O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 23.7.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Meixome e Madriñán (Lalín), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 27.9.2022, o presidente da CMVMC de Meixome presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Meixome e a CMVMC de Madriñán, ambas no concello de Lalín.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Meixome (ID: 2797) da CMVMC de Meixome.
– MVMC de Madriñán (ID: 2796) da CMVMC de Madriñán.
Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 23.2.2022.
– Acta de conciliación núm. 0000574/2022 entre ambas as comunidades no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín do 19.10.2022.
– Certificado do 21.7.2022 do secretario da CMVMC de Meixome coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 10.7.2022.
– Certificado do 30.6.2022 do secretario da CMVMC de Madriñán coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 20.3.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 19.9.2022 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 482 do COETF de Galicia.
– Informe de validación gráfica catastral con CSV: 851S76VQ219NH9WM.
Segundo. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 2.288 metros e está composta polos seguintes puntos:
|
Punto |
X |
Y |
|
1 |
568.799,6 |
4.732.091,3 |
|
2 |
568.733,0 |
4.731.876,0 |
|
3 |
568.658,8 |
4.731.670,7 |
|
4 |
568.634,4 |
4.731.619,4 |
|
5 |
568.622,0 |
4.731.606,4 |
|
6 |
568.543,4 |
4.731.461,0 |
|
7 |
568.445,4 |
4.731.266,0 |
|
8 |
568.402,7 |
4.731.175,6 |
|
9 |
568.316,8 |
4.730.894,3 |
|
10 |
568.283,6 |
4.730.844,6 |
|
11 |
568.165,5 |
4.730.667,9 |
|
12 |
568.033,9 |
4.730.380,2 |
|
13 |
568.007,3 |
4.730.254,5 |
|
14 |
567.957,3 |
4.730.064,6 |
|
15 |
567.956,9 |
4.729.992,3 |
|
16 |
568.001,4 |
4.729.778,8 |
No punto 15, a coordenada X 567.956,9 descrita é a correcta, xa que, detectouse un erro de transcrición de dous números na documentación achegada pola CMVMC de Meixome e pola CMVMC de Madriñán.
O deslindamento está formado por dous tramos: tramo 1 (punto 1-punto 10) e tramo 2 (punto 11-punto 16).
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.
O deslindamento afecta o esbozo do estudo previo de clasificación do monte veciñal da CMVMC de Busto (Lalín) pero a CMVMC de Madriñán achega o acto de conciliación núm. 575/2022 do 19.10.2022 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Lalín de deslindamento entre a CMVMC de Madriñán e a CMVMC de Busto que confirma que non se afecta o monte veciñal da CMVMC de Busto.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Meixome: achega un axuste para enlazar o deslindamento co resto do seu esbozo.
– CMVMC de Madriñán: achega un axuste para enlazar o deslindamento co resto do seu esbozo.
– CMVMC de Busto: axuste de oficio para enlazar co resto do esbozo.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Terceiro. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Meixome e Madriñán (Lalín), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 3 de setembro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
