BDNS (Identif.): 856445.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvenciones:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/856445
Primeiro. Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións as organizacións de produtores pesqueiros do ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores establecido no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
Segundo. Finalidade
Esta orde ten por obxecto convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, executados durante a anualidade 2024, das organizacións de produtores pesqueiros do ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo establecen a sección IV do capítulo II do Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013; o artigo 66 do Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, e o artigo 15.5 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 26 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de diferentes liñas de axudas ás organizacións de produtores do sector pesqueiro e da acuicultura no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para o período 2021-2027 (códigos de procedemento PE155C e PE155D).
As bases reguladoras foron publicadas no Diario Oficial de Galicia número 193, do 7 de outubro de 2024.
Cuarto. Importe
Para o ano 2025 o importe total máximo das subvencións que se concedan será de 2.800.000,00 euros, e as axudas concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias 2025.16.02.723B.780.0 e 2025.16.02.723B.770.0, que figuran dotadas no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2025.
|
Liña de axuda |
Entidades beneficiarias |
Aplicacións orzamentarias |
Proxecto contable |
Importe (euros) |
|
Preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización |
Organizacións sen ánimo de lucro |
2025.16.02.723B.780.0 |
2023 00196 |
2.300.000,00 |
|
Entidades con ánimo de lucro |
2025.16.02.723B.770.0 |
500.000,00 |
||
|
Total |
2.800.000,00 |
|||
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que o último día sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
