DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 20 de agosto de 2025 Páx. 45295

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e a mellora de infraestruturas tecnolóxicas e de investigación cofinanciadas pola Unión Europa no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN607E).

missing image file

A Constitución española, no seu artigo 44.2, obriga os poderes públicos a promover a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais, establece no artigo 149.1.15 que o fomento e a coordinación da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado. Pola súa banda, o Estatuto de autonomía de Galicia recolle no artigo 27.19 que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Esta lei, no capítulo III, crea o Plan galego de investigación e innovación como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo.

O Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, establece que a Axencia Galega de Innovación ten como finalidade o fomento e a vertebración das políticas de I+D+i no sector público galego e o apoio ás entidades que integran o ecosistema de I+D+i galego para incrementar a súa competitividade, a través da implementación e a execución de estratexias e programas de I+D+i eficientes.

A Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, aprobada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2022, define o marco das políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma para este período. Como instrumento de planificación operativa para a súa implementación entre 2025 e 2027, o Consello da Xunta aprobou o 3 de febreiro de 2025 o Plan galego de investigación e innovación 2025-2027.

As infraestruturas científico-técnicas son elementos centrais que contribúen á xeración de ciencia aplicada e desenvolvemento experimental, así como á creación dun ecosistema de I+D+I internacionalmente competitivo. Son consideradas fundamentais para a transferencia do coñecemento xerado ao mercado e imprescindibles para mellorar a competitividade dun xeito sustentable. Unha das principais prioridades estratéxicas para Europa neste momento.

Así se recolle na recente Comunicación da Comisión Europea «Unha Brúxula para a competitividade da UE» (COM(2025) 30 final). Unha comunicación que define o enfoque estratéxico de Europa cara ao futuro e na que infraestruturas están presentes. Inclúe que é preciso pechar a brecha de innovación que sofre Europa e investir en infraestruturas de investigación de última xeración, é clave para acadar este obxectivo. Ademais, a futura Lei europea de innovación, que tamén se recolle na citada comunicación, promoverá o acceso das empresas innovadoras a estas infraestruturas. É preciso promover o desenvolvemento de infraestruturas que faciliten a experimentación previa á adopción de tecnoloxías emerxentes, tales como os living labs ou os testbeds.

En liña con este contexto, as axudas que agora se convocan teñen por obxectivo mellorar a capacitación dos centros tecnolóxicos galegos, como axentes tractores do tecido innovador galego, a través da incorporación de novas infraestruturas ou mellora das xa existentes. Estas infraestruturas deben estar orientadas a facilitar a transferencia e a valorización dos resultados de investigación, co obxectivo de mellorar a competitividade da economía galega.

Esta é a segunda convocatoria deste tipo de apoios da Axencia Galega de innovación no marco da RIS3 Galicia 2021-2027, e a primeira ao abeiro do novo Plan galego de investigación e innovación 2025-2027, instrumento de planificación operativa da segunda metade do período da estratexia.

O novo Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 dá continuidade aos instrumentos do Plan do período anterior, pero incluíndo cambios e melloras necesarios para axustalos ao novo contexto europeo orientado á competitividade, simplificalos e reforzar o seu impacto. Os cambios que se recollen neste instrumento respecto da convocatoria anterior responden a estes obxectivos.

Estas axudas fortalecerán a capacidade dos centros tecnolóxicos galegos nos ámbitos prioritarios da RIS3 de xeito transversal, respondendo aos seus tres retos e tres prioridades. Nestes ámbitos Galicia conta con potencial para xerar vantaxes competitivas sobre as que asentar un modelo de crecemento económico e social, intelixente e sustentable. O novo plan inclúe ademais, dentro deste marco da RIS3, iniciativas de alto impacto en liña coas prioridades europeas para este período e que son estratéxicas para a competitividade de Galicia. Así, as tecnoloxías profundas ou deep tech (intelixencia artificial e cuántica), a biotecnoloxía e as tecnoloxías limpas serán ámbitos prioritarios que se apoiarán de xeito transversal nos diferentes instrumentos que se poñan en marcha no período 2025-2027.

Dentro da estrutura do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027, estas axudas están incluídas no programa Coñecemento, aliñado co programa Integra da RIS3 a través do cal se articula o seu Obxectivo estratéxico 1. O programa Coñecemento fomenta e apoia as actividades de I+D en todas as súas fases e modalidades, desde a investigación á transferencia. Formúlanse ademais de xeito coordinado co resto de programas do Plan para optimizar o efecto catalizador que poden exercer as infraestruturas sobre o resto de apoios.

O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e axustarase ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014).

Tendo en conta todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro,

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para o fortalecemento dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio a investimentos para a creación e a mellora de infraestruturas de investigación e de apoio á experimentación, tamén denominadas infraestruturas tecnolóxicas.

Esta mellora das súas capacidades estará orientada a facilitar o seu crecemento potenciando a súa excelencia no ámbito internacional e reforzar as súas actividades de transferencia cara ao tecido produtivo, especialmente no caso de pemes, para mellorar a súa competitividade.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, as ditas axudas para o ano 2025 (código de procedemento IN607E), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027. Estas axudas axustaranse ao establecido nos artigos 26 e 26.bis do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Artigo 2. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia inscritos no Rexistro Estatal de Centros, regulado polo Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro.

2. Consonte o establecido no artigo 2.83 e 26 do Regulamento (UE) nº 651/2014, ademais das actividades non económicas ligadas ás súas actividades primarias como organismo de investigación e de difusión de coñecemento, cando aqueles centros leven a cabo tamén actividades económicas (oferta de produtos ou servizos nun determinado mercado), o financiamento, os custos e os ingresos de ambos os tipos de actividades deberán contabilizarse por separado, sobre a base de principios de contabilidade de custos aplicados con coherencia e xustificables obxectivamente.

Ademais, as empresas que poidan exercer unha influencia decisiva, en calidade de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados que xere o centro.

3. Non poderán acceder á condición de centros beneficiarios aqueles en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, estean suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común, ou estean en crise, tal e como se define no anexo II desta resolución.

A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao centro, se fose necesario, os documentos oportunos.

Artigo 3. Actividades subvencionables

1. Serán subvencionables as actuacións de creación e de mellora de infraestruturas de investigación ou infraestruturas tecnolóxicas, entendendo como tales as definicións incluídas no anexo II desta resolución.

As actuacións subvencionables poderán incluír investimentos en terreos, edificios ou instalacións para a construción, a reforma ou a adaptación necesarias destas infraestruturas, sempre que a actuación tamén inclúa a adquisición de equipamento. O orzamento deste equipamento deberá supoñer, como mínimo, o 30 % do orzamento total da proposta.

Non será preciso incluír a adquisición de equipamento, cando a actuación subvencionable teña como finalidade a localización de equipamentos xa financiados na convocatoria de axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos do ano 2024.

2. As infraestruturas de investigación abarcarán instalacións, bens de equipo ou instrumental científicos; recursos baseados no coñecemento (arquivos ou información científica estruturada); infraestruturas de carácter instrumental baseadas en tecnoloxías da información e a comunicación (rede, programas informáticos e comunicacións); ou calquera outro recurso de carácter único necesario para levar a cabo a investigación. Estas infraestruturas poderán atoparse nun só lugar ou estar descentralizadas («rede organizada de recursos»).

O conxunto dos diferentes activos materiais e inmateriais que sexan considerados elementos dunha mesma infraestrutura de investigación cun ámbito temático ou tecnolóxico común consideraranse, para os efectos desta axudas, como unha «unidade de investigación» e así deberán solicitarse.

3. As Infraestruturas de ensaio e experimentación ou tecnolóxicas serán as instalacións, os equipos e as capacidades e os recursos de apoio para o ensaio e a experimentación con vistas ao desenvolvemento de produtos, procesos e servizos, novos ou mellorados, así como para probar e expandir tecnoloxías. Bancos de probas, liñas piloto, demostradores, instalacións de ensaio ou laboratorios vivintes (living labs), así como os servizos de apoio conexos cuxos usuarios sexan principalmente empresas, sobre todo pemes.

Como no caso das infraestrutura de investigación, todos os activos materiais e inmateriais que compoñen unha mesma infraestrutura de ensaio e experimentación consideraranse, para os efectos desta axudas, como unha «unidade tecnolóxica».

4. Un mesmo centro solicitante poderá incluír máis dunha unidade na súa solicitude e solicitar tipos de unidades diferentes (de investigación ou tecnolóxicas), sempre que estean orientadas a un ámbito ou tecnoloxía común.

No caso de solicitudes que inclúan máis dunha unidade a proposta deberá identificarse a través dunha denominación común que inclúa a todas elas.

Artigo 4. Requisitos das infraestruturas apoiadas

1. Requisitos comúns aos dous tipos de infraestruturas.

a) Deberán orientarse á xeración de capacidades dos centros nos ámbitos estratéxicos da RIS3 galega 2021-2027 (anexo V) para mellorar a súa excelencia e as actividades de transferencia e apoio, especialmente cara ás pemes, nestes ámbitos definidos no anexo II desta resolución.

b) Deberá potenciarse un uso eficiente dos recursos, evitando solapamentos con infraestruturas xa existentes en Galicia e fomentando posibles sinerxías entre elas.

c) As infraestruturas deberán ser económica e financeiramente viables e orientarse á obtención de resultados en termos de excelencia e/ou transferencia.

A través da memoria e o plan de explotación que debe achegarse coa solicitude, a Axencia Galega de Innovación valorará esta viabilidade. Comprobarase a sustentabilidade financeira das infraestruturas e estimarase o impacto potencial das infraestruturas solicitadas no ecosistema galego de innovación. O plan de explotación deberá estar adaptado ao tipo de infraestruturas que se solicitan segundo sexan de investigación ou tecnolóxicas.

d) O acceso ás infraestruturas deberá estar aberto e concederse de xeito transparente e non discriminatorio.

e) O prezo que se cobre polo funcionamento ou a utilización das infraestruturas deberá corresponder co prezo de mercado.

f) As infraestruturas apoiadas deben cumprir os requisitos relativos ao efecto incentivador. A solicitude de axuda debe presentarse antes do inicio da actividade e a axuda debe cambiar o comportamento do centro, de tal maneira que emprenda actividades complementarias que non realizaría, ou que, sen a axuda, realizaría dunha maneira limitada ou diferente. A axuda debe xerar un aumento substancial do alcance das actividades ou, grazas a ela, un aumento substancial do importe total investido ou do ritmo de execución.

Entenderase que a actividade comezou co primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes da infraestrutura solicitada, ou outro compromiso que faga o investimento irreversible se este ten unha data anterior ao inicio da actividade. Considerarase que existe un compromiso en firme no caso da existencia dun contrato asinado entre ambas as partes, ou a existencia dun pedido para calquera dos investimentos solicitados.

Para estes efectos, a compra dos terreos e determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

g) As actuacións poderán executarse ata o 30 de setembro do ano 2028.

h) Os investimentos deben realizarse na Comunidade Autónoma de Galicia e os diferentes equipamentos que se adquiran deben incorporarse a un centro de traballo permanente e legalmente constituído nesta comunidade autónoma.

i) O orzamento subvencionable de cada solicitude no que poden estar integradas máis dunha unidade non pode ser inferior a 450.000 € nin superior a 8.000.000 de €, imposto sobre o valor engadido (IVE) non incluído.

j)Todas as infraestruturas financiadas deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do no significant harm), en cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e á política de visados (en diante, Regulamento (UE) nº 2021/1060).

k) Nos proxectos de infraestruturas que teñan unha vida útil de cinco anos como mínimo, acreditarase a realización da análise da defensa contra o cambio climático exixida no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060, de acordo coa Guía de apoio para a implementación da proba climática de infraestruturas de Galicia (dispoñible no enderezo
https://www.conselleriadefacenda.gal/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2021-2027/proteccion-de-infraestruturas-fronte-ao-cambio-climatico). Nos proxectos en que resulte preceptiva pode integrarse na avaliación de impacto ambiental.

l) As infraestruturas financiadas ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, en especial, os relativos á materia medioambiental, de igualdade e de accesibilidade a persoas con discapacidade que poidan resultar de aplicación.

2. Requisitos específicos para as infraestruturas de investigación.

As infraestruturas de investigación deben dedicarse a proxectos de investigación aplicada e orientaranse ao desenvolvemento de actividades de I+D independentes do centro, ou en colaboración con empresas, na procura da mellora da súa excelencia nun contexto internacional.

Poderán desenvolver actividades económicas e non económicas, de acordo coa definición que figura no anexo II desta resolución, pero é imprescindible que o financiamento, os custos e os ingresos de cada tipo de actividade se consignen de xeito separado, sobre a base de principios de contabilidade de custos aplicados con coherencia e xustificables obxectivamente. Na solicitude será preciso incluír a porcentaxe que se dedicará a cada tipo de actividade.

Ademais, consonte o establecido no artigo 26.7 do Regulamento (UE) nº 651/2014, a Axencia Galega de Innovación creará un mecanismo de supervisión e recuperación para garantir que non exceda a intensidade de axuda aplicable como resultado dun aumento de proporción das actividades económicas en relación coa situación prevista no momento de conceder a axuda.

As infraestruturas de investigación centraranse en TRLs (Technology Readiness Levels/niveis de madurez da tecnoloxía) propios da investigación industrial e/ou o desenvolvemento experimental.

3. Requisitos específicos para as infraestruturas tecnolóxicas.

As infraestruturas de ensaio e experimentación ou tecnolóxicas estarán enfocadas ás actividades de transferencia do centro prestando servizos innovadores de ensaio e experimentación para apoiar ao tecido empresarial, especialmente ás pemes, na posta no mercado das súas innovacións. Estas infraestruturas permitirán articular espazos de experimentación e contornas de probas controladas, tanto desde un enfoque tecnolóxico: testbeds, como tamén socio-tecnolóxico a través de living labs.

Utilizaranse predominantemente para actividades económicas, non sendo preciso levar un control do financiamento, custos e ingresos no caso de utilizarse tamén para actividades de tipo non económico, como si é preciso no caso das infraestruturas de investigación.

As infraestruturas tecnolóxicas estarán orientadas a TRL (Technology Readiness Levels/Niveis de madurez da tecnoloxía) máis altos que as infraestruturas de investigación, ao destinarse a actividades de ensaio e experimentación de novos produtos, procesos ou servizos.

Artigo 5. Modalidades de participación

As solicitudes serán individuais e un mesmo centro poderá solicitar máis dunha axuda.

Co obxectivo de fomentar o traballo en rede, as solicitudes de dous ou máis centros poderanse formular como solicitudes coordinadas se presentan sinerxías e complementariedades entre elas. Este tipo de solicitudes non implica unha solicitude común. Cada centro deberá presentar a súa solicitude de xeito individual, pero ambas as solicitudes estarán ligadas por un acrónimo de coordinación común, que deberá ser indicado por cada centro na súa proposta.

Esta coordinación só terá efectos a nivel de avaliación segundo os criterios recollidos no artigo 21.

Artigo 6. Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 29 de setembro de 2025, debendo cumprirse o prazo mínimo dun mes.

Os centros solicitantes presentarán o anexo I (solicitude) e xunto co resto dos anexos dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), se algún dos centros interesados presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 7. Financiamento e concorrencia

1. As subvencións financiaranse, con cargo ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación, á aplicación orzamentaria sinalada na táboa seguinte:

Aplicación

orzamentaria

2025

2026

2027

2028

Total

07.A2.561A.781.0

2023.00003

500.000 €

2.800.000 €

3.675.000 €

2.775.000 €

9.750.000 €

2. Este crédito inicial poderá ampliarse logo da declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (en diante, Decreto 11/2009), o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitudes tras a aplicación dos criterios de valoración.

3. A distribución dos fondos entre as anualidades é unha previsión que deberá axustarse tras a valoración das solicitudes de axuda. Con este fin poderá traspasarse crédito entre as distintas anualidades, sen que supoña un incremento do orzamento total.

4. As axudas desta convocatoria serán cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027. En particular:

– Obxectivo político OP1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e a comunicación.

– Prioridade P1A: transición dixital e intelixente.

– Obxectivo específico: RSO 1.1: desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas.

– Liña de actuación 1.1.01. Mellora das capacidades dos centros de I+D+i.

– Tipos de intervención:

002. Investimento en activos fixos, incluídas as infraestruturas de investigación, en pemes (incluídos centros de investigación privados) directamente vinculadas a actividades de investigación e innovación.

006. Investimentos en activos inmateriais en pemes (incluídos centros de investigación privados) directamente vinculadas a actividades de investigación e innovación.

5. A taxa de cofinanciamento pola Unión Europea é do 60 %, computándose o 40 % restante como investimento privado elixible dos centros beneficiarios.

Artigo 8. Intensidade das axudas e concorrencia

1. As axudas concederanse en forma de subvención. A contía individualizada determinarase en función do custo subvencionable da actuación e das dispoñibilidades orzamentarias, respectando sempre os límites de intensidade previstos na táboa seguinte:

Tipo de infraestrutura

Intensidade máxima

Infraestrutura de investigación

50 %

Infraestrutura de ensaio e experimentación (infraestrutura tecnolóxica)*

Pequena empresa*

Mediana empresa*

Grande empresa*

Límites de intensidades xerais para infraestruturas de ensaio e experimentación

45 %

35 %

25 %

Límites aplicables no caso en que, polo menos o 80 % da capacidade anual da infraestrutura tecnolóxica se asigne a pemes**

50 %

40 %

30 %

* No caso das infraestruturas tecnolóxicas os centros tecnolóxicos serán considerados como empresas na medida en que desenvolven actividades económicas.

** Segundo o artigo 26.bis do Regulamento (UE) nº 651/2014, a intensidade máxima de axuda no caso das infraestruturas tecnolóxicas poderá incrementarse en 5 puntos porcentuais se dedican polo menos o 80 % da súa capacidade anual a ofrecer servizos a pemes.

2. As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación aos centros ao abeiro desta convocatoria serán incompatibles coa percepción doutras axudas, ingresos ou recursos para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

3. Ningunha entidade poderá recibir unha axuda ao abeiro desta convocatoria por un importe superior a 4.000.000 de €. Este límite máximo é independente do número de axudas concedidas, no caso de que un centro presente máis dunha solicitude.

Artigo 9. Solicitudes

1. Os centros solicitantes presentarán o anexo I (solicitude) xunto coa documentación recollida no artigo 12.

No caso de solicitudes coordinadas de diferentes centros, será preciso que isto se indique no anexo I e se lles asigne un acrónimo común a ambas as solicitudes no espazo xa previsto no formulario. Este campo común permitirá ligar ambas as solicitudes coordinadas e ter en conta este feito na súa valoración.

A coordinación con infraestruturas doutros axentes do Ecosistema Galego de Innovación xa existentes xustificarase na memoria que debe achegarse coa solicitude.

2. Os datos de contacto das solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións.

3. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

4. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) Declaración responsable de todas as axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) Declaración responsable de que os datos contidos na solicitude e na documentación complementaria son certos, e que acepta as condicións e as obrigas recollidas nesta resolución.

c) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003).

d) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007).

e) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007 e o artigo 9 do Decreto 11/2009, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Declaración responsable de non estar en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

g) Declaración responsable de non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

h) Declaración responsable de que os investimentos serán realizados en Galicia e se incorporarán a un centro de traballo permanente e legalmente constituído nesta comunidade autónoma.

i) Declaración responsable de que a solicitude de axuda é anterior ao inicio da actividade para a que se solicita (efecto incentivador).

j) Declaración responsable de que o solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, nin no artigo 43 do Decreto 11/2009, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.

k) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos da actuación para a que solicita a axuda e garantir a súa sustentabilidade financeira.

l) Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

m) Declaración responsable de que disporá dunha contabilidade separada que permita distinguir con claridade entre os custos e os ingresos das actividades económicas e non económicas, e que se consignarán de xeito separado, só no caso de solicitar axuda para unha infraestrutura de investigación orientada a ambos os tipos de actividades.

n) Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento da axuda, segundo o establecido no artigo 82 do Regulamento (UE) 2021/1060.

ñ) Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

o) Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade e a normativa medioambiental exixible, en particular, a normativa reguladora da Rede Natura 2000 e demais espazos naturais protexidos, a Lei 21/2013, de avaliación ambiental, e o Real decreto lexislativo 1/2016 polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; e que se compromete a presentar todas as licenzas, autorizacións e permisos necesarios para o desenvolvemento da actuación.

p) Declaración responsable de que o proxecto solicitado non inclúe actividades que ocasionen un prexuízo significativo aos obxectivos ambientais previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables mediante a implantación dun sistema de clasificación (ou taxonomía) das actividades económicas ambientais sustentables.

q) Declaración responsable do cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, en materia de igualdade, accesibilidade e dereitos fundamentais.

r) Declaración responsable de que se compromete a conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que a Comisión, a Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais e autonómicas exerzan as súas competencias.

s) Declaración responsable de que as infraestruturas singulares que se financien no marco destas axudas se integrarán na plataforma Innovarede cando esta estea dispoñible e cumprirán os requisitos en materia de información ou doutro tipo que esta inscrición implique.

t) Declaración responsable de que se compromete a garantir a protección fronte ao cambio climático das infraestruturas cuxa vida útil sexa, como mínimo, de cinco anos, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060. Para iso, deberá ter en conta as orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE do 16 de setembro de 2021) e a Guía de apoio para a implementación da proba climática de infraestruturas de Galicia. Dispoñible no enderezo https://www.conselleriadefacenda.gal/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2021-2027/proteccion-de-
infraestruturas-fronte-ao-cambio-climatico

u) Declaración responsable de que o acceso ás infraestruturas estará aberto e que se concederá de xeito transparente e non discriminatorio.

v) Declaración responsable de que o prezo que se cobre polo funcionamento ou a utilización das infraestruturas corresponderá co prezo de mercado.

Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas nas anteriores declaracións no momento que se produzan.

Artigo 10. Gastos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables os que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento desta. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. Para a anualidade 2025 só se admitirán os gastos realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e a data límite de execución de gasto establecida no artigo 28 desta resolución.

Para o resto de anualidades, admitiranse os gastos realizados dentro do período comprendido entre a data límite de execución de gasto da anualidade anterior e a data límite de execución de gasto da anualidade corrente.

3. Conforme os artigos 26 e 26.bis do Regulamento (UE) nº 651/2014 son gastos subvencionables os custos de adquisición dos activos fixos materiais e inmateriais que integren a infraestrutura tecnolóxica ou de investigación, inclúense:

a) Activos materiais:

– Obra civil necesaria para a construción ou operatividade das infraestruturas solicitadas.

É preciso que sexa levada a cabo en terreos propiedade do solicitante ou sobre os cales teña un dereito de superficie, concesión administrativa ou dereito de explotación similar cunha vixencia mínima de 5 anos, contados desde a data de posta en explotación da infraestrutura.

– Adquisición de terreos e bens inmobles.

A adquisición de terreos non pode exceder o 10 % do gasto total subvencionable da infraestrutura solicitada. Este límite non será de aplicación no caso de adquisición de edificacións xa existentes para seren rehabilitadas e postas en uso para un novo propósito, de modo que o terreo no que estas se asentan non constitúa o elemento principal da adquisición. Isto non poderá considerarse así cando o valor de mercado do terreo exceda o valor de mercado da edificación no momento da compra.

Non será subvencionable a adquisición de terreos e bens inmobles por un prezo superior ao valor de mercado no momento da adquisición, nin aqueles que pertenzan ou teñan pertencido durante o período de elixibilidade ao centro tecnolóxico solicitante ou a outro organismo ou entidade directa ou indirectamente vinculado ou relacionado con este.

A non superación do prezo de mercado acreditarase na xustificación mediante certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial ou un organismo público debidamente autorizado.

– Investimentos en edificación e/ou instalacións para a construción, reforma ou acondicionamento de inmobles.

– Adquisición de equipamento científico-técnico ou outros recursos, incluíndo as actividades de montaxe, transporte, instalación e posta en funcionamento.

Para os efectos desta convocatoria enténdese por equipamento científico-técnico o conxunto de medios físicos (equipos ou instrumentos) con autonomía para o seu funcionamento necesarios para a realización de actividades de I+D+i, que inclúa os accesorios ou aparatos auxiliares que se requiran para que sexa plenamente funcional. Poden consistir nun único equipo ou instrumento, ou ben nun conxunto de equipos e instrumentos para a dotación dun espazo único. Tamén estarían incluídos os equipamentos baseados en tecnoloxías da información e da comunicación.

O equipamento adquirido deberá ser novo, de última xeración, altamente especializado e non ter sido obxecto de ningunha subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

b) Activos inmateriais:

– Adquisición de activos intanxibles como patentes, licenzas ou outros dereitos de propiedade intelectual vinculados exclusivamente á xeración de coñecemento na infraestrutura.

Estarían incluídas as licenzas de programa de ordenador de carácter técnico, non de uso xeral, que posibiliten a utilización axeitada do equipamento científico-técnico solicitado.

4. No caso de arrendamentos ou nos casos anteriores en que se permite que a propiedade sexa substituída por un dereito de superficie, concesión administrativa ou dereito de explotación similar, a súa vixencia mínima deberá ser de 5 anos (contados desde a data de posta en explotación da infraestrutura).

No caso de adquirilos mediante fórmulas de pagamento aprazado, os bens deberán pasar a ser de propiedade plena da entidade beneficiaria antes do remate do prazo de execución da axuda, e deberá constar neste momento o vencemento e o pagamento das cantidades aprazadas.

No caso de leasing será preciso:

a) Un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao finalizar o contrato de leasing.

b) As cotas de arrendamento subvencionables deberán ser constantes ou crecentes e comezar posteriormente á data de presentación da solicitude da subvención. Só se poderán imputar as cotas pagadas dentro do período de execución de cada anualidade.

Non serán gastos subvencionables os gastos financeiros e as comisións que se apliquen en virtude das condicións do contrato.

5. No caso de bens inscribibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da axuda concedida, e estes aspectos deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente, de acordo co establecido no artigo 29.4 da Lei 9/2007.

6. No caso de gastos subvencionables en moeda distinta ao euro, será preciso que se convertan a este tipo de cambio na data da factura ou documento xustificativo.

7. Non se considerarán gastos subvencionables:

– O mobiliario de oficina.

– O material funxible.

– Os custos de mantemento e reparación.

– Os equipamentos de segunda man.

– Os seguros de construcións e/ou equipamentos.

– As garantías das construcións e/ou equipamentos que non estean incluídas nos prezos de adquisición.

– O material bibliográfico, gastos de subscrición a publicacións ou acceso a bases de datos.

– Os gastos de formación que non estean incluídos no prezo de adquisición do equipamento.

– Os custos indirectos.

– O imposto sobre o valor engadido (IVE), así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables conforme a normativa nacional.

Artigo 11. Ofertas

1. Cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (en diante, Lei 9/2017), para o contrato menor, o centro beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, a adquisición do ben ou a contratación da execución da obra, agás que polas especiais características dos gastos non existan no mercado suficiente número de entidades que os presten ou subministren. Esta excepción deberá xustificarse.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberan achegarse na xustificación, ou, se é o caso, na solicitude da axuda, realizarase segundo criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

As ofertas non serán necesarias no caso de terreos e bens inmobles cando se achegue certificado de taxador independente, debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial ou un organismo público debidamente autorizado, que acredite que non se superou o prezo de mercado.

2. As tres ofertas deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Ser comparables: deberán referirse ao mesmo concepto de gasto, contar con prestacións similares e incluír o detalle suficiente para que sexa posible a comparación entre elas. No anexo VI inclúese un modelo resumo do contido e da descrición que se vai seguir para a relación de ofertas presentadas.

b) Non corresponder a entidades vinculadas: os provedores das tres ofertas non poderán estar vinculados entre si nin co centro solicitante.

c) Identificar ofertante e destinatario: razón social, enderezo e o número ou código de identificación fiscal.

d) Incluír data de emisión e prazo de validez: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión e un prazo de validez. As ofertas non poderán ter un prazo de validez vencido na data de presentación da solicitude.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos, entre outros).

Non exime da obriga da solicitude de tres ofertas o feito de contar con provedores homologados, que se trate de provedores habituais ou a proximidade do provedor ao centro solicitante.

3. No caso de que algún dos centros beneficiarios estea suxeito ao ámbito subxectivo de aplicación da Lei 9/2017, deberá respectar a normativa de contratación pública na contratación da construción e/ou adquisición dos bens e servizos obxecto da axuda.

Artigo 12. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Documentación xurídico-administrativa:

1º. Poder da persoa representante que presenta a solicitude verificado por letrado/a da Xunta de Galicia no caso de non estar inscrito no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG) que sirva como acreditación válida do asinante da solicitude de que actúa como representante da empresa. Entenderase acreditada a representación, sen necesidade de achegar documentación adicional, se a sinatura da solicitude se realizou cun certificado de representante de persoa xurídica de quen teña poder xeral de representación da empresa ante a Administración, de acordo co artigo 34.1 do Real decreto 2023/2021, do 30 de marzo.

2º. Anexo de declaración de información relativa á condición de peme (anexo VII). A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para verificar a condición de pequena, mediana ou gran empresa, que é un criterio determinante da intensidade da axuda no caso de infraestruturas tecnolóxicas segundo o artigo 8, e requiriralle ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

3º. Anexo de declaración responsable do cumprimento do principio DNSH (anexo VIII).

b) Documentación técnica:

1º. Memoria técnica segundo o índice recollido no anexo III (letra arial 11 puntos, en formato pdf e cunha extensión máxima 50 páxinas) que xustifique o carácter estratéxico dos investimentos solicitados.

2º. Plan de explotación a 5 anos, como mínimo, desde a data de posta en funcionamento da infraestrutura, segundo o índice recollido no anexo IV. A través do Plan de explotación xustificarase a viabilidade e a sustentabilidade financeira da infraestrutura solicitada, na medida en que o centro conta coa capacidade necesaria para cubrir os custos de funcionamento e mantemento desta.

No caso de que nunha mesma solicitude se inclúan investimentos dunha unidade de investigación e tamén dunha unidade tecnolóxica, isto deberá especificarse de xeito claro e terse en conta tanto na memoria como no plan de explotación.

– Indicadores: no plan de explotación deberán incluírse tamén un conxunto de indicadores orientados á valoración do resultado e do potencial impacto tecnolóxico, económico e social da infraestrutura solicitada, tanto a nivel do centro como do Ecosistema Galego de innovación. Os indicadores deben adaptarse ás especificidades da infraestrutura solicitada. Para cada indicador, sempre que sexa posible, será preciso estimar un valor inicial no ano 2025 e para cada anualidade ata o 2030.

No anexo IV, xunto cos indicadores obrigatorios porque están ligados ao cofinanciamento da Unión Europea ou aos criterios de valoración, recóllese tamén, a modo de exemplo, unha relación de indicadores xerais aplicables a todo tipo de infraestrutura. Poderá seleccionarse algún destes indicadores ou outros de tipo xeral, pero sempre deberán completarse con indicadores específicos relacionados cos obxectivos concretos da infraestrutura solicitada.

Os indicadores do Plan de explotación formarán parte do seguimento da axuda. Estes indicadores poderanse utilizar como fonte para a avaliación do impacto desta convocatoria de axudas e tamén do conxunto de apoios concedidos pola Axencia Galega de Innovación aos centros tecnolóxicos e de apoio á innovación. O obxectivo desta avaliación é poder acadar unha valoración global da eficacia e eficiencia das actuais liñas de apoio aos centros tecnolóxicos.

– Difusión e comunicación: no Plan de explotación incluirase ademais unha proposta para a difusión e a comunicación dos investimentos solicitados da que formará parte a realización dunha xornada ou xornadas de demostración dirixidas ao Ecosistema Galego de Innovación.

Nos eventos que se celebren deberá poñerse de manifesto o apoio da Unión Europea e da Axencia Galega de Innovación, mencionando expresamente estes apoios e amosando os logotipos de ambas as entidades en todos os materiais empregados. Todas as actividades do plan deberán respectar o disposto nos artigos 47, 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 e as orientacións recollidas no documento de uso do emblema europeo https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf

3º. Descrición das ofertas presentadas segundo o modelo do anexo VI e copia destas, de acordo co establecido no artigo 11 destas bases reguladoras, no caso de contar xa con elas.

4º. No caso de investimento en obra civil e edificacións, deberán achegar os seguintes planos:

– Localización dentro do termo municipal.

– Plano xeral acoutado das instalacións, no cal se diferencie a situación inicial da posterior ao investimento.

– Planos de distribución en planta, nos cales se aprecien os espazos da nova construción ou das reformas e a instalación dos novos bens de equipamento.

Ademais, tamén será preciso achegar:

– Documentación acreditativa da propiedade ou do dereito de superficie, concesión administrativa ou dereito de explotación, cunha vixencia mínima de 5 anos contado desde a data prevista de posta en explotación da infraestrutura, dos terreos en que se localizarán as novas edificacións ou dos bens inmobles que serán obxecto de reforma.

5º. Documentación que acredite a defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060, tendo en conta as orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE do 16 de setembro de 2021) e a Guía de apoio para a implementación da proba climática de infraestruturas de Galicia. Dispoñible no enderezo https://www.conselleriadefacenda.gal/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2021-2027/proteccion-de-infraestruturas-fronte-ao-cambio-climatico

Con todo, se a entidade solicitante non dispón aínda en fase de solicitude dun proxecto suficientemente definido que permita integrar a dita análise nesta fase inicial, poderá presentar a dita documentación na fase de xustificación, en que o promotor deberá acreditar esta documentación e verificación da defensa da infraestrutura fronte ao cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto.

6º. Anexo de criterios de valoración comparativos (anexo XI).

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente polo centro solicitante ante calquera Administración. Nestes casos será preciso que o centro indique en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que deberán ser recadados electronicamente a través das redes corporativas ou dunha consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa do centro.

De forma excepcional, se non se puidesen recadar os citados documentos, poderá solicitarse novamente a súa achega por parte do centro.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algún dos centros solicitantes presenta a documentación complementaria de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Os centros responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo centro, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que o centro se opoña á súa consulta:

a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesourería Xeral da Seguridade Social e Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante do centro solicitante. No caso de que o centro solicitante estea representado por unha persoa xurídica comprobarase o NIF desta.

d) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

e) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que os centros interesados se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) segundo corresponda, e achegar os ditos documentos.

Cando o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso do centro interesado para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar aos centros interesados a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 14. Información e publicidade

A Axencia Galega de Innovación informará os centros beneficiarios de que a aceptación da axuda implica que pasarán a formar parte da lista de operacións, que publicará nun sitio web a autoridade de xestión, co contido previsto no número 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

Artigo 15. Transparencia e bo goberno

1. Deberán cumprirse as obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (en diante, Lei 1/2016), e no artigo 15 da Lei 9/2007.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016 as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministraren á Administración, ao organismo ou á entidade á que se atopen vinculadas, das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 16. Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que os centros deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá do centro dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 17. Información aos centros

1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Axencia Galega de Innovación: http://gain.xunta.gal

b) Nos teléfonos da devandita axencia: 981 54 16 77/981 54 39 92.

c) No correo electrónico: axudas.gain@xunta.gal

d) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo:

https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, o teléfono de información xeral da Xunta de Galicia é o 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, os centros beneficiarios quedan informados da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

4. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto, e a resolución de concesión.

Artigo 18. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia (en diante, Lei 4/2019), as notificacións electrónicas practicaranse mediante comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de se relacionaren por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 19. Instrución do procedemento e tramitación

1. A Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións prevista nesta resolución. Corresponderalle á directora da Axencia Galega de Innovación ditar a resolución de concesión.

2. Segundo o establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou non se acompaña da documentación exixida, requirirase o interesado para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os documentos preceptivos.

Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución.

Non se considerará emendable a falta de presentación ou a presentación fóra de prazo da seguinte documentación: a solicitude de axuda (anexo I), a memoria técnica e o plan de explotación.

No caso de discrepancias entre o contido da memoria técnica, o plan de explotación e a solicitude (anexo I) atenderase sempre ao contido da solicitude.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse ao solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento, e tamén para o seguimento e avaliación da RIS3 de Galicia 2021-2027 e do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027, en que se enmarcan estas axudas.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, os expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán avaliados e remitidos á comisión de selección.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación ou que non conteñan a documentación necesaria quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión en que se indicarán as causas desta.

6. O feito de non se axustar aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 20. Comisión de Selección

1. A Comisión de Selección será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes que cumpran os requisitos exixidos nesta convocatoria, por orde decrecente de puntuación acadada ata o esgotamento de crédito, de acordo coa valoración realizada por persoal experto atendendo aos criterios fixados no artigo 21. Emitirá un informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta.

2. A composición da Comisión de Selección será a seguinte:

a) Presidencia: a persoa titular da Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación ou persoa na que delegue.

b) Secretaría: unha persoa funcionaria da Axencia Galega de Innovación.

c) Tres vogais designados pola persoa titular da Axencia Galega de Innovación.

3. A Comisión de Selección elaborará unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren as condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de beneficiario, con indicación da puntuación outorgada en orde decrecente.

Artigo 21. Criterios de valoración

A valoración de cada proxecto presentado que reúna os requisitos realizarase sobre un total de 100 puntos, que se outorgarán atendendo ao carácter estratéxico da infraestrutura solicitada e o seu potencial impacto no Ecosistema galego de I+D+i, tendo en conta a capacidade do centro para explotala e valorizala.

A distribución desta puntuación farase considerando os criterios de valoración que se indican a continuación, para os que se terán en conta os datos que cada centro indique no anexo XI e no seu Plan de explotación (anexo IV).

A Axencia Galega de Innovación poderá solicitar documentación xustificativa que acredite estes valores declarados. A falta de veracidade nestes datos recóllese entre os incumprimentos recollidos nestas bases e pode supoñer incluso o reintegro da axuda, ao afectar a valoración outorgada á proposta solicitada. Os valores actuais que se integren no formulario deberán ser o máis actualizados posible na data de presentación da proposta, utilizándose como referencia o 31.5.2025.

Nos puntos marcados cun (*), a valoración farase de xeito comparativo entre todas as solicitudes recibidas. Aquela solicitude que acade a maior valoración no punto concreto recibirá a máxima puntuación segundo o límite máximo fixado. A puntuación do resto de solicitudes neste punto asignarase de xeito proporcional tendo en conta esta referencia.

1. Excelencia do centro (máximo 31 puntos).

1.1. Traxectoria investigadora e grao de internacionalización (máximo 10 puntos).

1.1.1. (*) Retorno económico, en termos de axuda, acadado polo centro no programa Horizonte Europa, considerando convocatorias en que a data para a finalización do prazo para presentar as propostas se produciu no período 2021-2024 (máximo 3,5 puntos).

1.1.2. (*) Número de proxectos liderados polo centro e aprobados nas convocatorias de Horizonte Europa en que a data de peche do prazo para presentar propostas se produciu no período 2021-2024. Debe achegarse o detalle destes proxectos para poder identificalos (máximo 3,5 puntos).

1.1.3. (*) Retorno económico (euros), en termos de axuda, acadado polo centro en convocatorias nacionais competitivas considerando aquelas en que a data de peche do prazo para presentar as propostas se produciu no período 2021-2024. A axuda deberá desagregarse indicando a convocatoria correspondente (máximo 3 puntos). Non se considerarán as convocatorias rexionais.

1.2. Efecto tractor do centro sobre as empresas galegas para fomentar a súa participación en proxectos de I+D+i (máximo 6 puntos).

1.2.1. (*) Número de empresas, especialmente pemes, involucradas polo centro en proxectos de I+D aprobados ao abeiro de:

a) Convocatorias de Horizonte Europa (máximo 3 puntos).

b) Convocatorias públicas rexionais e nacionais de concorrencia competitiva (máximo 3 puntos).

En ambos os casos:

– A data de peche para a presentación de propostas destas convocatorias deberá estar comprendida no período 2021-2024.

– Por involucradas enténdense que as empresas formen parte do consorcio do proxecto xunto co centro.

– Deberá achegarse o detalle dos proxectos para poder identificalos.

1.3. Orientación á Transferencia do centro (máximo 5 puntos).

1.3.1. (*) Ingresos acadados por subcontratacións e servizos tecnolóxicos realizados a empresas en proxectos de I+D+i no período 2021-2024 (máximo 4 puntos).

1.3.2. (*) Ingresos acadados pola cesión de licenzas ou venda de patentes/ outros dereitos de propiedade industrial e intelectual no período 2021-2024 (máximo 1 punto).

1.4. Capacidade do centro: recursos humanos e económicos (máximo 10 puntos).

1.4.1. (*) Talento (máximo 5 puntos):

a) Persoal cualificado coa titulación de doutor no cadro de persoal do centro, á data de publicación da convocatoria (máximo 2 puntos).

b) Formación: existencia no centro dun plan de carreira profesional (máximo 1 punto).

c) Adecuado balance de xénero: á data da publicación da convocatoria, número de homes e mulleres do cadro de persoal e a súa distribución en postos directivos, entendendo como tales a dirección ou xerencia, as direccións de área, departamento ou equivalente (máximo 2 puntos).

1.4.2. (*) Cifra de negocios entre 2021 e 2024: debe deducirse o importe de calquera desconto, bonificacións e reducións e outros impostos relacionados con estas, e o IVE (máximo 5 puntos).

2. Implementación da proposta (máximo 42 puntos).

2.1. Carácter estratéxico da infraestrutura (máximo 26 puntos).

2.1.1. Claridade, viabilidade e ambición dos obxectivos vinculados aos novos investimentos (máximo 10 puntos).

2.1.2. Adecuación dos medios humanos e materiais do centro para a explotación das infraestruturas solicitadas. Capacidade e experiencia do equipo que utilizará as infraestruturas solicitadas (máximo 6 puntos).

2.1.3. Sinerxías e complementariedades das infraestruturas solicitadas con outros recursos do Ecosistema Galego de Innovación para o desenvolvemento dos ámbitos de priorización da RIS3 Galicia 2021-2027 (máximo 5 puntos).

2.1.4. Propostas coordinadas entre varios centros (máximo 5 puntos).

2.2. Modelo de explotación das infraestruturas solicitadas (máximo 16 puntos).

2.2.1. Valoración do Plan de explotación: calidade e concreción. Xustificación da sustentabilidade e viabilidade financeira dos investimentos. Idoneidade do modelo de organización proposto para a consecución dos obxectivos vinculados ao novos investimentos. O Plan de explotación deberá estar adaptado ao tipo ou tipos de infraestruturas solicitadas: de investigación ou tecnolóxicas (máximo 13 puntos).

2.2.2. Grao de apertura dos novos investimentos: metodoloxía de acceso ás infraestruturas para usuarios externos que se propón. Terase en conta especialmente a claridade dos requisitos de acceso e a facilidade para acceder ás novas infraestruturas (máximo 3 puntos).

3. Impacto (máximo 27 puntos).

3.1. Tecnolóxico (máximo 8 puntos).

Xustificación da mellora da capacidade do centro, vinculada ás novas infraestruturas solicitadas, para:

3.1.1. Avanzar en liñas de I+D+i claves/críticas para o Ecosistema Galego de Innovación, especialmente se están aliñadas coas prioridades europeas. Valorarase de xeito especial cando estas liñas se aborden en colaboración con empresas, especialmente se estas son pemes (máximo 4 puntos).

3.1.2. Ofrecer ás empresas, especialmente pemes, servizos innovadores para a posta no mercado de novos produtos, procesos e servizos (máximo 4 puntos).

Estes servizos poderán consistir en diferentes opcións segundo as necesidades concretas de cada ámbito: sandbox, demostradores, espazos de experimentación ou testeo, entre outras opcións, na medida en que dean resposta ás necesidades do Ecosistema Galego de innovación. Sempre que sexa posible, valorarase de xeito especial a utilización de procesos de co-creación que supoñan a integración de usuarios e produtores nestes espazos de experimentación.

3.2. Económico (máximo 6 puntos).

Tamaño do/s sector/es ao/s que se dirixe a tecnoloxía que se vai desenvolver na infraestrutura e efecto potencial na capacidade competitiva das empresas potencialmente explotadoras desa tecnoloxía.

3.3. Social (máximo 8 puntos).

3.3.1. Igualdade: xustificación da integración da perspectiva de xénero nas liñas de investigación e nos servizos vencellados ás novas infraestruturas para evitar nesgos (máximo 2 puntos). Deberá indicarse a proporción que ocupan as mulleres en relación aos postos totais (homes e mulleres) traballando directamente nas novas infraestruturas. Estimarase anualmente para o período 2025-2030.

3.3.2. Orientación das liñas de investigación e dos servizos das novas infraestruturas solicitadas á mellora da calidade de vida e á saúde da cidadanía (máximo 6 puntos):

a) Orientación aos usuarios e a retos sociais das actividades das novas infraestruturas (máximo 2 puntos).

b) Capacidade do Plan de comunicación incluído no Plan de explotación de chegar ás pemes e á sociedade. Enfoque eficiente das xornadas de demostración abertas (máximo 2 puntos).

c) Integración de persoas con diversidade funcional: novas contratacións do centro vencelladas á xestión das infraestruturas solicitadas que se realicen antes de que a axuda finalice (máximo 1 punto). Estimarase anualmente para o período 2025-2030.

d) No caso de que a solicitude inclúa edificacións, na proposta valorarase o aliñamento cos valores da Nova Bauhaus Europea (máximo 1 punto):

– Sustentabilidade, considerando obxectivos climáticos, circularidade e contaminación cero.

– Inclusión, valorando a diversidade para garantir a accesibilidade.

– A estética e a calidade da experiencia para as persoas, mediante o deseño, as emocións positivas e os beneficios culturais.

– Ter en conta a participación no proceso e a visión das comunidades locais.

3.4. Relación de Indicadores propostos polo centro no Plan de explotación para a avaliación do impacto xerado polas novas infraestruturas solicitadas (máximo 5 puntos).

Estes indicadores deberán estar orientados á valoración do cumprimento dos obxectivos vinculados ás novas infraestruturas.

Na valoración destes indicadores teranse en conta:

– As características dos propios indicadores (robustez, comparabilidade, fiabilidade, especificidade).

– Os valores realistas que se propoñen acadar segundo o plan de explotación proposto.

No caso de empate nas puntuacións terán preferencia, como criterio de desempate, os centros cunha maior puntuación no criterio de impacto.

Artigo 22. Procedemento de avaliación

1. O persoal xestor técnico da Axencia Galega de Innovación ao que se encomende realizar a avaliación emitirá un informe técnico de idoneidade no que se determinará, co apoio de persoal experto externo se for preciso, o custo subvencionable de cada proxecto e a intensidade da axuda que lle corresponde segundo o establecido no artigo 8. No informe técnico de idoneidade farase constar expresamente que en cada un dos proxectos avaliados concorren os requisitos para entender que se cumpre o efecto incentivador.

Deberán absterse de avaliar un proxecto aquelas persoas que estean vinculadas a el por calquera circunstancia e seranlles de aplicación, ademais, as causas de abstención e recusación previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, Lei 40/2015).

2. Será requisito necesario para que un proxecto poida ser subvencionado que obteña un mínimo de 55 puntos.

En caso de empate nas puntuacións, terán preferencia, como criterio de desempate, os centros cunha maior puntuación no criterio de impacto.

Artigo 23. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poñerase de manifesto aos centros para que, nun prazo de dez días, poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Poderase prescindir do trámite ao que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polo centro.

Artigo 24. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución e o informe emitido pola comisión de selección á directora da Axencia Galega de Innovación para ditar a resolución de concesión, que deberá estar motivada.

A proposta de resolución incluirá de xeito individualizado as solicitudes propostas para obteren a subvención e especificarase a puntuación que lles corresponde segundo os criterios establecidos nestas bases reguladoras. Indicarase, así mesmo, o importe da subvención concedida para cada unha delas ou, se fose o caso, a causa de denegación.

No expediente de concesión de subvencións tamén se incluirá o informe do órgano instrutor no que conste que da información que ten no seu poder se desprende que os centros beneficiarios cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

2. Á vista da proposta exposta e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, ao non seren tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos centros, a directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución definitiva de concesión ou denegación prevista nestas bases, que será motivada de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. A resolución prevista nestas bases expresará, como mínimo:

a) A denominación da infraestrutura de investigación ou tecnolóxica e o centro beneficiario da axuda. No caso de solicitudes con varias unidades incluirase a denominación da proposta que as engloba.

b) O importe global da axuda para cada proposta.

c) En caso de solicitudes denegadas, a causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. En todo caso, deberá notificarse a cada centro un documento que estableza as condicións da axuda para a operación (DECA), que deberá incluír, como mínimo, a identificación do centro, a contía da subvención e as obrigas do centro, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución. Dado que a convocatoria é cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, serán notificados aos centros beneficiarios os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operacións que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).

O contido do DECA notificado deberá ser aceptado polo beneficiario, e para tal fin asinará e remitirá ao órgano concedente un documento no que acepta as obrigas e os compromisos do DECA e declara que cumpre as condicións requiridas para poder ser beneficiario da axuda Feder, en particular, as relativas ao tamaño da empresa e á non consideración de empresa en crise.

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao centro será de tres meses contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen ditarse resolución expresa, os centros poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

6. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co artigo 18 desta resolución e co establecido na Lei 39/2015. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 45.1 desa lei, a notificación individual de concesión da axuda poderase substituír pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://gain.xunta.gal, con indicación da data da convocatoria, do centro, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 25. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e na forma que se determinen nas resolucións de concesión e débese obter autorización previa da Axencia Galega de Innovación para realizar cambios na actuación subvencionada.

2. Porén, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, estas poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano que concede.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia do centro beneficiario se cumpre os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada polo órgano que concede.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que tivesen sido determinantes para a concesión da axuda, á determinación do centro, nin dane dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

4. En relación coa solicitude de modificación nas partidas e/ou conceptos de gasto subvencionados poderán solicitarse como máximo ata dous meses antes da finalización do prazo de execución da anualidade afectada.

Permitirase, sen necesidade de autorización previa do órgano que concede, reducir ata o 20 % das partidas de gasto que figuren na resolución de concesión, sempre que se compense con incrementos noutras partidas e que non se altere o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto. Os cambios realizados deberán respectar as limitacións establecidas na convocatoria. Así mesmo, a entidade beneficiaria deberá acreditar debidamente o cambio na documentación de xustificación presentada.

5. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, o centro poderá solicitar unha redistribución entre as anualidades concedidas, modificando cada anualidade cun límite do 40 % do custo total concedido, variando proporcionalmente calquera das anualidades orzadas e que non estean xustificadas. O prazo para solicitar esta redistribución de anualidades finaliza tres meses antes do remate do período de execución da primeira anualidade afectada, excepto para o ano 2025.

O prazo anterior poderá ampliarse ata a data límite de execución da anualidade afectada cando se produzan no proxecto causas sobrevidas que imposibiliten a execución do custo concedido para esa anualidade. Tales circunstancias deben estar motivadas e acreditadas, para a súa valoración e, se fose o caso, autorización pola Axencia Galega de Innovación.

6. Na solicitude de modificación expresaranse os motivos das modificacións que se propoñen xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

7. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola directora da Axencia Galega de Innovación, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao centro. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa e notificarase ao centro.

Artigo 26. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo (anexo X) que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e que se publicará na web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015. A directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015.

Artigo 27. Obrigas das entidades beneficiarias

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, os centros tecnolóxicos beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e acreditalo ante o órgano que concede, así como cumprir os requisitos, os prazos e as condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións de axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nestas bases de convocatoria e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables, e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e o desfrute da subvención.

c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

d) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016.

e) Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular, o órgano concedente, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ou en xeral, as verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) 2021/1060 que vai realizar o organismo intermedio, a autoridade de xestión, e se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control como a Oficina de Loita contra a Fraude ou a Fiscalía Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

f) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Realizar os investimentos na Comunidade autónoma de Galicia. Os diferentes equipamentos que se adquiran deben incorporarse a un centro de traballo permanente e legalmente constituído nesta comunidade autónoma.

h) Comprometerse a evitar os impactos negativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «non causar un prexuízo significativo» (principio Do no significant harm-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) 2021/1060.

No caso de que a actuación considere obras con actividades de construción ou reforma de edificacións será preciso que se cumpran as seguintes condicións específicas para garantir o cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente:

– Polo menos, o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados na execución das obras prepararase para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE.

– Para a execución da actuación non se utilizará amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da lista de substancias suxeitas a autorización, que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2006.

– Os deseños dos edificios e as técnicas de construción deben apoiar a circularidade no referido á norma ISO 20887 ou equivalente, para avaliar a capacidade de desmontaxe ou adaptabilidade dos edificios, como estes están deseñados para seren máis eficientes no uso dos recursos, adaptables, flexibles e desmontables para permitir a reutilización e a reciclaxe.

– Adoptarán medidas para reducir o ruído, o po e as emisións contaminantes durante a fase de obra e executaranse as actuacións asociadas a esta medida cumprindo a normativa vixente en canto a posible contaminación de solos e auga.

– No caso de actuacións que impliquen demolición, practicarase unha demolición selectiva.

i) O centro beneficiario deberá, durante a realización da operación, ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, ter en conta as seguintes obrigas en materia de publicidade do financiamento segundo o previsto no artigo 50 do Regulamento (UE) nº 2021/1060:

1. Na súa páxina web oficial, cando exista a dita web, e nas súas contas de redes sociais fará unha breve descrición da operación, de forma proporcionada en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, e destacará a axuda económica da Unión Europea.

2. Nos documentos e os materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación, achegará unha declaración que destaque de forma visible as axudas da Unión Europea.

3. Para as actuacións que impliquen investimentos físicos e cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros, tan pronto como comecen e durante toda a súa execución, colocará un cartel temporal de tamaño significativo ou valo publicitario resistente nun lugar ben visible para o público. Ao rematar a execución da actuación e sempre antes de retirar este cartel temporal ou valo publicitario, deberá colocar un cartel ou placa permanente nun lugar ben visible para o público.

4. Para as actuacións cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros e que impliquen a adquisición de equipos, tan pronto como comecen, colocará un cartel ou placa permanente nun lugar ben visible para o público.

5. Para as actuacións que non se inclúan nos puntos anteriores, exhibirá nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a actuación onde se destaque a axuda dos fondos europeos.

6. Para as operacións cuxo custo total sexa superior a 10.000.000 de euros, as entidades beneficiarias deberán organizar unha actividade ou acto de comunicación, segundo conveña, e farán partícipe á Comisión e á autoridade de xestión responsable no seu momento oportuno.

Respectaranse, en todo caso, as directrices contidas no documento sobre «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027» (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060.

No anexo IX descríbense de xeito detallado os requisitos de comunicación destas axudas.

En todas as obrigas anteriores deberá empregarse o emblema europeo xunto a unha declaración sinxela en relación ao cofinanciamento, que mencione o apoio recibido da Unión Europea («Cofinanciado pola Unión Europea») e mais o logotipo de Fondos Europeos. Estes emblemas e logotipos, preparados para o seu uso, poden descargarse no seguinte enderezo: https://www.conselleriadefacenda.gal/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/
periodo-comunitario-2021-2027/informacion-e-comunicacion-2021-2027. Cando varias actuacións teñan lugar no mesmo lugar, só é preciso colocar unha placa ou cartel.

Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, os centros beneficiarios deberán conservar, en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elaboren no marco da actuación. Este material deberase pór á disposición da Xunta de Galicia ou das institucións da Unión Europea se o solicitasen.

j) Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

k) Unha vez que o investimento estea operativo deberá celebrar unha xornada de demostración dirixida especialmente ás pemes, pero aberta a calquera axente do ecosistema galego de innovación. Esta xornada deberá formar parte do Plan de comunicación incluído no Plan de explotación. No caso de propostas coordinadas esta xornada poderá realizarse de forma conxunta.

A data de realización desta xornada deberá ser comunicada previamente, para a súa conformidade á Area de Xestión da Axencia Galega de Innovación.

En xeral, nos eventos que se celebraren deberá poñerse de manifesto o apoio da Axencia Galega de Innovación e da Unión Europea, mencionando expresamente estes apoios e amosando os logotipos de ambas as entidades en todos os materiais empregados. Todas as actividades deberán respectar o disposto nos artigos 47, 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060, e no documento: «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027» (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/
eu-emblem-rules_es.pdf).

l) Os bens inmobles que se adquiran deberán utilizarse como infraestruturas de investigación ou tecnolóxicas durante un mínimo de 5 anos. Durante este período:

– Non se poderá producir un cambio na propiedade dun elemento da infraestrutura que proporcione a unha empresa ou a un organismo público unha vantaxe indebida.

– Non se poderá producir un cambio substancial que afecte a natureza da infraestrutura, os obxectivos e condicións de execución que menoscabe os obxectivos iniciais.

m) No caso de bens inscribibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, e estes puntos deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos debido á rápida evolución da tecnoloxía, dentro do prazo indicado, sempre que a actividade económica se manteña en Galicia durante ese período.

n) No caso de infraestruturas de investigación que se usen tamén para actividades de tipo económico, deberá contar cun sistema de contabilidade separada de actividades económicas e non económicas. Este sistema deberá permitir distinguir ingresos e gastos de cada tipo de actividade.

ñ) Informar do nivel do logro dos indicadores propostos no Plan de explotación ligados ao impacto do investimento e tamén dos asociados á actuación que lles sexan de aplicación, polo seu cofinanciamento pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Os indicadores do programa Galicia Feder 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de resultado: RCR02 Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).

– Indicador de realización: RCO06 Investigadores que traballan en instalacións de investigación apoiadas (ETC* anuais).

* ETC: equivalente a tempo completo.

o) Inscribir os investimentos financiados no Mapa Innovarede cando estea dispoñible e cumprir todas as obrigas relacionadas coa participación nesta rede, especialmente en materia de mantemento e actualización da información necesaria.

p) No caso de infraestruturas tecnolóxicas que así o declaren, o cumprimento de que a capacidade anual asignada a pemes é maior do 80 %.

q) Facilitar cantos datos resulten necesarios para o seguimento e a avaliación destas axudas no marco da avaliación da RIS3 Galicia e do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 ou doutros instrumentos relacionados coa medición da I+D+i, entre outros, as enquisas do INE. Tendo en conta que a localización do proxecto ten que ser Galicia, os datos asignados aos citados instrumentos de avaliación deberán corresponder a esta localización.

Para avaliar o impacto específico deste réxime de axudas, a Axencia Galega de Innovación poderá solicitar aos centros beneficiarios información durante a execución da actuación e/ou unha vez finalizada a axuda.

r) En toda a documentación xerada en relación coas infraestruturas subvencionadas e nos materiais de difusión destas, utilizarase unha linguaxe inclusiva e non sexista, e velarase pola transmisión dunha imaxe igualitaria, non asociada a roles de xénero e ofrecendo unha imaxe diversa tanto das mulleres como dos homes.

En todos os actos de difusión que se realicen, procurarase unha composición equilibrada entre mulleres e homes.

s) Os centros beneficiarios están obrigados a facilitar os datos do titular real dos perceptores de financiamento da Unión Europea en aplicación do disposto no artigo 69.2 do Regulamento (UE) 2021/1060, no caso de que, requirida a dita información ás autoridades competentes, non poida dispoñer dela.

t) Xustificar o cumprimento dos compromisos dos criterios de valoración do artigo 21 que se inclúan na solicitude e formen parte da valoración da proposta.

u) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento no que se establecen as condicións da axuda.

Artigo 28. Xustificación da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención utilizando os formularios dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

2. Prazos de execución e de xustificación:

a) Prazos de execución:

Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados

Anualidade 2025

Desde

Data de presentación da solicitude

Ata

31 de decembro de 2025

Anualidade 2026

Desde

1 de xaneiro de 2026

Ata

31 de decembro de 2026

Anualidade 2027

Desde

1 de xaneiro de 2027

Ata

31 de outubro de 2027

Anualidade 2028

Desde

1 de novembro de 2027

Ata

30 de setembro de 2028

b) Prazos de xustificación (presentación da documentación):

Presentación da documentación xustificativa

Anualidade 2025

Ata

31 de xaneiro de 2026

Anualidade 2026

Ata

31 de xaneiro de 2027

Anualidade 2027

Ata

30 de novembro de 2027

Anualidade 2028

Ata

15 de outubro de 2028

En todo caso, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do prazo de execución.

3. Documentación xustificativa: debe presentarse a documentación económica xustificativa do custo das actividades e a documentación técnica.

As instrucións detalladas e os formularios para a presentación da documentación xustificativa estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación
(http://gain.xunta.gal). A documentación presentarase de xeito ordenado seguindo a orde establecida nas instrucións e nun formato que permita editar e tratar o texto.

Artigo 29. Documentación xustificativa

1. A documentación xustificativa estará formada por:

A) Documentación xustificativa económica:

1) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, utilizando o modelo que aparece como anexo XII a esta resolución e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal. Se fose o caso, deberá achegarse unha copia da resolución da concesión desas outras axudas.

2) Certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, conforme os centros beneficiarios están ao día nas súas obrigas tributarias, no caso de que se opoñan, ou non autoricen, se é o caso, á súa consulta por parte do órgano xestor.

3) Un resumo da execución da actuación no que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados, agrupados por partida e por concepto de gasto.

4) Se for o caso, indicación por concepto subvencionable das cantidades inicialmente orzadas e as súas desviacións de forma xustificada, seguindo o modelo do informe técnico dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación.

5) Documentación xustificativa do investimento: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da, Lei 9/2007, e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas ou documentos contables xustificativos do gasto deberán incluír, alén de todos os requisitos exixidos pola normativa de facturación, unha descrición suficiente dos conceptos facturados que permita unha análise de coherencia coa documentación técnica.

6) Documentación xustificativa do pagamento: os pagamentos xustificaranse con copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da banca electrónica. Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o número e o importe total da factura satisfeito. De non estar acreditado o pagamento íntegro mediante estes documentos, o gasto non será subvencionable.

En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

No caso de que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre o gasto e o pagamento. Non se aceptarán documentos de pagamento que non permitan identificar claramente as facturas vinculadas ao proxecto.

No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, acompañarase dunha relación detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas devanditas facturas. En caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, será necesario presentar o correspondente extracto bancario acompañado da orde de pagamento da entidade selada polo banco coa relación detallada das facturas.

No suposto de pagamentos realizados mediante confirming ou cesión de pagamentos a provedores, o centro beneficiario deberá presentar o xustificante de pagamento á entidade financeira mediante cargo na súa conta bancaria e o xustificante de pagamento da entidade financeira ao provedor. Ambos os xustificantes deberán estar efectivamente pagados dentro do período de execución do proxecto ou, en todo caso, dentro do prazo de xustificación da anualidade afectada.

A data das facturas dos gastos xustificados debe atoparse sempre dentro do período establecido de execución da actuación.

Non serán subvencionables partes de gastos que non estean íntegra e correctamente xustificados de acordo co establecido nos parágrafos anteriores.

Respecto a documentación xustificativa do investimento e do seu pagamento, cando non sexa posible a presentación de copia auténtica electrónica poderase presentar unha copia en formato pdf dos documentos indicados realizada polo beneficiario acompañada dunha declaración responsable da autenticidade deses documentos achegados, así como o compromiso de presentar os orixinais cando a Axencia Galega de Innovación llos requira.

7) Copia das tres ofertas que deba ter solicitado o centro beneficiario, de acordo co establecido no artigo 11 destas bases reguladoras, no caso de non as ter achegado coa solicitude de axuda segundo as mesmas indicacións.

8) No suposto de que o importe do IVE non sexa recuperable, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso, deberase presentar un certificado relativo á situación do centro con respecto ao IVE.

9) Declaración asinada polo/a representante legal do centro no caso de infraestruturas de investigación, na que se detallen os ingresos e os gastos repartidos entre actividades económicas e non económicas.

10) Certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, ou un organismo público debidamente autorizado que acredite que non se superou o prezo de mercado, no caso de adquisición de terreos ou bens inmobles.

11) Declaración asinada polo/a representante legal do centro respecto do grao de utilización das pemes no caso de infraestruturas tecnolóxicas.

12) No caso de se realizaren actividades de construción ou reforma de edificacións será preciso, para a verificación do cumprimento do principio DNSH, achegar a seguinte documentación:

– Certificados de xestión de residuos de construción e demolición con destino á reutilización, reciclaxe e recuperación, expedidos polos xestores destino como xustificación da entrega, incluíndo os códigos do Listado europeo de residuos (LER) e a porcentaxe de valorización alcanzada.

– Certificado expedido pola empresa contratista conforme a que, para a execución da actividade, non se utilizou amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da lista de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2006.

13) No caso de obra civil, a suficiencia da habilitación municipal correspondente para a súa execución.

14) Documentación que acredite a existencia de habilitación para a execución da actividade xunto coas correspondentes licenzas administrativas para a posta en marcha e funcionamento da infraestrutura.

15) No caso de adquisición, construción, rehabilitación ou mellora de inmobles en propiedade inscribibles nun rexistro público, deberá achegarse a escritura pública na que conste que o ben se destinará ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención e o importe desta, así como a comprobación da súa inscrición no rexistro público correspondente.

16) Documentación que evidencie que se levou a cabo a análise da defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestruturas, no caso de non tela entregado na solicitude. A dita análise pode integrarse na Avaliación de Impacto Ambiental, nos proxectos en que resulte preceptivo.

B) Documentación xustificativa técnica: deberá presentarse a documentación que se sinala a continuación:

1) Informe técnico normalizado segundo o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación. Este informe incluirá un punto relativo ás actividades de I+D e transferencia da infraestrutura e aos valores reais dos indicadores relativos ao impacto tecnolóxico, social e económico.

2) Memoria libre na que se describa a información respecto da explotación da infraestrutura incluída no informe técnico e se xustifiquen posibles variacións respecto do impacto inicial previsto.

A Axencia Galega de Innovación poderá solicitar documentación xustificativa que acredite os valores dos indicadores incluídos, especialmente daqueles considerados para a avaliación da proposta.

3) Documentación xustificativa (documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio) do cumprimento das obrigas de publicidade conforme o Regulamento (UE) nº 2021/1060).

4) Á finalización do proxecto, xunto coa documentación xustificativa da última anualidade, unha memoria técnica final, mediante a cal deberá xustificarse a finalización das actuacións e a consecución dos obxectivos previstos, así como as desviacións respecto ás previsións iniciais, a valoración final do impacto xerado pola infraestrutura subvencionada en termos tecnolóxicos, sociais e económicos e a xustificación da súa integración no Mapa Innovarede.

No caso de infraestruturas coordinadas, que formen parte de solicitudes de varios centros, este feito terase en conta na documentación achegada, aínda que, igual que na solicitude, cada centro deberá entregar a súa xustificación de xeito independente.

2. Sen prexuízo da documentación anteriormente indicada, poderá requirirse ao centro beneficiario que anexe cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e a resolución do procedemento.

3. Se transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, os centros beneficiarios non presentan a documentación xustificativa segundo o indicado, a Axencia Galega de Innovación requiriraos para que a presenten no prazo improrrogable de dez días, advertíndoos de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

Artigo 30. Pagamento

1. Poderán realizarse pagamentos anticipados e a conta das subvencións recollidas nesta resolución. De acordo co estipulado no artigo 62.4 do Decreto 11/2009, e logo da autorización do Consello da Xunta de Galicia, estes pagamentos poderán acadar ata o 90 % da axuda concedida.

Estes pagamentos están exentos da presentación de garantías de acordo co establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009.

O artigo 65.4.g) do Decreto 11/2009 exime da presentación de garantías aos Centros Tecnolóxicos que sexan recoñecidos como tales pola Consellería de Economía, Industria e Innovación. Actualmente a Comunidade Autónoma de Galicia non ten unha normativa específica para os Centros Tecnolóxicos de Galicia, existindo unicamente a nivel estatal un rexistro de Centros Tecnolóxicos e de apoio á innovación regulado polo Real decreto 2093/2008, ao que se acollen estas axudas para definir os centros beneficiarios.

2. Pagamentos anticipados.

Os centros beneficiarios poderán solicitar, de forma motivada, o pagamento anticipado segundo as seguintes porcentaxes:

– Anualidades 2025 e 2026: ata o 100 % da subvención concedida nesta anualidade.

– Anualidades sucesivas: ata o 50 % da subvención concedida en cada anualidade.

En ningún caso o importe da totalidade dos anticipos concedidos poderá superar o 80 % da subvención total concedida.

No caso de que a xustificación dunha anualidade sexa insuficiente e dea lugar a unha minoración da subvención, o importe minorado detraerase do importe da seguinte anualidade.

A concesión destes anticipos realizarase mediante resolución motivada, de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009.

O centro solicitante deberá facer constar se opta por esta modalidade de pagamento na solicitude da subvención.

3. Pagamentos na conta: faranse efectivos para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución do proxecto sen necesidade de entregar ningún tipo de garantías.

4. Antes do pagamento final da subvención, a Axencia Galega de Innovación comprobará, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da subvención. É obrigatoria a realización dunha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación.

Tras a inspección efectuarase unha avaliación do proxecto presentado e valorado na solicitude, e emitirase un informe no que se indique o grao de cumprimento coa seguinte cualificación:

a) Excelente,

b) Positivo e

c) Negativo, se non se acadan as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións da actuación inicialmente aprobados por un baixo desempeño ou por unha deficiente organización. Neste caso, deberá cuantificarse a porcentaxe de incumprimento.

5. A Axencia Galega de Innovación poderá solicitar nova información para comprobar que se respecta o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852, co fin de verificar que se respectou este principio durante a execución da actividade financiada.

Artigo 31. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento do centro beneficiario de estar ao día nas obrigas coa Facenda Estatal e Autonómica e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro, se non se tivese pagado a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 32. Causas de reintegro

O centro beneficiario deberá cumprir cos obxectivos, as actividades e os comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da dita axuda. De non ser así, perderá o dereito ao cobramento e/ou, se for o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o procedemento de reintegro previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, a inexactitude ou a omisión dos datos fornecidos polo beneficiario que servisen de base para a concesión da axuda ou ocultación dos datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade, das tarefas, dos compromisos ou das condicións da infraestrutura inicial ou da finalidade para a cal se concedeu a axuda.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, a xustificación insuficiente ou fóra do prazo establecido, a falsidade, a terxiversación ou a ocultación nos datos ou documentos que servisen de base para xustificar os investimentos subvencionables ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas nesta resolución.

e) A resistencia, a escusa, a obstrución ou a negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso se derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e a regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) O incumprimento dos prazos de mantemento do investimento.

g) Non comunicar a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.

h) O incumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852.

i) O incumprimento do compromiso de garantir a protección fronte ao cambio climático das infraestruturas cuxa vida útil sexa, como mínimo, de cinco anos, de acordo o establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060.

j) Non facilitar cantos datos resulten necesarios para o seguimento e avaliación destas axudas no marco da avaliación da RIS3 Galicia e do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 ou doutros instrumentos relacionados coa medición da I+D+i, entre outros, as enquisas do INE, segundo o establecido no artigo 27.q desta convocatoria.

k) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 33. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento dos obxectivos da axuda, das actividades previstas ou das condicións establecidas na resolución de concesión da axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e comprobación da xustificación, será causa de reintegro total da subvención.

En particular, serán causa de reintegro total da axuda e, se é o caso, da perda do dereito ao cobramento, os seguintes supostos:

a) O incumprimento total e manifesto dos obxectivos da axuda, das actividades previstas no proxecto ou das condicións establecidas na resolución de concesión da axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e comprobación da xustificación.

En particular, considerarase incumprida de xeito total a finalidade para a cal se concedeu a axuda, cando os compromisos, os obxectivos e/ou os custos xustificados sobre o custo total subvencionable do proxecto, fosen inferiores ao 60 % inicialmente previsto. Esta porcentaxe será determinada tras a actividade de inspección realizada pola Axencia Galega de Innovación, na que efectuará unha avaliación da execución do proxecto, e da que se emitirá un informe no que se indique o grao de cumprimento.

b) Cando o custo total do proxecto xustificado fose inferior ao orzamento mínimo subvencionable (450.000 € sen IVE).

A estes efectos, en referencia aos apartados a) e b) anteriores, considerase que o gasto mínimo efectuado e xustificado debe permitir que as infraestruturas, as instalacións e os equipamentos obxecto da axuda estean construídos ou adquiridos, instalados e en funcionamento no momento no que se dea por finalizado o proxecto.

c) Non someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular o órgano concedente, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ou en xeral as verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) 2021/1060 a realizar por organismo intermedio, a autoridade de xestión, e se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control como a Oficina de Loita contra a Fraude ou a Fiscalía Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao beneficiario, segundo o establecido no artigo 82 do Regulamento (UE) 2021/1060.

d) O incumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852.

e) O incumprimento do compromiso de garantir a protección fronte ao cambio climático das infraestruturas cuxa vida útil sexa, como mínimo, de cinco anos, de acordo o establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060.

f) O incumprimento da obriga de comunicar a obtención doutras axudas, para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, suporá o reintegro do exceso percibido máis os xuros de demora. Esta obriga deberá xustificarse en todo caso para cobrar a subvención, polo que a gradación fixada neste apartado só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a esas obrigas.

2. O incumprimento parcial dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención ou ao reintegro parcial da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes.

Tratándose de condicións referentes á contía da infraestrutura, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao investimento deixado de xustificar ou xustificado indebidamente minorándose a subvención proporcionalmente.

Por afectar as condicións que se tiveron en conta no momento de conceder a subvención, nos seguintes casos de incumprimento reducirase a intensidade da axuda do seguinte xeito:

a) Para infraestruturas tecnolóxicas, no caso de que a intensidade máxima de axuda se incrementase en 5 puntos porcentuais se adicaban polo menos o 80 % da súa capacidade anual a ofrecer servizos a pemes, e se incumprise este requisito nos 5 anos posteriores a entrada en funcionamento da infraestrutura, descontarase unha porcentaxe do 10 % da intensidade da axuda.

b) O incumprimento da obriga de dar publicidade ao financiamento da infraestrutura consonte o establecido nesta resolución, e se non se adoptaron medidas correctoras, suporá a perda de ata o 3 % da subvención concedida. Esta penalización aplicarase tamén nos supostos de incumprimento das xornadas de demostración. A aplicación destas penalizacións realizarase na última anualidade e o importe minorado detraerase desta. No caso de que o importe aprobado para a última anualidade resulte insuficiente para cubrir esta diferenza, requirirase o centro beneficiario para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación dun expediente de reintegro, nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007, e no título V do Decreto 11/2009.

3. O incumprimento da obriga de presentar tres ofertas segundo o disposto no artigo 11 desta convocatoria, sen que concorran as circunstancias eximentes previstas no artigo 29.3 da Lei 9/2007, dará lugar á minoración do 10 % do custo subvencionable do devandito concepto de gasto.

Así mesmo, a selección inxustificada da oferta máis onerosa, sen que conste a adecuación das ofertas a prezos de mercado dará lugar á minoración do 5 % do custo subvencionable do devandito concepto de gasto.

4. Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Feder, suporá a perda ou, se é o caso, o reintegro, dun 2 % da subvención concedida.

5. O incumprimento parcial dos obxectivos da axuda, das actividades previstas no proxecto ou das condicións establecidas na resolución de concesión da axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e comprobación da xustificación, implicará a redución da axuda de xeito proporcional ao incumprimento dos compromisos, dos obxectivos e/ou dos custos xustificados e cuxo alcance se determina no informe indicado no artigo 30.4.

6. Se o incumprimento derivase da inobservancia dalgunha condición ou suposto distinto dos anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.

7. Excepcionalmente, se o incumprimento derivase de causas de forza maior, causas non imputables ao centro beneficiario ou non previsibles ao longo do desenvolvemento da actuación, a Axencia Galega de Innovación poderá revisar a aplicación das penalizacións en función do grao e da entidade da condición incumprida, e sempre que se cumprisen os obxectivos da infraestrutura e se acadase un informe final positivo.

Artigo 34. Procedemento de reintegro

1. Se, pagada unha parte ou a totalidade da axuda, acaecen os motivos que se indican no artigo 32 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, que se tramitará conforme o previsto no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo da Axencia Galega de Innovación e comunicarase ao centro beneficiario a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007, e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución de procedemento de reintegro porá fin á vía administrativa.

5. Sen prexuízo do anterior, aos centros beneficiarios das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 35. Prescrición

1. O dereito da Administración a recoñecer ou liquidar o reintegro prescribirá aos catro (4) anos, sen prexuízo do establecido na normativa de axudas de Estado.

2. Este prazo computarase, en cada caso:

a) Desde o momento en que venceu o prazo para presentar a xustificación por parte do beneficiario.

b) Desde o momento da concesión, no suposto previsto no número 9 do artigo 28 da Lei 9/2007.

c) No caso de que se establecesen condicións ou obrigas que debesen ser cumpridas ou mantidas por parte do beneficiario durante un período determinado de tempo, desde o momento en que venceu o dito prazo.

3. O cómputo do prazo de prescrición interromperase:

a) Por calquera acción da Administración realizada con coñecemento formal do beneficiario, que conduza a determinar a existencia dalgunha das causas de reintegro.

b) Pola interposición de recursos de calquera clase, pola remisión do tanto de culpa á xurisdición penal ou pola presentación de denuncia ante o Ministerio Fiscal, así como polas actuacións realizadas con coñecemento formal do beneficiario no curso dos ditos recursos.

c) Por calquera actuación fidedigna do beneficiario conducente á liquidación da subvención ou do reintegro.

Artigo 36. Control

1. A Axencia Galega de Innovación poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 €, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles (activos materiais), será requisito imprescindible a comprobación material do investimento pola Axencia Galega de Innovación, e quedará constancia no expediente mediante a acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración coma polo beneficiario. A comprobación material definida no parágrafo anterior poderáselle encomendar a outro órgano distinto do que concedeu a subvención.

3. A Axencia Galega de Innovación poderá realizar en calquera momento as visitas, as comprobacións e as solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento da actuación, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade da orixe dos fondos. Se na obrigatoria actividade de inspección previa ao pagamento final da subvención se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos, proporase o reintegro da subvención concedida. Alén desta actividade final de inspección, a Axencia Galega de Innovación, no marco dos seus plans de inspección, poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.

4. Así mesmo, a Axencia Galega de Innovación poderá convocar á entidade beneficiaria, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e os resultados obtidos.

5. Os centros beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular o órgano concedente, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ou en xeral as verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) 2021/1060 que vai realizar o organismo intermedio, a autoridade de xestión, e se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control como a Oficina de Loita contra a Fraude ou a Fiscalía Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao beneficiario, segundo o establecido no artigo 82 do Regulamento (UE) 2021/1060.

6. Conforme a normativa aplicable aos Fondos Estruturais, Axencia Galega de Innovación emprenderá as accións necesarias para previr irregularidades, incluída a fraude, detectalas, corrixilas e informar sobre elas. Estas accións incluirán a recollida de información sobre os titulares reais dos perceptores da axuda, a través do rexistro público habilitado para tales efectos. No caso de que non sexa posible obter do rexistro esta información, a Axencia Galega de Innovación poderá solicitala directamente aos centros beneficiarios.

Artigo 37. Publicación

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, o beneficiario, o crédito orzamentario, a contía e a finalidade da subvención.

Artigo 38. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 39. Réxime de recursos

1. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria poderase interpoñer un recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución ante a persoa titular da presidencia da Axencia Galega de Innovación, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015.

2. Contra as resolucións de reintegro, que poñen fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

Artigo 40. Normativa aplicable

As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

a) Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

b) Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e á política de visados.

c) Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión.

d) Marco sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2022/C 414/01).

e) Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

f) Normativa en materia de accesibilidade das persoas con discapacidade que sexa de aplicación segundo a infraestrutura financiada. A continuación inclúese unha relación non exhaustiva desta, ao depender da actividade financiada:

– Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, e a súa modificación recollida na Lei 6/2022.

– Lei 26/2011, do 1 de agosto, de adaptación normativa á Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade.

– Real decreto 193/2023, do 21 de marzo, polo que se regulan as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade para o acceso e a utilización dos bens e servizos á disposición do público.

– Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social e a súa modificación no Real decreto 1276/2011, do 16 de setembro, de adaptación normativa á Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade.

– Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

– Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas e a súa modificación recollida na Lei 26/2011.

– Lei 15/1995, do 30 de maio, sobre límites do dominio sobre inmobles para eliminar barreiras arquitectónicas ás persoas con discapacidade.

– Real decreto 314/2006, do 17 de marzo, en materia de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade.

– Real decreto 173/2010, do 19 de febreiro, polo que se modifica o Código técnico da edificación, aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo, en materia de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade.

– Real decreto 505/2007, do 20 de abril, polo que se aproban as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade para o acceso e a utilización dos espazos públicos urbanizados e edificacións.

– Real decreto 732/2019, do 20 de decembro, polo que se modifica o Código técnico da edificación, aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo.

g) Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

Supletoriamente, seralles de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, a normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións que resulten de aplicación.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a directora da Axencia Galega de Innovación para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2025

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II
Definicións

IN607E - Axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades
dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e á mellora
de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación

1. Investigación industrial: investigación planificada ou os estudos críticos destinados a adquirir novos coñecementos e aptitudes para desenvolver novos produtos, procesos ou servizos, ou encamiñados a acadar unha mellora significativa dos produtos, procesos ou servizos existentes, incluíndo os produtos, procesos ou servizos dixitais, en calquera ámbito, tecnoloxía, industria ou sector (incluídas, aínda que non exclusivamente, as industrias e as tecnoloxías dixitais, como a supercomputación, as tecnoloxías cuánticas, as tecnoloxías de cadeas de bloques, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, os macrodatos e as tecnoloxías na nube).

A investigación industrial inclúe a creación de compoñentes de sistemas complexos e pode incluír a construción de prototipos nun contorno de laboratorio ou nun contorno con interfaces simuladas cos sistemas existentes, así como liñas piloto cando for necesario para a investigación industrial e, en particular, para a validación de tecnoloxía xenérica.

2. Desenvolvemento experimental: a adquisición, a combinación, a configuración e o emprego de coñecementos e capacidades científicas, tecnolóxicas, empresariais e doutros tipos existentes co obxectivo de desenvolver produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, incluídos os produtos, procesos ou servizos dixitais, en calquera ámbito, tecnoloxía, industria ou sector (incluídas, aínda que non exclusivamente, as industrias e as tecnoloxías dixitais, como a supercomputación, as tecnoloxías cuánticas, as tecnoloxías de cadeas de bloques, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, os macrodatos e as tecnoloxías na nube ou periférica). Así mesmo, poderá incluír actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos ou servizos.

O desenvolvemento experimental poderá comprender a creación de prototipos, a demostración, a elaboración de proxectos piloto, o ensaio e a validación de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados en contornos representativos de condicións reais de funcionamento, cando o obxectivo principal sexa achegar melloras técnicas a produtos, procesos ou servizos que non estean substancialmente fixados. Poderá incluír o desenvolvemento de prototipos ou proxectos piloto que poidan utilizarse comercialmente cando sexa necesariamente o produto comercial final e a súa fabricación resulte demasiado onerosa para o seu uso exclusivo con fins de demostración e validación.

O desenvolvemento experimental non inclúe as modificacións habituais ou periódicas efectuadas en produtos, liñas de produción, procesos de fabricación, servizos existentes e outras operacións en curso, aínda que esas modificacións poidan representar melloras destes.

3. Investigación aplicada: a investigación industrial, o desenvolvemento experimental ou calquera combinación de ambos.

4. Innovación en materia de procesos: a aplicación dun método de produción ou subministración nova ou significativamente mellorada, incluíndo cambios significativos en técnicas, equipos ou programas informáticos, a nivel da empresa (a nivel de grupo no sector industrial dado no Espazo Económico Europeo (EEE), por exemplo, mediante a utilización de tecnoloxías ou solucións dixitais novas ou innovadoras. Quedan excluídos desta definición os cambios ou as melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

5. Servizos de apoio á innovación: a subministración de locais, bases de datos, servizos na nube e servizos de almacenamento de datos, bibliotecas, investigación de mercados, laboratorios, etiquetado de calidade, ensaio, experimentación e certificación e outros servizos relacionados, incluídos os servizos prestados por organismos de investigación e difusión de coñecementos, infraestruturas de investigación e infraestruturas de ensaio e experimentación ou agrupacións de innovación, co fin de desenvolver produtos, procesos ou servizos máis eficaces ou tecnoloxicamente avanzados, incluíndo a aplicación de tecnoloxías e solucións innovadoras (incluídas as tecnoloxías e as solucións dixitais).

6. Activos inmateriais: activos que non teñen unha materialización física ou financeira, como as patentes, as licenzas, os coñecementos técnicos ou outros dereitos de propiedade intelectual.

7. Activos materiais: os activos consistentes en terreos, edificios e instalacións, maquinaria e equipos.

8. Infraestrutura de investigación: as instalacións, os recursos e os servizos afíns utilizados pola comunidade científica para levar a cabo investigacións no seu sector respectivo. Esta definición abarca os bens de equipo ou instrumental científicos; os recursos baseados no coñecemento, como coleccións, arquivos ou información científica estruturada; infraestruturas de carácter instrumental baseadas en tecnoloxías da información e a comunicación, como rede, computación, programas informáticos e comunicacións, ou calquera outra entidade de carácter único necesaria para levar a cabo a investigación; estas infraestruturas poderán atoparse nun só lugar ou estar descentralizadas («rede organizada de recursos»).

9. Infraestrutura de ensaio e experimentación ou tecnolóxica: as instalacións, os equipos, as capacidades e os recursos, como os bancos de probas, as liñas piloto, os demostradores, as instalacións de ensaio ou os laboratorios viventes, e os servizos de apoio conexos cuxos usuarios son principalmente empresas, sobre todo pemes, que buscan apoio para o ensaio e a experimentación con vistas ao desenvolvemento de produtos, procesos e servizos, novos ou mellorados, para probar e expandir tecnoloxías, para progresar a través da investigación industrial e o desenvolvemento experimental. O acceso a infraestruturas de ensaio e experimentación financiadas con fondos públicos está aberto a varios usuarios e ten que concederse de xeito transparente e non discriminatorio e en condicións de mercado. As infraestruturas de ensaio e experimentación denomínanse tamén ás veces «infraestruturas tecnolóxicas».

10. Unidade de investigación/Unidade tecnolóxica: conxunto dos diferentes activos materiais e inmateriais incluídos nunha mesma solicitude que sexan considerados elementos dunha infraestrutura de investigación ou dunha infraestrutura de ensaio e experimentación (véxanse as definicións dos punto 9 e 10 anteriores). É dicir, constitúen unha unidade de investigación o equipo ou equipos, así como os activos inmateriais correspondentes, cun ámbito temático ou tecnolóxico común que forman parte dunha mesma infraestrutura de investigación. A unidade será «tecnolóxica», no caso de que estes elementos formen parte dunha infraestrutura tecnolóxica (ou de ensaio e experimentación). Deste xeito, cada unidade contará con activos materiais e inmateriais diferenciados, suporá a dotación dun espazo e contará cunha finalidade concreta.

11. Transferencia de coñecementos: todo proceso destinado a adquirir, recadar e compartir coñecementos expresos e tácitos, incluídas técnicas e competencias en actividades económicas e non económicas como colaboracións en investigación, consultoría, concesión de licenzas, creación de empresas derivadas, publicación e mobilidade de investigadores e persoal doutro tipo que participe nesas actividades. Ademais de coñecementos científicos e tecnolóxicos, inclúe outros como coñecementos do uso de normas e regulamentos que os incorporan e de contornos de condicións reais de funcionamento e métodos de innovación en materia de organización, así como xestión de coñecementos relacionados coa constatación, a adquisición, a protección, a defensa e a explotación de activos inmateriais.

12. Actividade económica: a oferta de bens e/ou servizos nun determinado mercado, con independencia da forma xurídica da entidade (constituída conforme dereito público ou privado) ou da súa forma de financiamento. Para estes efectos, a finalidade da entidade (con ou sen ánimo de lucro) non é relevante.

13. Actividades non económicas dos organismos de investigación e das infraestruturas de investigación: segundo o disposto no Marco sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2022/C 414/01), son aquelas actividades que non consisten na oferta de bens e/ou servizos nun determinado mercado, incluíndo:

1) As actividades primarias dos organismos de investigación e infraestruturas de investigación, en particular:

– A formación para lograr máis e mellor persoal cualificado;

– A realización de I+D independente para mellorar os coñecementos e a comprensión cando o organismo de investigación emprenda unha colaboración efectiva;

– A ampla difusión de resultados das investigacións de forma non discriminatoria e non exclusiva.

2) As actividades de transferencia de coñecemento, cando son levadas a cabo polo organismo de investigación ou a infraestrutura de investigación (incluídos os seus departamentos ou filiais), ou conxuntamente con outras entidades ou por conta das ditas entidades e cando todos os beneficios destas actividades se reinvistan nas actividades primarias do organismo de investigación ou a infraestrutura de investigación. O carácter non económico destas actividades de transferencia non se ve afectado polo feito de contratar con terceiros a prestación dos servizos correspondentes mediante licitación pública.

Cando un organismo de investigación ou unha infraestrutura de investigación se utilicen á vez para actividades económicas e non económicas, o financiamento público unicamente entra dentro do ámbito de aplicación das normas sobre axudas estatais na medida en que cubra custos relacionados con actividades económicas. Nos casos en que o organismo ou a infraestrutura de investigación se utilicen case exclusivamente para unha actividade non económica, o seu financiamento pode quedar totalmente fóra do ámbito de aplicación das normas sobre axudas estatais a condición de que a explotación económica siga sendo de carácter puramente accesorio, é dicir, que corresponda a unha actividade que estea directamente relacionada co funcionamento do organismo ou infraestrutura de investigación e sexa necesaria para o dito funcionamento, ou que estea intrinsecamente vinculada ao seu uso principal non económico, e que teña un ámbito de aplicación limitado. Considérase que isto é así cando as actividades económicas consuman exactamente os mesmos insumos (como material, equipamento, man de obra e capital fixo) que as actividades non económicas, e a capacidade asignada cada ano ás ditas actividades económicas non supere o 20 % da capacidade anual total da entidade de que se trate.

14. Empresa: segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.

15. Pequenas e medianas empresas (peme): o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, consideraranse pemes as empresas que ocupan menos de 250 persoas e o seu volume de negocio anual non excede os 50 millóns de euros ou o seu balance xeral non excede os 43 millóns de euros. Dentro das pemes, considérase pequena empresa a que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros. Para o cálculo destes efectivos deberán considerarse as indicacións incluídas nos artigos 3, 4, 5 e 6 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

16. Gran empresa: toda empresa que non cumpre cos requisitos para ser considerada como peme nos termos establecidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

17. Entidade vinculada: son empresas vinculadas, segundo o artigo 3.3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, aquelas empresas entre as cales existe algunha das seguintes relacións:

a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios da outra empresa.

b) Unha empresa ten dereito a nomear ou revogar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control da outra empresa.

c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato celebrado con ela ou dunha cláusula estatutaria da segunda empresa.

d) Unha empresa, accionista ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo celebrado con outros accionistas ou socios da segunda empresa, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas ou socios.

Presúmese que non existe influencia dominante cando os investidores enunciados no artigo 3.2 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 non teñen implicación directa ou indirecta na xestión da empresa en cuestión, sen prexuízo dos dereitos que lles correspondan na súa calidade de accionistas.

Consideraranse tamén vinculadas as empresas que manteñan calquera das relacións previstas no parágrafo primeiro do artigo 3 do citado anexo I a través doutra/s empresa/s, ou cos investidores enumerados no punto 2 do mesmo artigo,

Así mesmo, consideraranse empresas vinculadas as que manteñan algunha das devanditas relacións a través dunha persoa física ou un grupo de persoas físicas que actúen de común acordo se as ditas empresas exercen a súa actividade ou parte dela no mesmo mercado de referencia ou en mercados contiguos. Considérase mercado contiguo o mercado dun produto ou servizo situado nunha posición inmediatamente anterior ou posterior ao do mercado en cuestión.

18. Empresa en crise: segundo o Regulamento (UE) nº 651/2014 (artigo 2 punto 18) unha empresa na cal concorran, polo menos, unha das seguintes circunstancias:

a) Se se trata dunha sociedade de responsabilidade limitada (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade), cando teña desaparecido máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas; é o que acontece cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se soen considerar fondos propios da sociedade) conduce a un resultado negativo superior á metade do capital social subscrito. Por «sociedade de responsabilidade limitada» refírese, en particular, os tipos de sociedades mencionados no anexo I da Directiva do Consello, 2013/34/UE do Parlamento Europeo e por «capital social» inclúese, cando proceda, toda prima de emisión.

b) Se se trata dunha sociedade na cal, polo menos, algúns dos seus socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade) cando desaparecesen por perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade. Por «sociedade na cal polo menos algúns dos seus socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade» refírense, en particular, os tipos de sociedades mencionados no anexo II da Directiva 2013/34/UE.

c) Cando a empresa se atope nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos no seu dereito nacional para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores.

d) Cando a empresa recibise axuda de salvamento e aínda non reembolsase o préstamo ou puxese fin á garantía, ou recibise axuda de reestruturación e estea aínda suxeita a un plan de reestruturación.

e) Se se trata dunha empresa distinta dunha peme, cando durante os dous exercicios anteriores:

1º. O cociente débeda/capital da empresa fose superior a 7,5.

2º. O cociente de cobertura de xuros da empresa, calculado sobre a base do EBITDA, se situase por baixo de 1,0.

19. Organismo de investigación e difusión de coñecementos ou organismo de investigación: toda entidade (por exemplo, universidades ou centros de investigación, organismos de transferencia de tecnoloxía, intermediarios de innovación ou entidades colaborativas reais ou virtuais orientadas á investigación), independentemente da súa personalidade xurídica (de dereito público ou privado) ou a súa forma de financiamento, cuxo principal obxectivo sexa realizar investigación fundamental, investigación industrial ou desenvolvemento experimental ou difundir amplamente os resultados destas mediante a ensinanza, a publicación ou a transferencia de tecnoloxía. Cando a dita entidade desenvolva tamén actividades económicas, o financiamento, os custos e os ingresos respectivos deberán consignarse por separado. As empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades en calidade, por exemplo, de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados da investigación que xeren as entidades.

20. Efecto incentivador: de acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014 considérase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presentou antes do comezo da actuación para a que se solicita a axuda.

21. Inicio dos traballos: data de inicio dos traballos de construción no investimento ou ben a do primeiro compromiso en firme para a adquisición de equipamento. No caso de que existise outro tipo de compromiso que faga o investimento irreversible e a data deste fose previa ás anteriores, esta sería a que se consideraría como data de inicio dos traballos.

A compra de terreos e os traballos preparatorios como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade non se consideran inicio dos traballos.

22. Posta en explotación da infraestrutura: data de entrada en servizo ou funcionamento da infraestrutura.

23. Mapa de Infraestruturas Estratéxicas (plataforma Innovarede): tal e como se recolle no Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027, trátase dunha plataforma que servirá de inventario e ferramenta estratéxica para poñer en valor capacidades singulares do Ecosistema Galego de Innovación. As infraestruturas apoiadas deberán potenciar un uso eficiente dos recursos evitando solapamentos con infraestruturas xa existentes e fomentando sinerxías entre elas a través da integración dos investimentos nesta plataforma Innovarede. Ao facilitar o acceso e a integración destas infraestruturas, refórzase o papel dos centros galegos como motores da innovación e do avance científico.

24. Reto da RIS3: cada un dos tres grandes retos estratéxicos de natureza económica e social da sociedade galega, identificados a través dun amplo proceso participativo cos axentes da cuádrupla hélice, que a RIS3 aborda a través da I+D+i co obxectivo de acadar un impacto transformador sobre a economía e a sociedade galega. Os retos son:

– Reto 1: modelo de xestión de recursos naturais e culturais baseados na innovación.

Modernización dos sectores primarios galegos a través da introdución de innovacións que incidan na mellora da eficiencia e o rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, agrarias, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.

– Reto 2: un modelo industrial sustentado na competitividade e no coñecemento.

Incrementar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia a través das Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais e a evolución das cadeas de valor.

– Reto 3: un modelo de vida saudable e baseado no envellecemento activo da poboación. Posicionar Galicia como a rexión líder do sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable e de envellecemento activo.

25. Prioridade da RIS3: cada unha das tres grandes temáticas transversais identificadas a través dun amplo proceso participativo cos axentes da cuádrupla hélice, cara ás que a RIS3 orienta as capacidades e os esforzos do ecosistema galego de innovación para responder aos tres grandes retos estratéxicos. As prioridades, polo seu carácter horizontal, teñen incidencia en todas as cadeas de valor e favorecen a colaboración entre sectores e as diferentes áreas de coñecemento e tecnolóxicas, constituíndo unha oportunidade de desenvolver novas cadeas de valor e novos mercados. Así mesmo, están plenamente aliñadas coas prioridades da Unión Europea e o Estado español. As prioridades son:

– Prioridade 1: desenvolvemento e aplicación das diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para avanzar na descarbonización das cadeas de valor, a sustentabilidade dos recursos naturais (terra e mar) e patrimoniais de Galicia, xerando, ademais, oportunidades para a diversificación cara a produtos sustentables, competitivos internacionalmente e mellorando o benestar das persoas.

– Prioridade 2: apoio á dixitalización (desenvolvemento e/ou incorporación de tecnoloxías) para impulsar o modelo industrial galego, a xestión e a prestación de servizos sanitarios e sociais de calidade, así como a xestión de recursos naturais e culturais, como panca para a transformación resiliente de Galicia.

– Prioridade 3: orientación dos esforzos en I+D+i cara ás necesidades e ao benestar das persoas e a consolidación de Galicia como unha contorna de referencia mundial para o desenvolvemento e testaxe de novas oportunidades e solucións científico-tecnolóxicas e empresariais dirixidos a elas.

26. Ámbito de priorización da RIS3 (ver anexo V): para precisar de forma máis detallada como cada prioridade aborda os tres retos, a RIS3 selecciona 29 temáticas máis delimitadas, denominadas ámbitos de priorización, que concretan e detallan o perfil de especialización para Galicia e en que se focalizan os investimentos e os esforzos da estratexia.

Estes ámbitos de priorización caracterízanse pola súa transversalidade sectorial, abrindo oportunidades a diferentes cadeas de valor, así como a novas formas de colaboración entre elas, a nivel tanto de mercados como de tecnoloxías ou procesos. Os ámbitos de priorización definíronse cos axentes da cuádrupla hélice durante o proceso de descubrimento emprendedor na fase de elaboración da RIS3.

missing image file

ANEXO III
Índice de memoria técnica

IN607E - Axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades
dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio a creación e á mellora
de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación

Memoria técnica (letra arial 11 puntos. Extensión máxima 50 páxinas. Formato pdf)

A través do memoria deberá xustificarse o carácter estratéxico das infraestruturas, a súa viabilidade técnica e o investimento solicitado.

1.1. Características técnicas e especificacións dos activos materiais inmateriais da proposta. Singularidade e carácter innovador. Viabilidade técnica.

– Descrición detallada dos activos materiais e inmateriais que forman parte da infraestrutura solicitada xustificando a súa singularidade e o seu carácter innovador, así como a necesidade á que dá cobertura e as melloras que supón sobre os recursos existentes. Xustificación de que non se producen solapamentos cos recursos xa existentes no Ecosistema Galego de Innovación. Achegarase ademais un cronograma da súa incorporación e xustificarase ademais a súa viabilidade técnica.

1.2. Xustificación da mellora da capacidade do centro.

a) No caso de infraestruturas de investigación (unidade 1):

– Novas liñas de investigación, especialmente as que se vaian desenvolver en colaboración con empresas (en particular, pemes) orientadas a dar cobertura ás necesidades estratéxicas dos ámbitos prioritarios da RIS3 a nivel de cadea/s de valor.

– Mellora do posicionamento internacional do centro no marco dos ámbitos prioritarios da RIS3 2021-2017 e das prioridades europeas.

– Capacidade para atraer e reter talento (persoal cualificado doutor) vencellado ás novas infraestruturas de xeito directo e indirecto.

– Formación do persoal do centro, xustificando a existencia dun plan de carreira profesional.

b) No caso de infraestruturas tecnolóxicas (unidade 2):

– Servizos innovadores que se prestarán ás empresas, especialmente ás pemes, xustificando o valor achegado para apoialas no desenvolvemento de produtos, procesos e servizos novos ou mellorados, ou para probar e expandir tecnoloxías a través da I+D+i nos ámbitos prioritarios da RIS3.

No caso de solicitudes que conteñan máis dunha unidade ao incluír infraestruturas de I+D e tamén tecnolóxicas, a información de cada unha delas achegarase de xeito diferenciado.

c) Deberá xustificarse, de ser o caso:

– A integración da perspectiva de xénero nas liñas de investigación e nos servizos vencellados ás novas infraestruturas para evitar nesgos.

– A orientación das liñas de investigación e dos servizos das novas infraestruturas:

• Á mellora da calidade de vida e á saúde da cidadanía.

• O Pacto verde.

• A Nova Bauhaus (no caso de edificacións).

1.3. Coordinación dos recursos. Potenciais sinerxías e complementariedades.

a) Entre infraestruturas de I+D e tecnolóxicas integradas en unidades diferentes dunha mesma solicitude dun centro.

b) Infraestruturas que se soliciten a esta convocatoria por diferentes centros: solicitudes coordinadas.

c) Con infraestruturas xa existentes no ecosistema galego de innovación para o desenvolvemento de ámbitos de priorización da RIS3· 2021-2027, especialmente coas infraestruturas singulares das universidades.

d) Cos recursos materiais (instalacións/equipamento científico-técnico) actuais do centro.

e) Potencial utilización das infraestruturas solicitadas en iniciativas estratéxicas da Xunta de Galicia (civil UAV, plans complementarios...).

1.4. Xustificación do orzamento: descrición detallada de cada un dos gastos solicitados xustificando a súa necesidade.

– No caso de achegarse na solicitude, incluirase ademais a descrición das diferentes ofertas tendo en conta a estrutura do modelo do anexo VI.

– Efecto incentivador:

Xustificación de como a axuda fará que a entidade solicitante emprenda actividades complementarias que non realizaría, ou que realizaría dunha maneira limitada ou diferente, de forma que a axuda supoña un aumento substancial dalgún/s dos seguintes puntos:

• Do alcance das actividades.

• Da cantidade total investida.

• Da súa velocidade de execución.

missing image file

ANEXO IV
Índice do Plan de explotación

IN607E - Axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades
dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e á mellora
de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación

Plan de explotación (letra arial 11 puntos. Extensión máxima 50 páxinas. Formato pdf)

A través do Plan xustificaranse a viabilidade financeira da proposta e o seu impacto potencial.

1.1. Obxectivos da infraestrutura solicitada, especialmente aqueles en colaboración con empresas. Descrición e cuantificación.

1.2. Modelo de xestión que se propón para a infraestrutura. Criterios/política de acceso.

O acceso deberá estará aberto a varios usuarios de xeito transparente e non discriminatorio.

1.3. Balance económico esperado da explotación das infraestruturas. Xustificación da viabilidade financeira.

A través do contido do Plan deberá quedar reflectido, dun xeito obxectivo e cuantificable, que o centro dispón dos recursos e dos mecanismos financeiros necesarios para cubrir os custos de funcionamento e mantemento das infraestruturas solicitadas.

De ser o caso, deberase especificar as posibles contribucións de empresas para o financiamento de parte dos custos das infraestruturas solicitadas.

O Plan de explotación deberá cubrir un período mínimo de 5 anos, desde a data de posta en marcha da infraestrutura.

No caso de que nunha mesma solicitude se inclúan infraestruturas de I+D e tamén infraestruturas tecnolóxicas (dúas unidades) será necesario que se poidan diferenciar de xeito claro os diferentes modelos de explotación de cada unha delas atendendo á súa distinta orientación.

No caso de infraestruturas de investigación, deberase distinguir claramente o uso para actividades económicas e non económicas da infraestrutura, consignando de xeito separado o financiamento, os custos e os ingresos respectivos.

Por último, será preciso explicar o/os sector/es ao/aos que se dirixe a tecnoloxía que se vai desenvolver na infraestrutura e o efecto potencial na capacidade competitiva das entidades potencialmente explotadoras desa tecnoloxía.

1.4. Impacto tecnolóxico, económico e social das infraestruturas solicitadas: proposta de indicadores

As infraestruturas deberán orientarse á xeración de valor nestes tres ámbitos polo que deberán agruparse en:

• Indicadores para medir o impacto tecnolóxico.

• Indicadores para medir o impacto económico.

• Indicadores para medir o impacto social.

Para cada indicador deberase achegar:

a) Breve descrición.

b) Unidade de medida.

c) Fonte. Metodoloxía para a recompilación dos datos.

d) Valores: sempre que sexa posible, deberase estimar un valor inicial en 2025 e para cada anualidade ata o ano 2030. Informando dos seus valores reais no momento da xustificación da anualidade.

A finalidade destes indicadores é permitir a valoración do potencial impacto dos investimentos solicitados a nivel do centro e tamén do ecosistema galego de innovación.

Indicadores necesarios: ademais dos indicadores específicos propostos por cada centro deberán incorporarse sempre:

a) Indicadores asociados ao cofinanciamento con fondos Feder:

– Indicador de resultado: RCR02. Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).

– Indicador de realización: RCO06 Investigadores que traballan en instalacións de investigación apoiadas (ETC* anuais). * ETC: equivalente a tempo completo. Detallar esta información por xénero (homes, mulleres e non binarios).

b) Os indicadores que forman parte dos criterios de valoración do artigo 21 da convocatoria:

– Incremento esperado no ano 2030 asociado ás novas infraestruturas solicitadas (estimarase anualmente para o período 2025-2030):

• No retorno, en termos de axudas, que se van acadar no programa Horizonte Europa.

• Nos ingresos de proxectos en colaboración de I+D+i con empresas, especialmente pemes.

• Nos ingresos do desenvolvemento de novas subcontratacións e servizos tecnolóxicos.

• Nos ingresos que se acaden pola cesión de licenzas ou venda de patentes.

• Na incorporación de persoal cualificado doutor directamente vencellado coa explotación das novas infraestruturas.

• Na incorporación de mulleres que ocupan postos vencellados directamente á explotación das infraestruturas solicitadas.

• Nas novas contratacións de persoas con diversidade funcional vencelladas á explotación das infraestruturas solicitadas.

Outros posibles indicadores (non obrigatorios):

– Porcentaxe de publicacións en colaboración público-privada.

– Ingresos anuais por acordos ou convenios de explotación da infraestrutura.

– Incremento no número de acordos de explotación con pemes.

– Incremento no número de acordos de explotación con grandes empresas.

– Novas contratacións de investigadores estranxeiros relevantes (retornados ou non).

2.5. Plan de comunicación e difusión previsto:

– Descrición detallada dos distintos medios que se utilizarán para poñer a infraestrutura solicitada ao servizo dos diferentes actores do Ecosistema Galego de Innovación, especialmente das pemes.

– Previsión dos medios de comunicación que se utilizarán para as actividades das infraestruturas ao longo da súa explotación de xeito que se poida visibilizar o impacto destas e este poida chegar á sociedade en xeral.

– Xornada/s de demostración das infraestruturas solicitadas: será preciso que dentro deste Plan de comunicación se inclúa unha ou varias xornadas deste tipo orientadas a cada un dos tipos de usuarios destinatarios sen esquecer a sociedade en xeral.

Requisitos:

– Nos eventos que se celebren deberá poñerse de manifesto o apoio da Unión Europea e da Axencia Galega de Innovación seguindo as indicacións recollidas nesta convocatoria.

– En toda a documentación xerada en relación coas infraestruturas subvencionadas e nos materiais de difusión destas, utilizarase unha linguaxe inclusiva e non sexista, e velarase pola transmisión dunha imaxe igualitaria, non asociada a roles de xénero e ofrecendo unha imaxe diversa tanto das mulleres como dos homes.

missing image file

ANEXO V
Retos, prioridades e ámbitos de priorización da RIS3 de Galicia 2021-2027

IN607E - Axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades
dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e á mellora
de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación

RETOS PARA TRANSFORMAR A ECONOMÍA E A SOCIEDADE GALEGAS

RETO 1. Modelo de xestión de recursos naturais e culturais baseados na innovación

RETO 2. Modelo industrial sustentado na competitividade e no coñecemento

RETO 3. Modelo de vida saudable e envellecemento activo da poboación

PRIORIDADES NAS CALES ORIENTAR A INVESTIGACIÓN E A INNOVACIÓN

Prioridade 1

Sustentabilidade

Desenvolver e aplicar diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para avanzar na descarbonización das cadeas de valor, a sustentabilidade dos recursos naturais e patrimoniais de Galicia.

Xerar oportunidades para a diversificación cara a produtos sustentables, competitivos internacionalmente, e que melloren o benestar das persoas.

Prioridade 2

Dixitalización

Apoiar o desenvolvemento de tecnoloxías dixitais para impulsar o modelo industrial galego, a xestión e a prestación de servizos sanitarios e sociais de calidade, así como a xestión de recursos naturais e culturais.

Prioridade 3

Enfoque cara ás persoas

Orientar os esforzos en I+D+i cara ás necesidades e ao benestar das persoas. Consolidar Galicia como unha contorna de referencia mundial para o desenvolvemento e testaxe de novas oportunidades e solucións innovadoras.

Ámbitos de priorización

Prioridade 1

Ámbito de priorización

Reto 1

Reto 2

Reto 3

Sustentabilidade

Biocombustible e enerxías renovables

X

X

Biotecnoloxía agraria, mariña, industrial e ecolóxica

X

X

Construción sustentable

X

Descarbonización das cadeas de valor

X

X

X

Desenvolvemento de téxtiles sustentables

X

Economía circular e simbiose industrial

X

X

Eficiencia enerxética en procesos produtivos, en construción e en mobilidade

X

X

X

Materias primas, produtos, envases e embalaxes máis sustentables na cadea de valor alimentaria

X

X

Mellora, preservación, xestión sustentable e posta en valor da biodiversidade

X

Mobilidade urbana e rural

X

X

Turismo e patrimonio cultural sustentable

X

Prioridade 2

Ámbito de priorización

Reto 1

Reto 2

Reto 3

Dixitalización

Administración pública dixital

X

Desenvolvemento de competencias dixitais e educación dixital

X

Desenvolvemento de propostas de valor ao redor dos recursos naturais, patrimoniais, culturais e turísticos

X

Fabricación avanzada e intelixente

X

Redes intelixentes, flexibilidade e almacenamento enerxético

X

Saúde dixital

X

Soberanía tecnolóxica (desenvolvemento de coñecemento, tecnoloxías e aplicacións innovadoras propias)

X

X

X

Tecnificación e dixitalización do sector primario (agricultura, gandaría e forestal, pesca e acuicultura) e da industria mineira

X

Xerontotecnoloxías

X

Prioridade 3

Ámbito de priorización

Reto 1

Reto 2

Reto 3

Enfoque cara ás persoas

Alimentación humana saudable e funcional

X

Deporte, para a promoción da autonomía persoal e mellora da calidade de vida

X

Desenvolvemento de téxtiles intelixentes para a saúde e o deporte

X

Economía prateada e dos coidados

X

Medicina de prevención, rexenerativa e de precisión

X

Novas solucións de hábitat e modelos de convivencia

X

Saúde animal: veterinaria e alimentación de precisión

X

Turismo saudable baseado en recursos naturais

X

Investigación básica de excelencia e na fronteira do coñecemento

Transversal ao ecosistema de I+D+i

missing image file

ANEXO VI
Modelo resumo do contido e descrición das ofertas

IN607E - Axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades
dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e á mellora
de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación

Contido mínimo da oferta:

– Data de emisión.

– Data de validez.

– Identificación do ofertante (provedor) e o destinatario: razón social, enderezo, NIF e contacto.

– Descrición detallada do que inclúe a oferta e os seus compoñentes aclarando, de ser o caso, a cantidade que se oferta.

(No caso de que a descrición dos compoñentes do gasto figure noutra lingua diferente ao castelán ou galego, deberá xuntarse unha tradución para o castelán ou o galego).

– Valoración económica dos elementos incluídos na oferta en euros (no caso de tratarse de moeda estranxeira, deberase certificar o tipo de cambio ao euro no momento da oferta).

– Identificación da persoa que realiza a oferta comercial e a súa sinatura.

Modelo resumo da ofertas presentadas:

Relación dos conceptos de gasto solicitados:

Nº oferta

Concepto xeral de gasto 1

Importe solicitado (€)

Compoñente do gasto A (detalle segundo as táboas seguintes)

Compoñente do gasto B (detalle segundo as táboas seguintes)

Total

(Engadir tantas filas como sexan necesarias)

Concepto xeral de gasto 2

Compoñente do gasto A (detalle segundo as táboas seguintes)

Compoñente do gasto B (detalle segundo as táboas seguintes)

Total

(Engadir tantas filas como sexan necesarias)

Para cada compoñente do gasto (descrición da relación detallada):

A) No caso de provedor único:

Caso oferta provedor único

Concepto xeral de gasto 1

Compoñente do gasto A

Nº oferta

Provedor gasto

(datos identificativos)

Concepto

Importe (€)

Data da emisión

Data da validez

Descrición detallada do que inclúe a oferta

NIF

Razón social

Descrición (acompañada cunha memoria xustificativa que motive o caso do provedor único, asinada polo representante legal)

Compoñente do gasto B

Nº oferta

Provedor gasto

(datos identificativos)

Concepto

Importe

(€)

Data da emisión

Data da validez

Descrición detallada do que inclúe a oferta

NIF

Razón social

Descrición (acompañada cunha memoria xustificativa que motive o caso do provedor único, asinada polo representante legal)

(Engadir tantas filas como sexan necesarias)

B) No caso de tres ofertas:

Caso tres ofertas

Concepto xeral de gasto 1

Compoñente do gasto A

Nº oferta

Provedor gasto

(datos identificativos)

Concepto

(comparables)

Importe

(€)

Data da emisión

Data da

validez

Descrición detallada do que inclúe cada oferta

NIF

Razón social

(Provedor 1)

(Provedor 2)

(Provedor 3)

(Engadir tantas filas como sexan necesarias)

missing image file

ANEXO VII
Declaración relativa á condición de peme

IN607E - Axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades
dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e á mellora
de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación

Nota explicativa relativa aos tipos de empresas considerados para calcular os efectivos e os importes financeiros

I. Tipos de empresas.

A definición de peme1 distingue tres tipos de empresa en función do tipo de relación que mantén con outras empresas respecto da participación no capital, dereitos de voto ou dereito a exercer unha influencia dominante2.

Tipo 1: empresa autónoma.

É, con diferenza, o caso máis frecuente. Abrangue todas as empresas que non pertencen a ningún dos outros dous tipos (asociadas ou vinculadas).

A empresa solicitante é autónoma se:

• Non posúe unha participación igual ou superior ao 25 %3 noutra empresa.

• O 25 % ou máis desta non é propiedade directa doutra empresa ou organismo público nin de varias empresas vinculadas entre si ou varios organismos públicos, salvo determinadas excepcións4.

• E non elabora contas consolidadas nin está incluída nas contas dunha empresa que elabore contas consolidadas, e por tanto, non é unha empresa vinculada5.

Tipo 2: empresa asociada.

Este tipo está constituído polas empresas que manteñen lazos significativos de asociación financeira con outras empresas, sen que ningunha exerza, directa ou indirectamente, un control efectivo sobre a outra. Son asociadas as empresas que nin son autónomas nin están vinculadas entre si.

A empresa solicitante é asociada doutra empresa se:

• Posúe unha participación comprendida entre o 25 % e o 50 % da devandita empresa,

• Ou se a dita empresa posúe unha participación comprendida entre o 25 % e o 50 % da empresa solicitante,

• E a empresa solicitante non elabora contas consolidadas que inclúan a devandita empresa por consolidación, nin está incluída por consolidación nas contas da devandita empresa nin nas de ningunha empresa vinculada a ela.

Tipo 3: empresa vinculada.

Este tipo corresponde á situación económica das empresas que forman parte dun grupo que controla, directa ou indirectamente, a maioría do seu capital ou dereitos de voto (aínda que sexa a través de acordos ou de persoas físicas accionistas), ou que pode exercer unha influencia dominante sobre a empresa. Son casos menos habituais que, en xeral, se diferencian claramente dos dous tipos anteriores.

Para evitar dificultades de interpretación, a Comisión Europea definiu este tipo de empresas utilizando, cando se adapten ao obxecto da definición, as condicións incluídas no artigo 1 da Directiva 83/349 CEE do Consello, do 13 de xuño de 1983, baseada na letra g) do punto 3 do artigo 54 do tratado, relativa ás contas consolidadas6, que se aplica desde hai anos.

Polo tanto, unha empresa sabe, en xeral de forma inmediata, se está vinculada en tanto que xa está suxeita á obriga de elaborar contas consolidadas, ou está incluída por consolidación nas contas dunha empresa obrigada a elaborar contas consolidadas.

Os dous únicos casos, aínda que pouco frecuentes, nos cales unha empresa pode considerarse vinculada sen estar obrigada a elaborar contas consolidadas descríbense nos dous primeiros guións da nota nº 5 ao final desta nota explicativa. Neste caso, a empresa debe verificar se cumpre algunha das condicións especificadas no punto 3 do artigo 3 da definición.

II. Os efectivos e as unidades de traballo anual7.

Os efectivos dunha empresa corresponden ao número de unidades de traballo anual (UTA).

– Quen se inclúe nos efectivos?

• Os asalariados da empresa,

• As persoas que traballan para a empresa que manteñan unha relación de subordinación con esta e estean asimiladas aos asalariados conforme a lexislación nacional,

• Os propietarios que dirixen a súa empresa,

• Os socios que exerzan unha actividade regular na empresa e gocen de vantaxes financeiras por parte da empresa.

Os/as aprendices ou alumnos/as de formación profesional con contrato de aprendizaxe ou formación profesional non se contabilizarán dentro dos efectivos.

– Modo de calcular os efectivos.

Unha UTA corresponde a unha persoa que traballase na empresa ou por conta desta a xornada completa durante todo o ano de que se trate. Os efectivos contabilízanse en UTA.

O traballo das persoas que non traballasen todo o ano ou o fixesen a tempo parcial, independentemente da súa duración, así como o traballo estacional, contabilízase en fraccións de UTA.

Non se contabiliza a duración dos permisos de maternidade ou permisos parentais.

ANEXO VII
(continuación)
Declaración relativa á condición de peme

Identificación precisa da empresa

Nome ou razón social:

Domicilio social:

Nº de rexistro ou de IVE8:

Nome e cargo dos/das principais directivos/as9:

Tipo de empresa (véxase a nota explicativa)

Indíquese cunha ou varias cruces a situación da empresa solicitante:

□ Empresa autónoma

(Neste caso os datos indicados a continuación proceden unicamente das contas da empresa solicitante. Cubra só a declaración, sen anexo)

□ Empresa asociada

□ Empresa vinculada

(Cubra e engada o anexo (e, de ser o caso, as fichas suplementarias); a continuación complete a declaración trasladando o resultado do cálculo de abaixo).

Datos para determinar a categoría da empresa

Calcularanse segundo o artigo 6 do anexo da Recomendación 2003/361/CE da Comisión, sobre a definición de pequenas e medianas empresas.

Período de referencia

Ano

Efectivos (UTA)

Volume de negocio

Balance xeral

Último exercicio

Estes datos deberán corresponder ao último exercicio contable pechado e calcularanse con carácter anual. En empresas de nova creación que non pechasen aínda as súas contas utilizaranse datos baseados en estimacións fiables realizadas durante o exercicio financeiro.

Exercicio anterior

Datos do exercicio contable inmediatamente anterior ao último pechado.

Importante: hai un cambio de datos con respecto ao exercicio contable anterior que podería implicar o cambio de categoría da empresa solicitante (microempresa, pequena, mediana ou grande empresa).

□ Non

□ Si (neste caso cubra e engada unha declaración relativa ao exercicio anterior10)

Categoría da empresa/organismo (microempresa, pequena, mediana)

Sinatura:

Nome e cargo do asinante, facultado para representar a empresa:

Declaro que esta declaración e os seus anexos son exactos.

Feito en..., o ... de ... de ...

Sinatura:

ANEXO VII
(continuación)
Anexo da declaración
Cálculo no caso dunha empresa asociada ou vinculada

Anexos que se deberán achegar, segundo proceda:

– Anexo A se a empresa ten unha ou varias empresas asociadas (e, se é o caso, fichas suplementarias).

– Anexo B se a empresa ten unha ou varias empresas vinculadas (e, se é o caso, fichas suplementarias).

Cálculo dos datos dunha empresa vinculada ou asociada1 (véxase nota explicativa).

Período de referencia

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (*)

Balance xeral (*)

1. Datos2 da empresa solicitante ou ben das contas consolidadas [datos do cadro B(I) do anexo B3]

2. Datos2 agregados proporcionalmente de todas as (posibles) empresas asociadas (datos do cadro A do anexo A)

3. Suma dos datos2 de todas as (posibles) empresas vinculadas non incluídas por consolidación na liña 1 [datos do cadro B(2) do anexo B]

Total

(*) En miles de euros.

1. Puntos 2 e 3 do artigo da definición.

2. Todos os datos deberán corresponder ao último exercicio contable pechado e calcularanse con carácter anual. En empresas de nova creación que non pechasen aínda as súas contas, utilizaranse datos baseados en estimacións fiables realizadas durante o exercicio financeiro (artigo 4 da definición).

3. Os datos da empresa, incluídos os efectivos, determínanse conforme as contas e demais datos da empresa ou, se é o caso, das contas consolidadas da empresa ou as contas consolidadas nas que esta está incluída por consolidación.

Os resultados da liña «Total» deberán trasladarse ao cadro destinado aos «datos para determinar a categoría de empresa», da declaración.

ANEXO VII
(continuación)

ANEXO A
Empresa de tipo «asociada»

Para cada empresa para a que se cubra unha «ficha de asociación» (unha ficha para cada empresa asociada á empresa solicitante) e para as empresas asociadas ás posibles empresas vinculadas cuxos datos aínda non se recollesen nas contas consolidadas11. Os datos do «cadro de asociación» de que se trate trasladaranse ao cadro seguinte:

Cadro A

Empresa asociada

(complétese co nome e coa identificación)

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (*)

Balance xeral (*)

1.

2.

3.

4.

5.

6.

7.

8.

Total

(*) En miles de euros

(En caso necesario, engádanse páxinas ou amplíese o cadro).

Lembre: estes datos son o resultado dun cálculo proporcional efectuado na «ficha de asociación» cuberta para cada empresa asociada directa ou indirecta.

Os datos indicados na liña «Total» do cadro anterior deberán trasladarse á liña 2 (relativa ás empresas asociadas) do cadro do anexo da declaración.

ANEXO VII
(continuación)
Ficha de asociación

1. Identificación precisa da empresa asociada.

Nome ou razón social:

Domicilio social:

Nº de rexistro ou de IVE12:

Nome e cargo dos/das principais directivos/as13:

2. Datos brutos de la empresa asociada.

Período de referencia

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (*)

Balance xeral (*)

Datos brutos

(*) En miles de euros

Lembre: estes datos brutos son o resultado das contas e demais datos da empresa asociada. Se é o caso, consolidados, aos que se engade o 100 % dos datos das empresas vinculadas a esta, salvo se os datos das devanditas empresas xa están incluídos por consolidación na contabilidade da empresa asociada14. En caso necesario, engadiranse «fichas de vinculación» para as empresas vinculadas non incluídas por consolidación.

3. Cálculo proporcional.

a) Indíquese exactamente a porcentaxe de participación15 que posúe a empresa declarante (ou a empresa vinculada a través da que se establece a relación coa empresa asociada) na empresa asociada obxecto desta ficha:

...............................................................................................................................................

...............................................................................................................................................

Indíquese a porcentaxe de participación que posúe a empresa asociada obxecto desta ficha na empresa declarante (ou na empresa vinculada):

...............................................................................................................................................

...............................................................................................................................................

b) Selecciónese o maior de ambas as porcentaxes e aplíquese aos datos brutos indicados no cadro anterior. Trasládense os resultados do devandito cálculo proporcional ao cadro seguinte:

Cadro de asociación

Porcentaxe

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (*)

Balance xeral (*)

Resultados proporcionais

(*) En miles de euros

Estes datos deberán trasladarse ao cadro A do anexo A.

ANEXO VII
(continuación)

ANEXO B
Empresas vinculadas

A. Determinar o caso no que se atopa a empresa solicitante.

□ Caso 1: a empresa solicitante elabora contas consolidadas ou está incluída nas contas consolidadas doutra empresa vinculada [cadro B(1)].

□ Caso 2: a empresa solicitante ou unha ou varias empresas vinculadas non elaboran contas consolidadas ou non se inclúen por consolidación [cadro B(2)].

Lembre: os datos das empresas vinculadas á empresa solicitante son o resultado das súas contas e demais datos, ou se é o caso, consolidados. A estes datos agréganse proporcionalmente os datos das posibles empresas asociadas ás devanditas empresas vinculadas, situadas nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á da empresa solicitante, no caso de que non estean xa incluídas por consolidación16.

B. Métodos de cálculo para cada caso.

No caso 1: as contas consolidadas serven de base de cálculo. Cúbrase a continuación o cadro B(1).

Cadro B(1)

Efectivos (UTA) (*)

Volume de negocio (**)

Balance xeral (**)

Total

(*) Cando nas contas consolidadas non figuren os efectivos, o cálculo deste realizarase mediante a suma dos efectivos de todas as empresas ás que estea vinculada.

(**) En miles de euros.

Os datos indicados na liña «Total» do cadro anterior deberán trasladarse á liña 1 do cadro do anexo da declaración.

Identificación das empresas incluídas por consolidación

Empresa vinculada (nome/identificación)

Domicilio social

N° de rexistro
ou do IVE (*)

Nome e cargo dos principais directivos (**)

A.

B.

C.

D.

E.

(*) Determinarano os Estados membros segundo as súas necesidades.

(**) Presidencia, dirección xeral ou equivalente

Nota importante: as empresas asociadas a unha empresa vinculada deste tipo que non estean xa incluídas por consolidación trataranse como socios directos da empresa solicitante. Por conseguinte, no anexo A deberán engadirse os seus datos e unha «ficha de asociación».

No caso 2: encher unha «ficha de vinculación» por cada empresa vinculada (incluídas as vinculacións a través doutras empresas vinculadas) e procédase mediante simple suma das contas de todas as empresas vinculadas cubrindo o cadro B(2) seguinte.

Cadro B(2)

Empresa nº

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (**)

Balance xeral (**)

1. (*)

2. (*)

3. (*)

4. (*)

5. (*)

Total

(*) Engádase una «ficha de vinculación» por empresa.

(**) En miles de euros.

Os datos indicados na liña «Total» do cadro anterior deberán trasladarse á liña 3 (relativa ás empresas vinculadas) do cadro do anexo da declaración.

Ficha de vinculación
(Soamente para cada empresa vinculada non incluída por consolidación)

1. Identificación precisa da empresa.

Nome ou razón social:

Domicilio social:

N° de rexistro ou do IVE17:

Nome e cargo dos/das principais directivos/as18:

2. Datos relativos a esta empresa.

Período de referencia

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (*)

Balance xeral (*)

Datos brutos

(*) En miles de euros

Estes datos deberán trasladarse ao cadro B(2) do anexo B.

Nota importante: os datos das empresas vinculadas á empresa solicitante son o resultado das súas contas e demais datos, se é o caso, consolidados. A estes datos agréganse proporcionalmente os datos das posibles empresas asociadas ás devanditas empresas vinculadas, situadas nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á da empresa solicitante, no caso de que non estean xa incluídas nas contas consolidadas19.

As empresas asociadas deste tipo deberán tratarse como socios directos da empresa solicitante. Por conseguinte, no anexo A deberán engadirse os seus datos e unha «ficha de asociación».

missing image file

1 Neste texto, o termo «definición» refírese ao anexo da Recomendación 2003/361/CE da Comisión, sobre a definición de pequenas e medianas empresas.

2 Artigo 3 da definición.

3 En termos de participación de capital ou dereitos de voto, terase en conta o maior das dúas porcentaxes. Á devandita porcentaxe engadirase a porcentaxe de participación que calquera outra empresa vinculada á empresa accionista posúa sobre a empresa en cuestión (punto 2 do artigo 3 da definición).

4 Unha empresa pode seguir sendo considerada autónoma aínda que se alcance ou se supere este límite do 25 % cando corresponda a algún dos tipos de investidores que se indican a continuación (sempre que os investidores non sexan empresas vinculadas á empresa solicitante):

a) Sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco, persoas físicas ou grupos de persoas físicas que realicen unha actividade regular de investimento en capital risco (investidores providenciais ou business angels) e invistan fondos propios en empresas sen cotización bolsista, a condición de que o investimento do business angel na mesma empresa non supere 1.250.000 euros;

b) Universidades ou centros de investigación sen fins lucrativos;

c) Investidores institucionais, incluídos os fondos de desenvolvemento rexional (segundo parágrafo do apartado 2 do artigo 3 da definición).

5 Se o domicilio social da empresa está situado nun Estado membro que previu unha excepción á obriga de elaborar as contas, conforme a sétima Directiva 83/349/CEE, a empresa debe verificar especificamente que non cumpre ningunha das condicións establecidas no punto 3 do artigo 3 da definición.

Nalgúns casos pouco frecuentes, unha empresa pode estar vinculada a outra a través dunha persoa ou un grupo de persoas físicas que actúen de común acordo (punto 3 do artigo 3 da definición).

Á inversa, pode darse o caso, moi pouco habitual, de que unha empresa elabore voluntariamente contas consolidadas sen estar suxeita a iso segundo a sétima Directiva. Neste caso hipotético, a empresa non está necesariamente vinculada, e pode considerarse só asociada.

Para determinar se unha empresa está vinculada ou non, debe verificarse, para cada unha das tres situacións mencionadas, se cumpre algunha das condicións establecidas no punto 3 do artigo 3 da definición, se é o caso, a través dunha persoa ou grupo de persoas físicas que actúen de común acordo.

6 DO L 193 de 18.7.1983, p. 1 modificada pola Directiva 2001/65/CE do Parlamento Europeo e do Consello (DO L 283 do 27.10.2001, p. 28).

7 Artigo 5 da definición.

8 Determinarano os Estados membros segundo as súas necesidades.

9 Presidencia, dirección xeral ou equivalente.

10 Punto 2 do artigo 4 da definición no anexo á Recomendación 2003/361/CE da Comisión.

11 Se os datos relativos a unha empresa se recollen nas contas consolidadas nunha porcentaxe inferior ao determinado no punto 2 do artigo 6, é conveniente, con todo, aplicar a porcentaxe que se determina no devandito artigo (segundo o parágrafo do punto 3 do artigo 6 da definición).

12 Determinarano os Estados membros segundo as súas necesidades.

13 Presidencia, dirección xeral ou equivalente.

14 Primeiro parágrafo do apartado 3 do artigo 6 da definición.

15 Polo que respecta á participación no capital ou dereitos de voto, terase en conta o maior das dúas porcentaxes. Á devandita porcentaxe debe engadírselle a porcentaxe de participación que calquera empresa vinculada posúa da empresa en cuestión (primeiro parágrafo do punto 2 do artigo 3 da definición).

16 Segundo o parágrafo do punto 2 do artigo 6 da definición.

17 Determinarano os Estados Membros segundo as súas necesidades.

18 Presidencia, dirección xeral ou equivalente.

19 Se os datos relativos a unha empresa se recollen nas contas consolidadas nunha porcentaxe inferior ao determinado no punto 2 do artigo 6, é conveniente con todo aplicar a porcentaxe que se determina no devandito artigo (segundo parágrafo do punto 3 do artigo 6 da definición).

missing image file

ANEXO IX
Requisitos de comunicación do financiamento público

IN607E - Axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades
dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e á mellora
de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación

Responsabilidade da entidade beneficiaria.

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación á publicidade do financiamento, de conformidade co previsto nos artigos 47, 50 e o anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, a entidade beneficiaria durante o período de execución do proxecto e ata que remate o período de xustificación da subvención, recoñecerá a axuda a través do Feder, e para iso:

a) No seu sitio web oficial, cando o dito sitio web exista, e nas súas contas das redes sociais fará unha breve descrición da operación, de xeito proporcionado en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, destacando a axuda financeira da Unión Europea.

Para cumprir con este requisito pode utilizarse a seguinte imaxe e texto, a ilustración debe ser representativa do proxecto, estando relacionada coa súa temática:

missing image file

b) Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación, proporcionará unha declaración que destaque a axuda da Unión Europea de xeito visible.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

PROXECTO COFINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA

missing image file

c) Para as actuacións que impliquen investimentos físicos e cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros, tan pronto como comecen e durante a toda a súa execución, colocará un cartel temporal de tamaño significativo ou valo publicitario resistente nun lugar ben visible para o público. Ao rematar a execución da actuación e sempre antes de retirar este cartel temporal ou valo publicitario deberá colocar un cartel ou placa permanente nun lugar ben visible para o público.

d) Para as actuacións cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros e que impliquen a adquisición de equipos, tan pronto como comecen, colocará un cartel ou placa permanente nun lugar ben visible para o público.

e) Para as actuacións que non se inclúan nos puntos anteriores exhibirase nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información onde se destaque a axuda dos fondos europeos.

f) Para as operacións cuxo custo total sexa superior a 10.000.000 de euros, as entidades beneficiarias deberán organizar unha actividade ou acto de comunicación, segundo conveña, e farán partícipe á Comisión e á autoridade de xestión responsable no seu momento oportuno.

Para o caso das «pegatinas» que se van colocar nas máquinas/equipamentos adquiridos non é preciso engadir todos os elementos dun cartel, polo que se podería seguir un formato abreviado:

Colocar os seguintes logos nunha mesma liña e nesta orde: Logo Xunta (ou Logo Gain) + Logo Cofinanciado pola Unión Europea + Logo Fondos Europeos, e debaixo dos logos poñer o título da convocatoria resumido e con letra ben visible, que pode ser o seguinte: «Axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos».

O formato da placa permanente ou cartel informativo que se deberá utilizar é o seguinte, a ilustración debe ser representativa do proxecto e estar relacionada coa súa temática:

missing image file

Cando varias actuacións teñan lugar no mesmo lugar só é preciso colocar unha placa ou cartel.

Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, o centro beneficiario deberá conservar, preferentemente en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elabore no marco da actuación. Este material deberá ser posto á disposición do organismo intermedio ou das institucións da Unión Europea se así llo solicitan. O centro beneficiario deberá respectar, en todo momento, as orientacións recollidas no documento de uso do emblema europeo
(https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060.

Os modelos de carteis que figuran neste anexo estarán dispoñibles na páxina web de Gain.

No caso en que a execución da axuda implique o desenvolvemento de obras (obra civil e/ou edificación) o cartel de obra que deberá utilizarse será o seguinte:

missing image file

missing image file

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file