DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 10 de xullo de 2025 Páx. 38729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 12 de xuño de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Cambre (expediente IN407A 2024/133-1).

Expediente: IN407A 2024/133-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Pravio.

Concello: Cambre.

1. Características técnicas:

Desmantelamento do CT Pravio de 400 kVA, e demolición da caseta de tipo pombal. Á súa vez, desmontase un van con condutor LA-30, en derivación desde o apoio AJFATBIW//33 da LMT SMC701 ata o CT Pravio-15CQ26 que se desmonta.

Levarase a cabo o desmantelamento dos seccionadores (15HPD6) que serven como elemento de manobra da liña SMC701 no apoio AJF7SJE6//D31, función que se realizará mediante as celas de liña do novo CT proxectado.

Instalarase un novo centro de transformación que se situará na parcela con referencia catastral 5242210NH5954S0001KO. O novo CT será de tipo compacto, manobra exterior 2L+1P telecontrolado e telexestionado de 400 kVA, con cadro de baixa tensión de 4 saídas.

Substitución de cadeas de suspensión, instalándose cadeas de amarre no apoio AJDMO4VG//D29, correspondente ao dobre circuíto das liñas de media tensión (LMT) SMC701 (Cambre-Sigrás, 1) e SMC729 (Guísamo-Pedrido, 29). Esta actuación posibilitará realizar na LMT SMC701 o entroncamento da nova LMT subterránea que alimentará o novo CT.

Esta liña realizará entrada e saída no CT e volverá a conectarse no mesmo apoio AJDMO4VG//D29, dando continuidade á liña aérea SMC701 (non se realizarán pontes aéreos), polo cal será necesaria a instalación de 2 pasos aéreos-subterráneos (PAS).

Proxéctase unha liña subterránea en condutor RHZ1-2OL 3×(1×240) con inicio e fin no apoio AJDMO4VG//D29 da LMT SMC701, realizando entrada e saída no novo CT, cunha lonxitude de 2×371 m.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 12 de xuño de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Termo municipal de Cambre. Expediente IN407A 2024/133-1

parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno

dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Fabas, 20

Ref. catastral: 5140901NH5954S0001DO

Urbano.Solo sen edificar.

Descoñecido

Centro de transformación e acceso

19.42

2

San Bartolomeu

Ref. catastral: 5443613NH5954S0000EI

Rústico.Agrario. Prados ou pradarías.

Francisco Lafuente

2.0

4.0

3

Fonte Vella

Ref. catastral: 15017A011002350000MJ

Rústico. Agrario.

Prados ou pradarías.

Descoñecido

5.0

12.0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais. ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2. m2 sot.: superficie de servidume soterrada.