DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 2025 Páx. 53379

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de médico/a de urxencias hospitalarias e médico/a asistencial do 061.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm.188, do martes 30 de setembro de 2025, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 51636, onde di:

«ANEXO I

Prazas e titulación

Categoría

Subgrupo

Acceso libre

Promoción interna

Reserva discapacidade

Total

Titulación

Médico/a de urxencias hospitalarias

A1

81

31

9

121

Título de médico especialista en medicina familiar e comunitaria ou a certificación habilitadora prevista no artigo 3 do Real decreto 853/1993, do 4 de xuño.

Médico/a asistencial do 061

A1

6

2

0

8

Título de médico especialista en medicina familiar e comunitaria ou a certificación habilitadora prevista no artigo 3 do Real decreto 853/1993, do 4 de xuño.»

Debe dicir:

«ANEXO I

Prazas e titulación

Categoría

Subgrupo

Acceso libre

Promoción interna

Reserva discapacidade

Total

Titulación

Médico/a de urxencias hospitalarias

A1

81

31

9

121

Graduado/licenciado en Medicina e calquera título de médico/a especialista expedido polo ministerio competente ou a certificación prevista no artigo 3 do Real decreto 853/1993, do 4 de xuño, sobre exercicio das funcións de médico de medicina xeral no Sistema Nacional de Saúde.

Médico/a asistencial do 061

A1

6

2

0

8

Graduado/licenciado en Medicina e calquera título de médico/a especialista expedido polo ministerio competente ou a certificación prevista no artigo 3 do Real decreto 853/1993, do 4 de xuño, sobre exercicio das funcións de médico de medicina xeral no Sistema Nacional de Saúde.»

Na páxina 51643, onde di:

«1.2.2. Formación especializada.

a) Por ter completado o período como residente do programa MIR, en España ou nun país da Unión Europea, ou ben ter completado o período de formación como residente nun centro estranxeiro cun programa recoñecido de docencia para posgraduados/as na especialidade a que se presente e co título validado polo ministerio competente: 2,5 puntos».

Debe dicir:

«1.2.2. Formación especializada.

a) Por ter completado o período como residente do programa MIR, en España ou nun país da Unión Europea, ou ben ter completado o período de formación como residente nun centro estranxeiro cun programa recoñecido de docencia para posgraduados/as na especialidade requirida para o acceso e co título validado polo ministerio competente: 2,5 puntos».