O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 23.7.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Gradín e Paradela (Ponte Caldelas), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 30.9.2022 o presidente da CMVMC de Gradín, presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Gradín e a CMVMC de Paradela, ambas no concello de Ponte Caldelas.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Gradín (ID Monte: 3060) da CMVMC de Gradín.
– MVMC de Paradela (ID Monte: 3063) da CMVMC de Paradela.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 19.2.2022.
– Acta de conciliación número 68/2022 do 14.10.2022 do Xulgado de Paz/Rexistro Civíl de Ponte Caldelas.
– Certificado do secretario do 22.2.2024 da CMVMC de Gradín coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 13.11.2022.
– Certificado do secretario do 1.4.2024 da CMVMC de Paradela coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 17.7.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 23.9.2022 pola enxeñeira técnico forestal colexiada núm. 954 do COETF de Galicia.
– Informe de validación gráfica catastral con CSV: 0N9AVRN9TX2B1QBJ.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 2.203 metros, e está composta polos seguintes puntos:
1 540.578,45 4.696.980,43
2 540.348,17 4.696.140,94
3 540.355,85 4.696.081,29
4 540.370,84 4.695.987,39
5 540.088,03 4.695.138,59
6 540.150,66 4.695.045,91
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que existe condición de lindeiros entre ambos e considérase que non afecta a terceiros propietarios.
A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación. A CMVMC de Gradín recolle no expediente de revisión de esbozo RE22068 o deslindamento coa CMVMC de Paradela e coa CMVMC de Cuñas. Realízase de oficio pola administración un axuste para continuar os puntos de inicio e fin do deslindamento co resto do esbozo da CMVMC de Paradela.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Gradín e Paradela, ambas no concello de Ponte Caldelas, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigo 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 8 de setembro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
