En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión que tivo lugar o 2 de xuño de 2025, adoptou a seguinte resolución:
Unha vez examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Pena Cobertoira, no concello do Carballiño, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. O 30 de xuño de 2023 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da presidenta de veciños de Sagra, no cal solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Pena Cobertoira.
Segundo. O 9 setembro de 2024, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e ábrese un período dun mes para efectuar alegacións.
Terceiro. Os promotores da clasificación presentaron un escrito de alegacións en que solicitan a inclusión dunha parcela urbana ocupada polo local social dos veciños, a cal foi omitida por erro.
O Xurado Provincial acordou o 7 de abril de 2025 darlle audiencia ao Concello do Carballiño, titular catastral da parcela onde se sitúa a citada edificación, na medida en que os ditos terreos non foron sometidos ao trámite de información pública establecido pola normativa de montes veciñais.
Unha vez concedido o trámite de audiencia, o Concello do Carballiño presentou un escrito en que recoñece que os terreos solicitados pertencen aos veciños da parroquia de Sagra.
Polo exposto, o Xurado acorda a clasificación do monte coa inclusión da parcela urbana solicitada no escrito de alegacións.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:
Nome do monte: Pena Cobertoira.
Superficie: 50,72 ha.
Pertenza: veciños/as da parroquia de Sagra.
Parroquia: Sagra (San Martiño).
Concello: O Carballiño.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio 1:
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polo camiño correspondente á RC 32020A01709003.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32020A02801209 |
Norte |
32020A02800972 32020A02800973 |
|
Leste |
32020A02800974 32020A02800975 32020A02800976 32020A02800977 32020A02800978 32020A02800979 32020A02800980 32020A02800981 32020A02800982 |
|
|
Sur |
32020A02801296 32020A02800997 000400400NG79E 32020A02800999 32020A02800971 |
|
|
Oeste |
32020A02800970 32020A02800969 32020A02800971 |
|
Predio 2:
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polos camiños correspondentes ás parcelas coas referencias catastrais 32020A04309002, 32020A04309005, 32020A04509003, 32020A04609001 e 32020A04609002.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32020A02801209 32020A04300624 32020A04400941 32020A04400942 32020A04400943 32020A04501076 32020A04501581 32020A04600036 32020A04600044 32020A04600081 32020A04600083 32020A04600084 32020A04600085 000900600NG79E 000900700NG79E |
Norte |
32020A4409005 32020A4400487 32020A4400480 32020A4400481 32020A4400479 32020A4400478 32020A4400477 32020A4400435 32020A4400534 32020A4409001 32020A4400470 32020A4400469 32020A4400468 32020A4400467 32020A4400466 32020A4409004 32020A02809018 |
|
Leste |
32020A02809018 32020A04400945 32020A04300611 32020A04300610 32020A04300609 32020A04300608 32020A04300607 32020A04300606 32020A04300603 32020A04300602 32020A04300589 32020A04300588 32020A04300586 32020A04300587 32020A04300584 32020A04300583 32020A04300582 32020A04300581 32020A04300580 32020A04300579 32020A04300578 32020A04300577 32020A04300576 32020A04300646 32020A04300575 32020A04300574 32020A04300573 32020A04300569 32020A04300562 32020A04300561 32020A04300560 32020A04300559 32020A04309558 32020A04309552 32020A04309551 32020A04309555 32020A04309554 32020A04309553 32020A04600047 32020A04609002 32020A04600046 000901500NG79E 32020A04600091 32020A04600095 32020A04600096 32020A04600097 32020A04600051 32020A04600053 32020A04600054 32020A04600055 32020A04600086 32020A04609001 |
|
|
Sur |
32020A04609001 32020A04609002 32020A04600043 32020A04600042 32020A04600041 32020A04600040 32020A04600039 32020A04600038 32020A04600037 32020A04600030 32020A04600031 32020A04600032 32020A04600028 32020A04600027 32020A04600026 32020A04600025 32020A04600024 32020A04600023 32020A04600022 32020A04600021 32020A04600016 32020A04600015 32020A04600014 32020A04600013 32020A04509003 32020A04500364 32020A04500350 32020A04500349 32020A04501071 32020A04501070 32020A04501072 32020A04501073 32020A04501079 32020A04501080 32020A04501081 32020A04501083 32020A04501084 32020A04501086 32020A04501087 32020A04501088 32020A04501094 |
|
|
Oeste |
32020A04501096 32020A04501101 32020A04501116 32020A04501117 32020A04509004 32020A04509002 32020A04309005 32020A04300614 32020A04300615 32020A04300616 32020A04300617 32020A04300618 32020A04300620 32020A04300622 32020A04300621 32020A04300623 32020A04300613 32020A04300612 32020A04400895 32020A04400893 32020A04400891 32020A04400890 32020A04400883 32020A04400880 32020A04400879 32020A04400878 32020A04400877 32020A04400876 32020A04400871 32020A04400870 32020A04400869 32020A04400868 32020A04400867 32020A04400866 32020A04409005 |
|
|
Enclavados |
32020A04300556 32020A04600035 32020A04300557 000900600NG79E 32020A04600033 000901100NG79E 32020A04600034 000901200NG79E |
|
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei, «son montes veciñais en man común (...) os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e correspóndelle constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, unha vez examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común; o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992,do 4 de setembro; o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e a demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Pena Cobertoira, no concello do Carballiño, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989; nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 27 de xuño de 2025
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
