Examinada a solicitude de deslindamento formulada polos representantes do MVMC Franqueira de Marrubio e Serro, pertencente á CMVMC da parroquia de Marrubio, e do MVMC Franqueira de Nogueira, pertencente á CMVMC de Nogueira, no concello de Montederramo, resultan os seguintes
Feitos:
Primeiro. O 11.3.2025, a CMVMC da parroquia de Marrubio presentou un escrito (Rexel 2025/698475) en que solicitan a aprobación dun deslindamento coa CMVMC de Nogueira.
Coa solicitude achegou a seguinte documentación:
– Acta de deslindamento.
– Solicitude de conciliación presentada no Xulgado de Paz de Montederramo.
– Certificacións dos acordos das respectivas asembleas xerais.
– Memoria e planos.
Segundo. O informe do Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense, do 21 de marzo de 2025, fai constar que a documentación achegada corresponde ao deslindamento do perímetro estremeiro entre o MVMC Franqueira de Marrubio e Serro, pertencente á CMVMC da parroquia de Marrubio, e o MVMC Franqueira de Nogueira, pertencente á CMVMC de Nogueira, desde o vértice 1 (o situado máis ao N) ata o vértice 12 (o situado máis ao S).
O citado informe considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, polo que propón ao Xurado Provincial a súa aprobación.
Consideracións legais e técnicas:
Primeiro. A presente resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que se debe seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, dite resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 21 de marzo de 2025, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade, o día 2 de xuño de 2025:
Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras dos MVMC Franqueira de Marrubio e Serro, pertencente á CMVMC da parroquia de Marrubio, e o MVMC Franqueira de Nogueira, pertencente á CMVMC de Nogueira, no concello de Montederramo.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso- administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 19 de xuño de 2025
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
