DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 2025 Páx. 49874

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 11 de setembro de 2025 pola que se publica a redistribución do crédito da Orde do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas dirixidas ao sector da acuicultura para investimentos produtivos e creación de empresas, investimentos para a neutralidade climática e servizos de asesoramento, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se procede á súa convocatoria para o ano 2025, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE205F), modificada pola Orde do 5 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro).

O 10 de xaneiro de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas dirixidas ao sector da acuicultura para investimentos produtivos e creación de empresas, investimentos para a neutralidade climática e servizos de asesoramento, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se procede á súa convocatoria para o ano 2025, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE205F).

A dita orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas ás seguintes accións:

1. Modalidade A: axudas destinadas á realización das actuacións que teñen por obxecto fomentar a competitividade e a sustentabilidade do sector da acuicultura e impulsar o espírito empresarial.

2. Modalidade B: axudas destinadas a contribuír á neutralidade climática mediante a redución da pegada de carbono, o incremento da eficiencia enerxética e a reconversión a fontes de enerxía renovables.

3. Modalidade C: axudas destinadas a mellorar o rendemento, a competitividade e a sustentabilidade das explotacións acuícolas a través dos servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, tecnolóxico, xurídico ou económico ás explotacións.

A Orde do 17 de decembro de 2024 establece no seu artigo 3.2 que se poderá ampliar o importe fixado na convocatoria no caso de que exista crédito dispoñible derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, de remanentes doutras convocatorias ou en calquera dos casos e coas condicións establecidas no número 2 do artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto, respectando o disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Así mesmo, no artigo 3.4 establece que a distribución de fondos establecida para cada anualidade en cada unha das aplicacións orzamentarias poderá axustarse, tras a análise das solicitudes presentadas, sen incrementar o crédito total.

Tendo en conta que este ano, polo número e contía das axudas correspondentes á modalidade A, o crédito orzamentario non é suficiente para atender as solicitudes que cumpren cos requisitos, procede redistribuír o crédito orzamentario para a concesión de axudas destinadas á realización das actuacións que teñen por obxecto fomentar a competitividade e a sustentabilidade do sector da acuicultura e impulsar o espírito empresarial.

Por todo o anterior, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro. Modifícase o crédito destinado ás axudas convocadas na Orde do 17 de decembro de 2024, redistribuíndo o previsto na dita orde entre as diferentes modalidades de axuda:

Aplicación de orixe

Proxecto de

orixe

Aplicación de destino

Proxecto de

destino

Importe 2026

Importe 2027

16.02.723A.771.0

2024 00151

16.02.723A.770.4

2023 00190

1.241.226,57 €

1.250.000,00 €

Segundo. As axudas correspondentes á Orde do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas dirixidas ao sector da acuicultura para investimentos produtivos e creación de empresas, investimentos para a neutralidade climática e servizos de asesoramento, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se procede á súa convocatoria para o ano 2025, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE205F), concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias que figuran no cadro que se insire dotadas na Lei 4/2024, de 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025. Os importes máximos que se concedan no dito exercicio orzamentario ascenderán ás seguintes contías:

Crédito

Modalidade de axuda

Aplicación orzamentaria

Proxecto

Ano 2026

Ano 2027

Inicial

A

16.02.723A.770.4

2023 00190

25.000.000,00 €

20.000.000,00 €

Modificado

A

16.02.723A.770.4

2023 00190

26.241.226,57 €

21.250.000,00 €

Inicial

B

16.02.723A.771.0

2024 00151

1.250.000,00 €

1.250.000,00 €

Modificado

B

16.02.723A.771.0

2024 00151

8.773,43 €

0,00 €

Terceiro. A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2025

Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar