No Diario Oficial de Galicia número 166, do 30 de agosto de 2025, publicouse o extracto referido. Advertido erro no seu punto cuarto, cómpre corrixilo do seguinte xeito:
Na páxina 47450, onde di:
«Cuarto. Contía
O importe asignado é de douscentos oitenta e tres mil catrocentos euros (283.400 €).
Establécense as seguintes contías:
a) 87.700 euros para os casos de falecemento e incapacidade permanente absoluta.
b) Para os casos de lesións que causasen ingreso hospitalario, outorgarase unha axuda de 120 euros por día de hospitalización».
Debe dicir:
«Cuarto. Contía
A determinación do importe total das axudas efectuarase unha vez que sexan resoltas as solicitudes presentadas, atendendo ao carácter extraordinario destas e á súa natureza de concesión directa e non competitiva.