DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 24 de xullo de 2025 Páx. 41477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2023/149 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: soterramento das liñas de MT Cangas e Foz, á saída da subestación Foz.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cangas, con orixe nunha cela existente da subestación de Foz e final nunha cela existente do CT 10050 Trébol, cunha lonxitude de 3.707 metros en condutor HEPRZ1-240mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Foz, con orixe no CT 6909 Mañente (expediente 220-2022-AT), entra e sae no CT 7124 Os Fondás proxectado, entra e sae no CT 7126 Vilaxoane proxectado, entra e sae no CT 14064 Volconsa existente, entra e sae no CT 7133 Astilleros proxectado e remata nun empalme que se realizará na arqueta Q2 dirección CT 10050 Trébol, cunha lonxitude de 4.018 metros (3.713 metros en condutor HEPRZ1-240 mm e 305 metros en condutor RHZ1-240 mm).

• CT prefabricado 7124 Os Fondás, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA (trafo existente no CTI 11201 Os Fondás, que se desmantela), no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección con fusibles, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• CT prefabricado 7126 Vilaxoane, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA (trafo existente no CT de obra civil 6615 Vilaxoane, que se desmantela), no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección con fusibles, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• CT prefabricado 7133 Astilleros, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA (trafo existente no CTI 7919 Astilleros, que se desmantela), no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección con fusibles, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe de 533 metros de condutor aéreo nu tipo LA-30, 71 metros de condutor tipo LA-56, 3.327 metros de condutor tipo LA-110, 1.992 metros de condutor soterrado tipo RHZ1-150 mm, 450 metros de condutor RHZ1-240 mm e 30 apoios metálicos de celosía.

• Desmantelamento do CTI 11201 Os Fondás.

• Desmantelamento do CTI 7919 Astilleros.

• Desmantelamento do CTC 6615 Vilaxoane.

Finalidade da instalación: mellora da instalación.

Orzamento: 1.154.585,42 €.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Foz.

• Separata para o Ministerio de Transportes-Dirección Xeral de Estradas.

• Separata para o Ministerio de Transportes-ADIF.

• Separata para Augas de Galicia.

• Separata para o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

• Separata para Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

• Separata para a Consellería do Medio Rural.

Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, en particular os condicionantes específicos que o promotor debe acatar na execución das obras determinados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil na resolución do expediente con referencia A/27/48196, e condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) núm. 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) núm. 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 25 de xuño de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo