DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 8 de agosto de 2025 Páx. 43265

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2025 pola que se modifica o Acordo do Consello de Dirección, do 10 de abril de 2025, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), e se anuncia a convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MR701L).

O Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, realizado o 10 de abril de 2025, aprobou as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) e anunciou a convocatoria para 2025 (código de procedemento MR701L). O citado acordo publicouse mediante a Resolución da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (en diante, a Axencia) do 16 de abril de 2025 (DOG núm. 82, do 30 de abril).

O artigo 5 das bases reguladoras, referido ao financiamento, á forma e á contía máxima das axudas, prevé unha distribución de importes por anualidades e aplicacións contables.

A este respecto cómpre sinalar que o artigo 28.1 das bases reguladoras dispón o seguinte:

«Dentro das dispoñibilidades orzamentarias globais para cada un dos GDR, que se establezan en cada convocatoria, corresponde a cada GDR solicitar á axencia, en función do sinalado na convocatoria e na súa estratexia de desenvolvemento local, a aprobación do importe máximo dispoñible para cada unha das tipoloxías de proxectos que se indican no parágrafo primeiro do número 1 deste artigo. As solicitudes de cada un dos GDR deberán remitirse á axencia durante os quince (15) días naturais inmediatamente posteriores á data da publicación da convocatoria».

Tendo en conta que rematou o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria do ano 2025 das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader, e coa finalidade de dar cumprimento ao disposto no artigo 28.1 das bases reguladoras, procede unha redistribución das anualidades obxecto desta convocatoria para dar cabida ao solicitado polos GDR.

Por outra banda, o artigo 46 das bases reguladoras establece o 15 de outubro como data límite para xustificar os investimentos vinculados aos proxectos subvencionados ao abeiro desta convocatoria de axudas para os investimentos que conten con financiamento nunha única anualidade e, para aqueles investimentos que conten con financiamento en dúas anualidades, fixouse o 15 de outubro para a xustificación da primeira anualidade e o 15 de xullo para a segunda e final.

A pesar de terse fixadas na convocatoria as datas sinaladas no parágrafo anterior para a xustificación dos investimentos, cómpre ter en conta que concorreron diversos factores que imposibilitan a concesión das axudas dentro dun marxe de tempo razoable para lles permitir, por unha parte, ás persoas beneficiarias a execución dos investimentos correspondentes á xustificación dos importes de axuda concedidos para a primeira anualidade (2025) e, por outra parte, á Axencia xestionar o pagamento das axudas. Entre eses factores destacan diversas cuestións administrativas que afectan tanto a xestión da Axencia, como a dos 24 GRD: trátase da primeira convocatoria de axudas da intervención Leader ao abeiro do PEPAC 2023-2027, o que implicou a elaboración de novos modelos para a tramitación das axudas, ademais da adaptación da aplicación informática da xestión destas axudas, ás novas bases. Isto, engadido ao elevado número de solicitudes de axuda presentadas (595), derivou nunha demora na instrución do procedemento de xestión, o que vai implicar un retraso na emisión das resolucións das concesións de axuda.

Estas circunstancias xustifican a ampliación do prazo para xustificar os investimentos vinculados á primeira anualidade (2025) ata o 30 de decembro de 2025, tendo en conta que se cumpren as condicións sinaladas no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A citada ampliación de prazo afecta a regulación doutros prazos da convocatoria, que tamén deben modificarse.

De conformidade co que antecede, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección da Axencia do 13 de xullo de 2013 (DOG núm. 148, do 5 de agosto).

RESOLVO:

Artigo único. Modificación do Acordo do Consello de Dirección, do 10 de abril de 2025, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), e se anuncia a convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MR701L), nos seguintes termos:

Primeiro. O artigo 5 queda redactado da seguinte maneira:

«Artigo 5. Financiamento, forma e contía máxima das axudas:

Para o financiamento desta convocatoria está previsto un crédito de doce millóns seiscentos corenta e un mil catrocentos vinte e tres euros con trinta e seis céntimos (12.641.423,36 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para o ano 2025:

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2025:

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Orzamento redistribución Feader (euros)

Orzamento redistribución AXE (euros)

Orzamento redistribución Xunta (euros)

Orzamento redistribución GPT (euros)

15.A1.712A.760.00

2024-00008

1.156.271,72

231.254,35

57.813,59

1.445.339,66

15.A1.712A.770.00

2024-00008

3.450.132,53

690.026,50

172.506,63

4.312.665,66

15.A1.712A.781.00

2024-00008

450.165,09

90.033,02

22.508,25

562.706,36

Total

5.056.569,34

1.011.313,87

252.828,47

6.320.711,68

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2026:

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Orzamento redistribución Feader (euros)

Orzamento redistribución AXE (euros)

Orzamento redistribución Xunta (euros)

Orzamento redistribución GPT (euros)

15.A1.712A.760.00

2024-00008

1.156.271,72

231.254,35

57.813,59

1.445.339,66

15.A1.712A.770.00

2024-00008

3.445.976,89

689.195,38

172.298,84

4.307.471,11

15.A1.712A.781.00

2024-00008

454.320,73

90.864,14

22.716,04

567.900,91

Total

5.056.569,34

1.011.313,87

252.828,47

6.320.711,68

As axudas reguladas neste acordo están cofinanciadas con fondos Feader (o 80 %), con fondos da Administración xeral do Estado (o 16 %) e da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (o 4 %).

O importe dispoñible para cada GDR sinálase no anexo I deste acordo.

2. As axudas concederanse en forma de subvención directa de capital non reembolsable e calcularanse sobre os custos subvencionables, tendo en conta a porcentaxe de axuda que resulte da aplicación ao proxecto dos criterios de selección establecidos por cada GDR, sempre e cando se cumpran as condicións e requisitos de elixibilidade que sexan aplicables a cada proxecto e que este supere a puntuación mínima ou «de corte» que se estableza na estratexia de desenvolvemento local seleccionada.

3. A contía máxima de axuda será de 200.000,00 € por proxecto.

4. Exceptúanse do disposto no número 2 deste artigo, en canto ao cálculo da axuda, as axudas reguladas no artigo 15 deste acordo (Bono activa rural).

5. O crédito indicado poderá incrementarse en función das solicitudes presentadas, sempre que teña lugar unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa, segundo prevén o artigo 31 da LSG e o artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da devandita lei».

Segundo. O artigo 34 queda redactado como segue:

«Artigo 34. Modificación por ampliación do prazo de execución e xustificación, por modificacións no orzamento do proxecto ou no seu financiamento.

1. O prazo límite para executar e xustificar os investimentos naqueles proxectos en que a axuda corresponda á anualidade 2025 é o sinalado no artigo 46 deste acordo. Non procede a concesión de ampliación do prazo de execución e xustificación dos investimentos para esta anualidade.

2. Naqueles casos en que a axuda sexa plurianual, na primeira anualidade non procede a ampliación do prazo de execución e xustificación dos investimentos. Na segunda anualidade, cando a persoa beneficiaria non poida finalizar os investimentos ou cumprir os compromisos no prazo determinado na resolución de concesión, poderá solicitar á Axencia unha ampliación do prazo de execución e xustificación dos investimentos, a través do GDR (anexo X). A dita ampliación poderá concederse sempre que:

a) Se solicite polo menos vinte (20) días hábiles antes do remate do prazo de xustificación.

b) A solicitude estea debidamente motivada.

c) O nivel de execución dos investimentos acade un mínimo do 70 %.

3. Naqueles casos nos que se active un expediente en lista de agarda con axuda unicamente na anualidade 2026 o prazo límite é o sinalado no artigo 46. Cando a persoa beneficiaria non poida finalizar os investimentos ou cumprir os compromisos no prazo determinado na resolución de concesión, poderá solicitar á axencia unha ampliación do prazo de execución e xustificación dos investimentos, segundo o establecido no punto 2 deste artigo.

4. A modificación no orzamento do proxecto requirirá a achega, por parte do promotor:

– Dun novo orzamento proposto para os gastos necesarios para a execución do proxecto segundo o modelo normalizado (anexo V).

– Dunha nova relación das tres ofertas solicitadas e elixidas segundo o modelo normalizado (anexo VI-A), así como declaración sobre as ofertas solicitadas e elixidas segundo o modelo normalizado (anexo VI-B) e a lista de comprobacións que debe emitir o GDR.

5. A modificación das condicións de financiamento do proxecto requirirá a achega por parte do promotor da declaración doutras axudas concedidas e/ou solicitadas a outras entidades públicas e/ou privadas para o mesmo proxecto».

Terceiro. O artigo 46 queda redactado como segue:

Artigo 46. Calendario de xestión

1. Para a xestión da estratexia de desenvolvemento local, teranse en conta as seguintes datas:

a) Data final de admisión de solicitudes para a proposta anual de selección de proxectos: 1 mes desde a data de publicación da convocatoria.

b) Data final de pagamento dos investimentos ou gastos subvencionables polos promotores aos seus provedores: para os investimentos que conten con financiamento nunha única anualidade será, para o ano 2025, o 30 de decembro de 2025, e para o ano 2026, o 15 de xullo de 2026.

Para aqueles investimentos que conten con financiamento en dúas anualidades será o 30 de decembro de 2025 para a xustificación da primeira anualidade e o 15 de xullo de 2026 para a segunda e final.

c) Data final de xustificación do proxecto: para os proxectos que conten con financiamento nunha única anualidade será, para o ano 2025, o 30 de decembro de 2025, e para o ano 2026, o 15 de xullo de 2026.

Para aqueles investimentos que conten con financiamento en dúas anualidades será o 30 de decembro de 2025 para a xustificación da primeira anualidade e o 15 de xullo de 2026 para a segunda e final.

d) Data final de solicitude de anticipo: 31 de outubro de 2025.

e) Data final de concesión de axudas: como máximo 6 meses desde o remate do prazo de presentación de solicitudes.

f) Data final de presentación de solicitudes de modificación: 20 días hábiles antes do remate do prazo de xustificación do proxecto.

2. A persoa titular da Dirección Xeral da Axencia, en previsión dunha ordenada xestión, execución e pechamento da Intervención Leader do PEPAC 2023-2027, poderá variar as datas sinaladas, así como fixar outras para axeitar o ritmo de execución dos proxectos á proximidade das datas límite sinaladas».

Cuarto. As modificacións previstas neste acordo non afectan o prazo de presentación de solicitudes nin supoñen o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Axencia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, ao abeiro do artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Sexto. Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2025

Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2025: Distribución por GDR

Número e nome do GDR

15.A1.712A.7600

15.A1.712A.7700

15.A1.712A.7810

GDR-01 Terras de Miranda

45.717,38

148.581,47

34.288,04

GDR-02 Terra Chá

74.515,76

208.644,13

14.903,15

GDR-03 Montes e Vales O.

100.912,65

215.461,56

3.983,41

GDR-04 Comarca de Lugo

75.000,00

176.026,65

0,00

GDR-05 Miño Ulla

75.116,41

203.440,28

24.877,79

GDR-06 Ribeira Sacra Courel

79.000,00

207.132,01

4.402,72

GDR-07 Valdeorras

93.941,03

183.644,12

4.944,27

GDR-08 Sil Bibei Navea

83.064,64

215.968,05

25.534,98

GDR-09 Monteval

83.024,00

215.862,39

33.209,59

GDR-10 A Limia Arnoia

44.591,24

208.092,47

44.591,24

GDR-11 Adercou

60.532,39

181.597,17

0,00

GDR-12 Carballiño Ribeiro

75.000,00

175.517,72

30.000,00

GDR-13 Condado Paradanta

71.002,64

135.152,69

71.002,65

GDR-14 Eu Rural

22.165,90

137.217,46

51.720,43

GDR-15 Pontevedra Morrazo

26.007,02

190.051,27

6.223,90

GDR-16 Pontevedra Norte

78.663,17

194.772,82

17.368,35

GDR-17 Salnés Ulla Umia

55.761,39

151.423,05

8.689,35

GDR-18 Deloa

61.298,29

142.299,59

15.324,57

GDR-19 Terras de Compostela

45.056,06

147.718,51

22.725,92

GDR-20 Ulla Tambre Mandeo

58.346,90

180.597,54

38.897,93

GDR-21 Comarca de Ordes

15.044,21

256.742,33

0,00

GDR-22 Costa da Morte

56.403,92

146.650,14

19.000,00

GDR-23 Mariñas Betanzos

25.019,53

140.924,59

50.862,94

GDR-24 Seitura 22

40.155,13

149.147,65

40.155,13

Importes totais

1.445.339,66

4.312.665,66

562.706,36

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2026: Distribución por GDR

Número e nome do GDR

15.A1.712A.7600

15.A1.712A.7700

15.A1.712A.7810

GDR-01 Terras de Miranda

45.717,38

148.581,47

34.288,04

GDR-02 Terra Chá

74.515,76

208.644,13

14.903,15

GDR-03 Montes e Vales O.

100.912,65

215.461,56

3.983,41

GDR-04 Comarca de Lugo

75.000,00

176.026,65

0,00

GDR-05 Miño Ulla

75.116,41

203.440,28

24.877,79

GDR-06 Ribeira Sacra Courel

79.000,00

201.937,45

9.597,28

GDR-07 Valdeorras

93.941,03

183.644,13

4.944,26

GDR-08 Sil Bibei Navea

83.064,64

215.968,05

25.534,98

GDR-09 Monteval

83.024,00

215.862,39

33.209,59

GDR-10 A Limia Arnoia

44.591,24

208.092,47

44.591,24

GDR-11 Adercou

60.532,39

181.597,17

0,00

GDR-12 Carballiño Ribeiro

75.000,00

175.517,72

30.000,00

GDR-13 Condado Paradanta

71.002,64

135.152,69

71.002,65

GDR-14 Eu Rural

22.165,90

137.217,46

51.720,43

GDR-15 Pontevedra Morrazo

26.007,02

190.051,27

6.223,90

GDR-16 Pontevedra Norte

78.663,17

194.772,82

17.368,35

GDR-17 Salnés Ulla Umia

55.761,39

151.423,05

8.689,35

GDR-18 Deloa

61.298,29

142.299,59

15.324,57

GDR-19 Terras de Compostela

45.056,06

147.718,51

22.725,92

GDR-20 Ulla Tambre Mandeo

58.346,90

180.597,54

38.897,93

GDR-21 Comarca de Ordes

15.044,21

256.742,33

0,00

GDR-22 Costa da Morte

56.403,92

146.650,14

19.000,00

GDR-23 Mariñas Betanzos

25.019,53

140.924,59

50.862,94

GDR-24 Seitura 22

40.155,13

149.147,65

40.155,13

Importes totais

1.445.339,66

4.307.471,11

567.900,91