DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 12 de agosto de 2025 Páx. 43854

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Nexos para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos colaborativos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 Galicia 2021-2027, cofinanciadas pola Unión Europea nun 60 % no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN852A).

missing image file

A Constitución española, no seu artigo 44.2, obriga os poderes públicos a promover a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais, establece no artigo 149.1.15 que o fomento e a coordinación da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado. Pola súa banda, o Estatuto de autonomía de Galicia recolle no artigo 27.19 que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Esta lei, no capítulo III, crea o Plan galego de investigación e innovación como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo.

O Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, establece que a Axencia Galega de Innovación ten como finalidade o fomento e a vertebración das políticas de I+D+i no sector público galego e o apoio ás entidades que integran o ecosistema de I+D+i galego para incrementar a súa competitividade, a través da implementación e execución de estratexias e programas de I+D+i eficientes.

A Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, aprobada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2022, define o marco das políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma para este período. Como instrumento de planificación operativa para a súa implementación entre 2025 e 2027, o Consello da Xunta aprobou o 3 de febreiro de 2025 o Plan galego de investigación e innovación 2025-2027.

Esta convocatoria enmárcase na RIS3 de Galicia 2021-2027, aliñándose cos tres retos e coas tres prioridades. Así mesmo, contribúe ao obxectivo estratéxico 3, integrándose polo tanto no programa Completa e Transfire da RIS3 de Galicia e no programa Colaboración estratéxica do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027. Este programa ten como obxectivo principal impulsar a conexión efectiva entre o coñecemento, a tecnoloxía e os sectores produtivos, promovendo un modelo de I+D+i baseado na colaboración activa e no fortalecemento das cadeas de valor estratéxicas. Enfócase a reforzar as sinerxías entre os axentes da cuádrupla hélice: empresas, centros de coñecemento e tecnolóxicos, administracións públicas e sociedade civil, mediante a implementación de instrumentos específicos que aumenten a visibilidade, participación e colaboración en proxectos innovadores de alto impacto. Entre as principais liñas de actuación deste programa, a liña 4.1 I+D+i en colaboración inclúe instrumentos para impulsar proxectos colaborativos no ámbito da I+D+i, promovendo a cooperación entre centros de coñecemento e empresas para abordar retos conxuntos e desenvolver solucións innovadoras.

Así mesmo, entre os instrumentos da liña 4.1 configúrase esta convocatoria Nexos, que abrirá novas oportunidades para fomentar a colaboración directa entre pemes galegas para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i. Estas accións promoverán a cooperación empresarial en proxectos consorciados, integrando a participación de centros de investigación e tecnolóxicos. O obxectivo é facilitar a transferencia de tecnoloxía e a adopción de solucións avanzadas que permitan ás pemes liderar procesos de transformación dixital, avanzar cara á sustentabilidade e mellorar a súa competitividade. Poñendo o foco nas pemes, estas accións reforzarán a súa capacidade innovadora e a súa contribución ao crecemento económico de Galicia.

No marco desta convocatoria diferénciase unha serie de ámbitos temáticos preferentes polo seu carácter estratéxico para Galicia e establécese un sistema de concorrencia específico para cada un destes ámbitos estratéxicos que se combina coa concorrencia xeral.

O obxectivo deste enfoque na selección é garantir que os mellores proxectos de cada un destes ámbitos estratéxicos acaden financiamento e asegurar así o impacto da convocatoria en todos eles. A través desta metodoloxía combínase na selección de xeito equilibrado: a especialización, vinculada ao carácter estratéxico destes ámbitos, e a excelencia das propostas solicitadas, permitindo maximizar a eficiencia e eficacia dos fondos ao escoller os proxectos máis competitivos e cun maior impacto para Galicia.

A estas bases reguladoras aplícaselles o principio de «non causar un prexuízo significativo» ao ambiente (DNSH, polas súas siglas en inglés), isto é, que ningunha das actuacións promovidas nestas bases incide negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) núm. 2020/852: mitigación do cambio climático, adaptación ao cambio climático, uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños, transición cara a unha economía circular, prevención e control da contaminación e protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

O Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, no que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, establece no seu artigo 94 que a contribución da Unión aos estados poderá estar baseada en custos unitarios, entendidos estes como unha cantidade monetaria, baremo estándar de custo unitario (BECU), que permite cuantificar o custo dunha operación con base na medida dun indicador que dá lugar a reembolso, en contraposición aos custos reais.

Por outro lado, o artigo 53 do citado regulamento, relativo á modalidade de subvencións aos beneficiarios, establece no seu punto 1 que as subvencións concedidas polos Estados membros aos beneficiarios poderán adoptar a modalidade de custos unitarios.

A Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027, establece na súa norma específica 4, que as subvencións concedidas polos Estados membros aos beneficiarios poderán adoptar calquera das modalidades a que se refire o artigo 53, punto 1, do Regulamento (UE) número 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, e tamén establece na súa norma específica 13, relativa ás opcións de custos simplificados, que as subvencións concedidas aos beneficiarios poderán determinar os custos subvencionables por calquera das modalidades simplificadas a que se refiren as letras b), c) e d) do punto 1 do artigo 53 do Regulamento (UE) 2021/1060.

Co obxectivo de simplificar a tramitación das axudas, dende a Axencia Galega de Innovación impulsouse a posibilidade de utilizar a opción de custos simplificados (en diante, OCS) nas súas convocatorias.

En coherencia co anterior, e de conformidade co disposto no artigo 94 e no artigo 53, punto 3 do Regulamento (UE) 2021/1060, para determinar o importe do custo unitario empregouse un método de cálculo xusto, equitativo e verificable baseado nos datos históricos verificados referidos a proxectos de innovación aberta en cooperación entre empresas centrados no apoio a pemes, financiados con fondos Feder do período 2014-2020.

O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e axustarase ao establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión.

Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

DISPÓN:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación ao abeiro da convocatoria Nexos. Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos colaborativos empresariais de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades definidas no marco da Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027 (código de procedemento IN852A).

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas axudas para o ano 2025 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN852A), axustándose as axudas concedidas no marco desta resolución ao establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declara determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión.

Artigo 2. Actividades subvencionables

1. Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental, a innovación organizativa e a innovación en materia de procesos, entendendo como tales as definicións incluídas no anexo VIII desta resolución.

2. A cualificación da actividade subvencionable para cada entidade participante no proxecto corresponderá coa que sexa predominante. Neste sentido, considerarase predominante cando máis da metade das actividades que se desenvolvan no proxecto sexan clasificadas nese tipo de categoría, sempre respectando, á hora de fixar a axuda, as intensidades máximas recollidas no artigo 7 destas bases.

Artigo 3. Características dos proxectos

1. Os proxectos de I+D+i estarán en consonancia cos retos contidos na RIS3 Galicia 2021-2027, de acordo coa definición que se realiza no anexo VIII desta convocatoria, e deberán enmarcarse nalgún dos seus ámbitos prioritarios detallados no dito anexo.

2. Así mesmo, os proxectos financiables poderán encadrarse nalgún dos seguintes ámbitos estratéxicos, tal e como se definen no anexo XI: agroalimentación, benestar e saúde, economía circular e enerxía, fabricación avanzada. Na solicitude deberá indicarse un único ámbito estratéxico en que se encadre o proxecto e que se deberá xustificar na memoria técnica. No caso de que o proxecto presentado non se encadre en ningún destes ámbitos estratéxicos, clasificarase en «outros ámbitos».

3. Os proxectos de I+D+i subvencionables ao abeiro desta convocatoria deberán realizarse sempre en cooperación con pemes e ter un orzamento subvencionable mínimo de 500.000 euros e máximo de 1.500.000 euros, dividido nas distintas actividades que realice cada un dos integrantes da agrupación. Exixirase unha participación mínima por cada membro da agrupación de 75.000 euros.

Poderá incluírse unha grande empresa, cunha participación limitada a un máximo do 30 % do orzamento subvencionable total do proxecto.

4. Só se financiarán as actividades do proxecto desenvolvidas na Comunidade Autónoma de Galicia. Todos os membros da agrupación deberán levar a cabo as súas actividades en Galicia, de xeito que todas as empresas participantes nun proxecto deberán ter na Comunidade un centro de traballo permanente legalmente constituído onde realicen as actividades descritas na memoria técnica do proxecto.

5. As axudas obxecto desta convocatoria teñen un efecto incentivador, polo que a solicitude debe presentarse antes do comezo do proxecto.

De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, prodúcese un efecto incentivador cando as axudas cambian o comportamento dunha empresa de tal maneira que esta emprenda actividades complementarias que non realizaría, ou que, sen as axudas, realizaría dunha maneira limitada ou diferente. Con todo, as axudas non deben subvencionar os custos dunha actividade en que a empresa incorrería de todos os xeitos, nin deben compensar o risco empresarial normal dunha actividade económica.

Sen prexuízo do establecido nos parágrafos anteriores, os estudos de viabilidade previos, realizados polo beneficiario, non incluídos na solicitude de axuda non se terán en conta para a determinación da data de inicio da actividade.

A data de inicio do proxecto presentado non debe entenderse unicamente como unha data a partir da cal se poden imputar gastos, senón realmente como a data de comezo das actividades do proxecto.

Non será subvencionable ningún gasto executado con anterioridade á presentación da solicitude. No caso de detectarse que calquera actividade do proxecto se iniciou antes da dita data, a totalidade do proxecto será inadmisible.

6. En cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e á política de visados (en diante, RDC), todos os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do no significant harm).

En atención ao considerando 10 do RDC, o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente debe interpretarse no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) núm. 2020/852, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, que fixan os obxectivos ambientais que hai que protexer.

1) Mitigación do cambio climático.

2) Adaptación ao cambio climático.

3) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

4) Transición cara a unha economía circular.

5) Prevención e control da contaminación.

6) Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

7. Os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do RDC, en especial os relativos á materia ambiental, de igualdade e de accesibilidade a persoas con discapacidade que poidan resultar de aplicación.

8. A duración máxima dos proxectos será de tres anos e deberán estar rematados o 30 de setembro do ano 2028.

Artigo 4. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de empresas que realicen proxectos de I+D+i en colaboración. As empresas poderán ser pequenas, medianas ou grandes, segundo as definicións contidas no anexo VIII.

2. As agrupacións deberán estar constituídas, como mínimo, por tres empresas e como máximo por seis, e o tamaño da agrupación deberá ser o necesario para garantir unha xestión eficaz. Cada agrupación contará con, polo menos, dúas empresas independentes entre si. Así mesmo, na agrupación poderá participar só unha grande empresa coa participación máxima sinalada no artigo 3.3 desta resolución.

3. Todas as empresas que formen parte da agrupación deberán ter implantado un sistema dixital de rexistro horario da xornada laboral de cada traballador ou, no caso de non dispoñer del, deberán presentar un compromiso por escrito de que estará implantado na data de inicio do proxecto.

4. Todas as empresas que forman parte da agrupación e que obteñan a axuda terán a consideración de beneficiarias e deberán cumprir as súas obrigas como tales. Tanto na solicitude como na resolución de concesión deberán constar, de forma expresa, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. A concesión e o pagamento da axuda efectuaranse a cada unha das empresas participantes en proporción á parte dos gastos que lle corresponda realizar no proxecto.

5. Se a agrupación de entidades participantes no proxecto non ten personalidade xurídica, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se aplicará por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En todo caso, deberá nomearse un líder, que será o representante único da agrupación, único interlocutor coa Administración en todo o procedemento, e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponde á agrupación.

6. As agrupacións rexeranse polo documento contractual que as regule. O funcionamento interno da agrupación responderá a criterios de autonomía de xestión e o dito documento contractual deberá incluír de forma expresa quen é o líder ou representante da agrupación.

O documento contractual de regulación da agrupación deberá prever, como mínimo, o seguinte:

a) Distribución das actividades, do orzamento total e o achegado por cada un dos membros da agrupación.

b) Acordo de representación da agrupación e elección do seu representante ante a Administración para os efectos de interlocución con ela.

c) Xestión da agrupación, plan de continxencias e distribución de responsabilidades ante posibles dificultades.

d) Termos en que se poida dar a baixa na participación no consorcio ou a súa extinción.

Con todo, o orzamento e as actividades quedarán suxeitos ao establecido na resolución de concesión da axuda.

7. A agrupación de empresas non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007.

8. Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades nas cales concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común. A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

Tampouco poderán obter a condición de beneficiarias as empresas que incumpran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións. En particular, e de conformidade co disposto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, xeral de subvencións, no caso de subvencións de importe superior a 30.000 euros, non poderán ser beneficiarias as entidades, distintas ás entidades de dereito público, con ánimo de lucro suxeitas á Lei 3/2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, que incumpran os prazos de pagamento previstos na citada lei.

9. No caso de que algunha das entidades beneficiarias sexa unha entidade que pertenza ao ámbito subxectivo de aplicación da normativa do sector público, deberá respectar toda a normativa que rexe as actuacións das entidades do sector público e, de xeito particular, a normativa de contratación pública nas actuacións e servizos obxecto da axuda contratados con provedores externos.

Artigo 5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 22 de setembro, debendo cumprirse o prazo mínimo dun mes.

Artigo 6. Financiamento

1. As subvencións financiaranse con cargo ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación, na aplicación orzamentaria sinalada neste artigo.

Aplicación orzamentaria

2025 (€)

2026 (€)

2027 (€)

2028 (€)

Total (€)

07.A2.561A.770.0

(CP: 2023-00002)

520.000

7.400.000

12.400.000

7.680.000

28.000.000

2. A distribución de fondos entre as anualidades é unha previsión que deberá axustarse tras a valoración das solicitudes de axuda; será posible incluso a incorporación de novos conceptos de gasto, tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias, sen incrementar o crédito total.

Poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria despois da declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), e, se for o caso, logo da aprobación orzamentaria que proceda.

3. As axudas desta convocatoria serán cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, obxectivo político OP1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e a comunicación, prioridade P1A: transición dixital e intelixente; obxectivo específico RSO 1.1: desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas; tipo de acción 1.1.4: proxectos de I+D e de innovación aberta individuais e en cooperación entre empresas e entre empresas e organismos de investigación centrados no apoio a pemes.

Respecto aos tipos de intervención, neste tipo de acción prevese o seguinte, coa súa correspondente previsión da axuda Feder: 010. Actividades de investigación e innovación en pemes, incluída a creación de redes e 011. Actividades de investigación e innovación en grandes empresas, incluída a creación de redes.

Os indicadores de realización son os seguintes:

RCO01 Empresas apoiadas (empresas).

RCO02 Empresas apoiadas a través de subvencións (empresas).

O indicador de resultado é o seguinte:

RCR02 Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).

4. A taxa de cofinanciamento pola Unión Europea é do 60 %, e o 40 % restante computarase como investimento privado ou público elixible das entidades beneficiarias.

Artigo 7. Intensidade das axudas e concorrencia

1. As axudas concederanse en forma de subvencións. A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento subvencionable de cada entidade beneficiaria, e será conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 25 e 29 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 (RGEC), de acordo coa seguinte táboa:

Categoría predominante do proxecto

Pequena empresa

Mediana empresa

Grande empresa

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresas; como mínimo unha delas debe ser peme e ningunha empresa pode asumir por si soa máis do 70 % dos custos subvencionables

60 %

60 %

60 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas; como mínimo unha delas debe ser peme e ningunha empresa pode asumir por si soa máis do 70 % dos custos subvencionables

60 %

50 %

40 %

Innovación organizativa ou en materia de procesos. No caso de grandes empresas; só cando colaboran de xeito efectivo cunha ou varias pemes, as cales deberán asumir como mínimo o 30 % dos custos subvencionables totais do proxecto.

50 %

50 %

15 %

2. As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación ao abeiro desta convocatoria serán incompatibles coa percepción doutras axudas, outros ingresos ou outros recursos para a mesma finalidade ou os mesmos custos procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

Artigo 8. Custos subvencionables

1. Terán a consideración de custos subvencionables exclusivamente aqueles custos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto, con base na descrición achegada na memoria técnica. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. As categorías de gastos descritas nesta convocatoria son subvencionables conforme a Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

3. Todos os custos subvencionables estarán exclusivamente financiados a través da metodoloxía de opcións de custos simplificados conforme o RDC. En concreto, as axudas desta convocatoria adoptarán a modalidade de custos unitarios, conforme o disposto no artigo 53.1.b) do RDC e no artigo 13 da Orde HFP/1414/2023.

Para o cálculo dos custos subvencionables, o indicador empregado serán as horas de traballo efectivo realizado polo persoal que participa directamente nas tarefas técnicas do proxecto subvencionado. Aplicarase, así mesmo, un baremo estándar de custo unitario (en diante, BECU) de 28,4 euros por hora de traballo efectivo, cun máximo de 1.720 horas efectivas para 12 meses, que se corresponden coa dedicación dun profesional a xornada completa. Os custos subvencionables establécense, polo tanto, como o produto das horas de traballo efectivo realizado polo persoal que participa directamente nas tarefas técnicas do proxecto polo importe do BECU.

4. As categorías de custos cubertos polos custos unitarios correspóndense cos seguintes custos subvencionables, de conformidade cos artigos 25.3 e 29 do Regulamento 651/2014:

a) Custos directos: son os que están directa e inequivocamente vinculados á actividade subvencionada e para os que é posible demostrar a súa vinculación á devandita actividade.

1) Persoal.

2) Equipamento e material instrumental de nova adquisición.

3) Materiais, subministracións e produtos similares.

4) Adquisición de patentes.

5) Subcontratacións (inclúe servizos tecnolóxicos externos).

6) Outros custos que inclúen:

– O custo derivado do informe de avaliación do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH).

– O custo derivado da contratación externa do plan de comunicación e difusión previsto no artigo 14.2 desta convocatoria.

b) Custos indirectos: son aqueles custos que non están vinculados ou non se poden vincular directamente á actividade subvencionada por teren carácter estrutural, pero son necesarios para a súa realización, nos cales se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de supervisión e control de calidade, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza.

Non se considera subvencionable o imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables conforme a normativa nacional.

5. Para a anualidade 2025 só se admitirán aqueles custos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e a data límite de execución establecida no artigo 33.2.a) desta resolución. Para estes efectos, considérase como data de presentación a que corresponde á solicitude do líder da agrupación.

Para o resto de anualidades, admitiranse os custos realizados dentro do período comprendido entre a data límite de execución da anualidade anterior e a data límite de execución da anualidade corrente.

Artigo 9. Custos de persoal

1. Os custos de persoal que se poderán subvencionar son os seguintes:

a) Os custos de persoal propio (persoal investigador, técnico e persoal auxiliar que realice actividades de investigación) no tempo imputado exclusivamente ao desenvolvemento de actividades de I+D+i do plan de traballo do proxecto.

b) Os custos de persoal de nova contratación que se incorpore á entidade para a realización do proxecto e que deberá dedicarse de maneira exclusiva a este. Só se admitirá persoal de nova contratación cuxos contratos se encadren nos grupos de cotización 1, 2 e 3, e que respecten a correspondencia coas titulacións/categorías profesionais establecidas no artigo 9.4.e). É requisito do persoal de nova contratación que no momento da contratación non teña nin tivese vinculación laboral coa empresa nos 3 meses anteriores á data de inicio do contrato.

Só serán subvencionables as horas de traballo efectivo dedicadas ás actividades do proxecto. En consecuencia, non se consideran subvencionables as horas en que o persoal non estea dedicado ao proxecto, é dicir, períodos vacacionais, festivos oficiais establecidos no calendario, permisos, incapacidades temporais, expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE), excedencias e resto de situacións incompatibles coa realización de actividades laborais.

Deberán xustificarse as horas efectivas dedicadas ao proxecto de conformidade coas tarefas que se describen na memoria técnica. Non será suficiente unha xustificación xenérica que non permita valorar a adecuación, pertinencia e verificabilidade do tempo imputado.

2. No caso de pemes poderán subvencionarse os custos de persoal directivo e xerencial que realice labores de I+D+i no proxecto cunha dedicación máxima anual de 1.204 horas efectivas no total dos proxectos subvencionados con calquera tipo de financiamento. Para estes efectos, só terá a consideración de persoal directivo ou persoal de alta dirección o que se define no artigo 1 do RD 1382/1985.

Na memoria técnica que se presente coa solicitude xustificaranse detalladamente as funcións ou tarefas concretas de investigación que desenvolverá este persoal nas diferentes fases e actividades recollidas no plan de traballo do proxecto. Estas funcións deberán ser compatibles co seu labor directivo ou xerencial.

3. Permitirase o teletraballo unicamente para o persoal que realice actividades no proxecto que sexan compatibles con esta modalidade de traballo, de acordo co previsto na Lei 10/2021, do 9 de xullo, de traballo a distancia.

4. Non se considerarán subvencionables:

a) Os gastos relacionados con aqueles/as traballadores/as que non estean dados de alta nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia onde se desenvolve o proxecto.

b) Os gastos de persoal que non teña relación contractual laboral coa entidade beneficiaria da subvención, agás que se trate de socios que traballen baixo o réxime de autónomos, que teñan unha dedicación máxima anual de 860 horas efectivas no total dos proxectos subvencionados con calquera tipo de financiamento.

c) Os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión e tramitación do financiamento solicitado.

d) As contratacións en formación, as de prácticas, as de bolseiros/as e as contratacións a tempo parcial.

e) Os custos de persoal (propio ou nova contratación) cuxos contratos se encadren en grupos de cotización inferiores aos correspondentes ás titulacións/categorías profesionais que establece a Seguridade Social ao regular as bases de cotización por continxencias comúns que se indican a seguir:

Titulación/categoría profesional

Grupo de cotización

Enxeñeiros, licenciados, persoal de alta dirección

1

Enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados, diplomados

2

Xefes administrativos e de taller (técnicos especialistas)

3

Axudantes non titulados

4

Oficiais administrativos

5

Subalternos

6

Auxiliares administrativos

7

Oficiais de primeira e segunda

8

Resto de oficiais

9

Peóns

10

Traballadores menores de 18 anos

11

f) As horas do persoal imputadas con anterioridade ao inicio das actividades do proxecto (efecto incentivador).

g) Os custos de viaxes, indemnizacións ou axudas de custo non teñen natureza de gastos de persoal.

5. Calquera modificación no cadro de persoal propio deberá ser motivada e xustificada. Para a súa realización, se a titulación e o grupo de cotización son idénticos, só será necesaria unha comunicación á Axencia Galega de Innovación; no resto de supostos será necesario obter a autorización previa da Axencia Galega de Innovación.

O custo do novo persoal só será admisible dende a data de solicitude da modificación ou, de ser o caso, da data de comunicación. Excepcionalmente, a modificación de persoal poderá ter efecto retroactivo naqueles supostos en que afecte o período comprendido entre o inicio das actividades do proxecto e a data de resolución de concesión da axuda, logo de valoración das circunstancias concretas que motivan a dita solicitude.

No caso de persoal de nova contratación, non será necesario obter a autorización previa da Axencia Galega de Innovación para contratar persoal adicional sempre que o novo perfil sexa equivalente ao inicialmente concedido.

Artigo 10. Equipamento e material instrumental de nova adquisición

1. Os custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición serán subvencionables na medida e durante o período en que se utilicen para o proxecto.

No caso de que o instrumental de nova adquisición e o material non se utilicen en toda a súa vida útil para o proxecto, unicamente se considerarán subvencionables os custos de amortización correspondentes á duración do proxecto, calculados de acordo cos principios contables xeralmente aceptados. Para estes efectos, deberase xustificar na memoria técnica do proxecto a vida útil do equipamento ou material.

Non serán subvencionables os custos de depreciación de activos que se adquirisen con axuda de subvencións públicas.

2. A compra de novas licenzas e as renovacións de licenzas de software atópanse dentro da categoría de material inventariable e considéranse custos subvencionables se son de uso específico para o proxecto e non de uso xeral.

3. Admitiranse gastos de leasing, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Deberá existir un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao finalizar o contrato de leasing.

b) Soamente serán subvencionables os custos na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto.

c) As cotas de arrendamento subvencionables deberán ser constantes ou crecentes e comezar posteriormente á data de presentación da solicitude da subvención.

d) Non serán custos subvencionables a marxe do arrendador, os custos de refinanciamento dos xuros, os gastos xerais e os gastos de seguro.

Artigo 11. Materiais, subministracións e produtos similares

Serán subvencionables os custos de materiais, subministracións e produtos similares, de natureza consumible que deriven directamente do proxecto. Deberanse describir de forma detallada e concisa na epígrafe correspondente da memoria técnica.

Os gastos de material de oficina e consumibles informáticos non están incluídos neste concepto.

Artigo 12. Adquisición de patentes

As patentes deberán ser adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas á entidade solicitante, a prezos de mercado e coa condición de que a operación fose realizada en condicións de plena competencia e sen ningún elemento de colusión.

Artigo 13. Subcontratacións (inclúe servizos tecnolóxicos externos)

1. Considéranse subcontratacións as actuacións contratadas a terceiros que supoñan a execución dunha parte da actividade investigadora que constitúe o obxecto da subvención. A subcontratación deberá estar debidamente xustificada e motivada na memoria técnica.

2. As entidades beneficiarias das axudas reguladas nesta resolución poderán subcontratar como máximo ata o 50 % do importe da actividade subvencionada.

Non está permitida a subcontratación entre empresas da mesma agrupación.

3. Deberase especificar o provedor que realizará estes servizos e declarar que non existe vinculación coa entidade beneficiaria.

4. Cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 % do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se realice por escrito.

b) Que a súa realización sexa autorizada previamente pola Axencia Galega de Innovación.

5. En ningún caso o beneficiario poderá subcontratar con:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións que se recollen no artigo 10 da Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

c) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe do custo total da operación, agás que o devandito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades solicitantes da axuda na mesma convocatoria e programa que non obtivesen subvención por non reuniren os requisitos ou non alcanzaren a valoración suficiente.

e) Persoas ou entidades en que concorra algunhas das circunstancias detalladas no artigo 43.2 do Decreto 11/2009.

6. A entidade beneficiaria da axuda deberá prever mecanismos para asegurar que os subcontratistas cumpran co principio DNSH «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852.

Neste sentido, a entidade beneficiaria da axuda exixirá aos subcontratistas unha declaración responsable de cumpriren co principio de non ocasionar un prexuízo significativo ao ambiente.

Tamén deberá exixirlles un compromiso por escrito para conceder os dereitos e o acceso necesarios para que a Comisión, a Fiscalía Europea, a Oficina europea de loita contra a fraude (en diante, OLAF), o Tribunal de Contas e, cando proceda, as autoridades nacionais e autonómicas competentes, exerzan plenamente as súas respectivas competencias.

7. Dentro deste artigo inclúense os servizos tecnolóxicos externos, que son aquelas actividades distintas á investigación prestadas por terceiros de forma puntual, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes. Os servizos tecnolóxicos externos deberán ser necesarios para o desenvolvemento das actividades do proxecto e deberán estar debidamente xustificados na memoria técnica da solicitude.

Quedan expresamente excluídos os custos correspondentes a calquera forma de consultoría asociada á xestión e tramitación do financiamento solicitado.

O alugueiro de licenzas de software de uso específico para o proxecto, e non de uso xeral, considerarase un servizo tecnolóxico externo. Soamente serán subvencionables os custos na medida e durante o período en que se dediquen ao proxecto, o que se deberá indicar na memoria técnica.

Artigo 14. Outros custos

1. Será subvencionable o custo derivado da obtención dun informe de avaliación do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH) mediante unha entidade acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación (en diante, ENAC). O informe debe estar referido a todo o proxecto, incluíndo tanto a parte executada directamente polos beneficiarios como a parte subcontratada. Este custo será elixible para o líder do consorcio cun límite máximo de 2.000 euros por proxecto.

2. Tamén será subvencionable o custo derivado da contratación externa da execución do plan de comunicación e difusión. O límite máximo será de 5.000 euros por beneficiario no total do proxecto.

Artigo 15. Participación na agrupación de empresas vinculadas

Cando nun proxecto interveñan empresas vinculadas, conforme a definición que destas empresas se realiza no anexo VIII desta resolución e no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, só poderán facelo como membros da agrupación. Se empresas vinculadas participan como entidades subcontratadas, como provedores, como prestadores de servizos, ou dalgún outro xeito, a súa actividade non será subvencionable.

Artigo 16. Forma de presentación das solicitudes

1. Todos os solicitantes presentarán o anexo I (solicitude) xunto co resto dos anexos dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Cada membro da agrupación, agás o líder, presentará a súa solicitude expresando claramente o título do proxecto e a información contida no anexo I. Desta presentación resultará un número de rexistro que deberá facilitar á empresa líder.

Posteriormente, a empresa líder de cada agrupación presentará a súa solicitude (anexo I). Para os efectos de presentación da solicitude do proxecto, unicamente se terá en conta a data de presentación da solicitude da empresa líder, sendo esta a súa responsabilidade, polo que se entenderán inadmitidas as solicitudes que non dispoñan da presentación do líder.

3. Os datos de contacto das solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións.

4. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

6. No formulario de solicitude inclúense as seguintes declaracións responsables relativas a cada unha das empresas da agrupación:

a) Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade ou proxecto ou para as mesmas partidas de gasto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) Declaración responsable de que os datos contidos na solicitude e na documentación complementaria son certos, e que acepta as condicións e as obrigas recollidas nesta resolución.

c) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003).

d) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na devandita declaración no momento en que se produza.

e) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2 g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

f) Declaración responsable de non ser considerada como empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión. Non obstante, a Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

g) Declaración responsable de non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

h) Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo do proxecto para o que se solicita a axuda.

i) Declaración responsable de que a solicitude de axuda é anterior ao comezo do proxecto para o que se solicita (efecto incentivador).

j) Declaración responsable de que os provedores non están asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

k) Declaración responsable de que, se é o caso, non vai realizar ningunha utilización comercial posterior do prototipo ou proxecto piloto incluído no proxecto.

l) Declaración responsable de que, no caso de dispoñer dun plan de igualdade implantado no centro, deberá mantelo durante o período de execución do proxecto.

m) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que solicita a axuda.

n) Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

o) Declaración responsable de que se conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento da axuda (artigo 82 do RDC).

p) Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como o deber de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

q) Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.

r) Declaración responsable do cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do RDC, en especial os relativos á materia ambiental, de igualdade e de accesibilidade a persoas con discapacidade que poidan resultar de aplicación.

s) Compromiso por escrito de conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais e autonómicas exerzan as súas competencias.

t) Declaración responsable de que ten implantado, ou, no caso de non dispoñer del, de que estará implantado na data de inicio do proxecto, un sistema dixital de rexistro horario da xornada laboral de cada unha das persoas traballadoras do proxecto.

u) Declaración responsable de que non realizará ningunha subcontratación con outra/s entidade/s que sexa/n membro/s da agrupación.

Artigo 17. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberá achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Documentación xurídico-administrativa:

1°. Poder da persoa representante que presenta a solicitude verificado por un/unha letrado/a da Xunta de Galicia no caso de non estar rexistrado no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG). Entenderase acreditada a representación, sen necesidade de achegar documentación adicional, se a sinatura da solicitude se realizou cun certificado electrónico cualificado de representante de persoa xurídica por unha persoa que teña poder xeral de representación da empresa ante a Administración, de acordo co disposto no artigo 34 do Real decreto 2023/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos.

2°. Contrato/s de subcontratación subscritos con organismo/s e/ou empresa/s, debidamente asinados por ambas as partes nos supostos en que o importe da subcontratación supere os 60.000 euros e que o devandito importe exceda o 20 % da axuda concedida.

3°. No caso de representación mancomunada, anexo de comprobación de datos das persoas representantes mancomunadas (anexo II).

4º. No caso de representación mancomunada, anexo de autorización das persoas representantes mancomunadas (anexo III).

5°. Anexo de declaración de información relativa á condición de peme (anexo VII). A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

6°. Anexo de comprobación de datos do equipo investigador (anexo IV).

7°. A empresa líder da agrupación presentará o acordo regulador da agrupación debidamente asinado por todos os membros. Neste documento contractual deben establecerse os dereitos e obrigas que asume cada membro da agrupación, co contido mínimo sinalado no artigo 4.6 desta resolución.

8º. Anexo de declaración responsable do cumprimento do principio DNSH (anexo X).

9°. Acreditación sobre o cumprimento dos prazos de pagamento a provedores, de conformidade co previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003:

1. Para sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, declaración responsable do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

2. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación emitida por un/unha auditor/a rexistrado/a no Rexistro Oficial de Auditores de Contas do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

As empresas incluídas no punto 1 poderán acreditar tamén a devandita circunstancia por algún dos medios de proba previstos na letra b) do artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e con suxeición á súa regulación.

b) Documentación técnica:

1°. Memoria técnica do proxecto, segundo o índice que se inclúe como anexo IX (en formato pdf) que deberá presentar o líder e asinada por este.

Nesta memoria establecerase un cronograma do plan de traballo, en que se indiquen os distintos paquetes de traballo de execución do proxecto, coa relación das actividades que se desenvolverán ao longo do proxecto e unha descrición destas. Así mesmo, deberán describirse para cada entidade da agrupación os distintos conceptos de gasto para a execución do proxecto, segundo a tipoloxía dos custos subvencionables establecidos nesta convocatoria.

En relación co persoal dedicado ao proxecto, será necesario describir as actividades do cronograma en que participará e as tarefas que desenvolverá, e indicar as horas efectivas da súa xornada laboral dedicadas ao proxecto. En particular, deberase identificar o persoal propio da empresa, e indicarase o perfil do persoal de nova contratación.

Deberanse describir de forma detallada e concisa os materiais, subministracións e produtos similares, de natureza consumible, que deriven directamente do proxecto.

No que se refire aos custos de equipamento, deberá xustificarse a vida útil do equipamento e material instrumental de nova adquisición e o procedemento seguido para calcular os custos de amortización.

Así mesmo, de ser o caso, deberanse especificar as actividades que se van subcontratar, así como as principais funcións que se desenvolverán no proxecto.

Deberán xustificarse os servizos tecnolóxicos externos empregados, de ser o caso, e a súa necesidade para o desenvolvemento das actividades do proxecto.

Tamén se deberán indicar, de ser o caso, os custos subvencionables relativos ao alugueiro de licenzas de software de uso específico para o proxecto, na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto.

2°. Currículos redactados en formato libre de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto por parte de cada membro da agrupación.

c) Plan de comunicación e difusión do proxecto.

Os beneficiarios deberán realizar un plan de comunicación e difusión dos resultados do proxecto para compartir os resultados non suxeitos a confidencialidade co ecosistema de I+D+i, coa sociedade e coas administracións e maximizar así o seu impacto. Este plan deberá presentalo o líder do proxecto e incluirá as actividades que debe realizar cada beneficiario en cada unha das anualidades.

Este plan de comunicación debe describir os obxectivos previstos, as actividades de comunicación propostas, os indicadores para medir os resultados destas e o público a que van dirixidas (comunidade científica, usuarios finais, sociedade en xeral...).

As accións de comunicación deben estenderse ao longo de toda a vida do proxecto, estar estratexicamente planificadas, con obxectivos claros e medibles e ser proporcionais á escala do proxecto. É necesario xustificar por que cada medida elixida é a máis adecuada para o público obxectivo a que vai dirixida.

O plan de comunicación debe incluír como contido mínimo a realización de tres eventos de difusión do proxecto: o primeiro, nun prazo máximo de 3 meses desde da data de concesión da subvención, para explicar os seus obxectivos; o segundo, na metade da execución do proxecto, e o terceiro como máximo 3 meses da finalización do proxecto, para expoñer os resultados non suxeitos a confidencialidade. Este último deberá xerar un impacto medible a través da súa divulgación nos medios de comunicación e nas redes sociais. O plan de comunicación centrarase prioritariamente nas fases intermedia e final, en que se poderán divulgar avances e resultados finais. Nos tres eventos mencionarase expresamente o apoio da Unión Europea e da Axencia Galega de Innovación ás actuacións do proxecto, e mostraranse os logotipos de ambas as entidades en todos os materiais empregados.

As actividades de comunicación e difusión poden consistir en realización ou participación en eventos, xornadas; publicación en plataformas, web e redes sociais; elaboración de folletos, carteis ou vídeos; boletíns periódicos/noticias e comunicados de prensa, entre outras. Así mesmo, ao finalizar as actividades do proxecto deberá elaborarse un microvídeo dun mínimo de dous minutos de duración para difundir os resultados do proxecto a través das redes sociais.

As actividades de difusión e comunicación que impliquen formación non serán subvencionables, así como as axudas de custo e viaxes.

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea, todas as actividades do plan deberán respectar o disposto no artigo 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, e no documento «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027».

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa presentación.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Os anexos desta convocatoria estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 18. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa solicitante.

d) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante. No caso de que a entidade solicitante estea representada por unha persoa xurídica, comprobarase o NIF desta.

e) DNI/NIE/NIF das persoas representantes mancomunadas.

f) DNI/NIE das persoas do equipo investigador.

g) Títulos oficiais universitarios e títulos oficiais non universitarios do equipo investigador.

h) Consulta de vida laboral (TXSS) dos últimos 12 meses do equipo investigador.

i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

j) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente: certificado do grao de discapacidade do equipo investigador.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e nos anexos II e IV, segundo corresponda, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 19. Información e publicidade

A Axencia Galega de Innovación informará as entidades beneficiarias de que a aceptación da axuda implica que pasarán a formar parte da lista de operacións que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no número 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060

Artigo 20. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 21. Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 22. Información ás persoas interesadas

1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

b) Nos teléfonos: 981 95 73 03/881 99 91 59 da devandita Axencia.

c) No correo electrónico axudas.gain@xunta.gal

d) Na Guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo:
https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento poderá usarse o teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

4. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base ou o seu extracto no Diario Oficial de Galicia e a resolución de concesión.

Artigo 23. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 24. Instrución do procedemento e tramitación

1. A Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións previsto nesta resolución. Corresponderalle á directora da Axencia Galega de Innovación ditar a resolución de concesión.

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, ou non se achega a documentación exixida, requirirase a persoa interesada para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achega dos documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, terase por desistida da súa petición, despois da correspondente resolución. O requirimento remitirase exclusivamente ao líder do proxecto, que canaliza a relación de todos os participantes coa Axencia Galega de Innovación.

Non se considerará emendable a falta de presentación ou a presentación fóra de prazo da seguinte documentación: a solicitude de axuda (anexo I) e a memoria técnica do proxecto.

No caso de discrepancias entre o contido da memoria técnica do proxecto e a solicitude (anexo I), atenderase sempre ao contido da solicitude.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que presente cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento e para o seguimento e avaliación da RIS3 de Galicia 2021-2027 en que se enmarcan estas axudas.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e realizadas as emendas, os expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán avaliados por expertos/as e remitidos á comisión de selección.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, en que se indicarán as causas desta.

6. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación ou alteración de datos, ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 25. Comisión de Selección

1. A Comisión de Selección será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes de acordo coa valoración realizada conforme o procedemento e os criterios establecidos no artigo 26.

2. A composición da Comisión de Selección será a seguinte:

a) A persoa titular da dirección da Área de Xestión, ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente/a.

b) A persoa titular da dirección da Área de Programas, ou persoa en quen delegue.

c) Dúas persoas titulares dunha xefatura de departamento da Axencia Galega de Innovación ou persoas en que deleguen.

d) Unha persoa funcionaria da Axencia Galega de Innovación, que actuará como secretario/a, con voz e sen voto.

3. A Comisión de Selección elaborará unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren as condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de beneficiario, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas.

Artigo 26. Criterios de valoración

A valoración de cada proxecto presentado que reúna os requisitos realizarase sobre un total de 100 puntos, que se outorgarán atendendo a aspectos científico-técnicos, económico-financeiros e á potencialidade para xerar valor económico coa explotación dos seus resultados, segundo os criterios de valoración que se indican a continuación coas súas puntuacións máximas:

1. Excelencia. Calidade científico-técnica do proxecto: 0-37 puntos (puntuación mínima necesaria 19 puntos).

a) Grao de innovación do proxecto en relación co estado da arte (máximo 12 puntos). A puntuación asignarase da forma seguinte, segundo a clasificación de madurez dos proxectos establecidos no anexo VIII da convocatoria:

– Nos proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental:

i) De 0 a 4 puntos, aos proxectos en que a tecnoloxía empregada fose probada e validada nun contorno relevante, e o prototipo desenvolvido sexa capaz de realizar todas as funcións requiridas.

ii) De 5 a 8 puntos, aos proxectos en que se integran os compoñentes básicos ou elementos separados da tecnoloxía e se valida que funcionen en conxunto a nivel de laboratorio para identificar o seu potencial de aplicación, ou proxectos en que a tecnoloxía foi validada a nivel de compoñentes nun contorno simulado.

iii) De 9 a 12 puntos, aos proxectos que se atopan nunha fase inicial de formulación de concepto de tecnoloxía e/ou aplicación, ou que consisten nunha proba experimental de concepto en que se inclúen estudos analíticos e probas a nivel de laboratorio para validar fisicamente as predicións dos elementos separados da tecnoloxía, aínda que estes non estean integrados nun sistema completo.

– Nos proxectos de innovación:

i) De 0 a 6 puntos, aos proxectos en que se demostra que a tecnoloxía funciona a nivel comercial a través dunha aplicación a grande escala, estando xa as cuestións operativas e de fabricación resoltas e elaborados os documentos para a utilización e o mantemento do produto.

ii) De 7 a 12 puntos, aos proxectos en que se demostra que a tecnoloxía funciona- e opera nunha escala piloto, realizando probas reais para establecer as condicións de fabricación e operacións finais.

b) Obxectivos científico-tecnolóxicos do proxecto (máximo 5 puntos): valorarase a adecuación dos obxectivos para mellorar o rendemento e flexibilidade operativa das entidades participantes. No proxecto deberán formularse obxectivos viables tecnicamente, alcanzables, enfocados á mellora dos procesos, produtos e/ou servizos dos seus socios, obxectivos que deberán ser descritos cualitativa e cuantitativamente. O grao de avance dos obxectivos tecnolóxicos do proxecto deberá poder ser monitorizable para poder realizar o seguimento da súa consecución. Cada proxecto deberá incluír, como mínimo, tres indicadores medibles que permitan recoller os avances obtidos.

c) Descrición detallada da contribución das entidades participantes no proxecto para a consecución dos obxectivos indicados na alínea anterior (máximo 5 puntos).

d) Credibilidade da formulación da proposta (máximo 5 puntos): valoraranse o estudo do estado da arte, a existencia de resultados previos que soportan a proposta e a análise de puntos críticos e factores de risco.

e) Capacidade que ten a implantación da tecnoloxía proposta para mellorar os procesos buscando avanzar na súa eficiencia e flexibilidade (máximo 5 puntos): mellora e automatización de procesos, mellora da eficiencia enerxética, a reciclaxe industrial e a optimización de recursos, intelixencia artificial para a análise avanzada de datos, adopción de solucións tecnolóxicas na nube, ciberseguridade, avance na sustentabilidade como vantaxe competitiva, e todo o relacionado coa transformación dixital.

f) Colaboración con universidades, organismos de investigación, centros hospitalarios, centros tecnolóxicos ou con organismos científicos con recoñecemento internacional (máximo 5 puntos).

2. Calidade e eficiencia da implementación do proxecto: 0-30 puntos (puntuación mínima necesaria 16 puntos).

a) Plan de traballo (máximo 10 puntos):

1. Coherencia (máximo 5 puntos): metodoloxía, plan de traballo, cronograma e entregables previstos. Valoraranse a compatibilidade e a coherencia cos obxectivos parciais e finais do proxecto.

2. Eficacia (máximo 5 puntos): adecuada asignación dos recursos ás tarefas planificadas. Grao de detalle dos distintos conceptos de gasto empregados para a execución do proxecto, e a súa adecuación ás actividades previstas no cronograma.

b) Capacidade técnica das entidades integrantes da agrupación (máximo 10 puntos):

1. Capacidade técnica das entidades solicitantes (máximo 5 puntos): valoraranse a capacidade técnica e a experiencia das entidades integrantes da agrupación na realización de proxectos de I+D+i e, de ser o caso, as colaboracións dos socios en proxectos conxuntos nos últimos 5 anos.

2. Capacidade do equipo humano que participa no proxecto (máximo 5 puntos): valorarase a adecuación técnica dos perfís do persoal propio ou de nova contratación da entidade ou entidades participantes no proxecto para desenvolver o plan de traballo incluído nel.

c) Procedementos de xestión previstos (máximo 10 puntos):

1. Estrutura organizativa do proxecto e mecanismo de xestión e seguimento (máximo 5 puntos): valorarase a participación activa na estrutura organizativa de membros das entidades máis significativas participantes no proxecto.

2. Plan de continxencia (máximo 5 puntos): valorarase a existencia dun plan de análise das dificultades xurdidas na consecución dos fitos técnicos do proxecto e a existencia dun plan de continxencias.

3. Impacto tecnolóxico e socioeconómico do proxecto: 0-31 puntos.

a) Explotación dos resultados esperados e orientación ao mercado do proxecto (máximo 6 puntos): rendibilidade esperada dos resultados de I+D+i:

1. Eficiencia da estratexia de comercialización dos resultados do proxecto (máximo 2 puntos): valorarase tanto a estratexia de comercialización dos novos ou mellorados produtos como a estratexia de protección dos resultados da propiedade industrial e intelectual, se os houber.

2. Mercado potencial e capacidade para a apertura de mercados (máximo 2 puntos): valorarase a posibilidade de ter acceso a novos mercados.

3. Impacto do modelo empresarial de explotación (máximo 2 puntos): valorarase que o proxecto facilite a colaboración con outras empresas, a integración de varias actividades da cadea de valor e a integración con clientes e provedores de negocios.

b) Contribución do proxecto para mellorar a competitividade do modelo produtivo de Galicia a través dunha axeitada integración das tecnoloxías industriais innovadoras. Aumento da intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia, nun contexto internacional (máximo 8 puntos):

1. Efecto de arrastre do proxecto (máximo 4 puntos): incorporación dos resultados tecnolóxicos do proxecto a cadeas de valor estratéxicas para Galicia, mellorando a competitividade a nivel internacional.

2. Achega técnica das pemes no proxecto, xa sexan socias do consorcio ou subcontratadas (máximo 4 puntos), tendo en conta o compoñente técnico das actividades que desenvolvan e a súa contribución para acadar os obxectivos.

c) Complementariedades e sinerxías con outras políticas e xeración de emprego (máximo 17 puntos):

1. Implicacións ambientais do proxecto (máximo 5 puntos): consonancia co Pacto verde europeo.

2. A Axencia Galega de Innovación, no compromiso coa investigación e innovación responsable (IIR) e en consonancia coa Axenda 2030, a través desta actuación impulsa no ecosistema galego a adopción de medidas que axuden a garantir e incrementar o impacto social das actividades de I+D+i. Na práctica, a IIR impleméntase como un conxunto de medidas que inclúen e facilitan a participación de múltiples axentes e das persoas na investigación e na innovación, permitindo un acceso máis sinxelo aos seus resultados, a incorporación do xénero e da ética no contido e no proceso de I+D+i, así como na educación científica formal e informal.

Neste sentido, outorgarase ata un máximo de 3 puntos pola adecuación argumentada do aliñamento dos obxectivos do proxecto con polo menos 3 dos seguintes criterios:

a) A I+D realizada axudará a mellorar a calidade de vida e a saúde da cidadanía.

b) A I+D realizada terá un impacto positivo na conservación ambiental e/ou dará lugar a unha relación máis sustentable entre a sociedade, a industria e o ambiente.

c) A I+D realizada axudará a aumentar o coñecemento, a concienciación e a comprensión da ciencia, da enxeñaría e da tecnoloxía entre a sociedade en xeral.

d) A I+D realizada axudará a mellorar a reputación internacional da rexión.

e) A I+D realizada cumpre cos criterios éticos da investigación.

3. Igualdade de xénero (máximo 2 puntos): participación equilibrada de mulleres no equipo humano do proxecto. Aplicaranse os seguintes baremos para a suma do número de mulleres participantes en todas as entidades do consorcio sobre o total do equipo investigador:

a) Se a porcentaxe de mulleres está entre o 40 % e o 60 %: 1 punto.

b) Se a porcentaxe de mulleres é superior ao 60 %: 2 puntos.

4. Integración de persoas con diversidade funcional (máximo 1 punto): Para a suma de todo o persoal investigador das entidades participantes no proxecto, valorarase a participación de persoas con diversidade funcional do seguinte xeito:

a) Se a porcentaxe de persoas con diversidade funcional recoñecida é superior ao 5 % e inferior ou igual ao 10 %: 0,5 puntos.

b) Se a porcentaxe de persoas con diversidade funcional recoñecida é superior ao 10 %: 1 punto.

5. Xeración de emprego (máximo 4 puntos): valorarase o número de empregos creados e a duración dos contratos.

6. Plan de comunicación e difusión do proxecto (máximo 2 puntos): valorarase especialmente a difusión dos resultados do proxecto en foros internacionais relevantes para o contido do proxecto ou vinculado con innovación, en liña coa RIS3 2021-2027, que ten entre os seus fins a consolidación da «Marca Galicia» a nivel internacional tamén no ámbito da I+D+i.

Concederase 1 punto se o plan de comunicación ten impacto no ecosistema galego de I+D+i, e 2 puntos se ten impacto internacional.

4. Concello emprendedor: máximo 2 puntos.

Para cada socio da agrupación que desenvolva as súas actividades do proxecto nun concello emprendedor outorgarase 0,5 puntos, ata un máximo de 2 puntos.

Considérase concello emprendedor aquel que voluntariamente se una á iniciativa galega de concellos emprendedores promovido pola Administración autonómica, co obxecto de favorecer a implantación e o funcionamento das iniciativas empresariais en Galicia, con plenas garantías de sustentatibilidade económica e con redución das barreiras normativas e administrativas, en aplicación da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia. A relación de concellos emprendedores pode consultarse neste enderezo: https://galiciaempresa.xunta.gal/concellos-emprendedores.

Artigo 27. Procedemento de avaliación

1. De cada proxecto faranse dúas avaliacións realizadas por asesores/as científicos/as externos/as que sexan especialistas na materia a que o proxecto se refira. Na avaliación poderase propoñer, de forma motivada e debidamente xustificada, un encadre do proxecto noutro ámbito diferente ao que figure na solicitude. Estes asesores/as avaliarán os puntos 1, 2 e 3.a) do artigo anterior.

Os proxectos que non superen o limiar previsto no artigo anterior para os puntos 1 (excelencia) e 2 (calidade e eficiencia da implementación do proxecto) non poderán ser subvencionados. Estes puntos avaliaranse secuencialmente, de forma que se non se supera o limiar do punto 1 non se continuará coa avaliación do resto dos puntos, e se posteriormente non se supera o limiar do punto 2, tampouco se avaliarán o resto dos criterios.

No caso de que a diferenza entre as puntuacións das avaliacións externas sexa inferior a 15 puntos, a puntuación final corresponderá á media aritmética das dúas avaliacións. De existir unha discrepancia de 15 puntos ou máis entre as dúas avaliacións externas, farase unha terceira avaliación, e a puntuación final será a media aritmética das dúas avaliacións cuxa discrepancia entre si sexa a máis próxima e inferior a 15 puntos. No caso de que a discrepancia entre as tres avaliacións sexa igual ou superior a 15 puntos, a puntuación final corresponderá á media aritmética das tres.

O persoal xestor técnico da Axencia Galega de Innovación avaliará os puntos 3.b), 3.c) e 4 do artigo 26, e emitirá un informe técnico de idoneidade no que se determinará, co apoio de expertos externos/as se for necesario, o custo subvencionable do proxecto e a intensidade de axuda que lle corresponde segundo o establecido no artigo 7. No informe técnico de idoneidade deixarase constar expresamente que en cada un dos proxectos avaliados concorren os requisitos para entender que se cumpre o efecto incentivador.

Deberán absterse de avaliar un proxecto as persoas que estean vinculadas con el por calquera circunstancia, e seranlles de aplicación, ademais, as causas de abstención e recusación previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015. Así mesmo, asinarán unha declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI), na que se declare que non están incursos en ningunha situación que poida cualificarse de conflito de intereses, das indicadas no artigo 61.3 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo (Regulamento financeiro da UE).

2. Será requisito necesario para que un proxecto poida ser subvencionado que alcance un mínimo de 60 puntos.

En caso de coincidir a puntuación de varias solicitudes, utilizarase como criterio de desempate o de maior puntuación sucesivamente nos criterios 1, 2, 3 e 4 do artigo 26 por esa orde. No suposto de que persista o empate, co fin de promover a incorporación do principio transversal de igualdade enunciado no artigo 9 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060, decidirase a favor do proxecto en que a maioría das empresas participantes implantasen un plan de igualdade, identificado no formulario electrónico de solicitude polo seu localizador no Rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo, de acordo co establecido no artigo 11 do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro. En último termo, o criterio de desempate atenderá á orde de presentación da solicitude pola entidade líder de cada proxecto.

3. Os proxectos subvencionables serán clasificados por orde de prelación, tendo en conta que:

– En primeiro lugar, listaranse de maior a menor puntuación todos os proxectos que cumpren coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras e que conten cunha puntuación igual ou superior a 60 puntos.

– En segundo lugar, de entre os proxectos listados no punto anterior, iranse seleccionando pola orde decrecente de puntuación 4 proxectos por cada ámbito estratéxico dalgún dos ámbitos estratéxicos indicados no artigo 3.2.

– Por último, seleccionaranse de maior a menor puntuación o resto de proxectos que teñan unha valoración mínima de 60 puntos, independentemente do ámbito en que se encadren, e iranse financiando ata o esgotamento do orzamento previsto nesta convocatoria.

Artigo 28. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poñerase de manifesto ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan presentar alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas pola persoa interesada.

Artigo 29. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución e o informe emitido pola comisión de selección á directora da Axencia Galega de Innovación para ditar a resolución de concesión, que deberá estar motivada.

A proposta de resolución incluirá de forma individualizada as solicitudes propostas para obter a subvención e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos nestas bases reguladoras. Indicarase, así mesmo, o importe da subvención concedida para cada unha delas ou, de ser o caso, a causa de denegación.

No expediente de concesión de subvencións tamén se incluirá o informe do órgano instrutor no que conste que da información que ten no seu poder se desprende que os beneficiarios cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

2. Á vista da proposta exposta, e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, ao non se teren en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polas persoas interesadas, a directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución definitiva de concesión ou denegación prevista nestas bases, que será motivada de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. A resolución prevista nestas bases expresará, como mínimo:

a) O título do proxecto e as entidades beneficiarias da axuda.

b) O importe global da axuda para cada proxecto indicando a repartición da axuda entre os membros da agrupación.

c) En caso de solicitudes denegadas, a causa da denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. En todo caso, deberase notificar a cada entidade beneficiaria un documento que estableza as condicións da axuda para a operación (DECA) que deberá incluír, como mínimo, a identificación da entidade beneficiaria, a contía da subvención e as obrigas de cada entidade, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución e o método que se aplicará para determinar os custos da operación e as condicións de pagamento da axuda. Dado que a convocatoria se financia con fondos do programa de Galicia Feder 2021-2027, notificaránselles ás persoas interesadas os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operacións que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).

O contido do DECA notificado deberá ser aceptado polo beneficiario, e para tal fin asinará e remitirá ao órgano concedente un documento en que acepta as obrigas e compromisos do DECA e declara que cumpre as condicións requiridas para poder ser beneficiario de axuda Feder, en particular as relativas ao tamaño da empresa e á non consideración de empresa en crise.

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución á persoa interesada será de tres meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen ditarse resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

6. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Con todo, ademais da notificación individual de concesión da axuda, a resolución de concesión poderá publicarse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://gain.xunta.gal, con indicación da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

7. As entidades que resulten beneficiarias deberán presentar no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión da axuda un informe de avaliación positivo do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH) realizado por unha entidade acreditada por ENAC. No caso de non presentar o devandito informe no prazo indicado, revogarase a axuda concedida.

Só se requirirá un informe de cumprimento do principio de DNSH por proxecto e correspóndelle ao líder a súa presentación.

Artigo 30. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e na forma que se determinen nas resolucións de concesión. Con todo, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, estas poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, aos seus aspectos fundamentais ou que fosen determinantes para a concesión da axuda, non afecte os requisitos que determinan a condición do beneficiario, nin dane dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non se puideron prever no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de concorreren na concesión inicial, non poderían supoñer a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

Con todo, en relación coa determinación do beneficiario, poderase autorizar o cambio dunha entidade da agrupación por outra debido á súa situación de insolvencia ou doutras circunstancias económicas que lle impidan afrontar o proxecto, sempre que se motiven suficientemente estas circunstancias, que a nova entidade cumpra os requisitos establecidos para ser beneficiaria e os demais establecidos na convocatoria e se comprometa a manter a actividade obxecto da axuda. A autorización requirirá un informe técnico en que se constate a idoneidade do novo beneficiario para garantir a viabilidade do proxecto e que, polo menos, teña unhas condicións equivalentes ao membro da agrupación substituído. Para realizar este informe técnico deberán aplicarse os mesmos criterios que se tiveron en conta para avaliar inicialmente a solicitude.

2. En concreto, deberá solicitarse calquera modificación relativa ao seu cronograma e ás actividades de desenvolvemento do proxecto, descritos na memoria técnica, con carácter previo á súa realización.

3. En ningún caso se admitirán solicitudes de modificación posteriores á data prevista de finalización do proxecto.

4. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, cada beneficiario poderá solicitar unha redistribución entre as anualidades concedidas, modificando cada anualidade cun límite do 40 % do custo total concedido por beneficiario, variando proporcionalmente calquera das anualidades orzadas e que non estean xustificadas. O prazo para solicitar esta redistribución de anualidades finaliza tres meses antes do remate do período de execución da primeira anualidade afectada, excepto para o ano 2025.

O prazo anterior poderá ampliarse ata a data límite de execución da anualidade afectada cando se produzan no proxecto causas sobrevidas que imposibiliten a execución do custo concedido para esa anualidade. Tales circunstancias deben estar motivadas e acreditadas, para a súa valoración e, se for o caso, autorización pola Axencia Galega de Innovación.

5. Na solicitude de modificación expresaranse os motivos das modificacións que se propoñen, xunto coa xustificación da imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión, e o seu impacto nas horas de traballo efectivas declaradas na solicitude. Esta solicitude de modificación deberá ser formulada polo líder da agrupación, e deberá xustificarse nos mesmos termos e co mesmo nivel de detalle que os indicados na fase de solicitude. O órgano concedente avaliará a xustificación e pertinencia da modificación solicitada e a súa adecuación ao plan de traballo.

6. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola directora da Axencia Galega de Innovación, despois da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia á persoa interesada. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa e notificaráselle á persoa interesada.

Artigo 31. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo (anexo VI) que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e que se publicará na web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015. A directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015.

Artigo 32. Obrigas das entidades beneficiarias

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, así como daquelas específicas que se indican nesta convocatoria, as entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigadas a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e acreditalo ante o órgano que concede, así como o cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidas nas normas reguladoras, nesta convocatoria e na resolución de concesión e no documento en que se establecen as condicións da axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nas bases desta convocatoria e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

c) Facilitar as inspeccións e comprobacións que efectúe o persoal técnico da Axencia Galega de Innovación, e presentar toda a documentación que se requira para verificar o axeitado cumprimento das condicións en que foi outorgada a axuda, así como o correcto desenvolvemento técnico e económico do proxecto.

d) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto dos casos previstos na Lei 9/2007.

e) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, que regula a transparencia e o bo goberno no ámbito da Administración pública de Galicia.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular o órgano concedente, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou, en xeral, as verificacións previstas no artigo 74 do RDC que realicen o organismo intermedio, a autoridade de xestión e, de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control, como a Oficina de Loita contra a Fraude ou a Fiscalía Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao beneficiario (artigo 82 do RDC).

g) Comunicarlle ao órgano que concede a obtención de subvencións, de axudas, ingresos ou de recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

h) Ter o seu domicilio social ou un centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia e realizar nesta comunidade autónoma as actividades subvencionadas.

i) Solicitarlle á Axencia Galega de Innovación autorización previa para realizar modificacións no desenvolvemento dos proxectos aprobados, nos casos que se refiren nestas bases.

j) Dar publicidade á axuda recibida nos contratos de subcontratación e no equipamento e material instrumental de nova adquisición, mencionando expresamente a súa orixe e o cofinanciamento con fondos estruturais da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na súa páxina web e mantela actualizada. Na web deberán figurar, como mínimo, as entidades beneficiarias, os obxectivos e os principais avances do proxecto, que deberán divulgarse ano a ano. Concretamente, na documentación, nos carteis ou nas publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Xunta de Galicia, respectando o manual de identidade corporativa (https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/descarga-do-manual) e a frase «Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea».

k) Executar o plan de comunicación e difusión establecido no artigo 17.1.c) desta convocatoria.

l) Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea ao abeiro do programa de Galicia Feder 2021-2027, en relación coa publicidade do financiamento, segundo o previsto no artigo 50 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, a entidade beneficiaria deberá realizar, durante a execución da operación, as seguintes actuacións:

1. Na súa páxina web oficial, cando exista a dita web, e nas súas contas de redes sociais fará unha breve descrición da operación, de forma proporcionada en relación co nivel da axuda, cos seus obxectivos e resultados e destacará a axuda económica da Unión Europea.

2. Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación presentará unha declaración en que destaquen de forma visible as axudas da Unión Europea.

3. Exhibirá unha placa permanente nun lugar ben visible para o público, en que figure o emblema da Unión Europea, tan pronto como comece a execución física das operacións en que se instalen os equipamentos adquiridos e que teñan un custo total superior a 500.000 euros.

4. Para as operacións non encadradas no punto anterior, exporá nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño A3, como mínimo, ou unha pantalla electrónica equivalente con información de actuación, en que se destaque o cofinanciamento da Unión Europea ao abeiro do programa de Galicia Feder 2021-2027.

En todas as obrigas anteriores deberá empregarse o emblema europeo xunto a unha declaración sinxela en relación co cofinanciamento, que mencione o apoio recibido da Unión Europea («Cofinanciado pola Unión Europea») e mais o logotipo de Fondos Europeos. Estes emblemas e logotipos, listos para o seu uso, poden descargarse na seguinte ligazón: https://www.conselleriadefacenda.gal/documents/20696201/20982442/Logos_web.zip

Cando varias actuacións teñan lugar na mesma localización só será preciso colocar unha placa ou cartel.

Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, as entidades beneficiarias deberán conservar, en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elaboren no marco da actuación. Este material deberase poñer á disposición da Xunta de Galicia ou das institucións da Unión Europea se así o solicitan.

Respectaranse en todo caso as directrices contidas no documento sobre «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027» (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060.

No caso de persoal de nova contratación para o proxecto, farase mención expresa no contrato ao cofinanciamento pola Unión Europea, ao acrónimo do proxecto e a esta convocatoria. Para o resto de persoal dedicado ao proxecto, o beneficiario deberá comunicar por escrito que parte do seu salario está a ser cofinanciado pola Unión Europea nos mesmos termos.

m) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

n) A empresa líder deberá informar do nivel de logro dos indicadores Feder asociados á liña de actuación que lles sexan de aplicación, ao mesmo tempo que presenta a xustificación de gastos. Estes indicadores son os seguintes:

– Indicadores de realización:

RCO01 Empresas apoiadas (empresas).

RCO02 Empresas apoiadas a través de subvencións (empresas).

– Indicador de resultado:

RCR02 Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).

o) Facilitar os datos necesarios para o seguimento e a avaliación destas axudas no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros instrumentos relacionados coa medición da I+D+i, entre outros, as enquisas do INE. Tendo en conta que a localización do proxecto ten que ser Galicia, os datos asignados aos citados instrumentos de avaliación deberán estar rexistrados na Comunidade Autónoma de Galicia.

p) No caso de proxectos seleccionados, pola aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, este deberá manterse vixente durante o período de execución do proxecto.

q) Comprometerse a evitar os impactos negativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (principio Do no significant harm-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do RDC.

r) En aplicación dos principios horizontais indicados no artigo 9 RDC, deberá prestarse especial atención ao cumprimento da normativa ambiental, de igualdade e de accesibilidade a persoas con discapacidade que poida resultar de aplicación.

s) Asistir a unha xornada formativa impartida pola Axencia Galega de Innovación sobre as obrigas desta axuda, a cal serán convocados expresamente con antelación. Á devandita xornada deberá acudir, como mínimo, unha persoa por cada unha das entidades participantes no proxecto.

t) As entidades beneficiarias están obrigadas a facilitar os datos do titular real dos perceptores de financiamento da unión, no caso de que, requirida a dita información, as autoridades competentes non poida dispoñer dela.

u) Conforme o disposto no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable iguale o supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.

v) En toda a documentación xerada en relación cos proxectos e nos materiais de difusión, utilizarase unha linguaxe inclusiva e non sexista, e velarase pola transmisión dunha imaxe igualitaria, non asociada a roles de xénero e que ofreza unha imaxe diversa tanto das mulleres coma dos homes.

En todos os actos de difusión que se realicen procurarase unha composición equilibrada entre mulleres e homes.

x) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

Artigo 33. Xustificación da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda, a empresa líder do proxecto, como representante da agrupación, deberá presentar electronicamente a documentación xustificativa da subvención. Para este fin deberá acceder á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, utilizando os formularios dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

2. Prazos de execución e de xustificación:

a) Prazos de execución:

Períodos de execución dos gastos subvencionables:

Ano 2025

Desde

Data de presentación da solicitude

Ata

31 de decembro de 2025

Ano 2026

Desde

1 de xaneiro de 2026

Ata

31 de decembro de 2026

Ano 2027

Desde

1 de xaneiro de 2027

Ata

31 de outubro de 2027

Ano 2028

Desde

1 de novembro de 2027

Ata

30 de setembro de 2028

b) Prazos de xustificación (presentación da documentación):

Presentación da documentación xustificativa

Ano 2025

Ata

31 de xaneiro de 2026

Ano 2026

Ata

31 de xaneiro de 2027

Ano 2027

Ata

30 de novembro de 2027

Ano 2028

Ata

15 de outubro de 2028

3. Documentación xustificativa: debe presentarse a documentación xustificativa das horas de traballo efectivo adicadas polo persoal que participa directamente nas actividades do proxecto e a documentación técnica.

As instrucións e os formularios para a presentación da documentación xustificativa estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal). A documentación presentarase de forma ordenada seguindo a orde establecida nas instrucións e nun formato que permita editar e tratar o texto.

4. A Axencia Galega de Innovación comprobará o cumprimento dos requisitos e condicións, e a validez dos datos que figuren na documentación achegada, especialmente no que respecta á información proporcionada polo persoal imputado ao proxecto, así como a súa adecuación coa información achegada polo beneficiario na súa solicitude e que deu lugar á avaliación do proxecto.

5. Se, transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, os beneficiarios non presentan a documentación xustificativa segundo o indicado, a Axencia Galega de Innovación requiriralles que a presenten no prazo improrrogable de dez días e advertiraas de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, e a exixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto de anticipo, e as demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

6. Sen prexuízo da documentación xustificativa indicada, poderá requirirse á entidade beneficiaria que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

Artigo 34. Documentación xustificativa administrativa

1. Segundo o disposto no artigo 8.3, os custos subvencionables xustificaranse mediante o sistema de custos simplificados, na modalidade de custos unitarios.

O líder da agrupación deberá presentar un resumo global de execución para a totalidade do proxecto, así como o resto de documentación por cada un dos membros da agrupación, que se sinala a continuación:

a) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade ou proxecto ou para as mesmas partidas de gasto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, utilizando o modelo que aparece como anexo V a esta resolución e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e na páxina web da Axencia Galega de Innovación
http://gain.xunta.gal. De ser o caso, deberá presentarse unha copia da resolución da concesión desoutras axudas.

b) Certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, conforme os beneficiarios están ao día nas súas obrigas tributarias, no caso de que se opoñan á consulta ou non se preste o consentimento expreso para realizar determinadas consultas por parte do órgano xestor.

c) Un resumo da execución do proxecto en que conste todo o persoal imputado ao proxecto e o seu importe, desagregado por persoal propio e persoal de nova contratación.

d) Para a xustificación do custo de persoal destinado ao proxecto, deberá dispoñerse de:

Documentación acreditativa das horas de traballo efectivo realizadas polo persoal asignado ao proxecto:

1) Certificación emitida polo responsable de persoal co visto e prace da xerencia ou dirección da entidade, conforme o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación, que consistirá nunha relación detallada por traballador/a do persoal dedicado ao proxecto, que deberá incluír, entre outros, os seguintes datos: identificación do persoal, número de horas efectivas dedicadas ao proxecto e custo imputado.

2) Partes de horas mensuais de cada traballador/a xustificativos das horas efectivamente dedicadas ao proxecto, que incluirán unha relación das actividades realizadas. Este modelo, que estará dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación, deberá estar asinado electronicamente, tanto pola persoa empregada como pola persoa responsable de persoal, nos 15 días seguintes ao remate da mensualidade. Este prazo poderá ser maior só nos casos xustificados de ausencia da persoa traballadora na empresa (baixas laborais, vacacións, etc.), o que deberá ser acreditado.

3) Rexistros horarios da xornada laboral de cada persoa traballadora que participa no proxecto, con independencia de que desenvolva as súas actividades na modalidade presencial ou de teletraballo, extraídos do sistema dixital da entidade beneficiaria. Esta documentación deberá estar asinada polo/a responsable de persoal.

4) Xustificación da comunicación por escrito á persoa traballadora de que parte do seu salario está cofinanciado pola Unión Europea.

5) Informe de vida laboral que comprenda todo o período da anualidade, referido á data de finalización do prazo de execución. No caso de persoal autónomo, certificado de vida laboral referida á data de finalización do prazo de execución. No caso do persoal de nova contratación, este informe de vida laboral deberá comprender un período mínimo de 3 meses anteriores á data de inicio do seu contrato, para comprobar que cumpre o requisito exixido no artigo 9.1 da convocatoria.

6) Informe individual de datos para a cotización (IDC) dos traballadores que participan no proxecto.

7) Para o persoal de nova contratación deberá presentarse a copia do contrato en que se poida verificar que o/a traballador/a se dedica exclusivamente ao proxecto e o resto dos requisitos exixidos nesta convocatoria, xunto coa certificación da súa titulación académica e o currículum vítae.

8) Declaración responsable da non participación do persoal dedicado ao proxecto, financiado con cargo ás axudas desta convocatoria, noutras actividades/proxectos financiados con axudas procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado ou, en caso contrario, declaración responsable de non superar, conxuntamente coas horas efectivas de dedicación ao proxecto, a totalidade da súa xornada laboral, utilizando o modelo que estará dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación.

9) No caso do persoal que poida realizar as súas actividades na modalidade de teletraballo, será preciso achegar o acordo individual de teletraballo, que deberá cumprir con todos os requisitos establecidos na Lei 10/2021, do 9 de xullo, de traballo a distancia.

Artigo 35. Documentación xustificativa técnica

1. A documentación xustificativa técnica para o proxecto constará de:

a) Informe técnico normalizado segundo o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación. No informe indicarase con detalle o grao de avance das actividades e tarefas do proxecto, así como calquera modificación realizada con respecto á resolución de concesión da axuda. Para estes efectos, explicaranse as desviacións temporais, técnicas e económicas acontecidas durante o transcurso da execución do proxecto, así como as medidas correctoras adoptadas. Este informe incluirá unha parte relativa ás actividades do plan de comunicación e difusión do proxecto.

b) Memoria libre que describa o grao de consecución dos obxectivos definidos para o proxecto, na que se deberá incluír a xustificación do cumprimento das normas de publicidade do artigo 32.

Documentación xustificativa (documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio) do cumprimento das obrigas de publicidade de conformidade co Regulamento (UE) núm. 2021/1060.

c) No momento de finalización do proxecto, xunto coa documentación xustificativa da última anualidade deberá cubrirse a parte relativa aos indicadores de resultado do proxecto no informe técnico dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación.

Artigo 36. Pagamento

1. Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións recollidas nesta resolución. De acordo co estipulado no artigo 62.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tras a autorización do Consello da Xunta de Galicia, estes pagamentos poderán alcanzar ata o 90 % da axuda concedida.

Estes pagamentos están exentos da presentación de garantías, de acordo co establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, conforme a autorización do Consello da Xunta de Galicia.

2. Pagamentos anticipados.

As entidades beneficiarias poderán solicitar, de forma motivada, o pagamento anticipado segundo as seguintes porcentaxes:

– Anualidades 2025 e 2026: ata o 100 % da subvención concedida desta anualidade.

– Anualidades sucesivas: ata o 50 % da subvención concedida en cada anualidade.

En ningún caso o importe da totalidade dos anticipos concedidos poderá superar o 80 % da subvención total concedida.

No caso de que a xustificación dunha anualidade sexa insuficiente e dea lugar a unha minoración da subvención, o importe minorado detraerase do importe da seguinte anualidade.

A concesión destes anticipos realizarase mediante resolución motivada, de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A entidade solicitante deberá facer constar se opta por esta modalidade de pagamento na solicitude da subvención.

3. Pagamentos á conta: faranse efectivos, para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución do proxecto sen necesidade de achegar ningún tipo de garantías.

A suma dos pagamentos anticipados e á conta non poderá superar o 90 % da subvención total concedida.

4. O pagamento efectuarase a cada un dos membros da agrupación de empresas que participan no proxecto. En todo caso, para proceder ao pagamento da subvención deberase acreditar o total cumprimento das obrigas relativas á publicidade e comunicación doutras axudas.

5. Antes de proceder ao pagamento en cada anualidade, a Axencia Galega de Innovación comprobará, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención.

En cada anualidade será obrigatoria a realización, como mínimo, dunha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación na que estarán presentes representantes das entidades da agrupación. En todas as inspeccións deberá estar presente, nas instalacións da entidade, o persoal implicado no desenvolvemento das actividades realizadas do proxecto que sexa requirido polo persoal técnico da Axencia Galega de Innovación.

Así mesmo, a Axencia Galega de Innovación poderá realizar ao longo do proxecto, as accións de comprobación que considere axeitadas para verificar o cumprimento das condicións técnicas e económicas exixidas ao beneficiario, incluíndo visitas presenciais cando o persoal técnico da axencia o considere necesario.

Tras a inspección anual efectuarase unha avaliación da execución e emitirase un informe en que se indique o grao de cumprimento polas entidades beneficiarias das tarefas, compromisos, obxectivos e condicións do proxecto. Nesta avaliación valorarase a adecuación técnica e económica do proxecto ao plan de traballo establecido.

6. Nas visitas de inspección poderá requirirse ás entidades beneficiarias que presenten cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para verificar o cumprimento das súas obrigas e a realización efectiva do proxecto.

7. A Axencia Galega de Innovación poderá solicitar un novo informe que acredite que se respecta o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852, a fin de verificar que se respectou este principio durante a execución da actividade financiada.

Artigo 37. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento do beneficiario de estar ao día nas obrigas coa Facenda estatal e autonómica e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro, se non se aboou a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 38. Causas de reintegro

A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da devandita axuda. De non ser así, perderá o dereito ao cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e dos xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución tramitarase o procedemento de reintegro previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, a inexactitude ou a omisión dos datos proporcionados polo beneficiario que servisen de base para a concesión da axuda ou a ocultación dos datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou da non adopción do comportamento que fundamentan a concesión da subvención.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, a xustificación insuficiente ou fóra do prazo establecido, a falsidade, a terxiversación ou a ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 32 desta convocatoria.

e) A resistencia, a escusa, a obstrución ou a negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou da conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) A obtención de financiamento de distintas procedencias.

g) Non comunicar a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.

h) O incumprimento de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 de Regulamento (UE) núm. 2020/852.

i) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 39. Criterios de gradación de incumprimentos

1. Os participantes da agrupación beneficiaria da axuda responderán solidariamente da obriga de reintegro en relación coas actividades subvencionadas que se comprometeron a realizar. En caso de incumprimento da devandita obriga, todos os integrantes da agrupación responderán solidariamente, ata o límite da axuda que lles fose concedida pola súa participación no proxecto, de acordo co artigo 40.2 da Lei xeral de subvencións.

2. Incumprimento total. Serán causa de reintegro total da axuda e, de ser o caso, da perda do dereito ao cobramento das cantidades pendentes de percibir, os seguintes supostos:

a) O incumprimento total e manifesto dos obxectivos da axuda, das actividades previstas no proxecto ou das condicións establecidas na resolución de concesión da axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e comprobación da xustificación.

En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando o custo xustificado sobre o custo total subvencionable do proxecto sexa inferior ao 60 %. Procederase de xeito análogo cando exista un informe final negativo por non se satisfaceren correctamente os compromisos e os obxectivos do proxecto.

b) Non someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular o órgano concedente, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou, en xeral, as verificacións previstas no artigo 74 do RDC que realicen o organismo intermedio, a autoridade de xestión e, de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control como a Oficina de Loita contra a Fraude ou a Fiscalía Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) O incumprimento de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 de Regulamento (UE) núm. 2020/852.

d) O incumprimento da obriga de comunicar a obtención doutras axudas, para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional. Esta obriga deberá xustificarse en todo caso para cobrar a subvención, polo que o fixado neste punto só resultará aplicable para supostos de reintegro no caso de que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a esta obriga.

e) O incumprimento dos mínimos exixidos para o tamaño da agrupación establecidos no artigo 4.2 desta convocatoria.

f) O incumprimento das porcentaxes de participación establecidas nos artigos 3.3 e 7.1 desta convocatoria.

g) Cando o custo total do proxecto finalmente xustificado fose inferior ao orzamento mínimo subvencionable (500.000 euros).

h) Se o custo finalmente xustificado por algunha entidade beneficiaria fose inferior á participación mínima exixida por cada membro da agrupación (75.000 euros).

Non obstante, cando se produzan no proxecto causas sobrevidas que imposibiliten a xustificación dos importes mínimos establecidos nas alíneas f), g) e h), e sempre que estean debidamente motivadas e acreditadas, a Axencia Galega de Innovación poderá autorizar un incumprimento parcial. Neste caso, o alcance do incumprimento suporá unha corrección financeira de xeito que se detraerá da subvención que perciba a entidade beneficiaria o importe equivalente ao 10 % do custo deixado de xustificar por esa entidade sobre o custo que lle foi concedido.

3. Incumprimento parcial. Serán causa de reintegro parcial da axuda e, de ser o caso, da perda do dereito ao cobramento das cantidades pendentes de percibir, os seguintes supostos:

a) O incumprimento dos obxectivos parciais por non realizar as actividades previamente planificadas e descritas na memoria técnica, determinado a través dos mecanismos de seguimento, control e comprobación, implicará a redución da axuda de xeito proporcional ao incumprimento das actividades non realizadas, cuxo alcance se determina no informe indicado no artigo 36.5.

b) No caso de incumprimentos relativos aos conceptos subvencionables, agás os de persoal, deixados de executar ou executados indebidamente, o alcance do incumprimento determinarase na última anualidade e suporá unha corrección financeira de ata o máximo do 10 % da subvención concedida á entidade beneficiaria afectada, segundo se determine no informe indicado no artigo 36.5.

c) En relación cos gastos de persoal, se a suma das horas imputadas por unha mesma persoa traballadora durante o período de execución que se debe xustificar, nun ou varios proxectos financiados con axudas procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, e no mesmo marco temporal, supera o máximo de horas establecido nesta convocatoria, procederase do seguinte xeito:

1) Se o exceso de horas imputadas é inferior ou igual ao 10 % das horas máximas establecidas nesta convocatoria, eliminarase o gasto correspondente ao excedente de horas.

2) Se o exceso de horas imputadas é superior ao 10 % das horas máximas establecidas nesta convocatoria, non se aceptará o gasto asociado á participación da dita persoa traballadora na anualidade en que se detecte este exceso e, se é o caso, exixirase o reintegro correspondente.

d) Se o custo xustificado finalmente na partida de persoal de nova contratación é inferior á contía concedida nesta partida, detraerase da subvención que se perciba o importe equivalente ao 10 % sobre o custo deixado de xustificar nesta partida.

e) O incumprimento de dar publicidade ao financiamento do proxecto suporá o reintegro dun máximo do 3 % da subvención concedida. As obrigas de publicidade previstas no artigo 32 destas bases deberán xustificarse en todo caso para cobrar a subvención, polo que a gradación fixada neste punto só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a esas obrigas.

f) O incumprimento da exixencia de autorización previa para realizar modificacións no desenvolvemento dos proxectos aprobados suporá a devolución da axuda de xeito proporcional ao incumprimento realizado.

g) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Feder, suporá a perda, se é o caso, dun 2 % da subvención concedida.

h) Non asistir á xornada formativa que impartirá a Axencia Galega de Innovación nos termos e condicións establecidos no artigo 32 desta convocatoria suporá a perda do 5 % da subvención concedida.

i) Non cumprir coa obriga de facilitar cantos datos resulten necesarios para o seguimento e a avaliación do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros instrumentos relacionados coa medición da I+D+i nos termos e condicións establecidos no artigo 32 desta convocatoria será causa de reintegro do 5 % da subvención concedida.

4. Se o incumprimento deriva da inobservancia dalgunha condición ou suposto distinto dos anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.

5. A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas para determinar o alcance do incumprimento que, en todo caso, se graduará conforme o principio de proporcionalidade.

6. Excepcionalmente, se o incumprimento deriva de causas de forza maior, causas non imputables ao beneficiario ou non previsibles ao longo do desenvolvemento do proxecto, a Axencia Galega de Innovación poderá revisar a aplicación das penalizacións en función do grao e da entidade da condición incumprida e sempre que se cumprisen as actividades e obxectivos do proxecto e se alcanzase un informe final positivo.

Artigo 40. Procedemento de reintegro

1. Se, aboada unha parte ou a totalidade da axuda, acaecesen os motivos que se indican nos artigos 38 e 39 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, que se tramitará conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano que concede estas axudas e comunicaráselle ao beneficiario a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito á cobranza ou de reintegro e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007 e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución de procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa.

5. Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 41. Prescrición

1. O dereito da Administración para recoñecer ou liquidar o reintegro prescribirá aos 4 anos, sen prexuízo do establecido na normativa de axudas de estado.

2. Este prazo computarase, en cada caso:

a) Desde o momento en que venceu o prazo para presentar a xustificación por parte do beneficiario.

b) Desde o momento da concesión, no suposto previsto no número 9 do artigo 28 da Lei 9/2007.

c) No caso de que se establecesen condicións ou obrigas que debesen ser cumpridas ou mantidas por parte do beneficiario durante un período determinado de tempo, desde o momento en que venceu o devandito prazo.

3. O cómputo do prazo de prescrición interromperase:

a) Por calquera acción da Administración realizada con coñecemento formal do beneficiario, que conduza a determinar a existencia dalgunha das causas de reintegro.

b) Pola interposición de recursos de calquera clase, pola remisión do tanto de culpa á xurisdición penal ou pola presentación de denuncia ante o Ministerio Fiscal, así como polas actuacións realizadas con coñecemento formal do beneficiario ou da entidade colaboradora no curso dos devanditos recursos.

c) Por calquera actuación fidedigna do beneficiario conducente á liquidación da subvención ou do reintegro.

Artigo 42. Control

1. A Axencia Galega de Innovación poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, en cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano que concede e quedará constancia no expediente mediante a acta de conformidade asinada tanto pola persoa representante da Administración como pola entidade beneficiaria. A comprobación material poderáselle encomendar a outro órgano distinto do que concedeu a subvención.

3. A Axencia Galega de Innovación poderá realizar en calquera momento as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento do proxecto aos beneficiarios, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade da orixe dos fondos.

4. Así mesmo, a Axencia Galega de Innovación poderá convocar s entidade beneficiaria, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e os resultados obtidos.

5. As entidades beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular, ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC e ás auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos. Para o exercicio destas actuacións, os beneficiarios deberán achegar canta información lles sexa requirida. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir de 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao beneficiario (artigo 82 do RDC).

6. Conforme a normativa aplicable aos fondos estruturais, a Axencia Galega de Innovación emprenderá as accións necesarias para previr irregularidades, incluída a fraude, detectalas, corrixilas e informar sobre elas. Estas accións incluirán a recollida de información sobre os titulares reais dos perceptores da axuda, a través do rexistro público habilitado para tales efectos. No caso de que non sexa posible obter do rexistro esta información, a Axencia Galega de Innovación poderá solicitala directamente ás entidades beneficiarias.

Artigo 43. Publicación

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 44. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operación financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os devanditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/Denan.aspx

Artigo 45. Réxime de recursos

1. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria poderase interpoñer un recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución ante a persoa titular da presidencia da Axencia Galega de Innovación, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015.

2. Contra as resolucións de reintegro, que poñen fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución ante a persoa titular da dirección da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

Artigo 46. Normativa aplicable

As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

a) Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

b) Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e á política de visados.

c) Regulamento (UE) núm. 2021/1058, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión.

d) A normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

e) Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

f) Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

g) Real decreto lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, pola que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, e demais normativa en materia de discapacidade que sexa de aplicación.

Supletoriamente, serán de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, a normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións que resulten de aplicación.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a directora da Axencia Galega de Innovación para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2025

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII
Declaración relativa á condición de peme
IN852A - Axudas do programa Nexos

Nota explicativa relativa aos tipos de empresas considerados para calcular os efectivos e os importes financeiros:

I. Tipos de empresas.

A definición de peme1 distingue tres tipos de empresa en función do tipo de relación que mantén con outras empresas respecto da participación no capital, dereitos de voto ou dereito a exercer unha influencia dominante2.

Tipo 1: empresa autónoma.

É, con diferenza, o caso máis frecuente. Abrangue todas as empresas que non pertencen a ningún dos outros dous tipos (asociadas ou vinculadas).

A empresa solicitante é autónoma se:

•·Non posúe unha participación igual ou superior ao 25 %3 noutra empresa.

• O 25 % ou máis dela non é propiedade directa doutra empresa ou organismo público nin de varias empresas vinculadas entre si ou varios organismos públicos, salvo determinadas excepcións4.

• E non elabora contas consolidadas nin está incluída nas contas dunha empresa que elabore contas consolidadas e, por tanto, non é unha empresa vinculada5.

Tipo 2: empresa asociada.

Este tipo está constituído polas empresas que manteñen lazos significativos de asociación financeira con outras empresas, sen que ningunha exerza, directa ou indirectamente, un control efectivo sobre a outra. Son asociadas as empresas que nin son autónomas nin están vinculadas entre si.

A empresa solicitante é asociada doutra empresa se:

• Posúe unha participación comprendida entre o 25 % e o 50 % da devandita empresa,

• Ou se a dita empresa posúe unha participación comprendida entre o 25 % e o 50 % da empresa solicitante,

• E a empresa solicitante non elabora contas consolidadas que inclúan a devandita empresa por consolidación, nin está incluída por consolidación nas contas da devandita empresa nin nas de ningunha empresa vinculada a ela.

Tipo 3: empresa vinculada.

Este tipo corresponde á situación económica das empresas que forman parte dun grupo que controla, directa ou indirectamente, a maioría do seu capital ou dereitos de voto (aínda que sexa a través de acordos ou de persoas físicas accionistas), ou que pode exercer unha influencia dominante sobre a empresa. Son casos menos habituais que, en xeral, se diferencian claramente dos dous tipos anteriores.

Para evitar dificultades de interpretación, a Comisión Europea definiu este tipo de empresas utilizando, cando se adapten ao obxecto da definición, as condicións incluídas no artigo 1 da Directiva 83/349 CEE do Consello, do 13 de xuño de 1983, baseada na letra g) do número 3 do artigo 54 do Tratado, relativa ás contas consolidadas6, que se aplica desde hai anos.

Polo tanto, unha empresa sabe, en xeral de forma inmediata, se está vinculada en canto que xa está suxeita á obriga de elaborar contas consolidadas, ou está incluída por consolidación nas contas dunha empresa obrigada a elaborar contas consolidadas.

Os dous únicos casos, aínda que pouco frecuentes, nos cales unha empresa pode considerarse vinculada sen estar obrigada a elaborar contas consolidadas descríbense nos dous primeiros guións da nota número 5 ao final da presente nota explicativa. Neste caso, a empresa debe verificar se cumpre algunha das condicións especificadas no número 3 do artigo 3 da Definición.

II. Efectivos e unidades de traballo anual7.

Os efectivos dunha empresa corresponden ao núme.ro de unidades de traballo anual (UTA).

– Quen se inclúe nos efectivos?

• Os asalariados da empresa,

• As persoas que traballan para a empresa que manteñan unha relación de subordinación con ela mesma e estean asimiladas aos asalariados conforme a lexislación nacional,

• Os propietarios que dirixen a súa empresa,

• Os socios que exerzan unha actividade regular na empresa e gocen de vantaxes financeiras por parte da empresa.

Os/as aprendices ou alumnos/as de formación profesional con contrato de aprendizaxe ou formación profesional non se contabilizarán dentro dos efectivos.

– Modo de calcular os efectivos.

Unha UTA corresponde a unha persoa que traballase na empresa ou por conta dela a xornada completa durante todo o ano de que se trate. Os efectivos contabilízanse en UTA.

O traballo das persoas que non traballasen todo o ano ou o fixesen a tempo parcial, independentemente da súa duración, así como o traballo estacional, contabilízase en fraccións de UTA.

Non se contabiliza a duración dos permisos de maternidade ou permisos parentais.

ANEXO VII

(continuación)

Declaración relativa á condición de peme

Identificación precisa da empresa

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE

IDENTIFICACIÓN

TIPO

NÚM.

PAIS EMISOR

Seleccione

Seleccione

NOME/RAZÓN SOCIAL

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NÚM. DE REXISTRO OU DE IVE8

NOME E CARGO DOS/DAS PRINCIPAIS DIRECTIVOS/AS9

Tipo de empresa (véxase a nota explicativa)

Indíquese cunha ou varias cruces a situación da empresa solicitante:

□ Empresa autónoma

Neste caso os datos indicados a continuación proceden unicamente das contas da empresa solicitante. Cubra só a declaración, sen anexo.

□ Empresa asociada

Cubra e engada o anexo e, de ser o caso, as fichas suplementarias; a continuación complete a declaración trasladando o resultado do cálculo de abaixo.

□ Empresa vinculada

Cubra e engada o anexo e, de ser o caso, as fichas suplementarias; a continuación complete a declaración trasladando o resultado do cálculo de abaixo.

Datos para determinar a categoría da empresa

Calcularanse segundo o artigo 6 do anexo da Recomendación 2003/361/CE da Comisión, sobre a definición de pequenas e medianas empresas.

Período de referencia

Ano

Efectivos (UTA)

Volume de negocio

Balance xeral

Último exercicio

Estes datos deberán corresponder ao último exercicio contable pechado e calcularanse con carácter anual. En empresas de nova creación que non pechasen aínda as súas contas utilizaranse datos baseados en estimacións fiables realizadas durante o exercicio financeiro.

Exercicio anterior

Datos do exercicio contable inmediatamente anterior ao último pechado.

Importante: hai un cambio de datos con respecto ao exercicio contable anterior que podería implicar o cambio de categoría da empresa solicitante (microempresa, pequena, mediana ou grande empresa).

□ Non

□ Si (neste caso, cubra e engada unha declaración relativa ao exercicio anterior10)

CATEGORÍA DA EMPRESA (microempresa, pequena, mediana)

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE

Lugar e data

,

de

de

ANEXO VII

(continuación)

Anexo da declaración
Cálculo no caso dunha empresa asociada ou vinculada

Anexos que se deberán achegar, segundo proceda:

– Anexo A se a empresa ten unha ou varias empresas asociadas (e, de ser o caso, fichas suplementarias).

– Anexo B se a empresa ten unha ou varias empresas vinculadas (e, de ser o caso, fichas suplementarias).

Cálculo dos datos dunha empresa vinculada ou asociada1 (véxase a nota explicativa)

Período de referencia

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (*)

Balance xeral (*)

1. Datos2 da empresa solicitante ou ben das contas consolidadas [datos do cadro B(I) do anexo B3]

2. Datos2 agregados proporcionalmente de todas as (posibles) empresas asociadas (datos do cadro A do anexo A)

3. Suma dos datos2 de todas as (posibles) empresas vinculadas non incluídas por consolidación na liña 1 [datos do cadro B(2) do anexo B]

Total

(*) En miles de euros.

1 Números 2 e 3 do artigo da definición.

2 Todos os datos deberán corresponder ao último exercicio contable pechado e calcularanse con carácter anual. En empresas de nova creación que non pecharon aínda as súas contas, utilizaranse datos baseados en estimacións fiables realizadas durante o exercicio financeiro (artigo 4 da definición).

3 Os datos da empresa, incluídos os efectivos, determínanse conforme as contas e demais datos da empresa ou, de ser o caso, das contas consolidadas da empresa ou as contas consolidadas en que esta está incluída por consolidación.

Os resultados da liña «Total» deberán trasladarse ao cadro destinado aos «datos para determinar a categoría de empresa», da declaración.

ANEXO VII

(continuación)

ANEXO A
Empresa de tipo «asociada»

Para cada empresa para a que se cubra unha «ficha de asociación» [unha ficha para cada empresa asociada á empresa solicitante e para as empresas asociadas ás posibles empresas vinculadas cuxos datos aínda non estean recollidos nas contas consolidadas11. Os datos do «cadro de asociación» de que se trate trasladaranse ao cadro seguinte:

Cadro A

Empresa asociada

(complétese co nome e a identificación)

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (*)

Balance xeral (*)

1.

2.

3.

4.

5.

6.

7.

8.

Total

(*) En miles de euros

(En caso necesario, engádanse páxinas ou amplíese o cadro)

Lembre: estes datos son o resultado dun cálculo proporcional efectuado na «ficha de asociación» cuberta para cada empresa asociada directa ou indirecta.

Os datos indicados na liña «Total» do cadro anterior deberán trasladarse á liña 2 (relativa ás empresas asociadas) do cadro do anexo da declaración.

ANEXO VII

(continuación)

Ficha de asociación

1. Identificación precisa da empresa asociada.

DATOS DA EMPRESA ASOCIADA Á SOLICITANTE

IDENTIFICACIÓN

TIPO

NÚM.

PAIS EMISOR

Seleccione

Seleccione

NOME/RAZÓN SOCIAL

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NÚM. DE REXISTRO OU DE IVE12:

NOME E CARGO DOS/DAS PRINCIPAIS DIRECTIVOS/AS13:

2. Datos brutos da empresa asociada.

Período de referencia

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (*)

Balance xeral (*)

Datos brutos

(*) En miles de euros

Lembre: estes datos brutos son o resultado das contas e demais datos da empresa asociada, de ser o caso, consolidados, aos que se engade o 100 % dos datos das empresas vinculadas a ela, salvo se os datos das devanditas empresas xa están incluídos por consolidación na contabilidade da empresa asociada14. En caso necesario, engadiranse «fichas de vinculación» para as empresas vinculadas non incluídas por consolidación.

3. Cálculo proporcional.

Indíquese exactamente a porcentaxe de participación15 que posúe a empresa declarante (ou a empresa vinculada a través da que se establece a relación coa empresa asociada) na empresa asociada obxecto desta ficha

Indíquese a porcentaxe de participación que posúe a empresa asociada obxecto desta ficha na empresa declarante (ou na empresa vinculada)

Selecciónese a maior de ambas as porcentaxes e aplíquese aos datos brutos indicados no cadro anterior. Trasládense os resultados do devandito cálculo proporcional ao cadro seguinte:

Cadro de asociación

Porcentaxe

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (*)

Balance xeral (*)

Resultados proporcionais

(*) En miles de euros

Estes datos deberán trasladarse ao cadro A do anexo A.

ANEXO VII

(continuación)

ANEXO B
Empresas vinculadas

A. Determinar o caso en que se atopa a empresa solicitante.

□ Caso 1

A empresa solicitante elabora contas consolidadas ou está incluída nas contas consolidadas doutra empresa vinculada [cadro B(1)]

□ Caso 2

A empresa solicitante ou unha ou varias empresas vinculadas non elaboran contas consolidadas ou non se inclúen por consolidación [cadro B(2)]

Lembre: os datos das empresas vinculadas á empresa solicitante son o resultado das súas contas e demais datos ou, de ser o caso, consolidados. A estes datos agréganse proporcionalmente os datos das posibles empresas asociadas ás devanditas empresas vinculadas, situadas nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á da empresa solicitante, no caso de que non estean xa incluídas por consolidación16.

B. Métodos de cálculo para cada caso.

No caso 1: as contas consolidadas serven de base de cálculo. Cúbrase a continuación o cadro B(l).

Cadro B(1)

Efectivos (UTA) (*)

Volume de negocio (**)

Balance xeral (**)

Total

(*) Cando nas contas consolidadas non figuren os efectivos, o cálculo realizarase mediante a suma dos efectivos de todas as empresas a que estea vinculada.

(**) En miles de euros.

Os datos indicados na liña «Total» do cadro anterior deberán trasladarse á liña 1 do cadro do anexo da declaración.

Identificación precisa das empresas incluídas por consolidación

DATOS DA EMPRESA A VINCULADA Á SOLICITANTE INCLUÍDA POR CONSOLIDACIÓN

IDENTIFICACIÓN

TIPO

NÚM.

PAIS EMISOR

Seleccione

Seleccione

NOME/RAZÓN SOCIAL

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NÚM. DE REXISTRO OU DE IVE (*)

NOME E CARGO DOS/DAS PRINCIPAIS DIRECTIVOS/AS (**)

ANEXO VII

(continuación)

DATOS DA EMPRESA B VINCULADA Á SOLICITANTE INCLUÍDA POR CONSOLIDACIÓN

IDENTIFICACIÓN

TIPO

NÚM.

PAIS EMISOR

Seleccione

Seleccione

NOME/RAZÓN SOCIAL

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NÚM. DE REXISTRO OU DE IVE (*)

NOME E CARGO DOS/DAS PRINCIPAIS DIRECTIVOS/AS (**)

DATOS DA EMPRESA C VINCULADA Á SOLICITANTE INCLUÍDA POR CONSOLIDACIÓN

IDENTIFICACIÓN

TIPO

NÚM.

PAIS EMISOR

Seleccione

Seleccione

NOME/RAZÓN SOCIAL

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NÚM. DE REXISTRO OU DE IVE (*)

NOME E CARGO DOS/DAS PRINCIPAIS DIRECTIVOS/AS (**)

DATOS DA EMPRESA D VINCULADA Á SOLICITANTE INCLUÍDA POR CONSOLIDACIÓN

IDENTIFICACIÓN

TIPO

NÚM.

PAIS EMISOR

Seleccione

Seleccione

NOME/RAZÓN SOCIAL

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NÚM. DE REXISTRO OU DE IVE (*)

NOME E CARGO DOS/DAS PRINCIPAIS DIRECTIVOS/AS (**)

DATOS DA EMPRESA E VINCULADA Á SOLICITANTE INCLUÍDA POR CONSOLIDACIÓN

IDENTIFICACIÓN

TIPO

NÚM.

PAIS EMISOR

Seleccione

Seleccione

NOME/RAZÓN SOCIAL

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NÚM. DE REXISTRO OU DE IVE (*)

NOME E CARGO DOS/DAS PRINCIPAIS DIRECTIVOS/AS (**)

(*) Determinarano os Estados membros segundo as súas necesidades.

(**) Presidencia, dirección xeral ou equivalente.

Nota importante: as empresas asociadas a unha empresa vinculada deste tipo que non estean xa incluídas por consolidación trataranse como socios directos da empresa solicitante. Por conseguinte, no anexo A deberán engadirse os seus datos e unha ficha de asociación.

ANEXO VII

(continuación)

No caso 2: cúbrase unha ficha de vinculación por cada empresa vinculada (incluídas as vinculacións a través doutras empresas vinculadas) e procédase mediante a simple suma das contas de todas as empresas vinculadas cubrindo o cadro B(2) seguinte.

Cadro B(2)

Empresa núm.

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (**)

Balance xeral (**)

1. (*)

2. (*)

3. (*)

4. (*)

5. (*)

Total

(*) Engádase unha ficha de vinculación por empresa.

(**) En miles de euros.

Os datos indicados na liña «Total» do cadro anterior deberán trasladarse á liña 3 (relativa ás empresas vinculadas) do cadro do anexo da declaración.

Ficha de vinculación
(Soamente para cada empresa vinculada non incluída por consolidación)

1. Identificación precisa da empresa.

DATOS DA EMPRESA VINCULADA Á SOLICITANTE NON INCLUÍDA POR CONSOLIDACIÓN

IDENTIFICACIÓN

TIPO

NÚM.

PAIS EMISOR

Seleccione

Seleccione

NOME/RAZÓN SOCIAL

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NÚM. DE REXISTRO OU DE IVE17:

NOME E CARGO DOS/DAS PRINCIPAIS DIRECTIVOS/AS18:

2. Datos relativos a esta empresa.

Período de referencia

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (*)

Balance xeral (*)

Datos brutos

(*) En miles de euros

Estes datos deberán trasladarse ao cadro B(2) do anexo B.

Nota importante: os datos das empresas vinculadas á empresa solicitante son o resultado das súas contas e demais datos, de ser o caso, consolidados. A estes datos agréganse proporcionalmente os datos das posibles empresas asociadas ás devanditas empresas vinculadas, situadas nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á da empresa solicitante, no caso de que non estean xa incluídas nas contas consolidadas19.

As empresas asociadas deste tipo deberán tratarse como socios directos da empresa solicitante. Por conseguinte, no anexo A deberán engadirse os seus datos e unha ficha de asociación.

missing image file

1Neste texto, o termo «definición» refírese ao anexo da Recomendación 2003/361/CE da Comisión, sobre a definición de pequenas e medianas empresas.

2 Artigo 3 da definición.

3 En termos de participación de capital ou dereitos de voto, terase en conta a maior das dúas porcentaxes. Á devandita porcentaxe engadirase a porcentaxe de participación que calquera outra empresa vinculada á empresa accionista posúa sobre a empresa en cuestión (número 2 do artigo 3 da definición).

4 Unha empresa pode seguir sendo considerada autónoma aínda que se alcance ou se supere este límite do 25 % cando corresponda a algún dos tipos de investidores que se indican a continuación (sempre que os investidores non sexan empresas vinculadas á empresa solicitante):

a) Sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco, persoas físicas ou grupos de persoas físicas que realicen unha actividade regular de investimento en capital risco (investidores providenciais ou business angel) e invistan fondos propios en empresas sen cotización bolsista, coa condición de que o investimento do business angel na mesma empresa non supere 1.250.000 euros;

b) Universidades ou centros de investigación sen fins lucrativos;

c) Investidores institucionais, incluídos os fondos de desenvolvemento rexional (segundo parágrafo do número 2 do artigo 3 da definición).

5 Se o domicilio social da empresa está situado nun Estado membro que previu unha excepción á obriga de elaborar as contas, conforme a sétima Directiva 83/349/CEE, a empresa debe verificar especificamente que non cumpre ningunha das condicións establecidas no número 3 do artigo 3 da definición.

Nalgúns casos pouco frecuentes, unha empresa pode estar vinculada a outra a través dunha persoa ou un grupo de persoas físicas que actúen de común acordo (número 3 do artigo 3 da definición).

Á inversa, pode darse o caso, moi pouco habitual, de que unha empresa elabore voluntariamente contas consolidadas sen estar suxeita a iso segundo a sétima Directiva. Neste caso hipotético, a empresa non está necesariamente vinculada e pode considerarse só asociada.

Para determinar se unha empresa está vinculada ou non, debe verificarse, para cada unha das tres situacións mencionadas, se cumpre algunha das condicións establecidas no número 3 do artigo 3 da definición, de ser o caso, a través dunha persoa ou grupo de persoas físicas que actúen de común acordo.

6DO L 193, do 18.7.1983, p. 1 modificada pola Directiva 2001/65/CE do Parlamento Europeo e do Consello (DO L 283, do 27.10.2001, p. 28).

7Artigo 5 da definición.

8Determinarano os Estados membros segundo as súas necesidades.

9Presidencia, dirección xeral ou equivalente.

10Apartado 2 do artigo 4 da definición no anexo á Recomendación 2003/361/CE da Comisión.

11Se os datos relativos a unha empresa se recollen nas contas consolidadas nunha porcentaxe inferior á determinada no número 2 do artigo 6, é conveniente, con todo, aplicar a porcentaxe que se determina no devandito artigo (segundo parágrafo do número 3 do artigo 6 da definición).

12Determinarano os Estados membros segundo as súas necesidades.

13Presidencia, dirección xeral ou equivalente.

14Primeiro parágrafo do número 3 do artigo 6 da definición.

15Polo que respecta á participación no capital ou dereitos de voto, terase en conta a maior das dúas porcentaxes. Á devandita porcentaxe debe engadírselle a porcentaxe de participación que calquera empresa vinculada posúa da empresa en cuestión (primeiro parágrafo do número 2 do artigo 3 da definición)

16Segundo o parágrafo do número 2 do artigo 6 da definición.

17Determinarano os Estados membros segundo as súas necesidades.

18Presidencia, dirección xeral ou equivalente.

19Se os datos relativos a unha empresa se recollen nas contas consolidadas nunha porcentaxe inferior á determinada no número 2 do artigo 6, é conveniente con todo aplicar a porcentaxe que se determina no devandito artigo (segundo parágrafo do número 3 do artigo 6 da definición).

ANEXO VIII
Definicións
IN852A - Axudas do programa Nexos

1. Investigación industrial: segundo o disposto no Marco sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2022/C 414/01), enténdese por investigación industrial a investigación planificada ou estudos críticos destinados a adquirir novos coñecementos e competencias para desenvolver novos produtos, procesos ou servizos, ou que permitan mellorar considerablemente os xa existentes, incluídos os produtos, procesos ou servizos dixitais, en calquera ámbito, tecnoloxía, industria ou sector (inclúense, de forma non exhaustiva, as industrias e as tecnoloxías dixitais como, por exemplo, a supercomputación, as tecnoloxías cuánticas, as tecnoloxías de cadeas de bloques, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, os macrodatos e as tecnoloxías na nube). Inclúe a creación de compoñentes de sistemas complexos e pode incluír a construción de prototipos nun contorno de laboratorio ou nun contorno con interfaces simuladas cos sistemas existentes, así como liñas piloto cando for necesario para a investigación industrial e, en particular, para a validación de tecnoloxía xenérica.

2. Desenvolvemento experimental: a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, incluídos os dixitais, en calquera ámbito, tecnoloxía ou sector. Pode incluír, de forma non exhaustiva, as industrias e as tecnoloxías dixitais, por exemplo, a supercomputación, as tecnoloxías cuánticas, as tecnoloxías de cadeas de bloques, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, os macrodatos e as tecnoloxías na nube ou na fronteira. Isto pode incluír, tamén, por exemplo, actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos ou servizos.

O desenvolvemento experimental poderá comprender a creación de prototipos, a demostración, a elaboración de proxectos piloto, o ensaio e validación de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, en contornos representativos de condicións reais de funcionamento, sempre que o obxectivo principal sexa alcanzar melloras técnicas para produtos, procesos ou servizos que non estean substancialmente asentados. Pode incluír o desenvolvemento de prototipos ou proxectos piloto que se poidan utilizar comercialmente cando sexan necesariamente o produto comercial final e a súa fabricación resulte demasiado onerosa para o seu uso exclusivo con fins de demostración e validación.

O desenvolvemento experimental non inclúe as modificacións habituais ou periódicas efectuadas en produtos, liñas de produción, procesos de fabricación, servizos existentes e outras operacións en curso, aínda que as ditas modificacións poidan representar melloras.

3. Innovación en materia de organización: a aplicación dun novo método organizativo a nivel de empresa, a organización do lugar de traballo ou as relacións exteriores da empresa como, por exemplo, o uso de tecnoloxías dixitais, novas ou innovadoras. Non se inclúen os cambios baseados en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións e adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada (customisation), a adaptación aos mercados locais, os cambios periódicos, estacionais ou cíclicos doutro tipo e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

4. Innovación en materia de procesos: a aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos cambios significativos en canto a técnicas, equipamentos ou programas informáticos) a nivel de empresa, por exemplo, mediante unha utilización nova ou innovadora de tecnoloxías ou solucións dixitais. Non se inclúen os cambios ou melloras menores, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, ou o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada (customisation), a adaptación aos mercados locais, os cambios periódicos, estacionais ou cíclicos doutro tipo e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

5. Colaboración efectiva: tal e como se recolle no artigo 2, punto 90, do Regulamento (UE) núm. 651/2014, é a colaboración entre, polo menos, dúas partes independentes para o intercambio de coñecementos ou tecnoloxía, ou para lograr un obxectivo común sobre a base da división do traballo, en que as partes implicadas definen conxuntamente o ámbito do proxecto en colaboración, contribúen á súa aplicación e comparten os seus riscos e os seus resultados; unha ou varias das partes poden soportar a totalidade dos custos do proxecto e liberar así outras partes dos seus riscos financeiros. A investigación baixo contrato e a prestación de servizos de investigación non se consideran formas de colaboración.

6. Empresa: segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.

7. Grande empresa: enténdese toda empresa que non cumpre cos requisitos para ser considerada como peme, nos termos establecidos no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

8. Pequena e mediana empresa: segundo o anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, consideraranse pemes as empresas que ocupan menos de 250 persoas e o seu volume de negocio anual non excede os 50 millóns de euros ou o seu balance xeral non excede os 43 millóns de euros. Dentro das pemes, considérase pequena empresa a que ocupa menos de 50 persoas e o seu volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros. Para o cálculo destes efectivos deberán considerarse as indicacións incluídas nos artigos 3, 4, 5 e 6 do citado anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

9. Organismos de investigación e difusión de coñecementos: son organismos de investigación e difusión de coñecementos (en diante organismos de investigación), segundo a definición do artigo 2 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, toda entidade (por exemplo, universidades ou centros de investigación, organismos de transferencia de tecnoloxía, intermediarios de innovación ou entidades colaborativas reais ou virtuais orientadas á investigación) independentemente da súa personalidade xurídica (de dereito público ou privado) ou da súa forma de financiamento, cuxo principal obxectivo sexa realizar de xeito independente investigación fundamental, investigación industrial ou desenvolvemento experimental, ou difundir amplamente os resultados delas mediante o ensino, a publicación ou a transferencia de coñecementos. Cando unha entidade deste tipo leve a cabo tamén actividades económicas ou financiamento, os custos e os ingresos das ditas actividades deberanse contabilizar por separado. As empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades, por exemplo en calidade de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados que xeren.

10. Agrupación de empresas beneficiarias: para os efectos desta resolución enténdese por agrupación de empresas beneficiarias aquelas empresas que participan de xeito conxunto no proxecto obxecto da subvención, entre as que exista un acordo regulador que recolla, polo menos, os mínimos establecidos no artigo 4.6 desta resolución. Unha das empresas da agrupación asumirá a dirección do proxecto e a representación da agrupación ante o órgano convocante, denominándose, en diante, o líder.

11. Entidade vinculada: son empresas vinculadas, segundo o artigo 3.3 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, aquelas empresas entre as cales exista algunha das seguintes relacións:

a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios da outra empresa.

b) Unha empresa ten dereito a nomear ou revogar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control da outra empresa.

c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato subscrito con ela ou dunha cláusula estatutaria da segunda empresa.

d) Unha empresa, accionista ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo subscrito con outros accionistas ou socios da segunda empresa, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas ou socios.

Presúmese que non existe influencia dominante cando os investidores enunciados no artigo 3.2 do citado anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 non teñen implicación directa ou indirecta na xestión da empresa en cuestión, sen prexuízo dos dereitos que lles correspondan na súa calidade de accionistas.

As empresas que manteñan calquera das relacións previstas no parágrafo primeiro do artigo 3 do citado anexo I a través doutra ou outras empresas, ou cos investidores enumerados no punto 2 do mesmo artigo, consideraranse tamén vinculadas.

Tamén se considerarán empresas vinculadas as que manteñan algunha das ditas relacións a través dunha persoa física ou un grupo de persoas físicas que actúen de común acordo, se as ditas empresas exercen a súa actividade ou parte dela no mesmo mercado de referencia ou en mercados contiguos, considerándose mercado contiguo o mercado dun produto ou servizo situado nunha posición inmediatamente anterior ou posterior ao do mercado en cuestión.

12. Empresa en crise: tal e como se recolle no artigo 2, punto 18, do Regulamento (UE) núm. 651/2014, unha empresa na que concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Se se trata dunha sociedade de responsabilidade limitada (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade ou, para os efectos dos criterios para optar ás axudas ao financiamento de risco, unha peme no prazo de sete anos desde a súa primeira venda comercial, que cumpra as condicións para recibir investimentos de financiamento de risco tras as comprobacións de dilixencia debida por parte do intermediario financeiro seleccionado), cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas; é o que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un resultado negativo superior á metade do capital social subscrito; para os efectos desta disposición, «sociedade de responsabilidade limitada» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo I da Directiva 2013/34/UE e «capital social» inclúe, cando cumpra, toda prima de emisión.

b) Se se trata dunha sociedade na que polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade ou, para os efectos dos criterios para poder optar ás axudas ao financiamento de risco, unha peme no prazo de sete anos desde a súa primeira venda comercial, que cumpra as condicións para recibir investimentos de financiamento de risco tras as comprobacións de dilixencia debida por parte do intermediario financeiro seleccionado), cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade; para efectos desta disposición, «sociedade na que polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo II da Directiva 2013/34/UE.

c) Cando a empresa se encontre nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos no seu dereito nacional para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores.

d) Cando a empresa recibise axuda de salvamento e aínda non reembolsase o préstamo ou puxese fin á garantía, ou recibise axuda de reestruturación e estea aínda suxeita a un plan de reestruturación.

e) Se se trata dunha empresa distinta dunha peme, cando durante os dous exercicios anteriores:

1°. A ratio débeda/capital da empresa sexa superior a 7,5.

2°. A ratio de cobertura de xuros da empresa, calculado sobre a base do EBITDA, se situase por debaixo de 1,0.

13. Actividades económicas: aquelas actividades que consisten na oferta de bens e/ou servizos nun determinado mercado, aínda cando non exista ánimo de lucro.

14. Contorno de laboratorio: aquel contorno no que se realizan a análise e a experimentación das funcións máis críticas da tecnoloxía. A validación das predicións analíticas sobre os diferentes elementos que compoñen a dita tecnoloxía, e que foron realizadas na investigación básica, efectúase mediante estudos analíticos e de laboratorio. Neste mesmo contorno controlado empézanse a integrar os ditos compoñentes e a traballar de forma conxunta con eles. As probas son realizadas no nivel de sistema ou compoñente, así como mediante probas de concepto experimental validadas, pero sempre cunha baixa fidelidade.

15. Contorno relevante, operacional ou de simulación: aquel contorno no que xa os compoñentes básicos da tecnoloxía están integrados dunha forma razoablemente realista e a maioría das funcións están dispoñibles para demostración e proba. O sistema está parcialmente integrado con outros sistemas auxiliares mediante o uso dunhas interfaces iniciais. Empézase a traballar cun modelo representativo ou prototipo que se atopa preto da configuración final desexada en termos de rendemento, peso e volume. No dito prototipo empézanse a implantar problemas reais a grande escala e con características similares ao contorno real (o contorno previsto) proporcionando alta fidelidade.

16. Contorno real: aquel contorno no que as probas e demostracións van dirixidas a obter, ao final do proceso, un sistema completo e cualificado, con todas as súas funcionalidades probadas (configuración final), totalmente integrado cos sistemas hardware e software cos cales van traballar e nunhas condicións de traballo realistas, así como outras inesperadas (condicións de estrés).

17. Efecto incentivador. De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, considérase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presentou antes do comezo do proxecto.

18. Reto da RIS3: cada un dos tres grandes retos estratéxicos de natureza económica e social da sociedade galega, identificados a través dun amplo proceso participativo cos axentes da cuádrupla hélice, que a RIS3 aborda a través da I+D+i, co obxectivo de conseguir un impacto transformador sobre a economía e a sociedade galega. Os retos son:

– Reto 1: modelo de xestión de recursos naturais e culturais baseados na innovación. Modernización dos sectores primarios galegos a través da introdución de innovacións que incidan na mellora da eficiencia e do rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, agrarias, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.

– Reto 2: un modelo industrial baseado na competitividade e o coñecemento. Incrementar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia a través das tecnoloxías facilitadoras esenciais e a evolución das cadeas de valor.

– Reto 3: un modelo de vida saudable e baseado no envellecemento activo da poboación. Posicionar a Galicia como a rexión líder do sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable e de envellecemento activo.

19. Prioridade da RIS3: cada unha das tres grandes temáticas transversais identificadas a través dun amplo proceso participativo cos axentes da cuádrupla hélice cara ás que a RIS3 orienta as capacidades e os esforzos do ecosistema galego de innovación para dar resposta aos tres grandes retos estratéxicos. As prioridades, polo seu carácter horizontal, teñen incidencia en todas as cadeas de valor e favorecen a colaboración entre sectores e as diferentes áreas de coñecemento e tecnolóxicas, constituíndo unha oportunidade de desenvolver novas cadeas de valor e novos mercados. Así mesmo, están plenamente aliñadas coas prioridades da Unión Europea e o Estado español. As prioridades son:

– Prioridade 1: desenvolvemento e aplicación das diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para avanzar na descarbonización das cadeas de valor, a sustentabilidade dos recursos naturais (terra e mar) e patrimoniais de Galicia, xerando, ademais, oportunidades para a diversificación cara a produtos sustentables competitivos internacionalmente, e mellorando o benestar das persoas.

– Prioridade 2: apoio á dixitalización (desenvolvemento e/ou incorporación de tecnoloxías) para impulsar o modelo industrial galego, a xestión e a prestación de servizos sanitarios e sociais de calidade, así como a xestión de recursos naturais e culturais, como panca para a transformación resiliente de Galicia.

– Prioridade 3: orientación dos esforzos en I+D+i cara ás necesidades e o benestar das persoas, e consolidación de Galicia como un contorno de referencia mundial para o desenvolvemento e a testaxe de novas oportunidades e solucións científico-tecnolóxicas e empresariais dirixidas a elas.

20. Ámbito de priorización da RIS3: para precisar de forma máis detallada como cada prioridade aborda os tres retos, a RIS3 selecciona 29 temáticas máis delimitadas, denominadas ámbitos de priorización, que concretan e detallan o perfil de especialización para Galicia e nos cales se focalizan os investimentos e esforzos da estratexia.

Estes ámbitos de priorización caracterízanse pola súa transversalidade sectorial, abrindo oportunidades a diferentes cadeas de valor, así como novas formas de colaboración entre elas, no nivel tanto de mercados como de tecnoloxías ou procesos. Os ámbitos de priorización definíronse cos axentes da cuádrupla hélice durante o proceso de descubrimento emprendedor na fase de elaboración da RIS3.

Reto

Prioridade

Ámbito de priorización

1. Recursos naturais e patrimoniais

1. Sustentabilidade

– Biocombustibles e enerxías renovables

– Biotecnoloxía agraria, mariña, industrial e ecolóxica

– Descarbonización das cadeas de valor

– Economía circular e simbiose industrial

– Eficiencia enerxética en procesos produtivos, en construción e en mobilidade

– Materias primas, produtos, envases e embalaxes máis sustentables na cadea de valor alimentaria

– Mellora, preservación, xestión sustentable e posta en valor da biodiversidade

– Turismo e patrimonio cultural sustentable

2. Dixitalización

– Desenvolvemento de propostas de valor arredor dos recursos naturais, patrimoniais, culturais e turísticos

– Soberanía tecnolóxica (desenvolvemento de coñecemento, tecnoloxías e aplicacións innovadoras propias)

– Tecnificación e dixitalización do sector primario (agricultura, gandería e forestal, pesca e acuicultura) e da industria mineira

3. Enfoque cara ás persoas

– Saúde animal: veterinaria e alimentación de precisión

2. Modelo industrial sustentado na competitividade e no coñecemento

1. Sustentabilidade

– Biocombustibles e enerxías renovables

– Biotecnoloxía agraria, mariña, industrial e ecolóxica

– Construción sustentable

– Descarbonización das cadeas de valor

– Desenvolvemento de téxtiles sustentables

– Economía circular e simbiose industrial

– Eficiencia enerxética en procesos produtivos, en construción e en mobilidade

– Mobilidade urbana e rural

2. Dixitalización

– Desenvolvemento de competencias dixitais e educación dixital

– Fabricación avanzada e intelixente

– Redes intelixentes, flexibilidade e almacenamento enerxético

– Soberanía tecnolóxica (desenvolvemento de coñecemento, tecnoloxías e aplicacións innovadoras propias)

3. Enfoque cara ás persoas

– Desenvolvemento de téxtiles intelixentes para saúde e deporte

3. Modelo de vida saudable e envellecemento activo da poboación

1. Sustentabilidade

– Descarbonización das cadeas de valor

– Economía circular e simbiose industrial

– Eficiencia enerxética en procesos produtivos, en construción e en mobilidade

– Materias primas, produtos, envases e embalaxes máis sustentables na cadea de valor alimentaria

– Mobilidade urbana e rural

2. Dixitalización

– Administración pública dixital

– Saúde dixital

– Soberanía tecnolóxica (desenvolvemento de coñecemento, tecnoloxías e aplicacións innovadoras propias)

– Xerontotecnoloxías

3. Enfoque cara ás persoas

– Alimentación humana saudable e funcional

– Deporte para a promoción da autonomía persoal e mellora da calidade de vida

– Economía prateada e dos coidados

– Medicina de prevención, rexenerativa e de precisión

– Novas solucións de hábitat e modelos de convivencia

– Turismo saudable baseado en recursos naturais

missing image file

ANEXO IX
Índice da memoria técnica
IN852A - Axudas do programa Nexos

0. Resumo do proxecto.

Resumir as novidades tecnolóxicas que inclúe o proxecto, así como os obxectivos e resultados que se perseguen con el. Non incluír información confidencial. A información fornecida nesta parte concreta da memoria podería empregarse para usos de difusión.

1. Contido científico-técnico do proxecto.

1.1. Descrición de cada entidade integrante da agrupación:

a) Breve historial da entidade.

b) Capacidade investigadora da entidade (medios materiais e instalacións de I+D que utilizarán no proxecto e traxectoria investigadora). Deberase describir a capacidade que ten cada entidade para poder asumir as tarefas previstas de acordo coa súa experiencia previa.

c) Para as entidades solicitantes que sexan empresas: medios produtivos dispoñibles, produtos/servizos que comercializan e breve descrición da súa organización comercial e do seu posicionamento no mercado.

d) Descrición da capacidade técnica do equipo humano que participa no proxecto, de acordo coa súa formación e experiencia.

e) Relación de proxectos de I+D relacionados levados a cabo previamente pola entidade e cuxos resultados son útiles para o desenvolvemento das tarefas do proxecto que se solicita.

1.2. Grao de innovación do proxecto:

a) Obxectivos científico-tecnolóxicos do proxecto: identificar e concretar os obxectivos do proxecto (xerais e específicos), así como as tecnoloxías e innovacións que se pretenden empregar e implantar nel, indicando as probas, validacións e certificacións coas que conta e as contornas e sectores en que foron empregadas, de ser o caso. Definir con claridade en que grao de madurez se atopan as tecnoloxías/innovacións que se pretenden introducir a través do proxecto.

Os obxectivos deberán ser viables tecnicamente e alcanzables, e o seu grao de avance deberá poder ser monitorizable para poder realizar o seguimento da súa consecución. Cada proxecto deberá incluír, como mínimo, tres indicadores medibles que permitan recoller os avances obtidos durante o desenvolvemento do proxecto (esta información incluirase na táboa do punto 2.1.2 desta memoria).

b) Descrición detallada dos obxectivos perseguidos por cada unha das entidades participantes na agrupación, e da súa contribución para a consecución dos obxectivos científico-tecnolóxicos do proxecto.

c) Antecedentes e estado da arte nacional e internacional. Xustificación da novidade que supón o proxecto respecto destes antecedentes. Análise de puntos críticos e factores de risco durante o desenvolvemento do proxecto.

d) Describir a capacidade que ten a implantación da tecnoloxía proposta para mellorar os procesos buscando avanzar na súa eficiencia e flexibilidade: mellora e automatización de procesos, segundo o caso, mellora da eficiencia enerxética, a reciclaxe industrial e a optimización de recursos, intelixencia artificial para a análise avanzada de datos, adopción de solucións tecnolóxicas na nube, ciberseguridade, avance na sustentabilidade como vantaxe competitiva, e todo o relacionado coa transformación dixital.

e) De ser o caso, descrición detallada da colaboración no proxecto con universidades, organismos de investigación, centros hospitalarios, centros tecnolóxicos radicados en Galicia ou con organismos científicos con recoñecemento internacional.

f) Facer unha proxección dos posibles proxectos futuros que poderían derivar a partir do proxecto solicitado nesta convocatoria.

1.3. Ámbito estratéxico no que se encadra o proxecto:

Deberá indicarse o ámbito no que se encadra o proxecto dos que se indican no artigo 3.2 da convocatoria, así como a xustificación da súa elección. En caso de que non se poida encadrar en ningún destes ámbitos estratéxicos, clasificarase o proxecto como «outros ámbitos» e describirase o ámbito coa máxima precisión.

2. Implementación do proxecto.

2.1. Descrición do plan de traballo.

2.1.1. Identificación e descrición dos paquetes de traballo (PT) e actividades (A) que se van desenvolver no proxecto, indicando os seus obxectivos científico-tecnolóxicos específicos e as entidades participantes, entre outros. Deberase explicar que actividades comprenden cada paquete de traballo e xustificar a súa contribución para a consecución dos obxectivos e retos establecidos para a actuación. No caso de que existan colaboracións con organismos de investigación e difusión nalgunha das actividades, ou outras actividades subcontratadas, deberase acreditar a necesidade de tales colaboracións, así como a súa contribución e adecuación aos obxectivos e actuacións do proxecto.

Para a xustificación do plan de traballo establecido para o proxecto, deberase indicar o contido mínimo que se inclúe na seguinte táboa:

PAQUETE DE TRABALLO (PT)

Data de inicio

Data de fin

Entidade responsable

Entidades participantes

Obxectivos

Actividades (A)

Subcontratacións (de existiren)

2.1.2. Descrición das actividades e tarefas asociadas.

Núm. de actividade

Título da actividade

Data de inicio

Data de finalización

Responsable da actividade

Obxectivos da actividade

Descrición da actividade e tarefas que se realizarán

Horas efectivas dedicadas previstas

Resultados e indicadores medibles que permitan recoller os avances obtidos durante a execución do proxecto

Entregables

2.1.3. Cronograma das fases/actividades previstas (Gantt, PERT).

Deberase achegar unha táboa co contido mínimo que se sinala a continuación:

Ano

2025

2026

2027

2028

Meses elixibles

X

A

S

O

N

D

X

F

M

A

M

X

X

A

S

O

N

D

X

F

M

A

M

X

X

A

S

O

N

D

X

F

M

A

M

X

X

A

S

Paquete de traballo (PT1)

Actividade 1 (A1.1)

Entregable 1

Actividade 2 (A1.2)

Paquete de traballo (PT2)

Actividade 1 (A1.1)

Entregable 1

Actividade 2 (A1.2)

Dada a importancia de coñecer o cronograma detallado do proxecto, é obrigatorio identificar no cadro anterior os prazos para a consecución dos resultados esperados (prototipos, entregables, etc.).

2.2. Descrición detallada do orzamento.

Para cada unha das entidades da agrupación, deberanse describir con detalle os distintos conceptos de gasto empregados para a execución do proxecto e as súas razóns de necesidade, segundo a tipoloxía dos custos subvencionables establecidos nesta convocatoria.

Entidade 1:

1. Persoal.

Descrición das persoas traballadoras da empresa solicitante que formarán parte do equipo investigador do proxecto.

NOVA CONTRATACIÓN

NIF

SEXO

NOME

APELIDO 1

APELIDO 2

CARGO NA EMPRESA

TIPO TITULACIÓN

ESPECIALIDADE

GRUPO DE COTIZACIÓN

DIRECTIVO OU XERENCIAL/

AUTÓNOMO

HORAS EFECTIVAS DE DEDICACIÓN AO PROXECTO

ACRÓNIMO DAS ACTIVIDADES

PRINCIPAIS FUNCIÓNS (*)

SI/NO

(*) A continuación da táboa, para cada persoa participante no proxecto deberanse describir as actividades do cronograma en que participará e as tarefas que desenvolverá nelas. Deberán xustificarse as horas dedicadas ao proxecto de conformidade coas actividades e tarefas realizadas. Non será suficiente unha xustificación xenérica que non permita valorar a adecuación, pertinencia e verificabilidade do tempo imputado.

2. Equipamento e material instrumental de nova adquisición.

DESCRICIÓN DETALLADA (*)

CATEGORÍA

(COMPRA OU LEASING)

ACRÓNIMO ACTIVIDADE/S EN QUE SE UTILIZARÁ

IMPORTE ADQUISICIÓN

DATA ADQUISICIÓN

COTA AMORTIZACIÓN1

% DEDICACIÓN

ORZAMENTO

TOTAL

(*) A continuación da táboa, deberase indicar detalladamente o equipamento que se solicita para o proxecto, a súa finalidade, así como o procedemento de cálculo dos custos de amortización ou de leasing.

3. Materiais, subministracións e produtos similares.

DESCRICIÓN DETALLADA (*)

ACRÓNIMO ACTIVIDADE/S EN QUE SE UTILIZARÁ

ORZAMENTO

TOTAL

(*) A continuación da táboa, deberase explicar detalladamente a necesidade dos materiais funxibles que se solicitan para o desenvolvemento do proxecto, así como a cuantificación destes.

4. Adquisición de patentes.

DESCRICIÓN DETALLADA

ACRÓNIMO ACTIVIDADE/S

ORZAMENTO

TOTAL

5. Subcontratacións (inclúe servizos tecnolóxicos externos).

DESCRICIÓN DETALLADA2

TIPO ENTIDADE

ACRÓNIMO ACTIVIDADE/S

ORZAMENTO

TOTAL

(*) Dado que os subcontratistas desenvolven unha parte do proxecto, deberanse explicar detalladamente as actividades técnicas que desenvolven nel, e xustificar por que non poden desenvolver os membros da agrupación esas actividades con medios propios. Así mesmo, deberá argumentarse o custo de cada subcontratación.

Neste punto inclúense os servizos tecnolóxicos externos, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes. Deberán xustificarse os servizos tecnolóxicos externos empregados, de ser o caso, e a súa necesidade para o desenvolvemento das actividades do proxecto.

6. Informe de avaliación DNSH3.

ENTIDADE AUDITORA

ORZAMENTO

7. Outros custos: plan de comunicación4.

ENTIDADE EXTERNA

ORZAMENTO

2.3. Procedementos de xestión previstos:

Explicaranse a estrutura organizativa do proxecto e os seus mecanismos de xestión e seguimento; describirase tamén se existe un plan de análise das dificultades xurdidas na consecución dos fitos técnicos, e a existencia dun plan de continxencias específico para o proxecto.

2.4. Efecto incentivador.

Xustificación de como a axuda fará que a entidade solicitante emprenda actividades complementarias que non realizaría, ou que realizaría dun xeito limitado ou diferente.

2.5. Protección dos resultados do proxecto:

Describiranse aspectos relacionados coa propiedade industrial e/ou intelectual, tanto desde a perspectiva da base tecnolóxica de partida necesaria para o desenvolvemento do proxecto como da xeración de novas patentes ou modelos de utilidade derivados deste.

3. Impacto tecnolóxico e socioeconómico do proxecto.

3.1. Explotación dos resultados agardados e orientación ao mercado do proxecto.

Describir, para cada unha das entidades participantes na agrupación, como se formula a explotación dos resultados agardados no proxecto, así como a súa orientación ao mercado:

3.1.1. Estratexia para a comercialización dos novos ou mellorados produtos que se espera obter, así como para a protección dos resultados en termos de propiedade industrial e intelectual, se os houber.

3.1.2. Mercado potencial e capacidade para a apertura de mercados.

3.1.3. Modelo empresarial de explotación: explicar se o proxecto facilita a colaboración con outras empresas, a integración de varias actividades da cadea de valor e a integración con clientes e provedores de negocios.

3.2. Contribución do proxecto á mellora da competitividade do modelo produtivo de Galicia a través dunha axeitada integración das tecnoloxías industriais innovadoras. Aumento da intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia, nun contexto internacional

3.2.1. Efecto de arrastre do proxecto: incorporación dos resultados tecnolóxicos do proxecto ás cadeas de valor estratéxicas para Galicia e ao ámbito estratéxico en que se encadran as actividades, mellorando a competitividade a nivel internacional.

3.2.2. Achega técnica das pemes no proxecto, xa sexan socias da agrupación ou subcontratadas, tendo en conta a compoñente técnica das actividades que desenvolvan e a súa contribución para acadar os obxectivos do proxecto.

3.3. Complementariedades e sinerxías con outras políticas e xeración de emprego.

3.3.1. Implicacións ambientais do proxecto: consonancia co Pacto verde europeo.

3.3.2. Investigación e innovación responsable. Explicarase o aliñamento dos obxectivos do proxecto con algún ou algúns dos seguintes criterios:

a) A I+D realizada axudará a mellorar a calidade de vida e a saúde da cidadanía.

b) A I+D realizada terá un impacto positivo na conservación ambiental e/ou dará lugar a unha relación máis sustentable entre a sociedade, a industria e o ambiente.

c) A I+D realizada axudará a aumentar o coñecemento, a concienciación e a comprensión da ciencia, da enxeñaría e da tecnoloxía entre a sociedade en xeral.

d) A I+D realizada axudará a mellorar a reputación internacional da rexión.

e) A I+D realizada cumpre cos criterios éticos da investigación.

3.3.3. Igualdade de xénero: participación equilibrada de mulleres no equipo humano do proxecto.

3.3.4. Indicarase se existe integración de persoas con diversidade funcional no equipo humano que participa no proxecto.

3.3.5. Plan de comunicación e difusión: describirase como se organizará, como se pretende divulgar os obxectivos previstos para o proxecto, cales serán as actividades de comunicación propostas, os indicadores para medir os resultados destas e o público a que van dirixidas (comunidade científica, usuarios finais, sociedade en xeral...).

missing image file

1Ou de leasing, se é o caso.

2 De acordo co establecido no artigo 13 da convocatoria, en ningún caso os solicitantes poderán subcontratar con persoas ou entidades en que concorran algunhas das circunstancias detalladas no artigo 43.2 do Decreto 11/2009 (entidades vinculadas).

3 O custo derivado do informe de avaliación DNSH non poderá superar os 2.000 euros por proxecto (artigo 14.1).

4 Será subvencionable o custo derivado da contratación externa da execución do plan de comunicación e difusión do proxecto ata un máximo de 5.000 euros (artigo 14.2) por beneficiario no total do proxecto.

missing image file

ANEXO XI
Ámbitos estratéxicos
IN852A - Axudas do programa Nexos

Nesta convocatoria de axudas considéranse estratéxicos os seguintes ámbitos: agroalimentación, benestar e saúde, economía circular e enerxía, e fabricación avanzada. O encadre dos proxectos en cada un destes ámbitos será único. Estes ámbitos e a súa descrición indícanse a continuación:

a) Agroalimentación. Galicia destaca en calidade alimentaria e dispón dunha industria e dun sector agroalimentario con moitas posibilidades de aproveitar tendencias globais para posicionarse en nichos previamente identificados.

Neste ámbito será importante a integración de aspectos de ciencias sociais e humanidades no desenvolvemento de novas ideas de negocio, xerando novas fórmulas que integren os valores paisaxísticos, naturais e culturais cunha axeitada oferta de servizos e oportunidades.

1. Desenvolvemento de medidas efectivas (produtos, prácticas agrícolas, procedementos, ...) que permitan o control de pragas e enfermidades na gandaría e agricultura, e que poidan xerar efectos negativos nas persoas.

2. Impulso de tecnoloxías que permitan afondar no coñecemento de como os alimentos repercuten na prevención ou a evolución de enfermidades, así como para mellorar a nutrición humana e o seu impacto sobre a saúde.

3. Desenvolvemento de produtos que estimulen os procesos naturais das plantas para mellorar a absorción e a eficiencia dos nutrientes aplicados, para mellorar a súa dispoñibilidade no solo e para incrementar a produción e a calidade apreciable polo consumidor, todo isto na procura dunha alimentación segura (alimentos 3S: seguros, saudables e sustentables).

b) Benestar e saúde. No ámbito da saúde Galicia está sendo pioneira en determinados campos de investigación biomédica, o que debe traducirse na xeración de novas oportunidades de negocio para a atracción de talento.

Con este ámbito preténdese liderar a aplicación de avances e tecnoloxías en labores de prevención e detección precoz de enfermidades, empregando novas tecnoloxías diagnósticas e terapéuticas.

1. Aplicación de solucións en medicina personalizada e de precisión, a través de ferramentas biotecnolóxicas, farmacéuticas, sanitarias e informáticas que permitan a atención de pacientes con necesidades diferenciais non cubertas, xa sexan a nivel diagnóstico, de tratamento ou de seguimento.

2. Desenvolvemento de novas tecnoloxías diagnósticas, que permitan identificar patróns, realizar análise de imaxes e datos clínicos, e proporcionar recomendacións rápidas, precisas e personalizadas aos profesionais da saúde.

3. Creación de aplicacións, dispositivos robóticos e tecnoloxías intelixentes para coidados, que melloren a calidade de vida das persoas, particularmente das persoas dependentes, facilitando a súa autonomía e optimizando os coidados que reciben.

4. Desenvolvemento de dispositivos médicos con solucións personalizadas empregando tecnoloxías de (bio)impresión en tres dimensións, que permitan diminuír os ricos ao mesmo tempo que melloran os resultados para as persoas.

5. Desenvolvemento de produtos e servizos para a poboación maior (envellecemento activo e saudable), que aposten pola prevención e a mellora da calidade de vida.

c) Economía circular e enerxía. A transición ecolóxica é un reto global no que Galicia ten oportunidades e vantaxes moi interesantes respecto a outros territorios e que contribuirá a aumentar a súa resiliencia ante futuras crises.

O enfoque deste ámbito é avanzar na implantación de procesos e economías máis circulares en toda a cadea de valor, incluíndo o sector transformador e a comercialización.

1. Desenvolvemento de tecnoloxías que permitan unha diminución do consumo de materias primas e recursos naturais, ou a redución do impacto ambiental, ao tempo que faciliten a optimización dos recursos e a detección de posibles problemas de cara á toma de decisións.

2. Desenvolvemento de sistemas de reciclado e valorización economicamente viables para residuos de difícil reciclaxe, particularmente materias plásticos complexos, residuos electrónicos, ...

3. Tecnoloxías que ofrezan transparencia e rastrexabilidade nas cadeas de subministración, e permitan o seguimento de materiais e produtos ao longo do seu ciclo de vida, desde a súa orixe ata o seu destino final, facilitando a verificación de prácticas sustentables e a autenticidade dos produtos reciclados.

4. Desenvolvemento de tecnoloxías e procesos para a valorización integral de residuos (residuo cero), así como de tecnoloxías in situ de recuperación de solos, deseñadas para illar ou destruír as sustancias contaminantes.

5. Desenvolvemento de sistemas híbridos de xeración e almacenamento enerxético con tecnoloxías de enerxías renovables aplicables a produtos, infraestruturas e edificios.

d) Fabricación avanzada. A industria e a economía en xeral afrontan un novo contexto dixital e de aplicación de tecnoloxías onde a capacidade de adaptación é clave. Ao mesmo tempo, este novo contexto ofrece oportunidades para desenvolver actividades en sectores competitivos e contribuír así a reforzar a xeración de riqueza e emprego.

Neste ámbito inclúese a incorporación de conceptos de dixitalización avanzada e tecnoloxía para a mellora da produtividade:

1. Aplicación de tecnoloxías dixitais avanzadas na industria, de maneira especial proxectos que empreguen tecnoloxía limpa e eficiente no uso dos recursos.

2. Incorporación de intelixencia artificial nos procesos de produción, aproveitamento de tecnoloxías emerxentes, electrónica avanzada, novos materiais, e a integración dos conceptos de eficiencia e sustentabilidade.

3. Desenvolvemento de novos materiais aeronáuticos e procesos asociados, relacionados coa actividade de satélites, globos e plataformas de alta altitude, así como aeronaves non tripuladas e por control remoto, e segmentos terrestres que apoian as operacións destes elementos.

4. Desenvolvemento de sistemas de realidade virtual e aumentada que permitan interfaces avanzadas home-máquina, en que se inclúen os contornos colaborativos avanzados entre persoas e robots, con modelización, simulación e programación avanzada dos escenarios colaborativos, e desenvolvemento de sistemas sensoriais para a garantía da seguridade operativa.

missing image file