O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 23.7.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Roca e Barbudo (Ponte Caldelas), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 26.9.2022 o presidente da CMVMC de Roca presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Roca e a CMVMC de Barbudo, ambas no concello de Ponte Caldelas.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Roca (ID: 3053) da CMVMC de Roca.
– MVMC de Barbudo (ID: 3043) da CMVMC de Barbudo.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 16.5.2022.
– Acta de conciliación núm. 55/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz do concello de Ponte Caldelas do 6.10.2024.
– Certificado do 21.3.2024 da secretaria da CMVMC de Roca coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 5.2.2022.
– Certificado do 29.3.2024 do secretario da CMVMC de Barbudo coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 17.7.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 26.9.2024 pola enxeñeira de montes núm. 2275.
– Informes de validación gráfica catastral con CSV: BN3951HNBV8CJPEN.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 339 metros, e está composta polos seguintes puntos:
|
Punto |
X |
Y |
|
Punto 1 |
540.979,91 |
4.690.352,90 |
|
Punto 2 |
540.961,69 |
4.690.343,59 |
|
Punto 3 |
540.945,72 |
4.690.331,21 |
|
Punto 4 |
540.929,24 |
4.690.315,22 |
|
Punto 5 |
540.920,59 |
4.690.306,61 |
|
Punto 6 |
540.908,67 |
4.690.299,66 |
|
Punto 7 |
540.894,89 |
4.690.291,37 |
|
Punto 8 |
540.881,56 |
4.690.286,46 |
|
Punto 9 |
540.848,20 |
4.690.265,13 |
|
Punto 10 |
540.793,58 |
4.690.229,44 |
|
Punto 11 |
540.749,08 |
4.690.192,88 |
|
Punto 12 |
540.712,40 |
4.690.154,63 |
O deslindamento entre ambos os montes veciñais forma un tramo único.
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que existe condición de lindeiros entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.
A CMVMC de Roca ten o expediente de deslinde DC22029 coa CMVMC de Rebordelo e o expediente de deslindamento DC20003 coa CMVMC de Insua. O deslindamento actual compleméntase de xeito perfecto cos anteditos deslindes.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Roca: ten o expediente de revisión de esbozo RE22029 que xa recolle o deslindamento actual.
– CMVMC de Barbudo: presenta un axuste para enlazar o tramo deslindado co resto do esbozo.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Roca e Barbudo, ambas no concello de Ponte Caldelas, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigo 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigo 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 8 de setembro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Pontevedra
