O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 23.7.2025, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Moscoso e Xunqueiras (Pazos de Borbén), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 29.9.2022 o presidente da CMVMC de Moscoso presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Moscoso e a CMVMC de Xunqueiras, ambas no concello de Pazos de Borbén.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Moscoso (ID: 2940) da CMVMC de Moscoso.
– MVMC de Xunqueiras (ID: 2943) da CMVMC de Xunqueiras.
Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 16.5.2022.
– Acta de conciliación número 007/2022 do Xulgado de Paz de Pazos de Borbén do 15.12.2022.
– Certificado do 9.7.2024 do secretario da CMVMC de Moscoso, coa conformidade do presidente, da aprobación en Asemblea Xeral do 25.6.2022.
– Certificado do 28.8.2024 do secretario da CMVMC de Xunqueiras, coa conformidade do presidente, da aprobación en Asemblea Xeral do 18.8.2024.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 3.5.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 740 do COETF de Galicia.
– Informes de validación gráfica catastral con CSV: YVFREKEPWKHFQ5R9.
Segundo. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.875 metros e está composta polos seguintes puntos:
|
Punto |
X |
Y |
|
P01 |
542.252,19 |
4.683.994,88 |
|
P02 |
542.090,00 |
4.684.032,77 |
|
P03 |
542.019,38 |
4.684.035,55 |
|
P04 |
541.787,79 |
4.684.066,96 |
|
P05 |
541.644,85 |
4.684.099,03 |
|
P06 |
541.622,83 |
4.684.103,89 |
|
P07 |
541.570,08 |
4.684.083,52 |
|
P08 |
541.494,73 |
4.684.074,75 |
|
P09 |
541.454,16 |
4.684.056,51 |
|
P10 |
541.406,82 |
4.684.019,25 |
|
P11 |
541.297,35 |
4.683.964,52 |
|
P12 |
540.995,82 |
4.683.727,72 |
|
P13 |
540.723,64 |
4.683.291,44 |
|
P14 |
540.658,09 |
4.683.350,25 |
|
P15 |
540.596,93 |
4.683.353,82 |
|
P16 |
540.472,44 |
4.683.361,01 |
|
P17 |
540.453,62 |
4.683.304,87 |
|
P18 |
540.472,66 |
4.683.164,94 |
|
PS03 |
540.458,26 |
4.683.270,75 |
|
PS02 |
540.868,84 |
4.683.523,84 |
|
PS01 |
540.922,04 |
4.683.573,04 |
O deslindamento entre ambos os montes veciñais forma dous tramos:
Tramo 1: puntos 1 ao 11.
Tramo 2: puntos 12 ao 18 (tómanse en gabinete os puntos secundarios PS01, PS02 e PS03 para crear dúas descontinuidades por existir parcelas de enclavados).
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existen lindeiros entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación e presentan un axuste para enlazar os puntos do deslindamento co resto do esbozo orixinal.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Terceiro. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Moscoso e Xunqueiras (Pazos de Borbén), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 3 de setembro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
