DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 2025 Páx. 50612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución que aproba o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Bugarín e Ponteareas (Ponteareas) (expediente DC22097).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 23.7.2025, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Bugarín e Ponteareas (Ponteareas), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 29.9.2022 o presidente da CMVMC de Bugarín presenta unha solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Bugarín e a CMVMC de Ponteareas, ambas no concello de Ponteareas.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Torreiro, Fraga do Rei, Regueiro Grande, Arruxo, Coto, Coto da Ravela e Coto de Quintela (ID:3021) da CMVMC de Bugarín.

– MVMC de Picaraña e Canedo (ID:3024) da CMVMC de Ponteareas.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

– Acta do apeo do deslindamento do 25.5.2022.

– Acta de conciliación núm. 457/2022 no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas.

– Certificado do 10.7.2024 do secretario da CMVMC de Bugarín coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 16.7.2022.

– Certificado do 19.7.2022 da secretaria da CMVMC de Ponteareas coa conformidade da presidenta da aprobación en Asemblea Xeral do 25.6.2022.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 19.8.2022 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 482 do COETF de Galicia.

– Informes de validación gráfica catastral con CSV: HHCTX7ZF2AGWJAG.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.600 metros e está composta polos seguintes puntos:

Número

X

Y

Punto 1

542.832,1

4.671.576,1

Punto 2

542.775,4

4.671.584,8

Punto 3

542.722,5

4.671.592,7

Punto 4

542.714,1

4.671.592,0

Punto 5

542.700,7

4.671.595,6

Punto 6

542.691,0

4.671.599,0

Punto 7

542.681,5

4.671.608,0

Punto 8

542.644,9

4.671.631,4

Punto 9

542.540,1

4.671.408,2

Punto 10

542.355,6

4.671.219,9

Punto 11

542.084,9

4.670.988,7

s.1

542.041,9

4.670.955,1

s.2

541.802,0

4.670.767,3

s.3

541.796,1

4.670.762,7

Punto 12

541.617,1

4.670.622,5

O deslindamento entre ambos montes veciñais forma un tramo único.

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC, detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Bugarín: presenta un axuste para enlazar co resto do esbozo.

– CMVMC de Ponteareas: presenta un axuste para enlazar co resto do esbozo.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Bugarín e Ponteareas (Ponteareas), nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 3 de setembro de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra