No Diario Oficial de Galicia número 66, do 4 de abril de 2025, publícase a Orde do 24 de marzo de 2025, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e efectúase a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508C).
De conformidade co artigo 14 da orde, a resolución do procedemento de axudas, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Así mesmo, o artigo 15 da mesma orde establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Logo da instrución do procedemento, o 21 de xullo de 2025, o órgano competente emitiu a resolución que finaliza o procedemento de concesión das subvencións do programa Voluntariado sénior.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución de concesión do 21 de xullo de 2025 para o procedemento BS508C de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior como anexo desta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 21 de xullo de 2025 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Unha vez que o órgano competente notifique a resolución, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días, computado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
ANEXO
Resolución do 21 de xullo de 2025 ditada no procedemento BS508C de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior
O 4 de abril de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 66 a Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508C).
O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Unha vez finalizado o prazo e revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reunían a documentación necesaria, ben por non presentala, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para determinar o cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.
O 12 de xuño de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas con indicación expresa ás entidades solicitantes de que son requiridas para que, no prazo de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, conforme se establece na orde de convocatoria, con indicación de que, se así non o fixeren, se considerará que desisten da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Unha vez finalizado o prazo e logo de analizar a documentación, o 30 de xuño de 2025, de acordo co disposto nos artigos 12, 13 e 14 da dita orde de convocatoria, reuniuse a comisión avaliadora para analizar as solicitudes de axuda e valorar os proxectos presentados polas entidades de acción voluntaria e as entidades locais, así como para elaborar o correspondente informe en que figuran as entidades con proxectos valorados.
Tras ser emitido o informe coa valoración dos proxectos presentados, o Servizo de Voluntariado e Participación, órgano instrutor do procedemento, efectúa, de conformidade co disposto no artigo 14 da orde de convocatoria, as propostas de resolución con datas 1 e 11 de xullo de 2025.
Vistas as propostas de resolución e de conformidade co disposto no artigo 14 da Orde do 24 de marzo de 2025,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder a axuda ás entidades locais propostas no anexo I, ao abeiro da Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior.
Esta concesión resulta de aplicación de conformidade dos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 16.450 € para entidades locais, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.460.0.
Segundo. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas no anexo II, ao abeiro da Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior.
Esta concesión resulta de aplicación de conformidade dos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 53.613,82 € para entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0.
Da contía prevista para entidades locais resérvase un 15 % para as solicitudes presentadas conxuntamente.
Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 24 de marzo de 2025 e, especialmente, ás establecidas no artigo 20.
A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 17 da convocatoria.
Así mesmo, o pagamento das axudas realizarase de acordo co previsto no artigo 19 da mesma convocatoria.
Cuarto. Establecer a lista de reserva que se recolle no anexo III, de acordo co artigo 6.6.
Quinto. Denegar as solicitudes que se relacionan no anexo IV, con indicación da causa concreta que motivou a denegación.
Sexto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Artigo 14 e disposición adicional segunda da Orde do 24.3.2025; DOG núm. 66, do 4 de abril).Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude
ANEXO I
Axudas concedidas a entidades locais
Concesións individuais:
|
Nº |
Nº de expediente |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Puntuación |
Orzamento concedido |
|
1 |
2025/010 |
Concello de Vedra |
P1509000D |
A Coruña |
61,00 |
2.400,00 € |
|
2 |
2025/038 |
Concello de Padrón |
P1506600D |
A Coruña |
59,64 |
1.225,00 € |
|
3 |
2025/007 |
Concello de Lousame |
P1504300C |
A Coruña |
58,34 |
1.500,00 € |
|
4 |
2025/018 |
Concello de Mondoñedo |
P2703000F |
Lugo |
58,00 |
1.725,00 € |
|
5 |
2025/005 |
Concello de Ribas de Sil |
P2705200J |
Lugo |
50,00 |
2.400,00 € |
|
6 |
2025/036 |
Concello de Verín |
P3208600A |
Ourense |
54,25 |
2.400,00 € |
|
7 |
2025/037 |
Concello de Ponteareas / Oficina Municipal de Voluntariado |
P3604200J |
Pontevedra |
61,19 |
2.400,00 € |
|
8 |
2025/028 |
Concello de Mos |
P3603300I |
Pontevedra |
53,25 |
2.400,00 € |
|
Total |
16.450,00 € |
|||||
ANEXO II
Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria
|
Nº |
Nº de expediente |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Puntuación |
Orzamento concedido |
|
1 |
2025/013 |
Asociación Medioambiental Amabul |
G15925209 |
A Coruña |
70,69 |
2.400,00 € |
|
2 |
2025/029 |
Club Deportivo Inclusivo Enki |
G70505276 |
A Coruña |
66,03 |
2.400,00 € |
|
3 |
2025/025 |
Asociación Ecos do Sur |
G15354483 |
A Coruña |
65,92 |
300,00 € |
|
4 |
2025/040 |
Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental |
G15983570 |
A Coruña |
65,42 |
2.400,00 € |
|
5 |
2025/015 |
Fundación Amigos de Galicia |
G15859911 |
A Coruña |
63,58 |
2.400,00 € |
|
6 |
2025/030 |
Fundación Abrente |
G70397849 |
A Coruña |
61,92 |
2.400,00 € |
|
7 |
2025/032 |
Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) |
G15496607 |
A Coruña |
61,43 |
1.843,82 € |
|
8 |
2025/004 |
Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia (Amicos) |
G15747678 |
A Coruña |
60,28 |
2.400,00 € |
|
9 |
2025/044 |
Asociación Altaír Galiza |
G27439124 |
A Coruña |
56,35 |
600,00 € |
|
10 |
2025/043 |
Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia |
G15450828 |
A Coruña |
55,76 |
2.360,00 € |
|
11 |
2025/008 |
Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual (Aspas) |
G15031537 |
A Coruña |
55,50 |
2.400,00 € |
|
12 |
2025/023 |
Asociación Centro Xuvenil Abeiro |
G15456700 |
A Coruña |
55,50 |
1.200,00 € |
|
13 |
2025/012 |
ONG Mestura, para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes |
G15940414 |
A Coruña |
55,00 |
2.400,00 € |
|
14 |
2025/016 |
Asociación de Colaboración y Promoción del Sordo (Acopros) |
G15048762 |
A Coruña |
54,75 |
2.400,00 € |
|
15 |
2025/017 |
Acción Familiar Ferrol (AFA Ferrol) |
G15745466 |
A Coruña |
53,52 |
2.340,00 € |
|
16 |
2025/003 |
Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (Agadea) |
G15483498 |
A Coruña |
51,71 |
2.400,00 € |
|
17 |
2025/022 |
Asociación Aliad-Ultreia |
G27021120 |
Lugo |
64,00 |
1.500,00 € |
|
18 |
2025/033 |
Valoresc Innovation |
G70377585 |
Ourense |
67,75 |
2.400,00 € |
|
19 |
2025/020 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (Afaor) |
G32198970 |
Ourense |
65,53 |
2.100,00 € |
|
20 |
2025/001 |
Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca da Limia |
G32302671 |
Ourense |
52,75 |
2.400,00 € |
|
21 |
2025/026 |
Asociación Santiago Apóstolo de Cangas |
G36204931 |
Pontevedra |
65,25 |
870,00 € |
|
22 |
2025/021 |
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) |
G36231561 |
Pontevedra |
63,37 |
2.400,00 € |
|
23 |
2025/009 |
Asociación Acción Solidaria de Galicia (Asdegal) |
G27727593 |
Pontevedra |
61,18 |
2.400,00 € |
|
24 |
2025/034 |
Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (Apamp) |
G36624120 |
Pontevedra |
59,43 |
2.100,00 € |
|
25 |
2025/031 |
Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valladares |
G36617082 |
Pontevedra |
54,84 |
2.400,00 € |
|
26 |
2025/019 |
Residencia Paz y Bien (Hermanas Franciscanas Hospitalarias de la Inmaculada Concepción) |
R3600091G |
Pontevedra |
54,30 |
1.200,00 € |
|
27 |
2025/041 |
Fundación Residencia Divina Pastora de Vilagarcía de Arousa |
G36017929 |
Pontevedra |
51,35 |
1.200,00 € |
|
Total |
53.613,82 € |
|||||
ANEXO III
Lista de reserva. Entidades de acción voluntaria
|
Nº |
Nº de expediente |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Puntuación |
Orzamento solicitado |
|
1 |
2025/002 |
Asociación Xuvenil Amencer |
G32025405 |
Ourense |
51,14 |
2.400,00 € |
|
2 |
2025/011 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada |
G27320225 |
Lugo |
51,04 |
2.400,00 € |
|
3 |
2025/01 |
Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mezquita |
G32167900 |
Ourense |
50,00 |
2.400,00 € |
|
Total |
7.200,00 € |
|||||
ANEXO IV
Solicitudes denegadas
Denegadas a entidades locais:
|
Nº |
Nº de expediente |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Motivo da denegación |
|
1 |
2025/035 |
Concello de Ponteceso |
P1506900H |
A Coruña |
Non alcanzar a puntuación requirida |
Denegadas a entidades de acción voluntaria:
|
Nº |
Nº de expediente |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Motivo da denegación |
|
1 |
2025/039 |
Fundación Ingada |
G70394374 |
A Coruña |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
2 |
2025/024 |
Asociación Sociocultural ASCM |
G15161573 |
A Coruña |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
3 |
2025/006 |
Aspromor |
G15072077 |
A Coruña |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
4 |
2025/027 |
Hermandad de Donantes de Sangre de la Seguridad Social de La Coruña |
G15041775 |
A Coruña |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
5 |
2025/046 |
Asociación Antonio Noche |
G15210388 |
A Coruña |
Desistencia |
