DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 24 de xullo de 2025 Páx. 41481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2025/54 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionario: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38. 28028 Madrid.

Denominación: substitución CT r/ Manuel María-27ST01 (Pantón).

Situación: concello de Pantón.

Características técnicas principais:

– Substitución do CT R/ Manuel María 27ST01 (expediente 7088-AT) de tipo soterrado prefabricado, con dúas celas de liña e unha cela de protección cun transformador de 250 kVA, por un novo centro de transformación prefabricado compacto de superficie de manobra exterior, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección con transformador de 250 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

– Liña soterrada de media tensión a 20 kV con orixe nun empalme que se realizará na LMT PRS805, entra e sae no CT proxectado e remata noutro empalme na LMT PRS805, cunha lonxitude de 14 metros en condutor RHZ1-240 mm; este CT queda anelado entre os CT Cerámica 27C032 e Concello Ferreira 27CC43.

– Realización dun empalme na LMT PRS805 para darlle continuidade á LMT.

Finalidade da instalación: mellora da instalación.

Orzamento: 55.754,93 €.

Documentación que se xunta:

– Separata para o Concello de Pantón.

– Separata para a Consellería de Cultura.

Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

En relación coa instalación de baixa tensión, deberase observar o disposto no artigo 18 do Real decreto 842/2002 para a súa posta en servizo, así como na súa Instrución ITC-BT-04; no seu momento deberase achegar a documentación exixida con carácter previo á posta en servizo da instalación, para a súa revisión por esta Administración e posterior inscrición da instalación no correspondente rexistro.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) núm. 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) núm. 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 2 de xullo de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo