DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 12 de agosto de 2025 Páx. 43761

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

DECRETO 72/2025, do 4 de agosto, polo que se aproba o cambio de titularidade, a prol do Concello de Poio, do treito inicial da PO-308 (pp.qq. 0+000 ao 0+320) xunto co seu dominio público viario (DPV) e o dominio público viario das marxes da PO-308 (pp.qq 0+320 ao 0+480), agás a calzada e as beirarrúas.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Poio e a Axencia Galega de Infraestruturas asinaron, o 28.1.2025, un convenio de colaboración para a humanización da estrada autonómica PO-308 ao seu paso polo concello de Poio. 1ª fase.

A sinatura deste convenio supón o acordo entre ambas as dúas administracións para a tramitación do expediente de cambio de titularidade, en que o Concello se obriga a aceptar a transferencia de titularidade de todo o dominio público viario do treito inicial da PO-308 entre Ponte da Barca e a PO-310, pp.qq. 0+000 e 0+320, respectivamente, e todo o dominio público viario asociado no treito de estrada PO-308 a partir do punto quilométrico 0+320 e ata o final do treito afectado pola execución das obras descritas no convenio, agás a calzada e as beirarrúas.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formula a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se definen no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de agosto de dous mil vinte e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Poio de:

Clave

Para transferir

PQi

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29)

PQf

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29)

Lonx. (m)

PO-308

Treito inicial PO-308 máis o seu DPV

(de Int. PO-531 ata a int. coa PO-310)

0+000

x= 528.419 y=4.698.028

0+320

x= 528.186

y= 4.698.039

320

PO-308

DPV das marxes da PO-308, agás a calzada e as beirarrúas

0+320

x= 528.186

y= 4.698.039

0+480

x= 528.056

y= 4.697.991

-

Modificar, en aplicación do artigo 10.6. a) da LEG, o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de reflectir este cambio de titularidade, que quedaría da seguinte forma:

Clave

Denominación

Treito

PQi

PQf

Lonxitude treito (km)

Lonxitude total (km)

Categoría

funcional

Clase de estrada

Provincia

PO-308

Poio (PO-310) – A Lanzada (PO-550)

Poio

(PO-310) –

A Seara

(PO-535)

0+320

3+460

3,14

28,16

Local

Estrada convencional

Pontevedra

PO-308

Poio (PO-310) – A Lanzada (PO-550)

A Seara

(PO-535) – Sanxenxo

(PO-504)

3+460

17+360

13,90

28,16

Complementaria

Estrada convencional

Pontevedra

PO-308

Poio (PO-310) – A Lanzada (PO-550)

Sanxenxo

(PO-504) –

A Lanzada

(VG-4.1)

17+360

28+040

10,68

28,16

Local

Estrada convencional

Pontevedra

PO-308

Poio (PO-310) – A Lanzada (PO-550)

A Lanzada

(VG-4.1) –

A Lanzada

(PO-550)

28+040

28+480

0,44

28,16

Estruturante

Estrada convencional

Pontevedra

O documento do Catálogo e as súas modificacións poden consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Poio deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír os cambios de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 4

Correspóndenlle ao Concello de Poio, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos bens transferidos, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle poida corresponder como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catro de agosto de dous mil vinte e cinco

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas