O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 23.7.2025, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Negros e Cabeiro (Redondela), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC de Negros presenta a solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Negros e a CMVMC de Cabeiro, ambas no concello de Redondela.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Cabeiro (ID 3079) da CMVMC de Cabeiro.
– MVMC de Negros (ID 3082) da CMVMC de Negros.
Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 20.7.2022.
– Acta de conciliación número 596/2022 entre as comunidades no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Redondela do 24.10.2022.
– Certificado do 8.9.2022 do secretario da CMVMC de Cabeiro coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 4.9.2022.
– Certificado do 8.9.2022 do secretario da CMVMC de Negros coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 5.6.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 11.10.2024 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 482 do COETF de Galicia, que modifica a memoria inicialmente presentada e asinada o 16.9.2022.
– Informe de validación gráfica catastral con CSV: 14332M4J0A8ZXERZ.
Segundo. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 289,59 metros e está composta polos seguintes puntos:
|
Número |
X |
Y |
|
Punto P.01 |
530.415,07 |
4.678.962,12 |
|
Punto P.03 |
530.062,29 |
4.679.087,54 |
O punto P.02 non forma parte do deslindamento por ser un punto de referencia. No traballo de gabinete establécense dous puntos de deslindamento secundarios (S.01, S.02) para respectar as propiedades particulares tomando de referencia as fotografías aéreas do catastro de riqueza rústica do Concello de Redondela do arquivo histórico dixital de Galicia e un punto de deslindamento secundario S.03 para respectar o dominio público da estrada.
|
Número |
X |
Y |
|
Punto S.01 |
530.394,52 |
4.678.979,78 |
|
Punto S.02 |
530.222,70 |
4.679.057,52 |
|
Punto S.03 |
529.977,35 |
4.679.137,32 |
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos.
O deslindamento está formado por dous tramos:
Tramo 1: punto P.01-punto S.01.
Tramo 2: punto S.02-punto P.03 e punto S.03.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Negros: realiza un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa planimetría existente e un axuste entre o punto S.01 e S.02
– CMVMC de Cabeiro: deberá proceder mediante algún dos expedientes recollidos na lexislación para adaptar as superficies actualmente recollidas no Rexistro de MVMC de Pontevedra coas realmente pertencentes á comunidade.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Terceiro. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Negros e Cabeiro (Redondela), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigo 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 3 de setembro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
