DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 8 de agosto de 2025 Páx. 43314

IV. Oposicións e concursos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2025 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante.

Por Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de xullo de 2025, aprobouse a modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia (DOG núm. 146, do 1 de agosto).

Na actualidade existe un posto de traballo vacante cuxo procedemento de provisión é o de libre designación.

De conformidade co artigo 30 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e co artigo 50 do seu regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, e de acordo tamén co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico (de aplicación supletoria nos termos previstos no artigo 30.4 da Lei 3/2014, do 24 de abril), esta presidencia

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se detalla no anexo I desta resolución.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario que reúna as condicións que para o posto de traballo se sinalan no dito anexo I.

A persoa funcionaria que, de ser o caso, desempeñe en comisión de servizos o posto obxecto desta convocatoria terá a obriga de participar nela. O incumprimento desta obriga dará lugar á revogación da comisión de servizos.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, dirixiranse á Presidencia do Consello Consultivo de Galicia (rúa Algalia de Abaixo, 24, 2º andar, Santiago de Compostela) e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas que presenten a súa solicitude presencialmente serán requiridas para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán achegar coa solicitude un currículo vítae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen mediante certificación ou copia electrónica auténtica.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. Se a persoa seleccionada para ocupar o posto de traballo, que se anuncia no anexo I, ten destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o previsto no artigo 29 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, e, de ser o caso, no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A convocatoria resolverase no prazo máximo de dous (2) meses contados desde a data da súa publicación. En caso de non resolverse no dito prazo, declararase a caducidade do procedemento.

A resolución da convocatoria, coa adxudicación do posto a calquera das persoas funcionarias de carreira solicitantes, que reúna os requisitos exixidos para o seu desempeño, ou a súa declaración como deserta, por considerar que ningunha das persoas candidatas reúne as características adecuadas para o posto de traballo ou non reúne a idoneidade necesaria para o seu desempeño, ou se non se presenta ningunha solicitude, farase pública no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun (1) mes.

O prazo de toma de posesión comezará contado a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso do persoal funcionario doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Presidencia do Consello Consultivo de Galicia, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2025

Andrés Lago Louro
Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO I

Denominación: letrado/a maior.

Código do posto: CCG 002.

Nivel: 30.

Complemento específico: 37.875,32 €.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: funcionarios do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala letrados.

Tipo de adscrición: adscrición a personal funcionario da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file