Mediante a Resolución do 9 de decembro de 2024 (DOG núm. 7, do 13 de xaneiro), publicáronse as bases reguladoras das axudas ás agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG410A).
As ditas bases establecen no seu artigo 13.4 que o anuncio da publicación do texto completo da resolución definitiva na web do Igape será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva do 31 de xullo de 2025 de concesión das axudas ás agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (código de procedemento IG410A) no enderezo https://www.igape.gal/gl/resolucions-definitivas y https://spiga-sede.igape.es/publicaciones?tipoPublicacion=RESOLUCION_DEFINITIVA
O texto completo non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Habilítase un prazo de dez (10) días naturais para que as persoas interesadas accedan á oficina virtual do Igape, no enderezo https://spiga-sede.igape.es/publicaciones?tipoPublicacion=RESOLUCION_DEFINITIVA, utilizando o seu NIF, para descargar a súa resolución individual. Transcorrido o devandito prazo desde á posta a disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido entenderase rexeitada.
Segundo. As resolucións individuais, segundo o establecido no punto primeiro, esgotan a vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso dez (10) días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso de dez (10) días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2025
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
