BDNS (Identif.): 846746.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/846746
Primeiro. Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas correspondentes ás permutas de especial interese agrario xestionadas ao abeiro destas bases reguladoras as persoas físicas ou xurídicas, as agrupacións de persoas xurídicas e as comunidades de bens que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que conten coa resolución da persoa titular da Dirección da Axencia que declare o especial interese agrario da permuta de que se trate ou que presentase o proxecto de permutas que inclúa os requirimentos establecidos no artigo 62 e seguintes da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
b) Ser titulares dalgunha das parcelas a que se refira a permuta de que se trate.
2. En relación coas axudas correspondentes á posta en marcha de polígonos agroforestais de iniciativa privada ou outras iniciativas de recuperación e mobilización de terras, xestionadas tamén a través destas bases reguladoras, poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, sempre que se cumpran os seguintes requisitos, en liña co establecido nos artigos 68 e 71 da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia:
a) Que se acredite a disposición do acordo das persoas titulares da superficie que represente, como mínimo, o 70 % das terras incluídas no perímetro proposto de polígono agroforestal.
b) Acreditar mediante informe técnico que existe unha situación produtiva que permita presumir un estado de abandono ou infrautilización dun mínimo do 50 % da superficie de terras no ámbito de actuación.
c) Ter remitido á Axencia a documentación necesaria para a posible aprobación do polígono agroforestal e para dar cumprimento ao artigo 103 da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia (https://agader.xunta.gal/gl/recuperacion-de-terras/poligonos-agroforestais/).
No caso de participación dun monte veciñal en man común, segundo os termos establecidos no artigo 18.1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, no proceso de constitución do polígono agroforestal o monte veciñal en man común de que se trate terá dereito de veto sobre a resolución definitiva do citado polígono. Quedarán excluídos desta particularidade, salvo acordo favorable coas maiorías establecidas no artigo 18.1 da citada Lei 13/1989, os montes veciñais en man común que estean xestionados preventivamente pola Administración ou mediante contratos de xestión pública.
d) Que se acordase o inicio do expediente por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
3. As persoas beneficiarias deberán estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública de Galicia. Este requisito comprobarase antes de ditar a proposta de resolución de concesión, tendo en conta o límite máximo para resolver este procedemento, segundo o que se determina no artigo 13 desta resolución.
4. Non poderán acceder a estas axudas as persoas que estean afectadas por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei de subvencións de Galicia.
Segundo. Obxecto
O obxecto é regular o procedemento para a concesión das axudas para promover calquera instrumento e/ou procedemento de mobilización e recuperación da terra agraria de Galicia, en especial as permutas de especial interese agrario e os polígonos agroforestais de iniciativa privada, así como convocar as axudas correspondentes aos exercicios orzamentarios 2025 e 2026.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 7 de xullo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas para os gastos de asesoramento técnico e xurídico, de acondicionamento dos terreos, notariais e de inmatriculación rexistral para promover instrumentos de mobilización e de recuperación da terra agraria, en especial as permutas de especial interese agrario e os polígonos agroforestais de iniciativa privada, en réxime de concorrencia non competitiva, e se anuncia a convocatoria para os anos 2025 e 2026 (código de procedemento MR709B).
Cuarto. Contía
O importe asignado á convocatoria de 2025 é de trinta mil euros (30.000 €) e setenta mil euros (70.000 €) na anualidade 2026, que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 15.A1.712A.781.0 [22.500 € (ano 2025); 55.000 € (ano 2026)] e 15.A1.712A.770.0 [7.500 € (ano 2025); 15.000 € (ano 2026)], código de proxecto 2023-00005.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación no DOG da Resolución do 7 de xullo de 2025 e rematará o 31 de outubro de 2026. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Sexto. Outros datos
A concesión de axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, nos termos previstos no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A axuda cubrirá os gastos de asesoramento técnico e xurídico, traballos técnicos e de acondicionamento dos terreos, ata un máximo de 15.000 €, así como gastos notariais, rexistrais e de inscrición necesarios, ata un máximo de 3.000 €.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025
María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
