DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 2 de xullo de 2025 Páx. 36823

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, pola que se publica a Resolución do 23 de xuño de 2025, que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións convocadas mediante a Orde do 18 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI431A e SI431E).

No Diario Oficial de Galicia número 62, do 31 de marzo de 2025, publicouse a Orde do 18 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI431A e SI431E).

Para a concesión destas axudas destínanse 630.000,00 euros, que se imputan ás aplicacións orzamentarias seguintes:

Liña de subvención

Aplicación

Cód. proxecto

Importe (€)

Liña 1-SI431A

08.06.313D.481.1

2023 0098

450.000,00

Liña 2-SI431E

08.06.313D.481.1

2012 0931

180.000,00

Total

630.000,00

Durante a fase de instrución das solicitudes recibidas na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, e unha vez feitas as emendas e comprobado o cumprimento dos requisitos establecidos, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano regulado no artigo 15 da convocatoria.

O órgano instrutor, tras a baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 15.4, elevou ao órgano competente, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional primeira para resolver os procedementos de concesión, emitiu a correspondente resolución o 23 de xuño de 2025.

Segundo o regulado no artigo 19, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 23 de xuño de 2025, ditada ao abeiro da Orde do 18 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI431A e SI431E), e que se xunta a esta resolución no anexo.

2. Comunicar que a Resolución do 23 de xuño de 2025 pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O recurso contencioso-administrativo non se poderá interpoñer ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2025

Roberto Barba Alvedro
Director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero

ANEXO

Resolución do 23 de xuño de 2025, que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións convocadas mediante a Orde do 18 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI431A e SI431E)

Antecedentes:

Primeiro. O 31 de marzo de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 18 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI431A e SI431E).

Segundo. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar para o ano 2025 as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Coa dita finalidade establécense dúas liñas de subvencións:

a) Liña 1: proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431A).

b) Liña 2: proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431E).

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.2 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuarto. De acordo co establecido no artigo 15.4 da Orde do 18 de marzo de 2025, unha vez avaliados os expedientes segundo os criterios de valoración establecidos na orde, a Comisión de Valoración emitirá un informe segundo o cal o órgano instrutor formulará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver a concesión ou a denegación da axuda solicitada, propoñendo a concesión da subvención segundo a orde de puntuación e polo importe da axuda que corresponda ata esgotar o crédito.

No caso de existiren solicitudes susceptibles de axuda pero que non se inclúen na proposta anterior por terse esgotado o crédito dispoñible, quedarán en reserva para seren atendidas no suposto de que quedase crédito libre por producirse algunha renuncia, ou por modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ou ben por incremento do crédito orzamentario destinado a esta subvención, de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado nesta base.

No caso de que unha solicitude de axudas comprenda gastos para os que non exista crédito suficiente, poderase estimar parcialmente. De producirse a ampliación ou redistribución de créditos a que se refire o parágrafo 4 do artigo 2, poderanse atender as solicitudes que non puidesen ser estimadas na súa integridade, por orde de presentación.

Así mesmo, no caso de quedar crédito libre despois de adxudicar a contía que corresponda a cada unha das entidades que resulten beneficiarias da subvención, e sempre que non exista lista de agarda, poderá repartirse entre elas a partes iguais de xeito que se manteña a proporcionalidade derivada da aplicación dos criterios de baremación, co límite da contía máxima da axuda ou, de ser inferior, da contía solicitada.

Quinto. De acordo co establecido no artigo 17.1 das bases reguladoras, a concesión das subvencións obxecto da Orde do 18 de marzo de 2025 será resolta pola persoa titular da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, por proposta do órgano instrutor e unha vez fiscalizada a proposta pola Intervención Delegada.

Sexto. Segundo o artigo 17.4 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución destas subvencións será publicada no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.

Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida polo órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto pola Intervención Delegada, o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, en virtude da competencia delegada na disposición adicional primeira para resolver os procedementos de concesión,

RESOLVE:

Primeiro

1. Conceder as axudas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (liña 1-procedemento SI431A), que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 16.1 da convocatoria, pola contía que se reflicte no anexo, por un importe total de 450.000,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 08.06.313D.481.1, proxecto 2023 0098.

Nesta liña, de conformidade co regulado no artigo 18 da convocatoria, estímase parcialmente a solicitude da Asociación Diversidades, por non existir crédito suficiente.

2. Conceder as axudas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I, para o desenvolvemento de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes (liña 2-procedemento SI431E), como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 16.2 da convocatoria, pola contía que se reflicte no anexo, por un importe total de 180.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 08.06.313D.481.1, proxecto 2012 0931.

Segundo. Denegar as solicitudes que se relacionan no anexo II con indicación da causa específica, por non cumpriren algún dos requisitos establecidos no artigo 4 das bases reguladoras das axudas.

Terceiro. Informar as entidades beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) As axudas da liña 1-procedemento SI431A, están cofinanciadas pola Unión Europea nunha porcentaxe do 60 % no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, obxectivo político 4: Unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo dos dereitos sociais; prioridade 2: inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específico ES04.8: fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos; medida 2.H.02: axudas para atención integral da explotación sexual e trata.

O método de cálculo para a concesión e a xustificación destas axudas será o de custos simplificados, consonte o disposto nos artigos 53.1.b), 55.2.a), 53.3.a) i), 53.1.d), e 56.1 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e Política de Visados.

b) As axudas da liña 2-procedemento SI431E, están financiadas con fondos finalistas do Estado procedentes do Ministerio de Igualdade, no marco da Conferencia Sectorial de Igualdade, correspondentes á Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

c) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, as subvencións para as actuacións recollidas nesta convocatoria son incompatibles con calquera outra axuda pública, ou incentivo á contratación, para a mesma actuación de gasto.

d) As entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas e requisitos exixidos na Orde do 18 de marzo de 2025 e, de xeito particular, deben cumprir os seguintes requisitos:

a. Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

b. Carecer de ánimo de lucro.

c. Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.

d. Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.

e. Cumprir os requisitos e condicións establecidos nesta orde e na normativa xeral de subvencións.

Todos os requisitos exixidos deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución dos proxectos subvencionados.

e) No artigo 25 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

f) Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación, comprometéndose a executar o proxecto ou actuación subvencionada no prazo e condicións establecidos na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

g) De acordo co establecido no artigo 24 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez publicada a resolución de concesión. As entidades beneficiarias quedan exoneradas da obriga de constituír garantías.

Unha vez presentada a xustificación, procederase ao libramento final da axuda concedida, pola contía que corresponda, deducido, de ser o caso, o importe aboado en concepto de anticipo.

h) O período de referencia para a imputación dos gastos relativos será o seguinte:

– Para a liña 1-procedemento SI431A, do 1 de outubro de 2024 ao 30 de setembro de 2025.

– Para a liña 2-procedemento SI431E, do 1 de xaneiro de 2025 ao 31 de outubro de 2025.

i) A xustificación presentarase con data límite:

– Para a liña 1-procedemento SI431A, o 4 de outubro de 2025.

– Para a liña -procedemento SI431E, o 10 de novembro de 2025.

A falta de presentación da xustificación nos prazos establecidos comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

j) A documentación para a xustificación destas axudas é a que se indica no artigo 23.1.1 para a liña 1-procedemento SI431A e no artigo 23.1.2 para a liña 2-procedemento SI431E.

Cuarto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional primeira da Orde do 18 de marzo de 2025; DOG núm. 62, do 31 de marzo). Roberto Barba Alvedro, director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero.

ANEXO I

Concesións

Procedemento SI431A-liña 1: proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431A).

Expediente

Entidade solicitante

NIF

Programa

Data inicio programa

Data fin programa

Mulleres a atender

Puntuación total

Importe concesión

SI431A-2025-00000001-00

Asoc Aliad Ultreia

G27021120

Programa Donas, de atención integral a mulleres en situación de explotación sexual

1.10.2024

30.9.2025

52

93

55.999,96 €

SI431A-2025-00000003-00

Cáritas Diocesana de Ourense

R3200098F

Apoio terapéutico 2025: promovendo a atención integral

1.10.2024

30.9.2025

27

92

29.056,74 €

SI431A-2025-00000010-00

Fundación Solidaridad Amaranta

G84913946

Atención psicosocial mulleres en situación de explotación sexual e/ou vítimas de trata con fins de explotación

1.10.2024

30.9.2025

52

89

55.975,18 €

SI431A-2025-00000002-00

Cáritas Diocesana de Santiago

R1500053B

Arco da vella, atención integral a mulleres vtsh con fins de explotación sexual e/ou vítimas explotación sexual

1.10.2024

30.9.2025

52

86

55.995,17 €

SI431A-2025-00000004-00

Médicos del Mundo

G79408852

Atención sociosanitaria e detección de barreiras de acceso aos sistemas de saúde en persoas migrantes e/ou vítimas de trata con fins de explotación sexual

1.10.2024

30.9.2025

46

78

48.995,77 €

SI431A-2025-00000008-00

Ecos do Sur

G15354483

Programa Afrodita 2025

1.10.2024

30.9.2025

46

77

48.873,37 €

SI431A-2025-00000006-00

Hermanas Oblatas del Santísimo Redentor, Ferrol

R1500092J

Proxecto Roniera

1.10.2024

30.9.2025

45

76

46.938,64 €

SI431A-2025-00000005-00

Cruz Roja Española

Q2866001G

Intervención integral con persoas en contornas de prostitución

1.10.2024

30.9.2025

46

76

48.999,97 €

SI431A-2025-00000009-00

Faraxa Pola Abolición da Prostitución

G27728658

«Cara a diante 10»: atención social integral no centro de atención dirixido a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/o vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/o laboral na Comunidade Autónoma de Galicia.

1.10.2024

30.9.2025

42

73

41.870,22 €

SI431A-2025-00000007-00

Asoc. Diversidades

G27783950

Proxecto Lilas 2024-2025

1.10.2024

30.9.2025

17

37

17.294,98 €

Procedemento SI431E-liña 2: proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431E).

Expediente

Entidade solicitante

NIF

Programa

Data inicio programa

Data fin programa

Puntuación total

Importe concesión

SI431E-2025-00000001-00

Asoc. Aliad Ultreia

G27021120

Comprometidas

1.1.2025

31.10.2025

84

16.890,58 €

SI431E-2025-00000006-00

Cruz Roja Española

Q2866001G

Nin trato, nin trata

1.1.2025

31.10.2025

82

16.788,42 €

SI431E-2025-00000002-00

Cáritas Diocesana de Santiago

R1500053B

+ preto 2025

1.1.2025

31.10.2025

80

16.686,27 €

SI431E-2025-00000010-00

Ecos do Sur

G15354483

Proxecto de sensibilización e apoio á igualdade

1.1.2025

31.10.2025

79

16.635,19 €

SI431E-2025-00000004-00

Accem

G79963237

Sentrata

1.1.2025

31.10.2025

75

16.430,87 €

SI431E-2025-00000011-00

Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

«Non e trato, é trata» proxecto de sensibilización social para desmitificar os discursos normalizados que encobren a trata de seres humanos especialmente con fins de explotación sexual

1.1.2025

31.10.2025

74

14.579,80 €

SI431E-2025-00000007-00

Hermanas Oblatas del Santísimo Redentor, Ferrol

R1500092J

«Trocando a ollada» sensibilización fronte a trata de mulleres en Galicia

1.1.2025

31.10.2025

72

14.477,64 €

SI431E-2025-00000003-00

Cáritas Diocesana de Ourense

R3200098F

Sensibles-2025

1.1.2025

31.10.2025

71

14.426,56 €

SI431E-2025-00000005-00

Médicos del Mundo

G79408852

Proxecto de información sobre dereitos socio-legais para as persoas en situación de explotación sexual e apoio para a redución da súa vulnerabilidade económica

1.1.2025

31.10.2025

71

14.426,56 €

SI431E-2025-00000013-00

Fundación Solidaridad Amaranta

G84913946

Accións de información, prevención e sensibilización en materia de violencia sexual, trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas

1.1.2025

31.10.2025

68

12.473,32 €

SI431E-2025-00000009-00

Asoc. In Género (Interculturalidad y Género)

G13426671

Aliadas: sensibilización e apoio a mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual

1.1.2025

31.10.2025

65

14.120,09 €

SI431E-2025-00000012-00

Bumei Galicia: Buenas Prácticas, Mujer, Empleo e Inclusión

G27441153

Cadeas rotas

1.1.2025

31.10.2025

60

12.064,70 €

ANEXO II

Solicitudes denegadas

Procedemento SI431A-liña 1: proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431A).

Expediente

Entidade solicitante

NIF

Causa de exclusión

SI431A-2025-00000011-00

Xeracción, S. Coop. Galega

F32479040

Non emendou (non contestou o requirimento)

Procedemento SI431E-liña 2: proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431E).

Expediente

Entidade solicitante

NIF

Causa de exclusión

SI431E-2025-00000014-00

Xeracción, S. Coop. Galega

F32479040

Non acadar a puntuación mínima para ser beneficiaria da axuda solicitada.

SI431E-2025-00000008-00

Asociación Cuidemus

G19729086

Non cumpre o requisito de estar inscrita no RUEPSS na área de igualdade.