DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 3 de setembro de 2025 Páx. 47863

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se convocan con carácter plurianual (2025-2026) (código de procedemento TU503F).

missing image file

Galicia, como destino natural relevante polas súas paisaxes e especialmente polo atractivo do seu litoral, cun enorme valor paisaxístico e ambiental, actúa como factor de atracción para os visitantes, cunha costa única configurada a través das súas rías, cabos, praias, vilas e vilas mariñeiras, cidades atlánticas e portos. O litoral galego constitúese como un eixe de unión de todos estes elementos. No marco da Estratexia de sostibilidade turística en destinos, aprobouse o Plan territorial de sostibilidade turística de Galicia do ano 2021, que ten como prioridade o fomento e a execución de actuacións de turismo sostible en destinos do litoral da propia Comunidade Autónoma. A rehabilitación de fachadas e recursos emblemáticos do litoral de Galicia é unha actuación de cohesión entre destinos (ACD) do dito plan coa que se pretende abordar accións concretas encamiñadas á conservación e á mellora do patrimonio singular e de uso turístico que se localiza ao longo da costa galega. Trátase dun proxecto integral de posta en valor da fachada marítima encamiñada ao embelecemento, acondicionamento e revitalización dos destinos nos ámbitos de infraestruturas, patrimonio e cultura, intervención nos espazos públicos, sinalización e accesibilidade dos seus recursos a través da dixitalización. Esta actuación de cohesión entre destinos resulta especialmente relevante pola necesidade de recuperación da fachada do litoral galego, na cal se localizan, por unha banda, numerosas vilas e cidades e, por outra, gran cantidade de infraestruturas en desuso, en estado de mala conservación ou con necesidade de rehabilitación debido á súa singularidade e localización e ao impacto que a súa imaxe representa ante a chegada do turismo. As axudas desta convocatoria teñen como obxectivo mellorar e potenciar o litoral galego, actuando sobre os recursos naturais, culturais e patrimoniais e sobre infraestruturas e equipamentos, sensibilizando sobre a súa conservación, apostando pola súa rehabilitación e destacando o seu valor como atractivo turístico, promovendo a xestión sostible desde os destinos e potenciando o territorio do litoral galego coma un espazo de desenvolvemento turístico competitivo, cuxa proxección e comercialización alcanzan o ámbito nacional e internacional, no marco dos obxectivos perseguidos polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

O Consello Europeo aprobou, o 21 de xullo de 2020, a creación do programa NextGenerationEU, como instrumento de estímulo económico en resposta á crise causada polo coronavirus.

O 10 de novembro de 2020, o Parlamento Europeo e o Consello alcanzaron o acordo sobre o paquete de medidas que inclúe os fondos de NextGenerationEU e o Marco financeiro plurianual 2021-2027, e creouse o Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia como instrumento de apoio aos Estados membros a través de transferencias directas e préstamos para incrementar os investimentos públicos e acometer reformas para paliar os devastadores danos producidos pola COVID-19.

O Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, sinala que os Estados membros elaborarán plans de recuperación e resiliencia nacionais para acollerse a este e alcanzar os obxectivos establecidos e presentaranos formalmente, como moi tarde, o 30 de abril.

En virtude da Resolución da Subsecretaría de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, do 29 de abril de 2021, publícase o Acordo do Consello de Ministros, do 27 de abril de 2021, polo que se aproba o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, que define as estratexias que se seguirán no desenvolvemento dos fondos europeos de recuperación. As medidas que recolle o dito plan cumpren cos 6 piares establecidos polo antedito Regulamento da UE 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, e articúlanse ao redor de catro eixes principais: a transición ecolóxica, a transformación dixital, a cohesión social e territorial e a igualdade de xénero. Estes catro eixes de traballo desenvólvense a través de dez políticas panca que integran, pola súa vez, 30 compoñentes para contribuír a alcanzar os obxectivos xerais do plan.

Esta resolución encádrase no marco do compoñente 14: «Plan de modernización e competitividade do sector turístico», incluído no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, no contexto da liña de investimento 1: «Transformación do modelo turístico cara á sostibilidade», directamente relacionado coa submedida 2: «Plans de sostibilidade turística» do Plan estatal de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e no cumprimento da normativa autonómica, estatal e da Unión Europea que regula este tipo de investimentos, e queda suxeita, en todo caso, ao cumprimento, execución e realización dos obxectivos do referido plan.

O investimento 1.2 do compoñente 14 (C14.I1.2) inclúe os seguintes obxectivos e fitos da Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do PRTR de España: obxectivo número 217, obxectivo número 218, obxectivo número 219, fito número 220 e fito número 221.

A Axencia de Turismo de Galicia, creada en virtude da autorización contida na disposición adicional cuarta da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, coma unha axencia pública autonómica, coa finalidade de impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo e, en especial, a promoción e a ordenación do turismo dentro da Comunidade, realiza esta convocatoria de axudas, baixo o procedemento de concorrencia non competitiva, dirixidas a establecementos turísticos situados en municipios costeiros do litoral galego, que poden presentar proxectos no marco de tres liñas de actuación: liña 1: eficiencia enerxética, liña 2: dixitalización de recursos con potencial turístico no litoral e, liña 3: mellora da fachada turística do litoral. As tres liñas de actuación encádranse na ACD Rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral galego, do Plan territorial de sostibilidade turística litoral de Galicia de 2021, en particular, a liña 1 enmárcase no eixe 2 (eficiencia enerxética), a liña 2 no eixe 3 (dixitalización) e a liña 3 no eixe 4 (competitividade).

O Acordo do 21 de decembro de 2021, da Conferencia Sectorial de Turismo, publicado pola Resolución do 23 de decembro de 2021, da Secretaría de Estado de Turismo, establece os criterios de distribución, así como a repartición resultante para as comunidades autónomas, do crédito destinado ao financiamento de actuacións de investimento por parte de entidades locais no marco do compoñente 14, investimento 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e destina 6.670.000,00 euros á rehabilitación de fachadas e recursos emblemáticos do litoral de Galicia.

Plan territorial 2021: ACD-Rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral

Eixes de actuación

Actuación

Total

Transición verde e sostible

1

Rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral

2.700.000,00 €

Total eixe 1

2.700.000,00 €

Mellora da eficiencia enerxética

2

Mellora da fachada turística do litoral

1.125.000,00 €

Total eixe 2

1.125.000,00 €

Transición dixital

3

Dixitalización de recursos con potencial turístico no litoral

425.000,00 €

1

Rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral

250.000,00 €

Total eixe 3

675.000,00 €

Competitividade

2

Mellora da fachada turística do litoral

950.000,00 €

4

Xestión e asistencia técnica

110.000,00 €

1

Rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral

1.110.000,00 €

Total eixe 4

2.170.000,00 €

Total

6.670.000,00 €

Do importe total da ACD, convocáronse tres liñas de subvencións por parte da Axencia de Turismo de Galicia:

Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G).

Resolución do 15 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503F).

Resolución do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento TU503G).

Por outra banda, no marco do Plan territorial de sostibilidade turística litoral de Galicia de 2021, prevíase a ACD Senda litoral de Galicia, cunha dotación de 3.910.000,00 € (3.225.000,00 € iniciais máis 685.000,00 € procedentes da reasignación de fondos derivada da renuncia do PSTD de Baiona), que finalmente non se vai executar dada a dificultade de obter os numerosos permisos sectoriais necesarios (ambientais, de costas, de patrimonio, municipais, etc.) para poder executar e desenvolver o trazado polo que discorrerá a senda do litoral. Os extensos prazos administrativos de tramitación fan inviable que o proxecto poida estar finalizado dentro do prazo inicialmente acordado, o cal suporía a perda de gran parte dos fondos asignados a este proxecto ao non poder cumprir coa planificación do calendario de cumprimento de fitos e porcentaxes de investimento en función dos compromisos asumidos no PRTR.

Unha vez resoltas as tres convocatorias sinaladas con anterioridade e dada a boa acollida que tivo no sector a resolución de convocatoria de subvencións para establecementos turísticos de litoral, estímase procedente reasignar os fondos, inicialmente previstos para a ACD Senda litoral de Galicia, e trasladar o remanente de 217.000,00 euros, sobrantes da ACD Revalorización de portos e actividades náutico-deportivas, á ACD Rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral, para a publicación dunha nova liña de axudas con ese mesmo obxecto para este ano 2025, que estará dotada cos remanentes mencionados máis os da propia ACD Rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral, derivados dunha menor execución das subvencións concedidas. De tal forma a, ACD quedaría do seguinte xeito:

Plan territorial 2021: ACD-Rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral

Eixes de actuación

Actuación

Total

Transición verde e sostible

1

Rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral

2.700.000,00 €

Total eixe 1

2.700.000,00 €

Mellora da eficiencia enerxética

2

Mellora da fachada turística do litoral

1.516.000,00 €

Total eixe 2

1.516.000,00 €

Transición dixital

3

Dixitalización de recursos con potencial turístico no litoral

835.000,00 €

1

Rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral

250.000,00 €

Total eixe 3

1.085.000,00 €

Competitividade

2

Mellora da fachada turística do litoral

4.276.000,00 €

4

Xestión e asistencia técnica

110.000,00 €

1

Rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral

1.110.000,00 €

Total eixe 4

5.496.000,00 €

Total

10.797.000,00 €

Esta modificación da ACD Rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral queda recollida na Acta do 9 de xuño de 2025 da Comisión Bilateral da Secretaría de Estado de Turismo e a Comunidade Autónoma de Galicia.

O crédito dispoñible para a nova convocatoria de axudas é o seguinte:

Eixes de actuación

Actuación

Total

Mellora da eficiencia enerxética

1

Mellora da fachada turística do litoral

764.000,00 €

Total eixe 2

764.000,00 €

Transición dixital

3

Dixitalización de recursos con potencial turístico no litoral

580.000,00 €

Total eixe 3

580.000,00 €

Competitividade

2

Mellora da fachada turística do litoral

3.656.000,00 €

Total eixe 4

3.656.000,00 €

Total

5.000.000,00 €

Consonte o establecido sobre medidas de fomento no artigo 94 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, en concordancia co sinalado no artigo 95 da dita lei, e tendo en conta o determinado na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da devandita lei, e de conformidade coa competencia conferida polo artigo 19 dos estatutos da Axencia de Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro,

RESOLVO:

Primeiro. Convocatoria e bases reguladoras

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, polas cales se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e efectuar súa convocatoria con carácter plurianual (2025-2026) (código de procedemento TU503F).

Segundo. Solicitudes.

1. Para poder ser entidade beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 11 das bases reguladoras.

2. As solicitudes deberán presentarse na forma e no prazo establecidos no artigo 10 das bases reguladoras.

Terceiro. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

O procedemento de concesión non poderá ter unha duración superior aos 4 meses, contados desde a data de presentación da solicitude.

Cuarto. Información ás persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia de Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia de Turismo de Galicia: https://www.turismo.gal/canle-profesional/promocion-do-sector/axudas-e-subvencions?langId=gl_ES

b) Páxina web https://sede.xunta.gal/portada, introducindo no buscador o código de procedemento.

c) Teléfonos 981 54 01 46 e 981 54 63 60.

d) Enderezo electrónico: fomento.turismo@xunta.gal

Quinto. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Sexto. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co establecido nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2025

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación
e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU
(código de procedemento TU503F)

Artigo 1. Obxecto e réxime xurídico

1. Estas bases reguladoras teñen por obxecto establecer as condicións para a concesión de axudas a establecementos turísticos para actuacións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe e respecto dos valores ambientais, así como a mellora da fachada e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras, de xeito que contribúan ao embelecemento do litoral da Comunidade Autónoma de Galicia e a un turismo sostible, así como efectuar a súa convocatoria con carácter plurianual (2025/2026).

2. A xestión destas axudas realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

3. Para o non establecido nestas bases, aplicarase o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia. Na falta do previsto nesta normativa, aplicaranse as normas de dereito administrativo. As axudas obxecto desta convocatoria réxense, ademais, polas normas comunitarias aplicables, por razón do financiamento pola Unión Europea, e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas, en particular polas seguintes: Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia; Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia; Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia; Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se establecen o procedemento e o formato da información que van proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia; Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia; Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España (Council Implementing Decision-CID), do 13 de xullo de 2021.

Artigo 2. Financiamento e concorrencia

1. As axudas previstas nesta convocatoria financiaranse cun crédito total de 5.000.000,00 de euros, imputables á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.770.0, proxecto 2022 00001, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2025-2026. O orzamento divídese en tres liñas de actuación subvencionables: liña 1: eficiencia enerxética, cun orzamento de 764.000,00 € (eixe 2: mellora da eficiencia enerxética), liña 2: dixitalización de recursos con potencial turístico no litoral, cun orzamento de 580.000,00 € (eixe 3: dixitalización) e liña 3: mellora da fachada turística do litoral, cun orzamento de 3.656.000,00 € (eixe 4: competitividade).

2. As subvencións previstas nesta resolución financiaranse co seguinte detalle:

Liñas

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Total

Liña 1

100.000,00 €

664.000,00 €

764.000,00 €

Liña 2

100.000,00 €

480.000,00 €

580.000,00 €

Liña 3

200.000,00 €

3.456.000,00 €

3.656.000,00 €

400.000,00 €

4.600.000,00 €

5.000.000,00 €

A modificación da distribución establecida no punto anterior requirirá a tramitación do correspondente reaxuste de anualidades no expediente de gasto, segundo se establece nos artigos 26 e 27 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. Estas axudas están financiadas ao 100 % polos fondos NextGenerationEU, a través do Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro, polo que se establece un Instrumento de recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19, e establecido segundo o Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, dentro do compoñente 14: Plan de modernización e competitividade do sector turístico, liña de investimento I1. O dito financiamento queda legalmente vinculado á realización das actuacións subvencionadas, medidas integradas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España.

4. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

5. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e quedará suxeito ao Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro).

A aplicación do réxime de minimis implica que a axuda total de minimis concedida a unha empresa non será superior a 300.000,00 euros durante calquera período de tres anos.

En aplicación dos principios de eficacia e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos, establecidos na Lei de subvencións de Galicia, e ao ser unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, as subvencións resolveranse por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas ata que se esgote o orzamento da convocatoria. Non obstante, naqueles supostos en que se lles requira ás persoas solicitantes a emenda dos erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido. Considerarase esgotado o orzamento cando se efectúe o rexistro da última solicitude de axuda que totalice o importe total do crédito desta convocatoria.

Artigo 3. Réxime de compatibilidade das subvencións

A percepción destas axudas non é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración, entes públicos ou privados.

Artigo 4. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración situados en municipios costeiros, dentro do marco xeográfico do litoral de Galicia, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

b) As empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares) que se enmarquen dentro do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos datos achegados pola persoa solicitante da subvención.

No caso de que o representante legal non sexa o mesmo que o que figura no REAT, deberá acreditarse esta condición coa presentación da solicitude.

2. As persoas beneficiarias deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas, en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.

Así, pequena empresa é aquela empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.

3. Os requisitos para ser persoa beneficiaria deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

4. Unha vez ditada a resolución de concesión, os cambios na persoa beneficiaria da subvención, por cambio na titularidade do establecemento, terán que ser previamente autorizados pola Administración concedente e darán lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O novo titular subrogarase na posición xurídica de persoa beneficiaria da subvención e nas obrigas dimanantes desta.

5. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da persoa solicitante.

b) As empresas que se atopen en situación de crise, conforme a definición que, para estes efectos, se realiza no Regulamento UE 651/2014, do 17 de xuño, e nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación da Comisión 2014/C 249/1, do 31 de xullo). A acreditación deste requisito realizarase mediante declaración responsable da entidade solicitante, sen menoscabo das accións de comprobación que poida realizar para estes efectos a Axencia de Turismo de Galicia.

c) As empresas que se encontren suxeitas a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles fose outorgada con anterioridade, ben por terse declarado axuda ilegal e incompatible co mercado interior, ben por calquera tipo de incumprimento das obrigas que lle viñesen atribuídas na concesión.

d) No caso de que a subvención supere os 30.000,00 euros e a entidade solicitante estea incluída no ámbito de aplicación subxectivo da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, e cumpra os requisitos establecidos no artigo 258 do Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades de capital para os efectos de presentación de conta de perdas e ganancias abreviada, as empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na mencionada lei.

e) Aquelas entidades que fosen sancionadas con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de turismo pola Axencia de Turismo de Galicia nos últimos 2 anos.

6. Deberá acreditarse, por calquera título válido en dereito, a propiedade dos inmobles ou predios obxecto da actuación ou calquera outro dereito que autorice a persoa beneficiaria para que realice o investimento subvencionado e que permita, igualmente, a explotación do establecemento durante todo o prazo de duración da obriga de manter a actividade prevista no artigo 24 destas bases.

Artigo 5. Actuacións subvencionables

1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, considéranse actuacións subvencionables aquelas que, de forma indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable, nos termos previstos no artigo 1 destas bases, e que se realicen no prazo establecido nelas.

2. Pódense diferenciar tres liñas de acción:

a) Liña 1: eficiencia enerxética.

b) liña 2: dixitalización de recursos con potencial turístico no litoral.

c) Liña 3: mellora da fachada turística do litoral.

3. Non serán subvencionables as seguintes actividades incluídas na lista de exclusión establecida na Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España (Council Implementing Decision-CID), do 13 de xullo de 2021:

– As actividades relacionadas cos combustibles fósiles, incluída a utilización ulterior destes, excepto os proxectos, no marco desta medida, relacionados coa xeración de electricidade e/ou calor utilizando gas natural, así como coa infraestrutura de transporte e distribución conexa, que cumpran as condicións establecidas no anexo III da Guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo» (C/2023/111).

– As actividades, no marco do réxime de comercio de dereitos de emisión da UE (RCDE), en relación coas cales se prevexa que as emisións de gases de efecto invernadoiro que van provocar non se situarán por debaixo dos parámetros de referencia pertinentes. Cando se prevexa que as emisións de gases de efecto invernadoiro provocadas pola actividade subvencionada non van ser significativamente inferiores aos parámetros de referencia pertinentes, deberá facilitarse unha explicación motivada respecto diso. Os parámetros de referencia establécense para a asignación gratuíta de dereitos de emisión en relación coas actividades que se inscriben no ámbito de aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión, segundo o establecido no Regulamento de execución (UE) 2021/447 da Comisión.

– As actividades relacionadas con entulleiras de residuos, incineradoras (esta exclusión non se aplica ás accións emprendidas no marco desta medida en plantas dedicadas exclusivamente ao tratamento de residuos perigosos non reciclables, nin ás plantas existentes, cando as ditas accións teñan por obxecto aumentar a eficiencia enerxética, capturar os gases de escape para o seu almacenamento ou utilización, ou recuperar materiais das cinzas de incineración, sempre que tales accións non comporten un aumento da capacidade de tratamento de residuos das plantas ou unha prolongación da súa vida útil; estes pormenores deberán xustificarse documentalmente por cada planta); e plantas de tratamento mecánico-biolóxico (esta exclusión non se aplica ás accións emprendidas no marco desta medida nas plantas de tratamento mecánico-biolóxico existentes, cando as ditas accións teñan por obxecto aumentar a súa eficiencia enerxética ou seu reacondicionamento para operacións de reciclaxe de residuos separados, como a compostaxe e a dixestión anaerobia de biorresiduos, sempre que tales accións non comporten un aumento da capacidade de tratamento de residuos das plantas ou unha prolongación da súa vida útil; estes pormenores deberán xustificarse documentalmente por cada planta).

– As actividades nas cales a eliminación a longo prazo de residuos poida causar danos ao ambiente. O prego de condicións exixirá ademais, que só poidan seleccionarse aquelas actividades que cumpran a lexislación ambiental nacional e da UE pertinente.

Artigo 6. Gastos subvencionables

1. Serán subvencionables os investimentos que estean vinculados ao proxecto para o cal se solicita a axuda e que se materialicen nos conceptos que se relacionan a continuación:

a) Liña 1: eficiencia enerxética. Será subvencionable a mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación para reducir o consumo de enerxía das instalacións de iluminación de edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico.

Serán consideradas subvencionables todas aquelas que permitan mellorar a eficiencia enerxética nas instalacións de iluminación interior, dos edificios, locais ou partes dos edificios en uso destinados a establecementos turísticos, así como a iluminación exterior ornamental e aparcadoiros de vehículos ao aire libre anexos ao edificio, regulados polo Regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de iluminación exterior, aprobado polo Real decreto 1890/2008, do 14 de novembro. Entre as actuacións subvencionables están, con carácter indicativo e non limitativo, as que se relacionan a seguir:

a. Luminarias, lámpadas e equipamento: substitución do conxunto por outro con luminarias de maior rendemento. Poderase incluír tecnoloxía TIC, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables e que permitan reducir a potencia instalada en iluminación, cumprindo cos requirimentos de calidade e confort visual regulamentados.

b. Sistemas e elementos que permitan o control local, remoto ou automático por medios dixitais de aceso e regulación de nivel de iluminación: incluirán aqueles sistemas de control por presenza, por zona do edificio completo, local ou parte do edificio destinado a establecemento turístico, ou regulación de nivel de iluminación segundo a achega de luz natural.

c. Cambio de sistema de iluminación: recolocación dos puntos de luz con utilización das tecnoloxías anteriores, de forma que se reduza o consumo eléctrico anual respecto ao sistema actual de iluminación.

d. Sistemas e elementos que permitan o control remoto ou o control automático por medios dixitais de instalacións destinadas a controlar:

– Sistemas de iluminación eficientes, axustándoa ás necesidades de cada momento.

– Sistemas de control automático de toldos, persianas ou cortinas do edificio completo, local ou parte do edificio destinado a establecemento turístico, que permitan o aproveitamento óptimo da luz solar.

– Sistemas de control automático do acendido, apagado e regulación da iluminación dos edificios completos, locais ou partes de edificios destinados a establecementos turísticos.

As exixencias mínimas de eficiencia enerxética que debe cumprir a instalación de iluminación que se rehabilite son as que figuran no documento HE-3, Eficiencia enerxética das instalacións de iluminación, do Código técnico da edificación.

Para verificar o aforro enerxético esperado será necesario presentar o certificado de eficiencia enerxética do inmoble no seu estado inicial e final, tras considerar realizadas as actuacións previstas.

O custo elixible destas actuacións debe ser igual ou superior a 5.000,00 €.

b) Liña 2: dixitalización de recursos con potencial turístico no litoral. Serán subvencionables:

– Gastos derivados da transformación dixital.

a. Instalación de novos PMS (property management system) e ERP (enterprise resource planning) e integración de PMS e ERP actuais.

b. Instalación de novos CRM (customer relationship management), tanto integrados con PMS como non integrados.

c. Instalación dun channel manager.

d. Instalación de ferramentas de visualización, consulta e análise de datos.

e. Implementación de motores de reserva.

– Gastos relacionados co desenvolvemento de códigos QR para o ámbito turístico.

– Gastos relacionados co desenvolvemento de ferramentas dixitais para coñecer o destino antes de visitalo: mapas con ligazóns a localizacións, vídeos de lugares turísticos, visitas virtuais, imaxes 360°, galerías interactivas, guías interactivas turísticas para promocionar os atractivos turísticos da contorna, que lles faciliten, aos/ás turistas nacionais e do estranxeiro información relacionada con eles (historia, horarios, recursos naturais, etc.) en diferentes idiomas. Isto inclúe visitas virtuais, vídeos e fotos de ríos, praias, covas, monumentos e lugares históricos utilizando o GPS.

c) Liña 3: mellora da fachada do litoral galego.

– Revestimento e/ou pintado de paramentos cegos de fachada que actualmente estean rematados con materiais ou solucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista, como fábrica de ladrillo, de bloques de formigón, formigón ou morteiro de cemento.

– Renovación do acabamento dos paramentos cegos de fachadas, carpintarías ou cerrallarías exteriores que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento.

Considerarase como deficiente estado de conservación aquel en que se atopen os elementos de fachada como consecuencia de patoloxías construtivas, tales como: descascado, humidades ou manchas permanentes, quedando excluídas de forma expresa as deficiencias estéticas que se resolvan con labores de limpeza. Considéranse incluídos os casos de fachadas de cachotería ou cantaría que precisen a realización ou renovación dos morteiros de rexuntado.

– Remate ou renovación do acabamento exterior de cubertas que, ben por estaren rematadas con pranchas de fibrocemento ou solucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista, ben por atoparse nun deficiente estado de conservación, constitúen un impacto paisaxístico.

Considéranse incluídas as unidades de obra relativas a elementos ou intervencións inherentes e imprescindibles para o soporte (non estrutural), remate ou renovación das cubertas. Queda excluída de forma expresa a renovación de elementos estruturais, así como as deficiencias estéticas que se resolvan con labores de limpeza.

– Revestimento dos muros de cerramento da parcela onde se sitúa o establecemento turístico realizado con ladrillo ou bloques de formigón sen revestir.

Inclúe a recuperación, restauración ou arranxo de muros de pedra tradicionais, co obxecto de evitar o potencial impacto paisaxístico que produciría a súa perda, así como o que produce o seu mal estado de conservación. Neste caso, as actuacións deberán respectar a tipoloxía e morfoloxía orixinal do muro en cada caso e deberanse empregar os mesmos materiais e técnicas con que foron construídos.

Así mesmo, poderá ser obxecto de axuda o pintado das portas, portais ou cerrallarías exteriores integradas nos cerramentos de parcelas que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento.

Deberán aplicarse criterios de sostibilidade en todas as reformas, de maneira que as obras que se vaian executar sexan respectuosas coa contorna e estean adaptadas ás súas condicións, aforrando recursos mediante o emprego de materiais de baixo impacto ambiental procedentes de fontes non contaminantes, materiais naturais, reciclados, reciclables e reutilizables.

– Gastos de elaboración do proxecto de obra e honorarios e custos da dirección facultativa das actuacións. Será subvencionable por este concepto ata o 5 % do investimento subvencionable, co límite máximo de 5.000,00 euros.

2. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e pagados entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 30 de xuño de 2026, de acordo co período de execución establecido no artigo 7.5.

3. Non serán subvencionables os gastos a que se refire o artigo 29.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, como non subvencionables. Ademais, non se considerarán subvencionables os seguintes gastos:

a) Gastos de mantemento ordinarios.

b) Autorizacións administrativas, licenzas, permisos, custo de avais e/ou fianzas, multas, taxas...

c) Gastos asociados a xestións, contratacións, consultas ou trámites administrativos, aínda sendo necesarios cara á obtención de permisos ou licenzas.

d) Seguros subscritos polo solicitante.

e) Custos financeiros.

f) Custos asociados a sancións administrativas, así como gastos de procedementos xudiciais.

g) A vixilancia e a seguridade durante a execución da obra ata a data de posta en marcha.

h) Os custos de persoal propio.

i) Os gastos que non sexan necesarios para o desenvolvemento do proxecto.

j) O imposto sobre o valor engadido (IVE).

k) Gastos en equipamento que impliquen o consumo de combustibles fósiles (tales como petróleo, carbón ou gas natural).

4. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. Así mesmo, deberán estar efectuados os pagamentos con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido no artigo 25.

5. Así mesmo, de seren necesarias para levar a cabo a actuación para a cal se solicita a subvención, deberase contar coa autorización ou licenza urbanística ou sectorial, tanto municipal como por parte doutros organismos ou administracións públicas, en materia de dominio público hidráulico, patrimonio cultural ou estradas, entre outras.

6. O investimento neto admitido será, como máximo:

– No caso da liña 1: ata 25.000,00 €.

– No caso da liña 2: ata 15.000,00 €.

– No caso da liña 3: ata 250.000,00 €.

No caso de que o orzamento de execución do proxecto presentado coa solicitude de subvención sexa superior ao dito límite, será requirida á persoa ou entidade solicitante para que reaxuste ao citado límite o proxecto que se vai executar.

En aplicación do réxime de minimis, en ningún caso o conxunto de axudas percibidas ao abeiro desta convocatoria poderá exceder dos 300.000,00 euros. Así mesmo, a axuda total de minimis concedida á entidade solicitante non poderá ser superior a 300.000,00 euros durante calquera período de tres anos.

Artigo 7. Condicións dos proxectos

1. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto. O prazo de execución abranguerá desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o día 1 de decembro de 2025 na primeira anualidade, sen prexuízo de que as certificacións de obra e as facturas emitidas desde esta data ata o 31 de decembro poidan aplicarse para xustificar a anualidade de 2026.

Na segunda anualidade, o prazo de execución finalizará o 30 de xuño de 2026.

2. En todo caso, o investimento subvencionable non poderá estar finalizado antes de que se dite a resolución de concesión da subvención.

3. De conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, cando o importe do gasto subvencionable supere a contía prevista para o contrato menor regulado no artigo 118 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, a persoa interesada deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación, salvo que, polas especiais características dos gastos subvencionables, non exista no mercado suficiente número de entidades que o presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Comparabilidade: deberán referirse á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.

b) Data e validez: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión e un prazo de validez. As ofertas non poderán ter un prazo de validez vencido na data de presentación da solicitude.

4. Os bens obxecto de investimento deberán ser novos adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores; enténdese que existe vinculación entre empresas se responden á definición de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas», establecidas nos puntos 2 e 3, respectivamente, do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

5. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria. Admítense, como excepción, a obra civil en terreos sobre os cales exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa e/ou as reformas de instalacións en inmobles alugados ou en réxime de concesión. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes deberán pasar a ser de propiedade plena da beneficiaria antes do remate do prazo de execución do proxecto e deberán constar, neste momento, o vencemento e o pagamento das cantidades aprazadas.

Artigo 8. Compromiso de non causar dano significativo ao ambiente

1. As persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución deberán garantir o pleno cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo» (principio «do no significant harm-DNSH») e a etiquetaxe climática e dixital, de acordo co previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, na Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España (Council Implementing Decision-CID), do 13 de xullo de 2021, e no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, así como na súa normativa de desenvolvemento, en todas as fases do deseño e execución dos proxectos e de maneira individual para cada actuación.

2. As actuacións financiables da liña 1 cumprirán co indicado na etiquetaxe climática establecida, cumprindo co seguinte peso ou porcentaxe das seguintes etiquetas climáticas:

024 «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en pemes e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

As actuacións financiables da liña 3 cumprirán co indicado na etiquetaxe climática establecida, cumprindo co seguinte peso ou porcentaxe das seguintes etiquetas climáticas:

050 «Protección da natureza e biodiversidade, patrimonio e recursos naturais, infraestruturas verdes e azuis», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

3. En todo caso, as persoas beneficiarias preverán mecanismos de verificación do cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo» (principio «do no significant harm-DNSH») para asegurar a súa implementación, do cal deixarán constancia na memoria xustificativa da subvención.

4. Segundo as regulacións do principio, nas actuacións de rehabilitación as persoas beneficiarias deberán ter en conta o seguinte:

a) Realizarase unha avaliación de impacto ambiental de cada un dos investimentos da medida de acordo coa Directiva da AIA e a normativa nacional de avaliación de impacto ambiental, e identificaranse e incluiranse no deseño de cada proxecto todas as medidas de mitigación necesarias para a prevención e o control da contaminación do solo e da auga.

b) Os compoñentes e materiais de construción utilizados na construción non conterán amianto nin substancias moi preocupantes, identificadas sobre a base da lista de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2006 do Parlamento e do Consello. Os compoñentes e materiais de construción utilizados na construción que poidan entrar en contacto cos usuarios emitirán menos de 0,06 mg de formaldehido por m3 de material ou compoñente e menos de 0,001 mg de compostos orgánicos volátiles canceríxenos de categorías 1A e 1B por m3 de material ou compoñente, logo de proba de acordo co CEN/TS 16516 e ISO16000-3 ou outras condicións de proba estandarizadas e métodos de determinación comparables.

c) Ademais, adoptaranse medidas para reducir o ruído, o po e as emisións contaminantes durante a fase de obra e executaranse as actuacións asociadas a esta medida, sempre cumprindo a normativa de aplicación vixente en canto á posible contaminación de solos e auga.

d) Cando as actuacións de rehabilitación teñan lugar en áreas sensibles á biodiversidade (incluída a Rede Natura 2000 de áreas protexidas, sitios do Patrimonio mundial da UNESCO e áreas clave para a biodiversidade, así como outras áreas protexidas) ou en áreas próximas, requirirase o cumprimento dos artigos 6 (3) e 12 da Directiva de hábitats e o artigo 5 da Directiva de aves. Ademais, cando sexa preceptivo, levarase a cabo unha avaliación de impacto ambiental (AIA) de acordo coa Directiva AIA.

e) Na rehabilitación de edificios teranse en consideración as directrices recollidas na Directiva (UE) 2018/844, relativa á eficacia enerxética dos edificios, para que sexan edificios de consumo de enerxía case nulo, o que permite reducir de forma significativa o consumo de enerxía primaria non renovable.

f) As medidas de rehabilitación permitirán contribuír á adaptación dos edificios ao cambio climático, adoptando as solucións de adaptación que sexan posibles no marco das opcións que permitan a edificación existente e a súa protección, no caso de que sexan edificios protexidos, como a utilización de cubertas vexetais, toldos, zonas de sombreado…

g) Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluído o material natural mencionado na categoría 17 05 04 da Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/CE) xerados nas actuacións previstas neste investimento, será preparado para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE.

h) Os operadores limitarán a xeración de residuos nos procesos relacionados coa construción e demolición, de conformidade co Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE, e tendo en conta as melloras técnicas dispoñibles e utilizando a demolición selectiva para permitir a eliminación e manipulación segura de substancias perigosas e facilitar a reutilización e reciclaxe de alta calidade mediante a eliminación selectiva de materiais, e usando os sistemas de clasificación dispoñibles para residuos de construción e demolición.

i) Os deseños dos edificios e as técnicas de construción apoiarán a circularidade, no referido á Norma ISO 20887, para avaliar a capacidade de desmontaxe ou adaptabilidade dos edificios, como estes están deseñados para ser máis eficientes no uso dos recursos, adaptables, flexibles e desmontables para permitir a reutilización e a reciclaxe.

5. As persoas beneficiarias deberán garantir que os equipos IT (Information
Technology
) cumpran cos requisitos relacionados coa enerxía establecidos de acordo coa Directiva 2009/125 CE, para servidores e almacenamento de datos, ou computadoras e servidores de computadoras ou pantallas electrónicas.

Nestas adquisicións activaranse medidas para asegurar a compra daqueles equipos enerxeticamente eficientes que sexan absolutamente respectuosos co Code of Conduct for ICT da Comisión Europea, e tomaranse medidas para que aumente a durabilidade, a posibilidade de reparación, de actualización e de reutilización dos produtos, dos aparellos eléctricos e electrónicos implantados.

6. O incumprimento do principio do DNSH e a etiquetaxe climática darán lugar á obriga de devolver as cantidades percibidas e os xuros de mora correspondentes.

Artigo 9. Contía da axuda

A intensidade da axuda será ata un 80 % do custo total subvencionable do proxecto, ata os límites máximos por liña de actuación recollidos no artigo 6.

Artigo 10. Solicitudes: presentación e prazo

1. Cada persoa interesada poderá presentar como máximo unha solicitude de axuda por cada establecemento, incluíndo as tres liñas de actuación, de ser o caso. Para este fin, utilizaranse os modelos previstos no anexo II.

2. As solicitudes (anexo II) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co previsto no artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas solicitantes presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses. O dito prazo comezará a contar unha vez que transcorran oito días naturais desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A hora de inicio do prazo de presentación de solicitudes será ás 8.00 horas e a hora de fin do prazo será ás 20.00 horas.

Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Non serán admitidas a trámite, en ningún caso, as solicitudes presentadas fóra do prazo e de forma distinta ao que se establece nesta resolución.

3. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta resolución para ser beneficiaria da axuda, así como a aceptación da subvención, de ser entidade beneficiaria dela.

4. No modelo de solicitude constan como de obrigada consignación os seguintes campos: datos específicos do proxecto, a anualidade ou anualidades previstas para a execución das obras, o investimento total, o custo subvencionable e a contía da axuda solicitada.

5. As persoas solicitantes deberán declarar responsablemente, tal e como consta no anexo II:

a) Se, en relación con outras subvencións, axudas, recursos ou ingresos concedidos ou solicitados, se solicitou ou non, ou se recibiu ou non algunha outra subvención, axuda, recurso ou ingreso para o mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita a subvención.

b) Se se solicitou ou non, ou se recibiu ou non, algunha axuda de minimis.

c) A veracidade de todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan.

d) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Se a subvención solicitada supera o importe de 30.000,00 euros, a entidade solicitante está incluída no ámbito de aplicación subxectivo da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, e cumpre os requisitos establecidos no artigo 258 do Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades de capital para os efectos de presentación de conta de perdas e ganancias abreviada, declaración responsable de que se está ao día no cumprimento dos prazos de pagamento establecidos no artigo 4 da devandita Lei 3/2004, do 29 de decembro.

g) Estar ao día nas obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

i) Cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.

j) Non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

k) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos da actuación para a cal se solicita a axuda.

l) Que a empresa cumpre cos criterios de definición de microempresa, pequena ou mediana empresa, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Regulamento (UE) 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado, e a categoría en que se encadra.

m) Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con este tipo de fondos de recuperación.

n) Conservar toda a documentación relativa á subvención, segundo o establecido nos regulamentos de aplicación aos fondos que financian a axuda concedida durante o período indicado no artigo 24.

ñ) Estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

o) A actividade que se vai subvencionar non causa un prexuízo significativo («do no significant harm») aos obxectivos ambientais nos termos do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sostibles e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088, e restante normativa de aplicación.

p) Que a empresa, de acordo coa definición que se establece no punto 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, non está en crise, segundo o establecido polas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crises (Comunicación da Comisión 2014/C 249/1, do 31 de xullo).

q) Non ter sido sancionado con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de turismo pola Axencia de Turismo de Galicia nos últimos dous (2) anos.

r) Que se compromete a manter o investimento subvencionado e a titularidade durante un período mínimo de tres anos. En todo caso, o dito prazo será de cinco anos cando se trate de bens inscritibles nun rexistro público, de conformidade co disposto no artigo 29.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

s) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa empresa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores; enténdese que existe vinculación entre empresas se responden á definición de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas», establecidas nos puntos 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

t) Que se compromete a cumprir as obrigas e os requisitos que se sinalan no artigo 24 das bases reguladoras.

Artigo 11. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo o modelo do anexo II:

a) Documentación que acredite a plena dispoñibilidade sobre os terreos e inmobles en que se van desenvolver as actuacións durante un período que, como mínimo, garanta o cumprimento das obrigas previstas no artigo 24. Deberá achegar documentación acreditativa da propiedade do inmoble ou calquera outro título de disposición válido en dereito no cal, ademais, se autorice a realización da actuación solicitada.

b) Memoria explicativa en que se definan de xeito pormenorizado o investimento e as actuacións que se van desenvolver e que, de ser o caso, comprenderá:

• Planos de localización do investimento.

• Relación, con indicación das calidades, dos materiais e acabamentos propostos.

• Reportaxe fotográfica do ben sobre o cal se vai actuar: exteriores, interiores e da contorna, así como fotografías desde as cal se aprecie de maneira concreta o elemento ou elementos obxecto da actuación.

• Calendario de execución do proxecto e distribución do orzamento por anualidades, de ser o caso.

c) No caso de proxectos da liña 1, o proxecto ou memoria técnica incluirá:

• Un inventario dos equipos actuais, indicando tipoloxía, potencia e período de uso e elementos de control existentes, así como a listaxe dos futuros equipos, coas súas características. Os valores resultantes deberán ser coherentes cos utilizados nos certificados enerxéticos.

• Ficha técnica dos principais equipos proxectados (luminarias, sensores, etc.).

d) No caso de proxectos da liña 3, será preciso achegar unha memoria que indique os criterios de sostibilidade que se van aplicar.

e) De ser o caso, na liña 3 o proxecto ou a memoria técnica incluirá un estudo de xestión de residuos onde se xustifique o cumprimento de que polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Lista europea de residuos, establecida pola Decisión 2000/532/CE), xerados no sitio de construción, se preparará para a súa reutilización, reciclaxe e valorización, incluídas as operacións de recheo, de forma que se utilicen residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos establecida no artigo 8 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, e co Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE.

f) Para a acreditación da condición de pequena ou mediana empresa deberanse achegar, ademais:

• Contas anuais da empresa solicitante e das empresas asociadas ou vinculadas, correspondentes ao último exercicio contable pechado, co xustificante de ser depositadas no rexistro correspondente.

• Declaración responsable emitida polo representante da empresa en que se reflicta o número de empregados da empresa, así como os das empresas asociadas ou vinculadas.

g) Nos proxectos da liña 1, certificado da eficiencia enerxética de partida do edificio, inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RCEEE), e o que se prevé alcanzar coas melloras propostas e coas actuacións específicas para as cales se solicita a axuda, segundo o Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, asinados por un/unha técnico/a competente. Con estes certificados achegaranse os arquivos dixitais xerados polo programa utilizado para a súa elaboración. O certificado enerxético do edificio mellorado e o certificado do edificio actual deben achegarse elaborados coa mesma versión e programa recoñecido de certificación, de xeito que os datos sexan comparables.

h) Orzamento do investimento desagregado por partidas e por anualidades, de ser o caso, no cal se especificará o importe da execución material, así como o custo da redacción do proxecto e da dirección de obra, e todo o equipamento proposto.

i) As tres ofertas de diferentes provedores consonte o artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de ser o caso. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

j) Documentación acreditativa da representación suficiente para actuar en nome da empresa, no caso de que non coincida cos datos que figuran no REAT.

k) Certificado de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores ou certificado de situación censual, expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

l) Anexo VII de declaración responsable do cumprimento do principio de non causar dano significativo aos seis obxectivos ambientais no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852, do 18 de xuño (principio «do no significant harm-DNSH»), segundo o establecido no artigo 8.

m) Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais (anexo VIII).

n) Declaración responsable do cumprimento dos principios transversais establecidos no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) e o cumprimento do principio DNSH (anexo IX).

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, esta deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puideren obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos (2 GB por presentación) ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado de domicilio fiscal.

f) Consulta de inhabilitacións de subvencións e axudas.

g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

h) Consulta de concesións pola regra de minimis.

i) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración tributaria (AEAT).

j) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas coa Seguridade Social.

k) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 13. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 14. Órganos competentes

A Xerencia da Axencia de Turismo de Galicia será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención e correspóndelle á persoa titular da Dirección da Axencia ditar a resolución de concesión.

Artigo 15. Instrución do procedemento

1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se considerará que desistiu na súa petición, logo da correspondente resolución.

Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, a Axencia de Turismo de Galicia poderá requirirlle á persoa solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

2. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

3. No caso de existiren solicitudes susceptibles de axuda, pero que non se inclúen na proposta anterior por esgotarse o crédito dispoñible, quedarán en reserva para seren atendidas, de ser o caso, ben co crédito que quedase libre debido á renuncia doutros solicitantes ou á modificación dos proxectos inicialmente subvencionados, ou ben por incremento do crédito orzamentario destinado a esta subvención.

Artigo 16. Audiencia

1. Unha vez instruído o procedemento, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución provisional debidamente motivada, que lles será notificada ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que coiden pertinentes, de acordo co establecido no artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas pola persoa interesada. Neste caso, a proposta de resolución formulada terá o carácter de definitiva.

Artigo 17. Resolución

1. A resolución dos expedientes de axudas, logo da fiscalización da proposta, facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, correspóndelle á persoa titular da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia.

2. A resolución de concesión emitirase atendendo ás manifestacións contidas nas declaracións responsables recollidas no formulario de solicitude, subscrita pola persoa que a realiza, baixo a súa responsabilidade e coas repercusións que ten a súa falsidade, reguladas na Lei 9/2007, do 13 de xuño. Na devandita resolución informarase a persoa beneficiaria sobre o importe da axuda expresado en equivalente de subvención bruta e o seu carácter de minimis, de acordo co establecido no Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro).

3. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da persoa beneficiaria, as actuacións subvencionables, o custo elixible, a contía da subvención concedida, as condicións que se deberán cumprir para a execución das actuacións, o seu prazo de finalización e de xustificación e a súa distribución por anualidades.

A alteración do calendario de execución dos proxectos acordado na resolución, que terá como base o calendario de execución do proxecto e a distribución do orzamento por anualidades entregado pola persoa beneficiaria coa solicitude, rexerase polo disposto no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

4. Tendo en conta que os requisitos para ser entidade beneficiaria desta axuda deben cumprirse antes da presentación da solicitude e que os compromisos asumidos pola persoa beneficiaria se recollen na presente resolución, non é necesaria a aceptación expresa ou tácita da resolución, regulada no artigo 21.5 da Lei 9/2007, ao terse aceptado coa presentación da solicitude.

5. O prazo para resolver e notificar a resolución das axudas será de 4 meses desde a presentación da solicitude. Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes poderán entenderse desestimadas.

Artigo 18. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia. O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes, se o acto fose expreso. Transcorrido o dito prazo, unicamente poderá interporse recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outras posibles interesadas poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto.

No caso de interpor o recurso de reposición, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do dito recurso.

b) Directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela ou do enderezo da persoa solicitante, á súa elección, no prazo de dous (2) meses contados, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 19. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria ou programa e crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Igualmente, será aplicable o réxime de publicidade establecido na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

As persoas interesadas poderán facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas no artigo 15.2 d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, en cumprimento do disposto nos artigos 18 e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, comunicarase a concesión das axudas reguladas nesta convocatoria á Base de datos nacional de subvencións, que operará como sistema nacional de publicidade de subvencións.

Non obstante, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a tres mil euros (3.000,00 €), non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia.

Así mesmo, a solicitude para ser persoa beneficiaria da axuda levará implícita a autorización, no suposto de que se conceda a axuda solicitada, para a inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e Sancións, dependente da Consellería de Facenda e Administración Pública, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na súa solicitude. Non obstante, as persoas solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións cando concorra algunha das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións estarán obrigadas a subministrar á Administración, aos organismos ou á entidade prevista no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculados, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 21. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, estas notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación realizada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear de oficio o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse realizadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entendéndose rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda a el.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, realizarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 22. Modificación da resolución de concesión

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, as persoas beneficiarias poderán solicitar a modificación do seu contido antes de que remate o prazo para a realización da actividade.

2. A modificación poderase autorizar sempre que non se danen os dereitos de terceiras persoas. En todo caso, a modificación da resolución de concesión deberá respectar o obxecto da subvención, as actuacións subvencionables e non dar lugar a actuacións deficientes e incompletas.

3. Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, teñan lugar con posterioridade a ela.

4. Xunto coa solicitude, as persoas beneficiarias deberán presentar unha memoria xustificativa, o orzamento modificado e a relación e identificación concreta dos cambios introducidos.

5. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Axencia de Turismo de Galicia, logo da instrución do correspondente expediente, en que se lles dará audiencia ás persoas interesadas, nos termos previstos no artigo 16.

6. Cando as persoas beneficiarias da subvención poñan de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o establecido no artigo 14.1.m) da Lei de subvencións de Galicia, tras se omitir o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar os dereitos de terceiras persoas.

Esta aceptación por parte do órgano concedente non exime a persoa beneficiaria das sancións que poidan corresponderlle conforme a citada Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se inclúe como anexo III, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A presentación da renuncia farase accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, tal e como sinala o artigo 13.

No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, a persoa titular da Axencia ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da citada lei.

Artigo 24. Obrigas das persoas beneficiarias

Ademais das obrigas recollidas nos artigos 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable, as persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:

a) Cumprir o obxectivo e realizar a actuación subvencionada, de conformidade co proxecto presentado ou, de ser o caso, o modificado coa autorización da Axencia de Turismo de Galicia.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da subvención.

c) Dispor da capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se concede a axuda.

d) Manter o investimento subvencionado e a titularidade durante un período mínimo de tres anos. En todo caso, o dito prazo será de cinco anos cando se trate de bens inscritibles nun rexistro público, de conformidade co disposto no artigo 29.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención durante un prazo non inferior a tres anos. Ao longo deste período deberanse levar a cabo as obras de mantemento e limpeza necesarias para a correcta conservación do investimento.

f) Conservar os documentos xustificativos e demais documentación relacionada co financiamento da actuación en formato electrónico durante un prazo mínimo de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta deste pagamento, da operación. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000,00 euros, todo isto de acordo co establecido no artigo 22.2, alínea f) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, e no artigo 133 do Regulamento (UE, Euratom) 2024/2509 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de setembro.

g) Someterse ás actuacións de comprobación e inspección que a Axencia de Turismo de Galicia considere pertinentes ao longo do proceso de execución e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como ás comprobacións da Comisión Europea, da Fiscalía Europea, da Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF) e do Tribunal de Contas da Unión Europea, e aos controis derivados do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia que se realicen a través de autoridades nacionais ou europeas, para o que se facilitará canta información e documentación lles sexa requirida.

Para tal fin, deberán dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados, nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como da documentación xustificativa da aplicación dos fondos recibidos, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control, polo menos, durante o período establecido na alínea f).

h) Obter e asegurar, para os efectos de auditoría e control e para dispor de datos comparables sobre o uso de fondos, en relación coas medidas destinadas á execución de reformas e proxectos de investimento no marco do Plan de recuperación e resiliencia, o acceso ás categorías harmonizadas de datos recollidas no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro.

i) Ser responsable da fiabilidade e do seguimento da execución das actuacións subvencionables, de maneira que poida coñecerse en todo momento o nivel de consecución de cada actuación.

j) Establecer mecanismos que aseguren que as actuacións que van desenvolver terceiros contribúen ao logro das actuacións previstas e que os devanditos terceiros acheguen a información que, de ser o caso, fose necesaria para determinar o valor dos indicadores, fitos e obxectivos pertinentes do Plan de recuperación.

k) Asegurar a regularidade do gasto subxacente e a adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude e a corrupción, previr o conflito de intereses e o dobre financiamento.

l) Comunicarlle á Axencia de Turismo de Galicia a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos concorrentes que financien as actuacións, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a dita concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a solicitude de pagamento coa xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. O incumprimento desta obriga considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

m) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado, en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con este tipo de fondos de recuperación.

n) Cumprir coas exixencias de información e publicidade sinaladas no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. De acordo co disposto no artigo 34.2 do devandito Regulamento (UE) 2021/241, o/a beneficiario/a fará mención da orixe deste financiamento e velará por darlle visibilidade, incluído, cando cumpra, mediante o emblema da Unión Europea e unha declaración de financiamento adecuado que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular, cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público. Deberá cumprirse tamén co establecido en materia de comunicación, información e publicidade na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, en especial co previsto no seu artigo 9. En particular, cómpre ter en conta a información recollida na epígrafe de identidade visual da web do Plan de recuperación, transformación e resiliencia https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual e o Manual de comunicación para xestores e persoas beneficiarias do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, da Secretaría Xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda, dispoñible na seguinte ligazón: https://www.fondoseuropeos.hacienda.gob.es/sitios/dgpmrr/es-es/Documents/MANUAL%20DE%20COMUNICACI%C3%93N%20PARA%20LOS%20GESTORES%20DEL%20PLAN.pdf.

ñ) En relación coa publicidade do financiamento, durante a realización do proxecto, e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego, a persoa beneficiaria deberá informar o público do apoio obtido. Polo tanto, colocará polo menos, un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3) no cal mencionará a axuda financeira nun lugar ben visible para o público, segundo o modelo do anexo XI. A Axencia de Turismo facilitará modelos ás persoas beneficiarias a través da súa páxina web.

o) Subministrar toda a información necesaria para que a Axencia de Turismo de Galicia poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

p) Reintegrar os fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

q) No caso de non ser quen de realizar a actuación para a cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente no momento en que se produza a certeza da non execución.

r) No deseño e execución das actuacións subvencionadas, garantir o respecto ao principio de «non causar un prexuízo significativo» ou, segundo as súas siglas en inglés, DNSH (Do no significant harm), conforme o previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e a súa normativa de desenvolvemento, en particular, a Comunicación da Comisión, Guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo», en virtude do Regulamento relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia, así como o requirido na Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España, así como cumprir coa normativa ambiental autonómica, estatal e comunitaria (anexo VII).

s) Cumprir coas obrigas relacionadas coa cesión e o tratamento de datos sobre a execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) e de compromiso en relación coa execución de actuacións do mesmo plan (PRTR), coa finalidade de cumprir cos números 2 e 3 do artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro (anexo VIII).

t) Declarar o seu compromiso de cumprir os principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar ao ámbito obxecto da xestión, empregando para o efecto o modelo do anexo IX.

u) As persoas beneficiarias garantirán o cumprimento das obrigas de etiquetaxe climática e dixital. A etiqueta 024 «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en pemes e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %, aplícase ás actuacións da liña 1. No caso da liña 3 aplícase a etiqueta 050 «Protección da natureza e biodiversidade, patrimonio e recursos naturais, infraestruturas verdes e azuis», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

v) Cumprir coa obriga da identificación do perceptor final prevista no artigo 8, número 2, da Orde HFP/11030/2021, para o cal se consultarán os datos previstos no artigo 5.1.

w) Todo o anterior sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 25. Xustificación da subvención

1. As entidades beneficiarias terán de prazo para executar as actuacións subvencionadas e presentar a documentación xustificativa ata o 1 de decembro de 2025 na primeira anualidade, sen prexuízo de que as certificacións de obra e as facturas emitidas desde esta data ata o 31 de decembro poidan aplicarse para xustificar a anualidade 2026.

Na segunda anualidade, o prazo de execución e xustificación finalizará o 30 de xuño de 2026.

2. En caso de non xustificarse a totalidade do investimento subvencionable, a subvención será minorada na mesma proporción. En calquera caso, a persoa beneficiaria deberá xustificar unha porcentaxe mínima do 50 % do investimento subvencionable; de non acadarse ese mínimo, enténdese que non se lograron os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, determinarase a perda do dereito a cobrar a subvención concedida. Se a xustificación é superior ao 50 %, pero sen lograr o 100 % do investimento subvencionable, percibirase a subvención proporcional correspondente ao investimento xustificado admisible, sempre que se cumpra o resto das condicións de concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.

Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia de Turismo de Galicia na resolución de concesión da subvención e responder, de xeito indubidable, á natureza da actividade subvencionada.

O investimento xustificado deberá coincidir coa resolución de concesión da subvención ou coas modificacións autorizadas.

3. A solicitude do cobramento efectuaraa a persoa beneficiaria a través de medios electrónicos e con anterioridade a que remate a data límite a que se refire o número 1, mediante a presentación do anexo IV, que estará dispoñible na sede electrónica e que se presentará de acordo co disposto no artigo 13.

4. Á dita solicitude xuntaráselle a documentación xustificativa do investimento requirida. A Administración poderá, excepcionalmente, requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas entidades beneficiarias, porao no seu coñecemento e concederalles un prazo de dez (10) días para a súa corrección. Os requirimentos de emenda serán notificados segundo o establecido nas presentes bases reguladoras.

Igual requirimento se efectuará no suposto do resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de facenda, así como a verificación do DNI do solicitante (persoa física) e do representante da persoa xurídica e o NIF do solicitante (persoa xurídica), ou cando, como resultado da comprobación, se obteña un resultado negativo na comprobación de causas de inhabilitación para recibir subvencións ou axudas, tendo neste caso o solicitante que achegar as correspondentes certificacións ou documentos.

No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado documentación algunha, requirirase igualmente a persoa beneficiaria para que, no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles, a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que conforme a lei, correspondan.

Artigo 26. Documentación xustificativa do investimento

1. Para os efectos do establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado nestas bases reguladoras.

2. A documentación xustificativa que deberán achegar as persoas beneficiarias das subvencións para acreditar a execución do proxecto subvencionado, nos prazos indicados no artigo 25.1, xunto coa solicitude de cobramento (anexo IV), é a seguinte:

a) Memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actuacións realizadas.

b) Memoria económica do custo das actividades realizadas, que conterá:

b.1) Relación clasificada e ordenada dos gastos e investimentos da actividade, con indicación da actuación, do acredor, número de factura, concepto do gasto, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento, consonte o modelo do anexo V. De ser o caso, indicaranse as desviacións producidas no orzamento que serviu de base ao seu outorgamento. A dita ordenación deberá coincidir coa ordenación da documentación indicada no seguinte apartado.

b.2) Facturas, que deberán especificar a que concepto corresponden segundo o investimento que serviu de base para a concesión da subvención, xunto coas certificacións bancarias ou, na súa falta, as copias das ordes de transferencia, que xustifiquen o seu pagamento. En todo caso, o importe reflectido na certificación de obra debe ser consecuente co xustificado coas ditas facturas.

As facturas ou xustificantes non poderán ser anteriores ao período subvencionable nin posteriores á data límite establecida nestas bases para presentar a xustificación (1 de decembro de 2025 na primeira anualidade e 30 de xuño de 2026 na segunda anualidade).

c) A conta xustificativa, segundo o modelo do anexo V.

d) Deberá incluír fotos ilustrativas, anteriores e posteriores, do investimento efectuado.

e) Anexo VI: modelo de declaracións actualizado.

3. Na última anualidade do proxecto, ademais da documentación xustificativa anteriormente relacionada, as persoas beneficiarias deberán presentar dentro do prazo sinalado nestas bases o seguinte:

a) Achegarase certificación de fin de obra por conceptos, que se compón de portada, certificación en orixe, por partidas e capítulos, segundo medicións e prezos recollidos no proxecto de execución, elaborada por técnico/a competente, relativa á obra executada coa súa valoración.

b) No caso de obras, licenza de obras ou, de ser o caso, certificado do concello de non precisar a dita licenza, ou calquera outro permiso sectorial necesario para o desenvolvemento do proxecto.

c) Acreditación documental, material e/ou gráfica (fotografías, copias, captura de pantallas) do cumprimento da obriga de información e publicidade do financiamento público da acción subvencionada.

d) No caso da liña 1, as persoas interesadas achegarán o certificado de eficiencia enerxética obtido unha vez realizadas as actuacións, realizado co mesmo programa recoñecido de certificación que o utilizado para o certificado previo á intervención, subscrito por unha persoa técnica competente, que recolla as actuacións finalmente realizadas. O certificado enerxético final deberá estar inscrito no RCEEE.

e) No caso da liña 1, as persoas interesadas achegarán unha copia do certificado de entrega a xestor autorizado ou punto limpo dos equipos retirados.

f) Na liña 3, de ser o caso, proxecto ou memoria técnica onde se inclúa un estudo de xestión de residuos de construción e demolición, así como do correspondente plan de xestión dos residuos de construción e demolición en que se concrete como se aplicará, segundo o regulado polo Real decreto 105/2008, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición. A xustificación do anterior realizarase da forma seguinte:

1º. Para a correcta acreditación do cumprimento da valorización do 70 % dos residuos de construción e demolición, o adxudicatario presentará unha memoria resumo onde se recolla a cantidade total de residuos xerados, clasificados por códigos LER, e os certificados dos xestores de destino, onde se indique a porcentaxe de valorización alcanzada en cada unha das instalacións. Os residuos perigosos non valorizables non se terán en conta para a consecución deste obxectivo.

2º. O cumprimento do establecemento de medidas para realizar unha demolición selectiva acreditarase mediante os códigos LER, incluídos nos certificados expedidos polos xestores, como xustificación da entrega dos residuos xerados. Estes códigos serán os correspondentes ás fraccións retiradas selectivamente, por exemplo 170101, 170102, 170201, 170202, 170203, 170402, 170403 ou 170405.

3º. No caso de que se valoricen residuos na propia obra, o adxudicatario incluirá na memoria resumo información sobre as cantidades valorizadas, por código LER, e os medios utilizados (planta móbil, xestor, etc.).

4º. No caso de que se utilicen áridos reciclados procedentes de residuos, o adxudicatario incluirá na memoria resumo a documentación que acredite a compra destes materiais, na cal se indicará a cantidade e o tipo de material.

5º. No caso de que se produzan residuos de amianto, será necesario xustificar o seu adecuado tratamento a través da notificación previa do traslado dos residuos de amianto desde o lugar de xeración ata o xestor de residuos, e os documentos de identificación dos traslados de residuos asociados a eses movementos, en aplicación do Real decreto 553/2020, do 2 de xuño, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado.

g) De ser o caso, certificado da dirección de obra ou da empresa contratista na cal se certifique o recollido nas letras b), c) e i) do artigo 8.4.:

Que os deseños dos edificios e as técnicas de construción apoian a circularidade no referido á Norma ISO 20887 para avaliar a capacidade de desmontaxe ou adaptabilidade dos edificios, como estes están deseñados para ser máis eficientes no uso dos recursos, adaptables, flexibles e desmontables para permitir a reutilización e a reciclaxe.

Que os compoñentes e materiais de construción utilizados na construción non conteñen amianto nin substancias moi preocupantes, identificadas sobre a base da Lista de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2006 do Parlamento e do Consello. Os compoñentes e materiais de construción utilizados na construción que poidan entrar en contacto cos usuarios emitirán menos de 0,06 mg de formaldehido por m3 de material ou compoñente e menos de 0,001 mg de compostos orgánicos volátiles canceríxenos de categorías 1A e 1B por m3 de material ou compoñente, previa proba de acordo co CEN/TS 16516 e ISO16000-3 ou outras condicións de proba estandarizadas e métodos de determinación comparables.

Que se adoptaron medidas para reducir o ruído, o po e as emisións contaminantes durante a fase de obra e executaranse as actuacións asociadas a esta medida, sempre cumprindo a normativa de aplicación vixente en canto á posible contaminación de solos e auga.

4. Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas na resolución de concesión da subvención e responder, de xeito indubidable, á natureza da actividade subvencionada.

5. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso ditarase a oportuna resolución, nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Artigo 27. Pagamento da axuda

1. O pagamento da subvención en cada anualidade aboarase logo da presentación da xustificación e será equivalente á contía establecida na resolución de concesión, conforme a distribución de anualidades establecida nela.

2. Cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto, a contía da subvención reducirase proporcionalmente, de acordo co establecido no artigo 25.2.

En ningún caso o menor custo de execución do proxecto subvencionado pode supor unha execución deficiente do proxecto e a entidade beneficiaria da subvención debe cumprir as condicións da concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.

3. Sen prexuízo do anterior, o libramento da subvención na primeira anualidade non poderá superar a cantidade establecida na resolución de concesión para este exercicio orzamentario. No entanto, os xustificantes de gasto por riba dese limiar poderán imputarse á anualidade 2026, sen que isto implique incremento da achega correspondente ao referido exercicio orzamentario.

4. Para o cobramento da segunda anualidade da subvención concedida, será requisito indispensable ter completamente executado o proxecto que fundamentou a resolución de concesión, na data límite de xustificación e telo acreditado mediante a presentación da documentación xustificativa establecida nestas bases.

5. Poderase realizar o pagamento da contía da subvención correspondente á primeira anualidade en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo mediante resolución motivada do órgano concedente, unha vez que a persoa beneficiaria presente a aceptación expresa da subvención.

O importe do anticipo non superará o 50 % da subvención total, de acordo co previsto no artigo 63.1.dous do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, sen que se supere a anualidade prevista no exercicio orzamentario.

6. Revisada a documentación que a entidade beneficiaria debe presentar para xustificar a primeira anualidade da subvención, de comprobar que ao importe xustificado lle tería correspondido un pagamento inferior á cantidade librada en concepto de anticipo, compensarase o exceso de financiamento de forma automática na liquidación da última anualidade; de ser o caso, efectuarase á dedución do seu importe sobre a cantidade da subvención que debería percibir a persoa beneficiaria en relación cos xustificantes de gastos e de pagamentos realizados en 2026.

Nos supostos en que non proceda ningún libramento na anualidade 2026, a entidade beneficiaria poderá efectuar a devolución voluntaria da subvención e achegará o xustificante bancario acreditativo do reintegro na forma indicada no artigo 28.

7. Os pagamentos anticipados suporán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións subvencionadas. Estes pagamentos deberán ser solicitados (anexo X) pola persoa beneficiaria tras a notificación da resolución de concesión, no prazo máximo dun (1) mes.

8. O pagamento de anticipos estará supeditado á constitución dunha garantía bancaria ou dunha garantía equivalente que corresponda ao 110 % do importe anticipado.

9. A garantía constituirase mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous (2) meses seguintes á finalización do prazo de xustificación previsto nestas bases reguladoras.

10. A garantía deberá constituírse na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia ou nas súas sucursais, situadas nas delegacións territoriais da consellería competente en materia de facenda. O xustificante orixinal de depósito da garantía na Caixa Xeral de Depósitos deberá presentarse xunto coa solicitude de anticipo.

11. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada do órgano correspondente.

12. En ningún caso poderán realizarse pagamentos anticipados a persoas beneficiarias cando se solicitase a declaración de concurso, fosen declaradas insolventes en calquera procedemento ou estean declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estean suxeitas a intervención xudicial ou sexan inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

Artigo 28. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. De acordo co establecido no artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, de ser o caso, ao reintegro da totalidade da axuda percibida calquera incumprimento das seguintes obrigas:

a) Cando se obtivese a subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) Cando se incumpran totalmente o obxectivo, a actividade, o proxecto ou non se adopte o comportamento que fundamentou a concesión da subvención.

c) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas nos artigos 11 e 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derivase a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas.

d) A concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

2. No suposto previsto no número 3 do artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, procederá o reintegro do exceso obtido sobre o custo da actividade subvencionada, así como a exixencia do xuro de mora correspondente.

3. Para facer efectiva a devolución a que se refiren os números anteriores, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

4. Con anterioridade ao requirimento previo da Administración, as persoas beneficiarias poderán realizar con carácter voluntario a devolución do importe da axuda obxecto de reintegro.

Artigo 29. Réxime de infraccións e sancións

1. As persoas beneficiarias destas axudas quedan suxeitas ao réxime de infraccións e sancións previsto para esta materia no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. O incumprimento das obrigas contidas nesta resolución ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de mora correspondentes. Para estes efectos, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento, e en función do seguinte:

a) Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención: reintegro do 100 % da axuda concedida.

b) Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como nos supostos establecidos no artigo 33 desta mesma lei e/ou calquera outro que resulte da normativa aplicable e non recollido nas epígrafes anteriores: reintegro de ata o 100 % da axuda concedida.

3. O incumprimento do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, no sentido do artigo 8, punto 1.e), da Orde HFP/1030/2021, do 28 de setembro, dará lugar á devolución total da subvención percibida, así como os xuros de mora correspondentes.

4. As cantidades que teñan que reintegrar as persoas beneficiarias terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para a súa cobranza o previsto no artigo 14.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 9/2007, do 13 de xuño; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e na normativa comunitaria de aplicación.

5. De conformidade co previsto no artigo 64 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, a persoa beneficiaria poderá realizar devolución voluntaria de cantidades indebidamente percibidas mediante ingreso na conta habilitada da Facenda pública galega. O importe da devolución incluirá os xuros de mora. No documento de ingreso deberán identificarse o número do expediente, o concepto da devolución e o nome e o NIF da persoa beneficiaria. Unha vez ingresado, deberáselle comunicar á Axencia de Turismo de Galicia a devolución voluntaria realizada.

Artigo 30. Seguimento, control e comprobación

1. Unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención, a Axencia de Turismo de Galicia, antes de efectuar o seu pagamento final, poderá realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como o cumprimento do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, no sentido do artigo 8, punto 1.e), da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.

2. Ademais, todas as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e a súa normativa de desenvolvemento.

Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

3. A Axencia de Turismo de Galicia realizará, ben con persoal propio ou a través de empresas auditoras, actuacións de comprobación e control para verificar sobre o terreo o cumprimento das condicións para a percepción das axudas. As comprobacións incidirán sobre todos aqueles aspectos que garantan a realización dos compromisos adquiridos e o cumprimento dos requisitos fixados na resolución. O persoal encargado da verificación redactará unha acta da actuación de control, que asinará a entidade, á cal se lle entregará unha copia, e presentaralla ao órgano competente xunto co informe de verificación. A entidade queda obrigada a facilitarlle ao persoal designado copia da documentación que se lle solicite relativa ao expediente obxecto de control.

Artigo 31. Medidas antifraude

1. En cumprimento do establecido no artigo 6 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, estableceranse mecanismos para a prevención, detección, corrección e persecución da fraude, a corrupción e o conflito de intereses.

2. As persoas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice a Axencia de Turismo para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, e ás de control dos órganos competentes do PRTR e dos servizos financeiros da Comisión Europea, do Tribunal de Contas Europeo, da Oficina Europea, de Loita contra a Fraude (OLAF) ou da Fiscalía Europea e ás verificacións do artigo 22 do Regulamento (CE) 241/2021 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (DOUE do 18 de febreiro).

3. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo, a través da canle habilitada na web https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf. Sen prexuízo disto, tamén poderá empregar a canle de denuncias sobre irregularidades ou condutas de fraude, que terá a súa sede no Sistema integrado de atención á cidadanía (SIACI). A ligazón á canle de denuncias é a seguinte: https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias. Estas canles garanten o anonimato da persoa denunciante.

4. Na loita contra a fraude a Axencia de Turismo de Galicia actuará de conformidade co Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia e co seu Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude, que se aplica a esta convocatoria. As ligazóns aos citados plans no Portal de transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia son as seguintes:

https://ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/codigo-etico/plan-prevencion-riscos-medidas-antifraude-gal.pdf

https://ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/plans/antifraude/presidencia/plan-antifraude-turismo-2024.pdf

Artigo 32. Análise sistemática do risco de conflito de interese no procedemento de concesión de subvencións no marco do PRTR

A presente convocatoria está suxeita á análise sistemática e automatizada do risco de conflito de intereses prevista na disposición adicional centésimo décimo segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, e na Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

De acordo co establecido no artigo 7 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, o órgano competente na concesión da subvención poderá solicitarlles ás persoas beneficiarias a información da súa titularidade real cando a AEAT non dispoña desa información e así o indicase mediante a correspondente bandeira negra, tendo en conta a análise realizada a través de Minerva. Este suposto non implicará a suspensión automática do procedemento en curso, pero a dita información deberá achegárselle ao órgano que concede no prazo de cinco (5) días hábiles desde que se formule a solicitude de información. A falta desta información no prazo sinalado será motivo de exclusión do procedemento.

Os datos, unha vez recibidos, serán adecuadamente custodiados de acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril (Regulamento xeral de protección de datos), e coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A través do Minerva, o responsable de operación levará a cabo un novo control ex ante do risco de conflito de intereses, e indicará en lugar do solicitante os titulares reais recuperados polo órgano outorgante.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XI
Publicidade do financiamento comunitario
TU503F-Subvencións a establecementos turísticos para actuacións
de embelecemento do litoral galego

Ao tratarse de subvencións financiadas con fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, ao estar incluído no Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no artigo 34, do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e coa Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a persoa beneficiaria deberá cumprir os seguintes requisitos de publicidade e comunicación:

1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, a persoa beneficiaria deberá recoñecer o apoio da Xunta de Galicia, conforme ao manual de identidade corporativa que estea vixente, e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, ao proxecto, incluíndo a imaxe institucional correspondente, e mostrando:

a) O emblema da Unión cunha declaración de financiamento adecuada que diga «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

b) Referencia ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

c) O emblema do Ministerio de Industria e Turismo, ao ser este o órgano competente de coordinación e seguimento.

O formato que se utiliza é o seguinte:

missing image file

2. Durante a realización do proxecto e durante un período mínimo igual ao da obriga de conservación da documentación xustificativa da aplicación dos fondos:

i. Breve descrición no seu sitio da Internet do que dispoña a entidade beneficiaria, do proxecto desenvolvido ao abeiro da subvención concedida, dos obxectivos perseguidos e resultados acadados, en que se destaque a procedencia da financiamento e o emblema da UE, incluíndo a imaxe institucional correspondente, incluída a da Xunta de Galicia e a do Ministerio de Industria e Turismo e mostrando:

a) O emblema da Unión cunha declaración de financiamento adecuada que diga «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

b) Referencia ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

c) O emblema do Ministerio de Industria e Turismo, ao ser este o órgano competente de coordinación e seguimento.

d) Mención ao título da operación: «Subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego».

ii. Colocar, polo menos, un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), en que se mencionará o apoio financeiro da Xunta de Galicia e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia ao proxecto, incluíndo a imaxe institucional correspondente, e mostrando:

a) O emblema da Unión cunha declaración de financiamento adecuada que diga «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

b) Referencia ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

c) O emblema do Ministerio de Industria e Turismo, ao ser este o órgano competente de coordinación e seguimento.

d) Mención ao título da operación: «Subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego».

O cartel, elaborado con materiais que permitan certa perdurabilidade no tempo, deberase colocar nun lugar visible para o público.

Para os efectos do sinalado, deberase empregar o seguinte modelo tanto para a publicación en web como para a elaboración do cartel:

missing image file