DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Sábado, 30 de agosto de 2025 Páx. 47402

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

EXTRACTO da Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para a reparación de danos causados polos incendios, destinadas a titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecores) de Galicia afectados polos incendios no ámbito da competencia desta consellería (código de procedemento MT100A).

BDNS (Identif.): 853982.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

http://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/853982

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarios das subvencións convocadas os titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecores) de Galicia, regulados no artigo 13 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, afectados pola vaga de incendios que se produciron en Galicia no verán de 2025.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto o outorgamento de axudas específicas para sufragar os gastos derivados das actuacións que se leven a cabo para paliar os danos causados nos terreos cinexeticamente ordenados como consecuencia dos incendios que se produciron durante o verán de 2025 en Galicia (código de procedemento MT100A).

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para a reparación de danos causados polos incendios, destinadas a titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecores) de Galicia afectados polos incendios no ámbito da competencia desta consellería (código de procedemento MT100A).

Cuarto. Contía

As axudas se concederanse con cargo ao crédito consignado nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia. A determinación do importe total das axudas se efectuará unha vez que sexan resoltas as solicitudes presentadas atendendo ao carácter extraordinario das mesmas e a súa natureza de concesión directa e non competitiva.

Establécense as seguintes contías do investimento subvencionable para cada unha das actuacións que se realicen:

a) A axuda económica para actuacións de sementeira de cereais, cun límite máximo por entidade de 30.000 euros.

b) A axuda económica para actuacións de recuperación, reparación e/ou reposición de infraestruturas e instalacións, cun límite máximo de 12.000 euros por solicitante.

En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da acción subvencionable.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2025

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático