O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra acordou na súa reunión do 23.7.2025 aceptar a revisión do esbozo e a cartografía actualizada dos montes Chan do Vilar, Pedra Miranda, Coto Loureiro (ID 3214), realizada polo Servizo de Montes de Pontevedra, con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. Con data do 27.2.2024, a CMVMC de Figueirido (Vilaboa) solicitou a revisión do esbozo parcial do MVMC Chan do Vilar, Pedra Miranda, Coto Loureiro (ID 3214) para poder continuar coa tramitación de deslindamento que ten solicitado coa CMVMC de Bertola (Vilaboa) (DC22087). Por ese motivo, en aplicación da DT 13ª da Lei de montes de Galicia, o 26.3.2025 o Xurado acordou solicitar ao Servizo de Montes unha proposta coa revisión do esbozo e a elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal citado, o que deu lugar ao expediente RE24002 no Servizo de Montes de Pontevedra.
Segundo. Logo da análise da documentación achegada coa solicitude, o Servizo de Montes emitiu informe o 11.4.2025 en que expón:
– O Monte Chan do Vilar, Pedra Miranda, Coto Loureiro (ID 3214) foi clasificado polo Xurado de MVMC de Pontevedra o 11.12.1981 cunha superficie total de 54 ha repartidas da seguinte maneira:
Chan do Vilar de 32 ha.
Pedra Miranda de 18 ha.
Coto Loureiro de 4 ha.
– Non consta superficie de xestión pública e modifícase a superficie de clasificación por dúas expropiacións quedando o monte de 54 ha con 52,86 ha.
– Dispón dun instrumento de ordenación inscrito no Rexistro de Montes Ordenados de Galicia co núm. 3600210 e vixencia ata o ano 2028.
– As parcelas catastrais e a superficie afectada por esta revisión parcial aparecen no seguinte cadro:
|
Referencia catastral |
Superficie parcela catastral (m²) |
Superficie afección (m²) |
|
36058A00609006 |
3.090 |
4,25 |
|
36058A00600151 |
916 |
155,92 |
|
36058A00600152 |
1.607 |
331,67 |
|
36058A00600153 |
1.217 |
241,44 |
|
36058A00600154 |
1.423 |
217,54 |
|
36058A00600155 |
1.341 |
404,97 |
|
36058A00600163 |
3.885 |
483,31 |
|
36058A00600164 |
2.644 |
7,49 |
|
36900A41201189 |
26.969 |
2.259,51 |
|
36900A41209003 |
3.772 |
20,2 |
– Na memoria do expediente de deslindamento DC22087 xustifica o erro no catastro da configuración das parcelas a nome de particulares 151, 152, 153, 154, 155 e 164 do polígono 6, afectadas por esta revisión de esbozo (IVG de CSV: CX0J91M41F0DWJPB).
– A revisión parcial é do monte Coto Loureiro, engadindo a este monte un anaco de 0,41 ha ao norte, lindando coa CMVMC de Bertola, de maneira que con esta revisión este monte pasa de 4 ha a 4,41 ha.
– Os límites xerais da clasificación do monte con (ID 3214) non se modifican mentres non se revisen todos os montes desta clasificación. A descrición do monte Coto Loureiro, despois desta revisión, queda definido do seguinte xeito:
Monte: Coto Loureiro.
Superficie: 4,41 ha.
Linde norte: MVMC de Bertola.
Linde leste: MVMC de Canicouva.
Linde sur e oeste: propiedades particulares
Terceiro. O procedemento de revisión de esbozos de MVMC vén regulado na DT 13ª da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
A vista do exposto, este xurado
ACORDA:
– Aceptar a revisión parcial do esbozo do monte Chan do Vilar, Pedra Miranda, Coto Loureiro (ID 3214), segundo a proposta e planimetría elaborada polo Servizo de Montes.
Tal e como exixe o parágrafo 3 da DT 13ª da LMG, a presente aceptación da revisión de esbozo será posta en coñecemento da Comunidade de Montes propietaria e publicada no DOG para coñecemento do resto de posibles persoas interesadas.
Pontevedra, 9 de outubro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra
