento Fozara-Paredes (expediente C22001), xa aprobada polo Xurado de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra na reunión que tivo lugar o 14.6.2022.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 599 metros, do punto 1 ao 7, e interrómpese do 4a ao 5a polo dominio público da estrada.
A liña de deslindamento corresponde cos seguintes puntos:
|
Número |
X |
Y |
|
1 |
540.571,33 |
4.677.463,32 |
|
2 |
540.658,11 |
4.677.425,65 |
|
3 |
540.769,62 |
4.677.300,40 |
|
4a |
540.834,84 |
4.677.176,32 |
|
4 |
540.836,45 |
4.677.173,26 |
|
5 |
540.840,26 |
4.677.166,07 |
|
5a |
540.847,78 |
4.677.153,64 |
|
6 |
540.929,80 |
4.677.018,13 |
|
7 |
540.955,60 |
4.676.990,44 |
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que non existe colindancia entre ambos desde o punto 2 ao 7, pero tanto a CMVMC de Toutón como a CMVMC de Fozara ten presentadas solicitudes de revisión de esbozo no ano 2024 que xustifican esa colindancia.
A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía do esbozo de clasificación de Toutón e de Fozara, pero non se realiza o axuste ata aprobar as revisións de esbozo das dúas comunidades.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC Toutón, no concello de Mondariz e a CMVMC de Fozara, no concello de Ponteareas, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto no artigo 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo co artigo 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 28 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
