DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 30 de xullo de 2025 Páx. 41980

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCION do 3 de xullo de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se procede á inscrición no Rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da revisión de táboas salariais definitivas 2025 do Convenio de Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O día 2 de abril de 2025 entrou nesta unidade a solicitude de inscrición no Rexistro de convenios colectivos e acuerdos colectivos de traballo e plans de igualdade da acta da revisión de táboas salariais definitivas 2025 do Convenio de Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia.

Segundo. Unha vez revisada a dita solicitude, obsérvanse defectos na documentación achegada, polo tanto, o 14 de abril de 2025, requíreselle para que os emende. O día 14 de maio de 2025 presenta a emenda ao requirimento.

Terceiro. Unha vez revisada a dita solicitude, obsérvanse defectos na documentación achegada, polo tanto, o 6 de xuño de 2025, requíreselle para que os emende. O día 18 de xuño de 2025 presenta a emenda ao requirimento.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é competente para resolver en materia de depósito e inscrición no Rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, en virtude do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e do Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Segunda. É de aplicación o artigo 8 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, e o artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do precedemento administrativo común das administracións públicas.

Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, esta Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

RESOLVE:

Proceder á inscrición no Rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo e plans de igualdade da acta da revisión de táboas salariais definitivas 2025 do convenio de Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia.

Contra esta resolución poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Emprego e Igualdade, dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción desta resolución, de acordo co establecido no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2025

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

ANEXO
Acta de revisión de táboas salariais definitivas 2025 do convenio colectivo
de Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U.

Asiste o Comité Intercentros de Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U.

Antonio Álvarez Vilaseca (CC.OO.).

Jesús Fernández Martínez (CUT).

María José López Pegito (CIG).

Silvia Romero Lema (CIG).

Rubén Rodríguez Fernández (CIG).

Francisco Rosales Barcia (CIG).

Miguel Santamaría Torres (CIG).

Ángel López Cendán (UXT).

E en representación da parte empresarial, Alicia Royo Martín.

En Santiago de Compostela, o 6 de marzo de 2024, acórdase a revisión das táboas salariais definitivas 2025 do convenio colectivo de Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U.

Acordos:

1. Revisión definitiva, aprobación e sinatura das táboas salariais 2025.

Acórdase a aprobación das táboas definitivas para o ano 2025.

Acto seguido procédese á sinatura das táboas salariais, que se incorporan como anexos a esta acta.

2. Rexistro, depósito e publicación das táboas salariais 2025.

Acórdase dar facultades a Cristina Rodríguez Aranda, con DNI 53089639G, para presentar esta acta e as táboas salariais aprobadas para o seu rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia.

E en proba de conformidade, asínase esta acta, o día e lugar indicados ao principio.

Asinado: Rubén Rodríguez Fernández, Antonio Álvarez Villaseca, Jesús Fernández Martínez, Francisco Rosales Barcia, María José López Pegito, Silvia Romero Lema, Miguel Santamaría Torres e Alicia Royo Martín.

ANEXO I
Táboa salarial definitiva ano 2025

Grupo profesional

Ano 2025

Área operaria

Área administrativa

Salario

base

Salario

anual

Hora ordinaria

Salario

base

Salario

anual

Hora ordinaria

GP I

1.229,49 €

21.884,92 €

12,91 €

1.229,49 €

21.884,92 €

12,91 €

GP 2 - nivel B

1.280,46 €

22.792,19 €

13,45 €

1.313,70 €

23.383,81 €

13,80 €

GP 2 - nivel A

1.355,07 €

24.120,25 €

14,23 €

1.367,19 €

24.335,91 €

14,36 €

GP 3 - nivel B

1.369,36 €

24.374,61 €

14,38 €

1.434,75 €

25.538,63 €

15,07 €

GP 3 - nivel A

1.379,25 €

24.550,65 €

14,48 €

1.502,97 €

26.752,93 €

15,78 €

GP 4

1.571,09 €

27.965,40 €

16,50 €

GP 5

1.639,21 €

29.177,86 €

17,21 €

GP 6

1.844,29 €

32.828,31 €

19,37 €

* O nivel GP2 - nivel C non existe, elimínase.

ANEXO II
Conceptos salariais 2025

Artigo 12

Roupa de traballo de administrativos/as

15,00 €

Artigo 32

Días de ponte

158,96 €

Artigo 34

Festividade da patroa

158,96 €

Artigo 33

Festa local tradicional

158,96 €

Artigo 47

Noites do 24 e do 31 de decembro. Mañá e tarde do 25 de decembro e do 1 de xaneiro

158,96 €

Artigo 48

Complemento de garda de presenza

182,15 €

Complemento de garda de localización

150,00 €

Artigo 51

Complemento de transporte

17,60 €

Artigo 52

Xantar ou cea

12,79 €

Aloxamento e almorzo

35,47 €

Quilometraxe

0,34 €

Artigo 54

Complemento de traballos penosos 1

57,00 €

Complemento de traballos penosos 2

30,00 €

Artigo 58

Quebranto de moeda

327,71 €

Artigo 71

Axuda por nacemento de fillo/a

50,00 €

Artigo 70

Axuda por diversidade funcional

33,00 €

Artigo 72

Cesta de Nadal

50,00 €

Complemento de garda por percorrido

11,99 €