DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 2025 Páx. 49504

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan, para a provisión polo sistema de libre designación, postos de traballo dos corpos de xestión procesual e administrativa, e de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza.

De conformidade co establecido nos artigos 524, número 1, e 526, número 2, da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial; no artigo 56 e seguintes do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, e na Resolución do 29 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de postos de traballo da Secretaría de Goberno e das oficinas de xustiza, fase III, anúnciase a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo cuxa descrición se especifica no anexo I desta convocatoria, consonte as seguintes bases:

Primeira. Participantes

1. Os postos de traballo que se convocan poden ser solicitados por persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo do posto que solicita, calquera que sexa a súa situación administrativa, excepto que se encontre nalgunha das situacións previstas no número 2, sempre que reúna as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e se manteñan ata a súa resolución.

2. Non poderán tomar parte nesta convocatoria:

a) As persoas declaradas suspensas en firme, mentres dure a suspensión.

b) O persoal funcionario que se encontre en situación de excedencia voluntaria por interese particular, durante o período mínimo obrigatorio de permanencia na dita situación.

c) As persoas sancionadas con traslado forzoso, ata que transcorran un ou tres anos, se se trata dunha falta grave ou moi grave, respectivamente, para destino na mesma localidade en que se lles impuxo a sanción.

3. En caso de que o persoal funcionario que estea destinado en partidos xudiciais nos cales se oferten prazas mediante concurso específico dentro do proceso de reorganización solicite postos de traballo mediante concurso específico, a adxudicación dun posto de libre designación deixará sen efecto a participación no dito concurso.

Segunda. Presentación de solicitudes

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes segundo o anexo II, nas cales farán constar os seus datos persoais, o posto de traballo actual e o posto a que aspiran, no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o procedemento xenérico PR004A e achegando o anexo II coa solicitude.

Coa solicitude deberá achegarse un currículo e a documentación acreditativa dos méritos alegados para o posto solicitado.

Igualmente, axuntarase á instancia unha memoria asinada na cal, nunha extensión non superior aos cinco (5) folios, o/a candidato/a realizará unha análise das tarefas do posto solicitado e das condicións e dos medios necesarios para o seu desempeño, e fará constar, así mesmo, propostas de mellora no desenvolvemento das funcións e todas aqueloutras cuestións que o/a aspirante considere de interese ou importancia, con base na descrición das funcións do posto.

A Dirección Xeral de Xustiza ou o/a secretario/a de Goberno poderán realizar unha entrevista persoal ás persoas interesadas.

Terceira. Resolución e adxudicación de destino

Esta convocatoria será resolta pola Dirección Xeral de Xustiza e os nomeamentos efectuaranse no prazo máximo de dous meses, contados desde o remate do prazo de presentación de solicitudes. O dito prazo poderá prorrogarse, excepcionalmente, ata un mes máis.

A toma de posesión efectiva dos postos non se producirá ata a entrada en funcionamento da oficina xudicial nos partidos xudiciais aos cales corresponda o centro de destino, prevista o 31 de decembro de 2025.

As persoas designadas poderán ser cesadas con carácter discrecional pola mesma autoridade que as nomeou.

Tamén poderán renunciar aos ditos postos de traballo mediante solicitude razoada na cal farán constar os motivos profesionais ou persoais para esta renuncia, sempre que desempeñasen o citado posto polo menos durante un ano.

O persoal funcionario que sexa nomeado con carácter definitivo nun posto de libre designación, cando cese no dito cargo será adscrito provisionalmente a unha praza vacante xenérica na localidade onde estaba a prestar servizos e deberá participar no primeiro concurso de traslados en que se oferten prazas na dita localidade. Neste concurso gozará de preferencia para ocupar as vacantes de carácter xenérico da mesma localidade onde estaba a prestar servizos cando se produciu o seu cesamento.

Cuarta. Publicación da resolución

A resolución desta convocatoria publicarase no DOG e no BOE, e poderase declarar deserta se se considera oportuno.

Quinta. Recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2025

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Centro de destino: Secretaría de Goberno

Código do posto

Denominación

CXP

CE

Corpo

Observacións

XG92589000150306001.11

Xestión-Xefatura SG I

4.219,80

11.725,44

CXPA

Dispoñibilidade horaria

XG92589000150306002.11

Xestión-Xefatura SG I

4.219,80

11.725,44

CXPA

Dispoñibilidade horaria

XG92589000150306003.11

Xestión-Xefatura SG I

4.219,80

11.725,44

CXPA

Dispoñibilidade horaria

XG92589000150307008.13

Tramitación-Xefatura SG na Coruña

3.587,52

11.318,40

CTPA

Dispoñibilidade horaria

XG92589000150307009.13

Tramitación-Xefatura SG na Coruña

3.587,52

11.318,40

CTPA

Dispoñibilidade horaria

XG92589000150307010.13

Tramitación-Xefatura SG en Lugo

3.587,52

11.318,40

CTPA

Dispoñibilidade horaria. Posto localizado en Lugo

XG92589000150307011.13

Tramitación-Xefatura SG en Lugo

3.587,52

11.318,40

CTPA

Dispoñibilidade horaria. Posto localizado en Lugo

XG92589000150307012.13

Tramitación-Xefatura SG en Ourense

3.587,52

11.318,40

CTPA

Dispoñibilidade horaria. Posto localizado en Ourense

XG92589000150307013.13

Tramitación-Xefatura SG en Ourense

3.587,52

11.318,40

CTPA

Dispoñibilidade horaria. Posto localizado en Ourense

XG92589000150307014.13

Tramitación-Xefatura SG en Pontevedra

3.587,52

11.318,40

CTPA

Dispoñibilidade horaria. Posto localizado en Pontevedra

XG92589000150307015.13

Tramitación-Xefatura SG en Pontevedra

3.587,52

11.318,40

CTPA

Dispoñibilidade horaria. Posto localizado en Pontevedra

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file