DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 2025 Páx. 51045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución pola que se aproba o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común do Hío e Darbo (Cangas) (expediente DC22100).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 23.7.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) do Hío e Darbo (Cangas), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 29.9.2022 o presidente da CMVMC do Hío presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC do Hío e a CMVMC de Darbo, ambas do concello de Cangas.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC do Hío (ID: 2513) da CMVMC do Hío.

– MVMC de Darbo (ID:2512) da CMVMC de Darbo.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

– Acta do apeo do deslindamento do 22.9.2022.

– Acta de conciliación número 734/2022 entre as comunidades no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do concello de Cangas.

– Certificado do 24.6.2024 do secretario da CMVMC do Hío coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 24.9.2022.

– Certificado do 22.6.2024 do secretario da CMVMC de Darbo coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 19.11.2022.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, asinada o 13.4.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 740 do COETF de Galicia.

– Informes de validación gráfica catastral con CSV: 5ES5JMGP257WQK3W.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 850 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto

X

Y

Descrición

P. 01

515.992,84

4.679.832,75

Marco Condado de Aldao

P. 02

515.938,38

4.679.816,83

Pedra Boudañido

P. 03

515.726,97

4.679.684,00

Marco Condado de Aldao

P. 04

515.600,26

4.679.611,34

Outeiro

P. 05

515.586,90

4.679.519,24

Pedra (punto intermedio)

P. 06

515.605,11

4.679.371,24

Límite propiedades

O deslindamento entre ambos os montes veciñais forma un tramo único.

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe linde entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC do Hío: presenta un axuste co resto do esbozo.

– CMVMC de Darbo: presenta un axuste co resto do esbozo.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC do Hío e Darbo (Cangas), nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 8 de setembro de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra