DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 2025 Páx. 50622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución que aproba o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Soutomaior (Soutomaior) e Silvoso (Ponte Caldelas) (expediente DC22080).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 23.7.2025, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Soutomaior (Soutomaior) e Silvoso (Ponte Caldelas), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC de Soutomaior presenta unha solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Soutomaior (Soutomaior) e a CMVMC de Silvoso (Ponte Caldelas).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Silvoso (ID: 3150) da CMVMC de Soutomaior.

– MVMC de Silvoso (ID: 3054) da CMVMC de Silvoso.

Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

– Acta do apeo do deslindamento do 17.8.2022.

– Acta de conciliación número 006/2023 entre ambas comunidades no Xulgado de Paz de Ponte Caldelas do 21.2.2023.

– Certificado do 27.9.2022 do secretario da CMVMC de Soutomaior, coa conformidade do presidente, da aprobación en Asemblea Xeral do 11.12.2021.

– Certificado do 23.1.2023 da secretaria da CMVMC de Silvoso, coa conformidade do presidente, da aprobación en Asemblea Xeral do 22.1.2023.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 28.11.2022 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 740 do COETF de Galicia.

– Informes de validación gráfica catastral con CSV: MRCY9N08FZAC16DC e CSV: YP0SY0HHMAC9H51N.

Segundo. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 945 metros, e está composta polos seguintes puntos:

Punto

X

Y

P01

536.922,78

4.688.640,69

P02

536.936,10

4.688.564,60

P03

536.985,81

4.688.184,88

P04

537.096,32

4.687.953,88

P05

537.150,41

4.687.865,01

P06

537.215,44

4.687.759,46

O deslindamento entre ambos os montes veciñais forma un tramo único.

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC, confírmase que existe colindancia entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.

A liña do deslindamento respecta a liña de concellos do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Soutomaior e Ponte Caldelas.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación:

– CMVMC de Soutomaior: presenta un axuste co resto do esbozo.

– CMVMC de Silvoso: presenta un axuste co resto do esbozo.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón que o Xurado do deslindamento a aprobe segundo a liña presentada.

Terceiro. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Soutomaior (Soutomaior) e Silvoso (Ponte Caldelas), nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 3 de setembro de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra