DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 1 de xullo de 2025 Páx. 36575

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 24 abril de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508B).

A consellería con competencias en materia de cultura, lingua e xuventude convocou, para o ano 2025, a través da Orde do 24 de abril de 2025 as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado (Diario Oficial de Galicia núm. 87, do 8 de maio).

O artigo 6 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 7 da Orde do 24 de marzo de 2025 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 8 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da notificación do dito requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 14 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento de emenda de solicitudes ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 19 de xuño de 2025, en que se relacionan as entidades que deben emendar a solicitude e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa ás entidades solicitantes que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2025

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

• Convocatoria: Orde do 24 de abril de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508B).

• Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 24 de abril de 2025.

• Data do acto: 19 de xuño de 2025.

• Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

• Efectos: as entidades solicitantes que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

• Relación de expedientes:

Nº de expediente

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508B 2025/076

Somosterra, Sociedade Cooperativa Galega

F27874528

– Proxecto de actividades: adaptar as datas do proxecto ao indicado no artigo 2.

– Anexo I ou proxecto de actividades: adaptar o orzamento total e o solicitado.

BS508B 2025/086

Asociación Proxecto Máscaras

G70401518

– Proxecto de actividades (artigo 7.1).

BS508B 2025/091

Asociación de Celíacos de Galicia, Acega

G15675960

– Anexo I e proxecto de actividades: o número de persoas voluntarias e persoas beneficiarias indicadas en cada un deles non coincide (artigo 7.1).

BS508B 2025/094

Asociación Altaír Galiza

G27439124

– Anexo I e proxecto de actividades: adaptar o orzamento solicitado (artigo 5.3).

BS508B 2025/098

Asociación Cultural Xaquedrum

G27336353

– Anexo I e proxecto de actividades: adaptar as datas do proxecto ao indicado no artigo 2.