DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Sábado, 30 de agosto de 2025 Páx. 47428

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

EXTRACTO da Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para a reparación de danos causados polos incendios, destinadas a titulares de infraestruturas de uso público do medio natural dentro da Rede galega de espazos protexidos e reservas da biosfera afectados polos incendios no ámbito da competencia desta consellería (código de procedemento MT100B).

BDNS (Identif.): 854045.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

http://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/854045

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarios das subvencións convocadas os titulares de infraestruturas de uso público e de interpretación do medio natural que fosen afectados pola vaga de incendios en Galicia durante o verán de 2025:

a) Concellos.

b) Montes veciñas de man común.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto o outorgamento de axudas específicas para sufragar os gastos derivados das actuacións que se leven a cabo para a reposición ou reparación das infraestruturas de uso público do medio natural dentro da Rede galega de espazos protexidos e reservas da biosfera, como consecuencia dos incendios durante o verán de 2025 en Galicia (código de procedemento MT100B).

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para a reparación de danos causados polos incendios, destinadas a titulares de infraestruturas de uso público do medio natural dentro da rede galega de espazos protexidos e reservas da biosfera afectados polos incendios no ámbito da competencia desta consellería (código de procedemento MT100B).

Cuarto. Contía

As axudas se concederanse con cargo ao crédito consignado nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia. A determinación do importe total das axudas se efectuará unha vez que sexan resoltas as solicitudes presentadas atendendo ao carácter extraordinario das mesmas e a súa natureza de concesión directa e non competitiva.

Establécense as seguintes contías do investimento subvencionable para cada un dos beneficiarios:

a) A axuda económica para concellos, cun límite máximo subvencionable de 40.000 euros.

b) A axuda económica para montes veciñais, cun límite máximo subvencionable de 20.000 euros.

En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da acción subvencionable.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2025

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático