DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 2025 Páx. 56046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, e a compatibilidade cun dereito mineiro da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente a obras de regulamentación na LMTA VIM802, no concello de Vimianzo (A Coruña), e que promove UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/421-1).

Feitos:

1. O 4.10.2023 UFD Distribución Electricidad, S.A. (en diante, UFD ou promotor) presentou, ante o Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (en diante, Departamento Territorial), a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente a obras de regulamentación na LMTA VIM-802, no termo municipal de Vimianzo (A Coruña), á que se lle asignou o número de expediente IN407A 2023/421-1.

Esta solicitude acompañouse, ou completouse posteriormente, coa seguinte documentación técnica:

• Proxecto de execución denominado Substitución de apoio 9DTRBEC3//D28-A28-12 e instalación de RC na LMTA VIM802 (Vimianzo), asinado o 22.6.2023 pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño (colexiada nº 4.598, do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo –COITIVigo–); e no que figura un orzamento total de 18.106,98 euros.

• Declaración responsable asinada o 23.3.2023 polo técnico proxectista, en cumprimento do exixido no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 19 do Decreto 51/2011, do 17 de marzo, polo que se actualiza a normativa en materia de seguridade industrial da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior. Complementada cunha nova declaración responsable, asinada o 11.10.2023, na que se incorpora a exención do proxecto ao trámite ambiental.

• Separatas técnicas do proxecto de execución para as entidades afectadas: Concello de Vimianzo, Augas de Galicia, Sección de Minas do Departamento Territorial e Caolines de Vimianzo, S.A.

• Relación de bens e dereitos afectados (RBDA) e a declaración de non ter acadado acordos cos propietarios afectados.

Segundo consta no proxecto de execución, as instalacións obxecto deste atópanse no lugar de Gándara Vella, na parroquia Berdoiras (San Pedro), no concello de Vimianzo (A Coruña), e as súas características son as seguintes:

• Instalación de reconectador (RC) en apoio nº 9DTRBEC3//D28-A28-12 tipo HV 630/12R que se vai substituír ao carón por tipo C-2000/14 frecuentado, na LMT VIM802 (tramo VIM8027874, expediente 34.857), procedente da subestación Vimianzo.

• Substitución do condutor en tramo LMTA a 20 kV, de 134 m, por condutor tipo LA-56 Al (existente LA-30), con orixe no apoio nº D28-A28-12 que se vai substituír e remate no apoio 9DUDICM5//D28-A28-13 existente.

• Retensado do tramo existente entre o apoio nº D28-A28-11 e o apoio nº D28-A28-12 proxectado.

2. O 15.1.2024 o Departamento Territorial adoptou o acordo de someter a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica.

Este acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia (5.2.2024), no Boletín Oficial da provincia da Coruña (29.1.2024) e no xornal La Voz de Galicia (31.1.2024) e, así mesmo estivo exposto no portal de transparencia da Consellería de Economía e Industria e no taboleiro de anuncios do Concello de Vimianzo.

Durante o período de información pública non se presentaron escritos de alegacións.

3. O 15.1.2024 o Departamento Territorial trasladou as separatas técnicas do proxecto de execución, para os efectos de obter os seus informes ao respecto, ás seguintes entidades afectadas pola referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica: Concello de Vimianzo, Augas de Galicia, Sección de Minas do Departamento Territorial e Caolines de Vimianzo, S.A. A este respecto:

• Augas de Galicia e Caolines de Vimianzo, S.A. non contestaron, polo que se entende a súa conformidade co proxecto, de acordo co disposto no artigo 47.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar á primeira delas.

• O Concello de Vimianzo emitiu informe co seu condicionado, do que se deu traslado ao promotor, quen presentou a súa conformidade.

• A Sección de Minas do Departamento Territorial emitiu informe no que se confirma a afección do seguinte dereito mineiro xa recollida no proxecto (concesión de explotación de recursos da sección C):

Dereito

Nome

Titular

Estado

AC/C/06003

Couso

Caolines de Vimianzo, S.A.

Vixente

4. De acordo co feito anterior, o trámite de audiencia a Caolines de Vimianzo, S.A. realizouse o 15.1.2024, sen recibirse resposta. Unha vez rematado este trámite, a Sección de Minas do Departamento Territorial emitiu informe.

5. Unha vez rematado este trámite, a Sección de Minas do Departamento Territorial emitiu informe con data do 8.11.2025, no que se conclúe que non hai interferencia entre o referido proxecto de execución e os traballos de explotación autorizados para a referida concesión mineira.

6. O 28.3.2025 os servizos técnicos do Departamento Territorial emitiron informe técnico favorable para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións electromecánicas e eléctricas proxectadas.

7. O 15.9.2025 o Departamento Territorial, logo de rematada a instrución do referido expediente, deu traslado deste á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas (en diante, DXPEM) para os efectos de ditar a oportuna resolución, incorporando ao expediente un resumo da tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

2. A competencia para resolver este expediente correspóndelle á DXPEM, de conformidade co disposto no artigo 11.3 da Orde do 4 de novembro de 2024, sobre delegacións de competencias en diversos órganos da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 217, do 11.11.2024); no artigo 16 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de minería de Galicia, e no artigo único do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1.2.2017), así como no Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 73, do 14.4.2024); no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24.4.2024), e no Decreto 140/2024, de 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27.5.2024).

3. En canto á avaliación de impacto ambiental dos proxectos, no artigo 7 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, defínense os proxectos que terán que someterse a unha avaliación de impacto ambiental, ordinaria ou simplificada (en relación cos seus anexos I, II e III). A este respecto, na declaración responsable asinada polo técnico proxectista con data do 11.10.2023, no seu punto 7, recóllese que, de acordo co alcance do proxecto, se considera que non constitúe unha construción nova dunha liña eléctrica, senón unha reforma dunha instalación existente, polo tanto, non entraría en ningún dos anexos I e II do Real decreto 445/2023 (última modificación dos anexos I, II e III), polo que non require avaliación ambiental.

4. Informe emitido o 28.3.2025 polos servizos técnicos do Departamento Territorial do que se destaca o seguinte: «[...] Desde o punto de vista técnico non se atopa ningún impedimento para emitir a autorización administrativa previa e de construción, e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións electromecánicas e eléctricas proxectadas. [...]».

5. Informe emitido o 8.11.2025 pola Sección de Minas do Departamento Territorial, do que se destaca o seguinte:

«[...]

Segundo a información contida no Catastro Mineiro de Galicia, o ámbito desta actuación sitúase no interior do perímetro demarcado da concesión de explotación AC/C/06003 Couso da titularidade de Caolines de Vimianzo, S.A.U. Con todo, revisado o proxecto de explotación tramitado coa solicitude de prórroga outorgada con data do 24.4.2017 por resolución da Consellería de Economía, Industria e Innovación, constátase que a actuación está fóra das zonas de explotación autorizadas para esta concesión de explotación.

[...]

Conclusións:

Á vista da análise realizada, as miñas conclusións son as seguintes:

1. Non é de aplicación o artigo 24 da Lei 3/2008, por non se estar a tramitar unha solicitude de dereito mineiro.

2. Non hai interferencia entra a actuación que se está a tramitar e os traballos de explotación autorizados para a concesión mineira AC/C/06003 Couso, segundo o proxecto achegado na tramitación da prórroga do dereito mineiro resolta o 24.4.2017.

[...]»

De conformidade con todo o que antecede,

RESOLVO:

1. Outorgar a autorización administrativa previa para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente a obras de regulamentación na LMTA VIM802, no termo municipal de Vimianzo (A Coruña), e que promove UFD Distribución Electricidad, S.A.

2. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución da citada infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, denominado Substitución apoio 9DTRBEC3//D28-A28-12 e instalación de RC na LMTA VIM802 (Vimianzo).

3. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, implicando a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Declarar a compatibilidade da citada infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica co dereito mineiro correspondente á concesión de explotación de recursos da sección C), denominado Couso, co nº 06003 e pertencente a Caolines de Vimianzo, S.A.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

1. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución denominado Substitución do apoio 9DTRBEC3//D28-A28-12 e instalación de RC na LMTA VIM802 (Vimianzo), asinado o 22.6.2023 pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño (colexiado nº 4.598 do COITIVigo); e no que figura un orzamento total de 18.106,98 euros.

2. O promotor asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e as directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobados polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobados polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

3. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da DXPEM; non obstante, o Departamento Territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que se diten en aplicación da citada facultade.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución ou da data de ocupación dos terreos. Unha vez construídas estas instalacións, o promotor deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante o Departamento Territorial, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

5. En canto aos bens e aos dereitos afectados pola referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, o promotor cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes.

6. O incumprimento das condicións e dos requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron a súa adopción poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao promotor, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

7. Esta resolución adóptase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

8. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

9. Como anexo a esta resolución recóllese a RBDA definitiva, que se empregará no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2025

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados (RBDA) pola infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica
correspondente a obras de regulamentación na LMTA VIM802, no concello de Vimianzo (A Coruña),
e que promove UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio do proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Afección de solo en pleno dominio

Apoio nº

Superficie (m2)

1

Descoñecido/a

15093A046002330000QZ

Gándara Vella

Rústico

D28-A28-12

1,44

2

Caolines de Vimianzo, S.A.

15093A046002330000QZ

Gándara Vella

Rústico

D28-A28-12

1,44