DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 5 de agosto de 2025 Páx. 42563

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dispón o depósito e a inscrición, no Rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da xuntanza da Comisión Paritaria do Convenio colectivo galego de centros especiais de emprego para a actualización das táboas salariais para 2025.

Feitos:

Primeiro. O día 7 de xullo de 2025 tivo entrada nesta unidade a solicitude para a inscrición, no Rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da xuntanza da Comisión Paritaria do Convenio colectivo galego de centros especiais de emprego.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, as competencias que como autoridade laboral lle corresponden á consellería, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Segunda. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (Deose), de convenios colectivos (Regcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).

Terceira. O artigo 8 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, regula o procedemento de inscrición de solicitudes de rexistro e convenios e acordos colectivos de traballo e establece que a autoridade laboral competente ditará a resolución en que ordene o seu rexistro, depósito e publicación no boletín oficial correspondente.

Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de autoridade laboral,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o depósito e a inscrición, no Rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da xuntanza da Comisión Paritaria do Convenio colectivo galego de centros especiais de emprego.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2025

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

ANEXO
Acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo galego
de centros especiais de emprego

En Santiago de Compostela, ás 12.00 horas do día 3 de xullo de 2025, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24, baixo, reúnense as persoas abaixo sinaladas, que forman parte da Comisión Paritaria do Convenio colectivo galego de centros especiais de emprego.

Parte empresarial:

– Esther Blanco Araújo (Cegasal).

– Juan Acevedo Vidal (Cegasal).

Parte sindical:

– Esperanza Díez Ferrera (CC.OO.).

– Tania Alonso Soto (CC.OO.).

– Juan Manuel Loureiro Taibo (UGT).

O obxecto da xuntanza é aclarar a actualización das táboas salariais do Convenio colectivo galego de centros especiais de emprego correspondentes ao ano 2025, que xa foi acordada por esta Comisión Paritaria na xuntanza do 11.3.2025, tal e como se recolle no parágrafo segundo da presente acta.

Así e logo do oportuno debate, procede reflectir na acta o seguinte:

Primeiro. Esta comisión acorda actualizar as táboas salariais do Convenio colectivo galego de centros especiais de emprego para o ano 2025, cun incremento salarial do 2,80 %, quedando estas como máis abaixo se reflicte.

Segundo. En ningún caso as persoas traballadoras afectadas polo presente convenio percibirán en cómputo anual por todos os conceptos retributivos unha contía inferior ao SMI establecida para o ano 2025. Deste xeito, se o cómputo anual de todos os conceptos retributivos percibidos pola persoa traballadora está por debaixo do SMI, a empresa aboará a diferenza nun complemento ata acadar a dita contía.

Táboa I. Centros especiais de emprego de iniciativa social e emprendemento colectivo

SUBA

2,80%

Táboa CO.CO CEEIS

Salario base actual por convenio 2024

2025

Grupo I. Persoal directivo

Persoal directivo

1.895 €

1.948 €

Grupo II. Persoal titulado

Persoal titulado nivel 3

1.776 €

1.826 €

Persoal titulado nivel 2

1.540 €

1.583 €

Grupo III. Persoal técnico

Persoal técnico superior nivel 1

1.421 €

1.461 €

Persoal técnico

1.172 €

1.205 €

Persoal técnico auxiliar

1.107 €

1.138 €

Grupo IV. Persoal operario

Persoal operario/auxiliar

1.107 €

1.138 €

Táboa II. Centros especiais de emprego que non sexan de iniciativa social e emprendemento colectivo

SUBA

2,80%

Táboa CO.CO CEEIS

Salario base actual por convenio 2024

2025

Grupo I. Persoal directivo

Persoal directivo

2.311 €

2.376 €

Grupo II. Persoal titulado

Persoal titulado nivel 3

2.167 €

2.228 €

Persoal titulado nivel 2

1.878 €

1.930 €

Grupo III. Persoal técnico

Persoal técnico superior nivel 1

1.733 €

1.782 €

Persoal técnico

1.451 €

1.492 €

Persoal técnico auxiliar

1.351 €

1.389 €

Grupo IV. Persoal operario

Persoal operario/auxiliar

1.351 €

1.389 €

Terceiro. As partes acordan delegar no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicación deste acordo ante a autoridade laboral competente.

Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión, ás 12.45 horas do día sinalado no encabezamento. Para o efecto esténdese esta acta, que asinan en proba de conformidade todas as persoas asistentes.