O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 23.7.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Burgueira e Oia (Oia), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 28.9.2022, o presidente da CMVMC de Burgueira presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Burgueira e a CMVMC de Oia ambas situadas no concello de Oia.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Burgueira (ID: 2930) da CMVMC de Burgueira.
– MVMC de Oia (ID: 2933) da CMVMC de Oia.
Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 13.9.2022.
– Acta de conciliación entre as comunidades no Xulgado de Paz de Oia do 2.2.2023.
– Certificado do 2.4.2024 do secretario da CMVMC de Burgueira coa conformidade do presidente da aprobación na Asemblea Xeral do 25.9.2022.
– Certificado do 2.4.2024 do secretario da CMVMC de Oia coa conformidade do presidente da aprobación na Asemblea Xeral do 17.12.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 26.5.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 740 do COETF de Galicia.
– Informes de validación gráfica catastral con CSV: QHTJEBBN779FJVYZ (inclúe o deslindamento DC22069 e o deslindamento DC22070 no tramo entre o punto P01 e o punto P08).
Segundo. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.685 metros, e está composta polos seguintes puntos:
Punto P01 - x: 511.528,00 y: 4.650.983,00
Punto P02 - x: 511.556,00 y: 4.650.824,00
Punto P03 - x: 511.751,00 y: 4.650.432,99
Punto P04 - x: 511.864,00 y: 4.650.016,00
Punto P05 - x: 511.895,00 y: 4.64.9853,00
Punto P06 - x: 511.958,00 y: 4.649.831,00
Punto P08 - x: 512.038,00 y: 4.64.9751,00
Punto P09 - x: 512.038,00 y: 464.9576,00
Punto P10 - x: 512.138,84 y: 464.9350,88
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios.
O punto P10 é coincidente co punto P01 do expediente DC22070 (deslindamento entre a CMVMC de Burgueira e a CMVMC de Loureza), polo que no dito punto converxen a CMVMC de Oia, a CMVMC de Burgueira e a CMVMC de Loureza.
O deslindamento está formado por dous tramos:
– Tramo 1: do punto P01 ao punto P06.
– Tramo 2: do punto P08 ao punto P10.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Burgueira: desde o punto inicial (P01), o Servizo de Montes de oficio realiza un axuste respectando o esbozo de clasificación da CMVMC de Pedornes e no punto final (P10) o axuste é coincidente co deslindamento DC22070.
– CMVMC de Oia: a comunidade achega un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa cartografía existente.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Terceiro. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Burgueira e Oia (Oia), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 8 de setembro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
