DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 31 de xullo de 2025 Páx. 42160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xinzo de Limia (expediente IN407A 2025/046-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que se describe a seguir, tal e como se recolle no proxecto asinado en outubro de 2021, en Ourense, polo enxeñeiro técnico industrial Ángel Manuel González Pinto, colexiado núm. 0321 do Coetior, e visado polo citado colexio profesional o día 2.6.2025, co número V20250346.

Solicitante: Xestión do Solo de Galicia Xestur, S.A.; CIF: A70392758.

Enderezo: polígono das Fontiñas, Área Central, local 25Z, 15703 Santiago de Compostela.

Denominación: LMT soterrada, centros de transformación, centro de reflexión e liñas de distribución en BT e para iluminación pública do parque empresarial de Xinzo de Limia.

Situación: Xinzo de Limia, concello de Xinzo de Limia.

Orzamento: 1.135.928,87 €.

Características técnicas:

1. LMTS, a 20 kV, de 2.933 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm², con orixe na subestación de Xinzo de Limia e final no centro de repartición proxectado.

2. LMTS, a 20 kV, de 359 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm², con orixe no centro de repartición proxectado e final nos empalmes que se realizarán no punto D indicado no plano núm. 10.3 do proxecto.

3. LMTS, a 20 kV, de 359 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm², con orixe no centro de repartición proxectado e final nos empalmes que se realizarán no punto E indicado no plano núm. 10.3 do proxecto.

4. Centro de repartición, en caseta prefabricada, equipado con catro celas de liña e unha cela de SSAA.

5. LMTS, a 20 kV, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm², con orixe no centro de repartición proxectado e final no CT3 proxectado.

6. LMTS, a 20 kV, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm², con orixe no CT3 proxectado e final no CT2 proxectado.

7. LMTS, a 20 kV, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm², con orixe no CT2 proxectado e final no CT1 proxectado.

8. LMTS, a 20 kV, de 2.933 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm², con orixe no CT1 proxectado e final na subestación de Xinzo de Limia.

9. CT1 proxectado, con dúas celas de liña e una cela de protección de trafo, con transformador de 630 kVA e R/T 20.000/400 V.

10. CT2 proxectado, con dúas celas de liña e una cela de protección de trafo, con transformador de 630 kVA e R/T 20.000/400 V.

11. CT3 proxectado, con dúas celas de liña e una cela de protección de trafo, con transformador de 630 kVA e R/T 20.000/400 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 17 de xullo de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense