No Diario Oficial de Galicia número 154, do 13 de agosto de 2025, publicouse a Resolución do 29 de xullo de 2025, da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación de Concepción Arenal da Coruña (código de procedemento BS213R).
O número 6 da cláusula M) do anexo I da Resolución do 29 de xullo de 2025 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.
Unha vez instruído de conformidade coas bases do procedemento de selección, tras a valoración dos criterios e emitida a proposta, o 22 de setembro de 2025 o órgano competente emitiu a resolución que finaliza o dito procedemento.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 10 de outubro de 2025 ditada no procedemento BS213R de selección de entidade privada sen ánimo de lucro, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación de Concepción Arenal da Coruña (código de procedemento BS213R), que se xuntará coa presente resolución no anexo.
Segundo. Unha vez notificada a resolución polo órgano competente, formalizarase o concerto coa entidade seleccionada.
A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.
O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.
Unha vez efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2025
Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
ANEXO
Resolución do 10 de outubro de 2025 pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación de Concepción Arenal da Coruña (código de procedemento BS213R)
A través da Resolución do 29 de xullo de 2025 da Consellería de Política Social e Igualdade, publícase a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación de Concepción Arenal da Coruña (código de procedemento BS213R).
Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola Comisión de Valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,
RESOLVO:
Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a execución do servizo obxecto do concerto social a seguinte entidade, en aplicación dos criterios de valoración e baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 29 de xullo de 2025, publicada no DOG número 154, do 13 de agosto.
Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para a única entidade presentada ao concerto:
Entidade: Fundación Camiña Social.
|
Total de puntuación de criterios |
59,80 puntos |
Segundo. Adxudicarlle o concerto social do xeito que a seguir se indica polo importe que se sinala á entidade seguinte:
|
Entidade |
Fundación Camiña Social |
|
NIF |
G27381797 |
Código de procedemento: BS213R.
Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.
Data de publicación: 13 de agosto de 2025.
Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 30 de setembro de 2027.
O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:
|
2025 (2 meses) |
522.017,04 € |
|
2026 |
3.132.607,97 € |
|
2027 (9 meses) |
2.386.336,18 € |
|
Total |
6.040.961,19 € |
Terceiro. Asinar o concerto social coa entidade seleccionada dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e anexo I.J) da Resolución do 29.7.2025. Jacobo José Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
