A Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, establece no seu artigo 19 que os documentos de titularidade pública serán avaliados e seleccionados para determinar a súa conservación ou eliminación, de acordo co interese que presenten desde o punto de vista administrativo, xurídico, legal e histórico e os seus prazos de vixencia, acceso e conservación.
Os documentos de titularidade pública son patrimonio documental de Galicia desde a súa creación ou a súa acumulación, tal como establecen a citada Lei de arquivos e documentos de Galicia e a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. A xestión, a custodia e o acceso aos documentos de titularidade pública réxense polos principios desta normativa e son responsabilidade directa dos seus titulares.
A Lei de arquivos e documentos establece que non se poderá eliminar ningún documento público se antes non foi avaliado e seleccionado de acordo co procedemento que se estableza para tal fin. Con este obxectivo, o Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, que regula a composición do Consello de Avaliación Documental de Galicia, establece o procedemento que se seguirá na avaliación para a selección de documentos.
No procedemento de avaliación, regulado no título II do Decreto 15/2016, establécese que as propostas de avaliación serán sometidas a ditame do Consello de Avaliación Documental de Galicia, que elaborará as táboas de avaliación documental. Unha vez aprobadas as táboas de avaliación polo titular da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental, disporá a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, mediante un extracto, sen prexuízo de facelas públicas na páxina web da consellería.
De acordo con esta normativa e procedemento, as series documentais que se mencionan nesta orde foron presentadas ao Consello de Avaliación Documental de Galicia que, na súa sesión do 9 de xuño de 2025, emitiu o seu ditame a través das táboas de avaliación documental elevadas para a súa aprobación ao titular da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental.
Para estes efectos, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e de conformidade co disposto na Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, así como as normas de desenvolvemento,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar as táboas de avaliación documental cuxos extractos se recollen no anexo a esta orde e que corresponden ás seguintes series documentais, procedentes da Administración autonómica, da Administración institucional e da Administración local, ditaminadas polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na súa sesión do 9 de xuño de 2025:
– Administración autonómica.
• AA1278 Expedientes de axudas directas á agricultura e gandaría, suxeitas ao sistema integrado de xestión e control con explotacións situadas na Comunidade Autónoma de Galicia financiadas polos fondos europeos no marco da política agraria común.
• AA1300 Documentos destinados a acompañar o transporte de produtos vitivinícolas.
– Administración institucional.
• U020 Expedientes de operacións de xestión do gasto e do pagamento non orzamentarias.
• U021 Expedientes de operacións de pagamento por devolución de ingresos.
• U022 Expedientes de conciliacións de contas de anticipos de caixa.
– Administración local.
• AL322 Expedientes de constrinximento.
• AL148 Expedientes de retribución de horas extraordinarias.
• AL946 Expedientes para a obtención do título de habilitación de natureza urbanística para o inicio de actividades ou apertura de establecementos.
Revisión da táboa T0043 (AA1306), documentos de identificación bovina (DIB).
Segundo. Ordenar a publicación das táboas de avaliación documental das mencionadas series, mediante un extracto, no Diario Oficial de Galicia.
Esta orde terá eficacia desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Contra este acto, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnalo ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025
José Carlos López Campos
Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
ANEXO
Extractos das táboas de avaliación de series documentais:
Táboa: T0130.
Código da serie: AA1278.
Denominación: expedientes de axudas directas á agricultura e gandaría, suxeitas ao sistema integrado de xestión e control con explotacións situadas na Comunidade Autónoma de Galicia financiadas polos fondos europeos no marco da política agraria común.
Procedencia: Medio Rural.
Datas extremas da serie: 2001-(serie aberta).
Datas extremas da fracción de serie avaliada: 2001-2025.
Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 9 de xuño de 2025.
Acceso restrinxido: 30 anos.
Transferencias:
• Ao arquivo central/intermedio aos 2 anos desde a finalización do procedemento.
• Ao arquivo histórico aos 15 anos desde a finalización do procedemento.
Selección: eliminación parcial.
• Poderanse eliminar todos os documentos, agás as resolucións e os documentos de pagamento aos 3 anos desde a comunicación do peche do programa operativo. Conservarase unha mostra de 5 expedientes por oficina produtora e ano.
• Conservación dos datos informáticos referentes ás explotacións agrarias solicitantes, aos controis posteriores, ás parcelas que se empregan para o cálculo dos pagamentos, así como dos propios datos dos pagamentos.
Táboa: T0131.
Código da serie: AA1300.
Denominación: documentos destinados a acompañar o transporte de produtos vitivinícolas.
Procedencia: Medio Rural.
Datas extremas da serie: 2011-(serie aberta).
Datas extremas da fracción de serie avaliada: 2011-2025.
Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 9 de xuño de 2025.
Acceso restrinxido: 30 anos.
Transferencias:
• Ao arquivo central/intermedio ao ano desde a produción do documento.
• Ao arquivo histórico aos 5 anos desde a produción do documento.
Selección: eliminación total aos 5 anos desde a produción do documento. Conservarase unha mostra de 5 documentos por unidade produtora e ano.
Táboa: T0132.
Código da serie: U020.
Denominación: expedientes de operacións de xestión do gasto e do pagamento non orzamentarias.
Procedencia: universidades.
Datas extremas da serie: 1996-(serie aberta).
Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1996-2024.
Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 9 de xuño de 2025.
Acceso restrinxido: 30 anos.
Transferencias:
• Ao arquivo histórico aos 5 anos desde o peche do exercicio económico.
Selección: eliminación total. Poderase eliminar o exemplar principal de contabilidade aos 15 anos desde o peche do exercicio económico e os exemplares secundarios dos centros autorizados de gasto aos 2 anos. Conservarase unha mostra de 5 expedientes por exercicio económico.
Táboa: T0133.
Código da serie: U021.
Denominación: expedientes de operacións de pagamento por devolución de ingresos.
Procedencia: universidades.
Datas extremas da serie: 1996-(serie aberta).
Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1996-2024.
Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 9 de xuño de 2025.
Acceso restrinxido: 30 anos.
Transferencias:
• Ao arquivo histórico aos 5 anos desde o peche do exercicio económico.
Selección: eliminación total aos 6 anos desde o peche do exercicio económico. Conservarase unha mostra de 5 expedientes por exercicio económico.
Táboa: T0134.
Código da serie: U022.
Denominación: expedientes de conciliación de contas de anticipos de caixa.
Procedencia: universidades.
Datas extremas da serie: 1994-(serie aberta).
Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1994-2024.
Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 9 de xuño de 2025.
Acceso restrinxido: 30 anos.
Transferencias:
• Ao arquivo histórico aos 5 anos desde o peche do exercicio económico.
Selección: eliminación parcial.
• Poderanse eliminar os expedientes aos dous anos do peche do exercicio económico.
• Conservación do informe anual compilatorio de estado das contas de anticipos que hai que xustificar ao rematar o exercicio económico, emitido pola unidade con competencias en control interno.
Táboa: T0135.
Código da serie: AL322.
Denominación: expedientes de constrinximento.
Procedencia: concellos.
Datas extremas da serie: 1955-(serie aberta).
Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1955-2020.
Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 9 de xuño de 2025.
Acceso restrinxido: 30 anos.
Transferencias:
• Ao arquivo municipal ao ano desde a finalización do procedemento.
Selección: eliminación total. Poderanse eliminar os expedientes aos 10 anos desde a data de finalización do procedemento administrativo. Conservarase unha mostra de 1 expediente por ano.
Táboa: T0136.
Código da serie: AL148.
Denominación: expedientes de retribución de horas extraordinarias.
Procedencia: concellos.
Datas extremas da serie: 1955-(serie aberta).
Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1955-2024.
Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 9 de xuño de 2025.
Acceso restrinxido: 30 anos.
Transferencias:
• Ao arquivo municipal ao ano desde a finalización do procedemento.
Selección: eliminación total. Poderanse eliminar aos 5 anos desde a finalización do ano natural da percepción dos haberes. Conservarase unha mostra de 1 expediente por ano.
Táboa: T0137.
Código da serie: AL946.
Denominación: expedientes para a obtención do título de habilitación de natureza urbanística para o inicio de actividades ou apertura de establecementos.
Procedencia: concellos.
Datas extremas da serie: 1955-(serie aberta).
Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1955-2022.
Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 9 de xuño de 2025.
Acceso libre.
Transferencias:
• Ao arquivo municipal ao ano desde a finalización do procedemento.
Selección: conservación permanente.
Táboa T0043: revisión da táboa aprobada polo Consello de Avaliación Documental na sesión do 21 de xaneiro de 2020 e publicada no DOG núm. 45, do 6 de marzo.
Código da serie: AA1306.
Denominación: documentos de identificación bovina (DIB).
Procedencia: Medio Rural.
Datas extremas da serie: 1998-(serie aberta).
Datas extremas do período actualizado/revisado: 1998-2025.
Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 9 de xuño de 2025.
Acceso restrinxido: 30 anos.
Transferencias:
• Arquivo central/intermedio ao ano da produción do documento.
• Arquivo histórico aos 3 anos da produción do documento.
Selección: eliminación total. Poderanse eliminar os documentos de identificación bovina aos 3 anos da data de produción do documento nos DIB sen vixencia, e aos 3 anos a partir da data de baixa do animal no derradeiro DIB do animal. Conservarase un DIB cuxo titular sexa unha persoa xurídica por matadoiro ou oficina agraria comarcal por ano.
