O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 23.7.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Burgueira (Oia) e Barrantes (Tomiño), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC de Burgueira presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Burgueira (Oia) e a CMVMC de Barrantes (Tomiño).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Pedrada, Castillo e Queimado (ID: 3158) da CMVMC de Barrantes.
– MVMC de Burgueira (ID: 2930) da CMVMC de Burgueira.
Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 19.9.2022.
– Acta de conciliación núm. 15/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Tomiño do 15.12.2022.
– Certificado do 2.4.2024 do secretario da CMVMC de Burgueira coa conformidade do presidente da aprobación na Asemblea Xeral do 25.9.2022.
– Certificado do 2.4.2024 do secretario da CMVMC de Barrantes coa conformidade do presidente da aprobación na Asemblea Xeral do 24.9.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 26.5.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 740 do COETF de Galicia. As emendas posteriores producen a súa modificación.
– Informes de validación gráfica catastral con CSV:
P38B983B3DCH0PVR e WZ65RG543V424B6K.
Segundo. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 5.763 metros e está composta polos seguintes puntos:
P01 - x: 515.692,37 y: 4.655.710,88
P02 - x: 515.691,24 y: 4.655.527,17
P03 - x: 515.678,21 y: 4.655.335,74
P04 - x: 515.671,13 y: 4.655.159,62
P05 - x: 515.665,41 y: 4.654.982,81
P06 - x: 515.683,94 y: 4.654.860,03
P07 - x: 515.692,24 y: 4.654.696,82
P08 - x: 515.693,29 y: 4.654.575,23
P09 - x: 515.712,08 y: 4.654.384,20
P10 - x: 515.732,09 y: 4.654.167,96
P11 - x: 515.740,78 y: 4.654.017,01
P12 - x: 515.766,23 y: 4.653.984,74
P13 - x: 515.838,62 y: 4.653.886,69
P14 - x: 516.043,63 y: 4.653.594,73
P15 - x: 516.178,85 y: 4.653.422,41
P16 - x: 516.537,36 y: 4.652.954,28
P17 - x: 516.696,67 y: 4.652.735,28
P18 - x: 516.951,78 y: 4.652.386,28
P19 - x: 517.436,70 y: 4.651.781,18
P20 - x: 517.495,53 y: 4.651.714,12
P21 - x: 517.678,69 y: 4.651.270,35
P22 - x: 517.641,19 y: 4.651.029,63
P23 - x: 517.690,66 y: 4.650.813,74
P24 - x: 517.785,49 y: 4.650.689,70
P25 - x: 517.864,63 y: 4.650.620,28
No traballo de gabinete establécense dezaseis puntos de deslindamento secundarios dos cales doce respectan o dominio público hidráulico (código PDH), dous para respectar o dominio público da estrada EP-3103 (código PDP) e dous para respectar as parcelas de titularidade catastral particular (código PS).
PDH01 - x: 515.717,50 y: 4.654.325,63
PDH02 - x: 515.717,74 y: 4.654.323,04
PDH03 - x: 516.119,71 y: 4.653.497,77
PDH04 - x: 516.121,11 y: 4.653.495,99
PDH05 - x: 516.372,58 y: 4.653.169,44
PDH06 - x: 516.374,70 y: 4.653.166,68
PDH07 - x: 516.399,27 y: 4.653.134,60
PDH08 - x: 516.401,64 y: 4.653.131,50
PDH09 - x: 516.468,74 y: 4.653.043,88
PDH010 - x: 516.469,98 y: 4.653.042,27
PDH011 - x: 517.340,68 y: 4.651.901,00
PDH12 - x: 517.341,93 y: 4.651.899,44
PDP01- x: 516.457,11 y: 4.653.059,06
PDP02 - x: 516.461,68 y: 4.653.053,10
PS01 - x: 516.319,97 y: 4.653.238,14
PS02 - x: 516.328,95 y: 4.653.226,41
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios.
A liña do deslindamento non é exactamente coincidente coa liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Oia e Tomiño.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación de ambas as comunidades veciñais.
– CMVMC de Burgueira: achega un axuste desde o punto inicial P01 para pechar o deslindamento co resto do esbozo existente. Non se acepta o axuste no punto final P25 e non se modifica o esbozo de clasificación ata que se realice o deslindamento da CMVMC de Burgueira e a MVMC de Tomiño.
– CMVMC de Barrantes: achega un axuste para pechar os puntos inicial e final do deslindamento co resto do esbozo existente.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Terceiro. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Burgueira (Oia) e Barrantes (Tomiño), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 8 de setembro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
