DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 2025 Páx. 51479

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se publican as resolucións do 9 de setembro 2025 e do 11 de setembro de 2025, de concesión de axudas convocadas ao abeiro da Orde do 12 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición de audiolibros e libros de lectura fácil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento CT238B e CT238C).

No Diario Oficial de Galicia número 121, do 26 de xuño de 2025, publicouse a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude do 12 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición de audiolibros e libros de lectura fácil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento CT238B e CT238C).

De conformidade co artigo 18 da antedita orde, o órgano competente para resolver é a persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 17.

Así mesmo, e de conformidade co previsto no artigo 20 da orde da convocatoria e no 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións do procedemento, por ser de concorrencia competitiva, deben ser obxecto de publicación.

Polo exposto, tras a presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada os días 9 e 11 de setembro as resolucións que finalizan o procedemento,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro das resolucións do 9 de setembro e do 11 de setembro de 2025, de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude do 12 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición de audiolibros e libros de lectura fácil e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT238B e CT238C), que se xuntan como anexos desta resolución.

Segundo. Comunicar que as resolucións do 9 de setembro e do 11 de setembro de 2025, que finalizan este procedemento, esgotan a vía administrativa e contra elas poderase interpor potestativamente un recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o órgano contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025

Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO I

Resolución do 11 de setembro de 2025 de concesión de axudas convocadas ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude do 12 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición de audiolibros e se procede á súa convocatoria
para o ano 2025 (código de procedemento CT238B)

Antecedentes de feito:

1. Norma reguladora: Orde do 12 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición de audiolibros e libros de lectura fácil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento CT238B e CT238C; DOG núm. 121, do 26 de xuño).

2. Finalidade da convocatoria: apoiar o sector editorial no que se refire aos gastos derivados da edición (produción), distribución e comercialización das súas publicacións en formato audiolibro e libros adaptados ou creados en formato de lectura fácil en galego; editados, comercializados e distribuídos entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 30 de setembro de 2026.

A convocatoria incorpora dúas modalidades de axuda:

a) Modalidade A. Axudas ao sector editorial relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de audiolibros en galego.

b) Modalidade B. Axudas ao sector editorial, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de libros de lectura fácil en formato físico ou dixital, en galego.

3. Destinatarios: persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2025, na epígrafe 476.1 edición de libros, do imposto de actividades económicas.

4. Procedemento de concesión: concorrencia competitiva.

5. Compromisos asumidos polas persoas beneficiarias:

– Acreditaren a realización dos proxectos subvencionados e a xustificaren a totalidade do orzamento presentado na solicitude, no prazo establecido nesta orde.

– As obrigas establecidos na orde de convocatoria e na Lei de subvencións de Galicia (en especial os artigo 11 e 28.6).

– Dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

– Subministrar á Administración toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

– Mencionar que a obra foi subvencionada pola Xunta de Galicia.

– Aceptar a subvención nun prazo máximo de dez (10) días. De non existir manifestación expresa, considerase tacitamente aceptada.

– Destinar a subvención ao estipulado no proxecto de edición presentado coa solicitude.

– Se para a realización da actividade obxecto da subvención se utiliza calquera elemento susceptible de xerar dereitos de autor, debe cumprirse co que dispón a normativa sobre propiedade intelectual.

– Facilitar toda a información que requiran a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

6. Financiamento:

a) As axudas, de carácter plurianual, concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025, por un importe máximo de 150.000 €, dos cales 70.000 € corresponden á anualidade 2025 e 80.000 € á anualidade 2026.

b) Sen prexuízo das dotacións indicadas en cada modalidade, cando, por razón de falta de solicitudes ou de incumprimentos de requisitos, ou de falta de calidade das solicitudes presentadas non se esgotase a contía establecida nalgunha das modalidades, o órgano instrutor propoñerá motivadamente ao conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude que resolva o incremento da dotación asignada a outra modalidade co excedente xerado. No caso de que non se esgote a dotación da modalidade A, o sobrante pasaría á modalidade liña B, se sobrase na B pasará á A. Para a materialización de tal operación será preciso que o procedemento relativo á modalidade en que se xere o excedente se resolva previamente e que o relativo á modalidade destinataria se atope sen resolver.

Procedemento CT238B. Modalidade A: subvencións para a produción
de audiolibros en galego

Unha vez que o órgano instrutor comprobou que as solicitudes se axustaron aos requisitos establecidos nas bases reguladoras, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, órgano instrutor do procedemento, de acordo coa seguinte fundamentación xurídica.

Fundamentos xurídicos:

1. Gastos subvencionables modalidade A. Produción e comercialización de audiolibros en galego (artigo 6):

a) Gastos de preparación da obra para a súa conversión: considéranse gastos de preparación os gastos de produción, gravación, edición, masterización, exportado, gastos de autoría, dirección, locución, corrección editorial ou calquera outro gasto de similar natureza.

b) Gastos de alugueiro ou de disposición do equipo técnico necesario para a produción final.

c) Gastos de distribución: calquera actuación que permita a chegada da obra ás canles de difusión dixitais para acadar a posta efectiva ao dispor do público.

d) Gastos de comercialización: estratexias de márketing e publicidade en diferentes canles que favorezan o consumo da obra.

2. Persoas beneficiarias (artigo 7):

a) As persoas, físicas ou xurídicas, que acrediten a súa condición de editoras e que estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As persoas beneficiarias deberán cumprir os restantes requisitos establecidos pola Lei de subvencións de Galicia.

3. Financiamento da modalidade A (artigo 32):

As axudas, de carácter plurianual, concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, por un importe máximo de 75.000 €, dos cales 35.000 € corresponden á anualidade 2025 e 40.000 € á anualidade 2026.

4. Características audiolibros obxecto de subvención (artigo 33):

Os audiolibros obxecto de subvención deberán reunir as seguintes características:

a) Os audiolibros deberán ter como orixe unha obra cuxa primeira edición fose publicada previamente en galego nos últimos dez (10) anos ou en calquera outro idioma que, se é o caso, se traducise á lingua galega.

b) Os audiolibros deberán ser unha reprodución fidedigna da obra en que teñan a súa orixe.

Realizaranse a partir de obras orixinais dunha antigüidade máxima de dez (10) anos, non se admitirán obras/títulos que fosen publicadas en ningún formato ou idioma con anterioridade a 2014.

c) Os audiolibros deberán editarse para a súa comercialización. Para efectos destas bases, enténdese por edición comercial a que estea suxeita a un prezo de venda ao público.

d) Comercializaranse a través de plataformas de distribución dixital.

e) A produción, distribución e comercialización das obras deberase realizar entre o 1.1.2025 e o 30.9.2026, ambos inclusive.

f) Deberán contar cun plan de distribución e comercialización.

g) Cada editorial poderá solicitar axuda para un máximo de 5 audiolibros.

5. Contía da axuda (artigo 36):

a) Adxudicaranse as subvencións por orde de puntuación unha vez aplicados os criterios e as limitacións orzamentarias establecidas neste artigo, asegurando que o importe final adxudicado a cada audiolibro sexa o 80 % do orzamento solicitado, ata esgotar o orzamento da convocatoria.

b) O importe máximo co que se subvencionará cada audiolibro será de 5.000 €.

c) Adxudicarase unha axuda de, como máximo, 20.000 € por empresa editora.

6. Criterios de valoración (artigo 36.4):

Para a determinación das subvencións que se van conceder tivéronse en conta os seguintes criterios:

a) Interese cultural da obra: máximo 15 puntos.

Valóranse o idioma orixinal da obra e o número de edicións do orixinal.

b) Traxectoria do autor/a máximo 15 puntos.

Valórase o número de obras que o autor/a teña editado en galego e noutros idiomas nos últimos 10 anos.

c) Extensión da obra orixinal: máximo 20 puntos.

Valórase o número de palabras que conteña a obra orixinal que se vai producir en formato audiolibro.

7. Exclusións (artigo 36.3):

Aqueles proxectos que non obteñan polo menos un 20 % de puntos do baremo de valoración. Non existen proxectos excluídos porque todos se axustan ao establecido na convocatoria.

8. Proposta de resolución (artigo 17):

O artigo 17 da convocatoria establece que, realizada a repartición segundo o órgano instrutor elevará a proposta de resolución á persoa titular da Dirección Xeral de Cultura quen resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude segundo o disposto no artigo 18 da orde de convocatoria e na súa disposición adicional segunda.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a proposta de resolución e conceder as subvencións da modalidade A: axudas ao sector editorial relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de audiolibros en galego, aos proxectos que se relacionan no anexo I cos importes correspondentes a cada beneficiario con cargo a partida orzamentaria 2024 43 03 432A 770.3. Código de proxecto (2023 00073).

Segundo. Aceptar a proposta de resolución e excluír os proxectos presentados da modalidade A: axudas ao sector editorial relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de audiolibros en galego, que se relacionan no anexo II por non reuniren os requisitos para seren obxecto da subvención.

Terceiro. A efectividade desta resolución está condicionada a que a entidade beneficiaria a acepte.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Orde do 12.6.2025; DOG núm. 121, do 26 de xuño), Anxo M. Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura.

ANEXO I

Relación de proxectos que cumpren os requisitos para seren beneficiarios
da subvención

Beneficiario/a

Titulo

Axuda concedida total €

1ª anualidade (2025) €

2ª anualidade (2026) €

Antonio Rodríguez López

Simun

4.640,00

2.165,02

2.474,98

Antonio Rodríguez López

Love me Tender. 24 pezas mínimas para unha caixa de música

5.000,00

2.333,00

2.667,00

Antonio Rodríguez López

Diarios 1. Azul Monforte

4.160,00

1.941,06

2.218,94

Antonio Rodríguez López

Camuflaxe

4.160,00

1.941,06

2.218,94

Cinemar Books, S.L.

Formigas nos pés

4.758,15

2.220,15

2.538,00

Cinemar Books, S.L.

Pecados veniais

4.758,15

2.220,15

2.538,00

Cinemar Books, S.L.

O que non sabías

3.898,07

1.818,84

2.079,23

Cinemar Books, S.L.

Agora que cala a noite

3.898,07

1.818,84

2.079,23

Cinemar Books, S.L.

DES A MAR ultrasónico

2.663,54

1.242,81

1.420,73

Editorial Galaxia, S.A.

RUNRÚN

4.007,52

1.869,91

2.137,61

Editorial Galaxia, S.A.

Contos gringos

3.862,32

1.802,16

2.060,16

Editorial Galaxia, S.A.

Son coma glaciares os barcos de aceiro

3.862,32

1.802,16

2.060,16

Editorial Galaxia, S.A.

Os mortos que amei

3.862,32

1.802,16

2.060,16

Editorial Galaxia, S.A.

BIRKEN

3.862,32

1.802,16

2.060,16

Técnicas & Gramaxe, S.L.

O último caseiro

3.968,00

1.851,47

2.116,53

Técnicas & Gramaxe, S.L.

O meigallo dos soños

3.968,00

1.851,47

2.116,53

Técnicas & Gramaxe, S.L.

Fuxir da proxeria

3.968,00

1.851,47

2.116,53

Tecnicas & Gramaxe, S.L.

Mamá sorrí sempre

3.547,20

1.655,12

1.892,08

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Tras do ceo

3.554,22

1.658,40

1.895,82

ANEXO II

Relación de proxectos que non cumpren os criterios para seren adxudicatarios
de subvención

O artigo 33.a) establece que os audiolibros deberán ter como orixe unha obra cuxa primeira edición fose publicada previamente en galego nos últimos dez (10) anos, non se admitirán títulos publicados en ningún formato ou idioma con anterioridade a 2014.

Solicitante

Título

Autor

Causa exclusión

Antonio Rodríguez López

Os eidos

Uxío Novoneyra

Obra orixinal publicada con anterioridade a 2014

Editorial Guiverny

O baile

Irene Némirovsky

Obra orixinal publicada con anterioridade a 2014

Editorial Guiverny

As arañas en Berlín

Xosé Carlos Caneiro

Obra orixinal publicada con anterioridade a 2014

Editorial Guiverny

Todo a cen

Jaureguízar Ortiz de Zárate, Santiago

Obra orixinal publicada con anterioridade a 2014

ANEXO II

Resolución do 9 de setembro de 2025 de concesión de axudas convocadas ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
do 12 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para
a concesión de subvencións para a edición de libros en lectura fácil e
se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT238C)

Antecedentes de feito:

1. Norma reguladora: Orde do 12 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición de audiolibros e libros de lectura fácil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento CT238B e CT238C; DOG núm. 121, do 26 de xuño).

2. Finalidade da convocatoria: apoiar o sector editorial no que se refire aos gastos derivados da edición (produción), distribución e comercialización das súas publicacións en formato audiolibro e libros adaptados ou creados en formato de lectura fácil en galego; editados, comercializados e distribuídos entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 30 de setembro de 2026.

A convocatoria incorpora dúas modalidades de axuda:

a) Modalidade A. Axudas ao sector editorial relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de audiolibros en galego.

b) Modalidade B. Axudas ao sector editorial, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de libros de lectura fácil en formato físico ou dixital, en galego.

3. Destinatarios: persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2025, na epígrafe 476.1 edición de libros, do imposto de actividades económicas.

4. Procedemento de concesión: concorrencia competitiva.

5. Compromisos asumidos polas persoas beneficiarias:

– Acreditaren a realización dos proxectos subvencionados e a xustificaren a totalidade do orzamento presentado na solicitude, no prazo establecido nesta orde.

– As obrigas establecidos na orde de convocatoria e na Lei de subvencións de Galicia (en especial, os artigos 11 e 28.6).

– Dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

– Subministrar á Administración toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

– Mencionar que a obra foi subvencionada pola Xunta de Galicia.

– Aceptar a subvención nun prazo máximo de dez (10) días. De non existir manifestación expresa, considerase tacitamente aceptada.

– Destinar a subvención ao estipulado no proxecto de edición presentado coa solicitude.

– Se para a realización da actividade obxecto da subvención se utiliza calquera elemento susceptible de xerar dereitos de autor, debe cumprirse co que dispón a normativa sobre propiedade intelectual.

– Facilitar toda a información que lle requiran a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

6. Financiamento:

a) As axudas, de carácter plurianual, concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025, por un importe máximo de 150.000 €, dos cales 70.000 € corresponden á anualidade 2025 e 80.000 € á anualidade 2026.

b) Sen prexuízo das dotacións indicadas en cada modalidade, cando por razón de falta de solicitudes ou de incumprimentos de requisitos, ou de falta de calidade das solicitudes presentadas non se esgotase a contía establecida nalgunha das modalidades, o órgano instrutor propoñerá motivadamente ao conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude que resolva o incremento da dotación asignada a outra modalidade co excedente xerado. No caso de que non se esgote a dotación da modalidade A, o sobrante pasaría á modalidade liña B, se sobrase na B pasará á A. Para a materialización de tal operación será preciso que o procedemento relativo á modalidade en que se xere o excedente se resolva previamente e que o relativo á modalidade destinataria se atope sen resolver.

Procedemento CT238C. Modalidade B: subvencións para a edición
de libros en lectura fácil

Unha vez que o órgano instrutor comprobou que as solicitudes se axustaron aos requisitos establecidos nas bases reguladoras, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, órgano instrutor do procedemento, de acordo coa seguinte fundamentación xurídica.

Fundamentos xurídicos:

1. Gastos subvencionables modalidade B. Produción e comercialización de libros de lectura fácil (artigo 6):

a) Custo editorial: considéranse gastos de custo editorial, os de autoría, adaptación, tradución, revisión, validación, maquetación, custos de impresión, dixitalización ou calquera outro de natureza similar.

b) Gastos de distribución: calquera actuación que permita a chegada da obra ás canles de difusión físicas ou dixitais para acadar a posta efectiva ao dispor do público.

c) Gastos de comercialización: estratexias de márketing e publicidade en diferentes canles que favorezan o consumo da obra.

2. Persoas beneficiarias (artigo 7):

a) As persoas, físicas ou xurídicas, que acrediten a súa condición de editoras e que estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As persoas beneficiarias deberán cumprir os restantes requisitos establecidos pola Lei de subvencións de Galicia.

3. Financiamento da modalidade B (artigo 39):

As axudas, de carácter plurianual, concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, por un importe máximo de 75.000 €, dos cales 35.000 € corresponden á anualidade 2025 e 40.000 € á anualidade 2026.

4. Características dos libros de lectura fácil obxecto de subvención (artigo 40):

a) Deberán estar editados en galego ou calquera outro idioma que, se é o caso, se traducirá á lingua galega, e cuxa produción sexa comercializada a través de librarías ou doutras canles de distribución física ou dixital.

b) A edición, distribución e comercialización das obras deberase realizar entre o 1.1.2025 e o 30.9.2026, ambos inclusive.

c) Serán unha primeira edición dunha obra inédita en galego, ou ben a adaptación dunha obra xa publicada orixinariamente en galego, dunha antigüidade máxima de dez (10) anos, non se admitirán obras/títulos que fosen publicadas en ningún formato ou idioma con anterioridade a 2014 e da que exista adaptación de lectura fácil no mercado.

d) Serán traducións ao galego de obras publicadas noutro idioma e que xa estean adaptados para a lectura fácil.

e) Unha obra que estea editada en varias encadernacións (rústica, cartoné, etc.) só poderá presentarse nunha delas.

f) Deberán contar cun plan de distribución e comercialización.

g) Empregarán o logo de Lectura Fácil como selo de calidade, que garante o seguimento das Directrices Internacionais de Lectura Fácil marcadas pola IFLA (Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas) e Inclusión Europe, e polo tanto, acredita a validación das obras adaptadas.

Deberán contar coa certificación por parte dunha entidade validadora oficial de que se realizou a adaptación e a validación da obra.

h). Serán difundidos a través do mercado do libro e, se é o caso, a través dos catálogos das entidades especializadas en accesibilidade e inclusión.

i) Cada editorial poderá solicitar axuda para un máximo de 5 libros creados ou adaptados para a lectura fácil.

5. Contía da axuda (artigo 43):

a) Adxudicaranse as subvencións por orde de puntuación, unha vez aplicados os criterios e as limitacións orzamentarias establecidas, asegurando que o importe final adxudicado a cada libro de lectura fácil sexa o 90 % do orzamento solicitado, ata esgotar o orzamento da convocatoria.

b) O importe máximo co que se subvencionará cada libro creado ou adaptado en lectura fácil será de 4.000 €.

c) Adxudicarase unha axuda de, como máximo, 15.000 € por empresa editora.

6. Criterios de valoración (artigo 43.4):

Para a determinación das subvencións que concederen tivéronse en conta os seguintes criterios:

a) Interese cultural da obra: máximo 20 puntos.

Valóranse o idioma orixinal da obra e o número de edicións do orixinal.

b) Traxectoria do autor/a máximo 10 puntos.

Valórase o número de obras que o autor/a teña editado en galego e noutros idiomas nos últimos 10 anos.

c) Extensión da obra orixinal: máximo 20 puntos.

Valórase o número de palabras que conteña a obra orixinal que se vai adaptar.

7. Exclusións (artigo 43):

Aqueles proxectos que non obteñan polo menos un 20 % de puntos do baremo de valoración.

8. Proposta de resolución (artigo 17):

O artigo 17 da convocatoria establece que, realizada a repartición, segundo o órgano instrutor elevará a proposta de resolución á persoa titular da Dirección Xeral de Cultura quen resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, segundo o disposto no artigo 18 da orde de convocatoria e na súa disposición adicional segunda.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a proposta de resolución e conceder as subvencións da modalidade B: axudas ao sector editorial relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de libros de lectura fácil en formato físico ou dixital en galego, aos proxectos que se relacionan no anexo cos importes correspondentes a cada beneficiario con cargo a partida orzamentaria 2024 43 03 432A 770.3 código de proxecto (2023 00073).

Segundo. A efectividade desta resolución está condicionada a que a entidade beneficiaria a acepte.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Orde do 12.6.2025; DOG núm. 121, do 26 de xuño), Anxo M. Lorenzo Suárez , director xeral de Cultura.

ANEXO

Relación de proxectos que compren os requisitos
para seren beneficiarios da subvención

Solicitante

Título

Axuda concedida total

1ª anualidade

2ª anualidade

Mundo Detrás del Marco, S.L.

Madriña

4.000,00 €

1.866,40 €

2.133,60 €

Técnicas & Gramaxe, S.L.

Lúa e Bal cultivan a horta

4.000,00 €

1.866,40 €

2.133,60 €

Técnicas & Gramaxe, S.L.

Os Balbinos na granxa

4.000,00 €

1.866,40 €

2.133,60 €