DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 2025 Páx. 56176

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea (código de procedemento BS213W).

missing image file

A Comisión Europea adoptou, o 16 de decembro de 2014, o Programa operativo Fondo de Axuda Europea para as Persoas máis Desfavorecidas (FEAD 2014-2020) para proporcionar alimentos ou asistencia material básica ás persoas que máis o necesitan, a través da entrega de alimentos xunto con medidas de acompañamento social para as persoas en situación de pobreza económica, persoas sen fogar e outras persoas en situación de especial vulnerabilidade social.

A programación dos fondos estruturais da Unión Europea (UE) para o novo Marco financeiro plurianual 2021-2027 cambia a formulación da xestión dos fondos destinados a dar cobertura ás situacións de privación material, ata o de agora executados no marco do FEAD, incorporándoos ao Fondo Social Europeo Plus (FSE+). O FSE+ ofrece a posibilidade de reforzar o dereito de todas as persoas que o necesiten á cobertura de alimentos e/ou prestación de asistencia material básica, con garantía pública, a través de sistemas normalizados que respecten a dignidade e eviten a estigmatización das persoas, así como a de implementar enfoques de atención máis integrais.

Na súa regulación, contida no Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1296/2013, recóllese no artigo 4, como un dos seus obxectivos específicos, facer fronte á privación material mediante alimentos e/ou prestación de asistencia material básica ás persoas máis desfavorecidas, en particular aos e ás menores, e establecer medidas de acompañamento que apoien a súa inclusión social.

Para tales efectos, o 15 de decembro de 2021, o Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia aprobou o Acordo sobre a programación do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) en relación co obxectivo de loita contra a privación material, polo cal a concentración temática de loita contra a privación material se xestionará a través dun programa único a nivel estatal con organismos intermedios en cada unha das comunidades e cidades autónomas. Este acordo que foi publicado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2021, da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais.

En posterior reunión do 7 de abril de 2022, o Consello Territorial de Servizos Sociais e Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia estableceu as bases comúns xerais para o desenvolvemento do sistema de prestación de asistencia material básica en España, así como os criterios de distribución territorial do novo fondo entre as comunidades e cidades autónomas para a súa xestión autónoma por parte destas.

Este acordo plasmou un enfoque metodolóxico, con garantía pública, e estableceu que a provisión se realizase de maneira indirecta, a través de sistemas normalizados que respecten a dignidade e eviten a estigmatización das persoas, garantindo, así mesmo, a participación activa das persoas afectadas, con capacidade de decisión respecto a todos os aspectos que as afectan, incluíndo a provisión das súas necesidades básicas e a posta en marcha de medidas de acompañamento.

De acordo con isto, o 9 de decembro de 2022, a Comisión Europea aprobou o Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) para recibir axuda do Fondo Social Europeo+ no marco do obxectivo de investimento en emprego e crecemento para España.

O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 27, números 23 e 24, asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social e en promoción do desenvolvemento comunitario, respectivamente. En virtude deste título competencial aprobouse a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, que no seu artigo 59 atribúe á Xunta de Galicia competencias, entre outras, na planificación e programación xeral dos servizos sociais no ámbito territorial de Galicia, a valoración técnica das situacións que determinen o recoñecemento do dereito aos servizos e prestacións esenciais de carácter material ou económico e a concesión das prestacións ou axudas económicas destinadas a persoas físicas.

Neste senso, de conformidade co Decreto 139/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Igualdade, atribúese ao dito órgano, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social, entre outras funcións, impulsar o deseño, a coordinación, a avaliación e a xestión das políticas da Xunta de Galicia en materia de benestar social, inclusión social, inmigración e servizos sociais comunitarios de Galicia. De acordo con estas atribucións, correspóndelle a este órgano a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) no ámbito territorial de Galicia, cofinanciado nun 90 % pola Unión Europea e nun 10 % pola Comunidade Autónoma de Galicia.

A habilitación do réxime de concertos sociais na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, abre a posibilidade de aplicar esta figura a programas e servizos desenvolvidos pola consellería competente en materia de servizos sociais. O artigo 11.1 do devandito decreto sinala que os procedementos de concerto social se iniciarán de oficio mediante resolución da persoa titular da consellería competente en materia de servizos sociais.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar a convocatoria, mediante o procedemento de asignación de concerto social, para a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea (código de procedemento BS213W), segundo as seguintes bases.

Primeira. Necesidade administrativa que se pretende satisfacer

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, considera prioritario posibilitar a cobertura das necesidades básicas das persoas en situación de pobreza severa, e máis en concreto das unidades familiares con persoas menores a cargo.

Segunda. Obxecto do concerto social.

1. O obxecto desta resolución é establecer as bases reguladoras do concerto social para a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea, que ten como finalidade facer fronte á privación material das familias máis desfavorecidas con menores a cargo, a través dun sistema de tarxetas e/ou vales físicos ou electrónicos intercambiables por alimentos e outros produtos de asistencia material básica, así como apoiar a súa inclusión social, a través das medidas de acompañamento que se establezan.

O código deste procedemento administrativo é BS213W.

2. Este procedemento convócase ao abeiro do disposto no artigo 9.1 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. As condicións técnicas e materiais de execución do concerto son as establecidas no prego técnico que figura como anexo I desta resolución.

Terceira. Servizos que se van concertar

1. A través desta convocatoria concertarase cunha entidade privada de iniciativa social a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea, correspondente aos seguintes servizos establecidos no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de inclusión:

Código

Servizo

Sección

0101

Servizo de valoración, orientación e información

-

0201

Servizo de cobertura da necesidade de alimento

Distribución de alimentos

0202

Servizo de provisión de recursos básicos

Apoio material

2. Os servizos incluirán as prestacións descritas no prego técnico da convocatoria.

Cuarta. Modalidade de concertación

1. A modalidade de concertación é o procedemento de asignación de concerto, regulado no artigo 9 do Decreto 229/2020.

2. O concerto será asignado a unha única entidade.

Quinta. Réxime económico do concerto

a) Orzamento e crédito orzamentario a que se imputa o gasto:

A Consellería de Política Social e Igualdade financiará o custo derivado da execución deste concerto cunha contía máxima de 24.128.139,00 € desde o ano 2025 (estimación para 1 mes) ata o ano 2029 (estimación para 6 meses). Este importe será cofinanciado nunha porcentaxe do 90 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico), dentro do obxectivo político 4. Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais, prioridade 4. Loita contra a privación material (Apoio ás persoas máis desfavorecidas no marco do obxectivo específico establecido no artigo 4, número 1, alínea m), do Regulamento do FSE+), obxectivo específico ESO.4.13. Loita contra a privación material, e con cargo á aplicación orzamentaria 08.03.312A.480.14, con código de proxecto contable 2024 00060, que figura na Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, na cal existe crédito adecuado e suficiente, e a que corresponda para os anos 2026 a 2029. De ser o caso, para o incremento do crédito e logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda, cómpre o informe previo favorable do organismo intermedio para o tramo rexional do Programa Básico para Galicia (actualmente, a Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos).

Este concerto deberá someterse ás disposicións do Tratado da Unión Europea e aos actos fixados na súa virtude, e será coherente coas actividades, políticas e prioridades comunitarias en prol dun desenvolvemento sustentable e mellora do ambiente, e debe promover o crecemento, a competitividade, o emprego e a inclusión social, así como a igualdade entre homes e mulleres, de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta, ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e política de visados.

Quedará suxeito á normativa comunitaria, nacional e autonómica que resulte aplicable ás operacións cofinanciadas co Fondo Social Europeo Plus. En particular, será de aplicación a seguinte normativa específica: o Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta, ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e política de visados; o Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1296/2013, e a Orde TES/106/2024, de 8 de febreiro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo Plus durante o período de programación 2021-2027.

De conformidade co disposto no artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/1057, serán subvencionables os seguintes gastos:

1. O importe da carga e recarga de cada tarxeta e/ou vale intercambiable polos produtos incluídos no Programa Básico.

2. Os gastos das medidas de acompañamento, en forma dunha suma a tanto global equivalente ao 7 % do gasto en compra de alimentos e en asistencia material básica, segundo o método de custos simplificados establecido para o efecto.

3. As retribucións do persoal asignado á xestión do Programa Básico, así como os custos de produción e distribución das tarxetas e/ou vales, a creación do sistema de seguimento do seu uso e calquera outro gasto relacionado coa realización das actuacións concertadas, co límite máximo do 5 % previsto no artigo 36.5.b).iii) do Regulamento (UE) 2021/1060.

b) Distribución en anualidades:

Distribución de anualidades

2025 (1 mes)

2026

FSE+

F.P.

Total

FSE+

F.P.

Total

1.698.326,16

188.702,90

1.887.029,06

6.573.722,60

730.413,62

7.304.136,22

2027

2028

FSE+

F.P.

Total

FSE+

F.P.

Total

6.593.202,93

732.578,11

7.325.781,04

6.595.009,23

732.778,80

7.327.788,03

2029 (6 meses)

FSE+

F.P.

Total

255.064,18

28.340,47

283.404,65

Posibles modificacións

2025 (1 mes)

2026

FSE+

F.P.

Total

FSE+

F.P.

Total

849.163,08

94.351,45

943.514,53

3.286.861,30

365.206,81

3.652.068,11

2027

2028

FSE+

F.P.

Total

FSE+

F.P.

Total

3.296.601,46

366.289,06

3.662.890,52

3.297.504,62

366.389,40

3.663.894,02

2029 (6 meses)

FSE+

F.P.

Total

127.532,09

14.170,24

141.702,33

Total anualidades concerto inicial 2025 (1 mes)-2029 (6 meses)

Total FSE+ (concerto inicial)

Total F.P. (concerto inicial)

Total FSE+/F.P. (concerto inicial)

21.715.325,10

2.412.813,90

24.128.139,00

Valor estimado: total anualidades + posibles modificacións

Total FSE+

Total F.P.

Total FSE+/F.P.

32.572.987,65

3.619.220,85

36.192.208,50

c) Prezo:

O prezo que a Consellería de Política Social e Igualdade aboará pola prestación do servizo obxecto deste concerto, de acordo co estudo de custos exixido polo artigo 10.2.d) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, que figura no expediente deste concerto social, articúlase en función de dous tramos:

1º. Un tramo mensual, que cobre os gastos de persoal e os custos de funcionamento da entidade concertada.

De acordo coa distribución de anualidades recollida no punto anterior, as contías mensuais que percibirá a entidade concertada neste tramo, cun importe total de 2.652.269,00 €, son as seguintes:

Anualidades

Importe anual (€)

Importe mensual (€)

2025

61.159,06

61.159,06

2026

754.136,22

62.844,69

2027

775.781,04

64.648,42

2028

777.788,03

64.815,67

2029

283.404,65

47.234,11

2º. Un tramo variable, que se aboará en función do valor total das tarxetas e/ou vales que se activasen activado ese mes para ser subministrados ás persoas usuarias do programa, por un importe total de 21.475.870,00 €, e de acordo coa seguinte distribución de anualidades:

Anualidade

Importe (€)

2025

1.825.870

2026

6.550.000

2027

6.550.000

2028

6.550.000

Os importes que corresponden a cada unidade familiar veñen fixados polo propio programa (na súa versión extensa), de acordo coa seguinte táboa:

Nº de membros da unidade familiar ou de convivencia

(sendo menor de idade polo menos un deles )

Contía mensual

Contía total (12 meses)

2 persoas

130 €

1.560 €

3 persoas

160 €

1.920 €

4 persoas

190 €

2.280 €

5 ou máis persoas

220 €

2.640 €

Estas cantidades irán destinadas á compra de alimentos e asistencia material básica, de acordo co establecido no prego técnico do concerto.

Sexta. Pagamento do custo do concerto

1. O pagamento do prezo que corresponda a cada mes segundo os importes establecidos na cláusula quinta.c) desta convocatoria realizarase logo da conformidade da Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión.

2. Para o aboamento das compensacións económicas, a entidade concertada deberá presentar á Dirección Xeral de Inclusión Social, dentro dos cinco primeiros días do mes seguinte no que se realizou efectivamente a prestación, os seguintes documentos:

a) Factura pola prestación dos servizos.

b) Certificado mensual de execución dos servizos asinado pola persoa representante da entidade concertada, en que se inclúa:

1º. A relación das unidades familiares que recibiron medidas de acompañamento, xunto cun resumo das actividades específicas desenvolvidas con cada unha delas.

2º. A relación de tarxetas que se activasen ese mes para ser subministradas ás persoas usuarias do programa, así como a actualización das entregadas e operativas e o gasto total de consumo.

c) Declaración responsable de que cumpre as ratios de persoal establecidas no prego técnico desta convocatoria.

A factura e demais documentación indicada nesta epígrafe deberán presentarse, de forma telemática, a través do Sistema electrónico de facturación (SEF) da Comunidade Autónoma de Galicia, dispoñible no enderezo electrónico:

https://factura.conselleriadefacenda.es/eFactura_web/

3. A Administración concertante terá a obriga de aboar o prezo dentro dos 30 días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade co disposto no concerto social dos servizos prestados.

4. A percepción indebida de cantidades por parte da entidade concertada comportará a obriga do seu reintegro á Administración. Cando o reintegro se efectúe por requirimento da Administración, darase audiencia á entidade e seguirase o procedemento que corresponda, sen prexuízo das posibles sancións e resolución do concerto social.

5. A entidade concertada que teña dereitos de cobranza fronte á Administración poderá facelos conforme o dereito. Para a cesión dos dereitos de cobranza seguirase o mesmo procedemento e exixiranse os mesmos requisitos que os recollidos no artigo 200 da Lei 9/2017, do 8 de novembro.

Sétima. Duración do concerto social

1. Este concerto social terá unha vixencia desde a súa formalización, prevista para o 1.12.2025, ata o 30.6.2029, sen posibilidade de prórroga.

2. No caso de resolución do concerto ou extinción polo seu incumprimento, a entidade concertada estará obrigada a seguir prestando o servizo, en idénticas condicións, durante o tempo indispensable para que a Administración poida asegurar a continuidade na prestación do servizo.

Oitava. Requisitos que deben cumprir as entidades solicitantes

1. Poderán participar nesta convocatoria as entidades que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia (en diante, RUEPSS).

b) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

c) Acreditar a solvencia económica e financeira e técnica ou profesional e unha experiencia mínima de atención ao colectivo destinatario do obxecto do concerto, segundo se establece na cláusula novena desta convocatoria.

d) Contar cun seguro de responsabilidade civil cunha cobertura non inferior aos 150.000 euros, para garantir a obriga de indemnizar as persoas usuarias polos danos que se lles poidan ocasionar como consecuencia da execución do concerto.

e) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto desta convocatoria.

Os requisitos das alíneas a) e b) serán comprobados de oficio polo órgano competente para a formalización do concerto social, agás que a entidade se opoña ou non autorice a súa consulta.

Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

2. Non poderán concorrer a esta convocatoria as entidades que estean nalgún dos supostos de prohibición para concertar a que se refire o artigo 7 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Novena. Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional e experiencia mínima

1. Para poder resultar entidade concertada ao abeiro desta convocatoria, as entidades solicitantes deberán acreditar a súa solvencia económica e financeira. Reputarase solvente a entidade que acredite cumprir os seguintes requisitos:

a) Volume anual de negocios, referido aos tres últimos exercicios concluídos dispoñibles en función da data de creación ou inicio das actividades da entidade. Reputarase solvente a entidade licitadora que acredite ter un volume de negocios no ámbito da atención da inclusión social, referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres concluídos, por un importe igual ou superior a 7.070.763,59 €, que se corresponde co 70 % do importe medio anual do custo do concerto social, sendo este último de 10.101.090,85 €.

A súa acreditación efectuarase por medio dunha copia das contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se a entidade está inscrita no dito rexistro; en caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrita.

b) Un seguro de indemnización de responsabilidade civil, vixente ata a fin do prazo de presentación de ofertas, por un importe igual ou superior ao 7 % do importe medio anual do custo do concerto social, isto é, 707.076,36 €. A súa acreditación efectuarase por medio:

1º. Dunha declaración responsable asinada polo/a representante legal do licitador en que se exprese o importe asegurado e a súa vixencia.

2º. Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida, un certificado expedido pola aseguradora, en que consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro, así como un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso en que proceda, para garantir o mantemento da súa cobertura durante a execución do concerto.

2. Así mesmo, as entidades solicitantes deberán acreditar a súa solvencia técnica ou profesional. Reputarase solvente a entidade que acredite ter un ou varios servizos de natureza análoga ao obxecto deste concerto, que se prestasen a algunha Administración pública ou entidade privada (contabilizados ata a fin do prazo de presentación de proposicións), cuxo importe acumulado no ano de maior execución dos últimos cinco sexa igual ou superior ao 7 % do importe medio anual do custo do concerto social, isto é 707.076,36 €. Entenderanse por traballos de contido similar aqueles en que se xestionen servizos de atención ás necesidades básicas e de prevención e primeira atención. A súa acreditación efectuarase por medio:

a) Dunha declaración responsable asinada polo/a representante legal da entidade en que figuren os principais servizos e traballos realizados de natureza análoga ao obxecto deste concerto nos últimos cinco anos computados ata a data da fin do prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, que inclúa importes, datas e destinatarios públicos ou privados.

b) Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida:

1º. Se o destinatario é unha entidade do sector público, copia da certificación de boa execución expedida ou visada polo órgano competente.

2º. Se o destinatario é un suxeito privado, copia da certificación de boa execución expedida por este ou, na falta de certificación, declaración responsable da entidade en que manifeste ter realizado o traballo ou servizo a satisfacción daquel, acompañada dos documentos que figuren no poder deste, que acrediten a realización da prestación.

3. As entidades participantes deberán contar cunha experiencia mínima de dous anos na atención ao colectivo destinatario do obxecto do concerto social. Esta experiencia valorarase mediante unha declaración responsable.

Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida, a documentación que acredite o cumprimento do devandito requisito. No caso de que esta experiencia derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio logo da presentación da relación dos servizos prestados.

Décima. Medios mínimos profesionais e materiais necesarios para levar a cabo a prestación

1. A entidade deberá dispoñer do persoal preciso para atender a realización dos servizos concertados, que deberán cumprir os requisitos establecidos na normativa que sexa de aplicación e o establecido nesta convocatoria.

Este persoal dependerá exclusivamente da entidade concertada, por canto esta terá todos os dereitos e obrigas inherentes á súa calidade de empresaria e deberá cumprir as disposicións vixentes en materia fiscal, laboral, de seguridade social, de integración social das persoas con discapacidade, igualdade de xénero e seguridade e saúde no traballo.

O incumprimento destas obrigas por parte da entidade concertada non implicará responsabilidade ningunha para a Administración.

2. A entidade concertada está obrigada a que as sedes, delegacións ou oficinas onde se presta os servizos dispoñan, durante a vixencia do concerto e para o cumprimento dos obxectivos previstos, dos recursos materiais, equipamento, aplicacións e sistemas informáticos e de comunicacións, se é o caso, necesarios para realizar con eficacia, calidade e garantía, as prestacións obxecto do concerto.

3. A entidade deberá establecer e asegurar canles de colaboración con empresas distribuidoras de alimentos e garantir a súa estabilidade durante a vixencia do concerto social, de acordo co establecido no prego técnico.

Décimo primeira. Forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. De acordo co previsto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

3. Cada entidade participante non poderá presentar máis dunha solicitude. A infracción desta norma dará lugar á non admisión de todas as propostas subscritas por ela.

4. A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada da entidade solicitante da totalidade do contido desta convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.

5. No anexo II constan as seguintes declaracións responsables:

a) Que, de acordo co artigo 38 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas, a entidade non solicitou outras axudas para o financiamento dos servizos ou prestacións obxecto deste concerto.

b) Que a entidade ten contratada unha póliza de seguro de responsabilidade civil cunha cobertura non inferior aos 150.000 euros, para garantir a obriga de indemnizar as persoas usuarias polos danos que se lles poidan ocasionar como consecuencia da execución do concerto.

c) Que a entidade dispón da experiencia mínima, segundo se establece na base novena da convocatoria.

d) Que a entidade non está incursa en ningunha causa de prohibición para concertar, segundo o disposto no artigo 7.1 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

e) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

f) Que é certa a información contida no anexo III para a valoración da proposta.

g) Que a entidade participante acepta a totalidade das condicións establecidas nesta convocatoria e no prego técnico.

h) Que a entidade representada está en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto desta convocatoria.

Décimo segunda. Documentación complementaria

1. As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade, para o caso de que esta se atribúa a persoa distinta á designada no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais.

b) Unha relación de todos os documentos que presentan.

c) Documentación xustificativa da solvencia económica e financeira de acordo cos medios establecidos na base novena desta convocatoria.

d) Documentación xustificativa da solvencia técnica ou profesional de acordo cos medios establecidos na base novena desta convocatoria.

e) Documentación acreditativa da experiencia mínima na atención ao colectivo destinatario do obxecto do concerto exixida na base novena da convocatoria. No caso de que esta experiencia derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. Neste caso, a entidade presentará unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.

f) Documentación que acredite os criterios de selección e preferencia recollidos na base décimo sétima desta concertación.

g) Declaración responsable sobre a exención do imposto sobre o valor engadido.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse a través de medios electrónicos.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décimo terceira. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décimo cuarta.. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Inscrición no RUEPSS da entidade solicitante.

d) Certificado de que a entidade solicitante está ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por calquera concepto, coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Décimo quinta. Instrución do procedemento

1. Esta convocatoria realizarase mediante o procedemento de asignación de concertos, previsto no artigo 9.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, seleccionando a entidade prestadora do servizo segundo as prestacións ou programas que desenvolverá durante o concerto social, de acordo cos criterios de selección e preferencia desta convocatoria.

2. O órgano competente para a tramitación do procedemento é a Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión da Dirección Xeral de Inclusión Social.

3. A unidade administrativa instrutora realizará, de oficio, cantas actuacións considere necesarias para determinar, coñecer e comprobar os datos en virtude dos cales se deba pronunciar a resolución, conforme o establecido nesta convocatoria.

4. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano instrutor requirirá as entidades solicitantes para que, nun prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da notificación do dito requirimento, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da resolución que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 21 da mesma lei.

5. O órgano instrutor, por solicitude da Comisión de Valoración e motivadamente, poderá requirir das persoas solicitantes a información ou documentación adicional que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa para unha mellor avaliación das solicitudes.

Décimo sexta. Comisión de Valoración

1. Constituirase, como órgano colexiado, unha Comisión de Valoración de conformidade co artigo 15 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

2. A Comisión de Valoración será a encargada de verificar o cumprimento das condicións impostas ás entidades para concertar e de valorar as solicitudes de conformidade cos criterios de selección establecidos na base décimo sétima desta convocatoria.

3. A Comisión rexerase polo establecido na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, no relativo aos órganos colexiados, e estará integrada polos seguintes membros:

a) A persoa titular da Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión que actuará como presidente/a. Se, por calquera causa, a persoa titular da presidencia non pode asistir cando a Comisión de Valoración se reúna para o exame das solicitudes, será substituída polo/a funcionario/a designado para estes efectos pola persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social.

b) A persoa titular do Servizo de Prestacións e Acción Social.

c) A persoa titular do Servizo de Coordinación de Programas de Inclusión.

d) Un/unha funcionario/a designado/a pola persoa titular da presidencia, que actuará como secretario/a.

Se, por calquera causa, as persoas titulares dos servizos competentes ou o/a secretario/a que compoñen a Comisión de Valoración non poden asistir cando esta se reúna para o exame das solicitudes, serán substituídas polo/a funcionario/a designado/a para estes efectos pola persoa que exerza a presidencia.

4. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe de acordo co previsto na base décimo sétima desta convocatoria.

5. Segundo o referido informe da Comisión de Valoración, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver a concesión coa entidade.

No informe da Comisión de Valoración figurarán de maneira individualizada as solicitudes propostas para a concertación dos servizos obxecto de concerto, con especificación da puntuación que lles corresponde e/ou, se é o caso, a preferencia.

Décimo sétima. Criterios de selección e preferencia

1. Para a formalización deste concerto, de acordo co artigo 33 quinquies.5 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, darase prioridade ás entidades sen ánimo de lucro, cando existan análogas condicións de efectividade, calidade e rendibilidade social, sempre que, en todo caso, se garanta a libre concorrencia e se respecten os principios de igualdade de trato, de non discriminación e de transparencia.

Deste xeito, a consideración de entidade sen ánimo de lucro inclúese entre os criterios de desempate.

2. Neste procedemento de asignación de concerto establécense os seguintes criterios para a selección da entidade concertada, coa finalidade de acadar unha valoración que sirva para establecer unha orde de prelación para concertar:

a) Grao de implantación da entidade na Comunidade Autónoma de Galicia, ata un máximo de 40 puntos. Valorarase o número de sedes, delegacións ou oficinas da entidade solicitante e a súa distribución territorial do seguinte xeito:

i. A entidade dispón de sedes, delegacións ou oficinas nunha porcentaxe igual ou superior ao 50 % dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia: 40 puntos.

ii. A entidade dispón de sedes, delegacións ou oficinas nunha porcentaxe entre o 30 % e o 49 % dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia: 30 puntos.

iii. A entidade dispón de sedes, delegacións ou oficinas nunha porcentaxe entre o 10 % e o 29 % dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia: 20 puntos.

iv. A entidade dispón de sedes, delegacións ou oficinas nunha porcentaxe entre o 5 % e o 9 % dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia: 10 puntos.

Para a puntuación, terase en conta unha declaración responsable asinada polo/a representante legal da entidade en que figuren a relación de sedes, delegacións ou oficinas e os municipios a que presten servizo, computadas ata a data de fin de prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria.

b) Calidade técnica do proxecto, ata un máximo de 15 puntos e baremado de acordo cos seguintes criterios:

i. Dispor dun sistema informático con capacidade para interoperar coa Comunidade Autónoma de Galicia a través da Historia social única electrónica (HSUE): 6 puntos.

ii. Concreción e achega de detalle sobre a metodoloxía e calendario das actuacións de acompañamento: 6 puntos.

iii. Aplicación de metodoloxías innovadoras de intervención social con persoas en risco de exclusión social nos diferentes contidos do servizo de medidas de acompañamento, descritas con claridade e precisión: 3 puntos.

c) Experiencia de traballo da entidade a favor da inclusión social das persoas máis desfavorecidas e, en concreto, en programas destinados á cobertura de necesidades básicas, considerada en función do número de anos que ata o actual leva dedicándose ininterrompidamente a este labor: puntuarase 2 puntos por ano, ata un máximo de 20. Para a puntuación, terase en conta a declaración responsable contida no anexo III de valoración. A entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida, a documentación que acredite a dita experiencia.

d) Certificado de calidade. Asignaranse 5 puntos se a entidade conta con certificado de calidade en vigor con base na norma ONG con calidade ISO 9001:2015, EFQM ou outros sistemas de calidade que garantan o control de procesos e programas. Para valorar este criterio será necesario achegar certificado da entidade normalizadora.

e) Auditoría externa. Valorarase con 10 puntos que a entidade someta a súa xestión a controis mediante auditoría externa de contas no último exercicio pechado. A entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida, o correspondente informe de auditoría de contas anuais emitido por un auditor independente.

f) Medidas en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade que se apliquen na execución do concerto social, de acordo co establecido no artigo 57 da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, polas que se atribuirá unha puntuación máxima de 10 puntos. Para a valoración deste criterio terase en conta a existencia na entidade dun plan de igualdade ou de conciliación. Para a puntuación atenderase á declaración responsable contida no anexo III de valoración.

3. Empregarase como primeiro criterio de desempate a preferencia das entidades sen ánimo de lucro fronte ao resto de entidades prestadoras de servizos sociais.

No caso de igualdade entre dúas ou máis solicitudes, a entidade adxudicataria será aquela que conte cunha maior porcentaxe no criterio do grao de implantación da entidade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Décimo oitava. Resolución

1. A resolución, unha vez realizada a proposta, correspóndelle, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, á persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social.

2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución de concesión será de 30 días hábiles contado desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes teranse por desestimadas.

3. A resolución de concesión recollerá os seguintes datos:

a) NIF, razón social e número de rexistro no RUEPSS da entidade que concerta.

b) Servizos que se concertan.

c) Período de concerto.

d) Importe do concerto.

Dado que o Programa Básico está cofinanciado pola Unión Europea, deberá notificarse á entidade concertada un documento en que se establezan as condicións da axuda. Nesta resolución constará a información sobre o cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) e a correspondente porcentaxe, con indicación do obxectivo político, prioridade e obxectivo específico. Así mesmo, figurará a identificación da entidade concertada, o prezo que recibirá e as obrigas que lle correspondan, os requisitos específicos relativos aos servizos que deben prestarse, o plan de financiamento, o prazo de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).

Tamén se informará a entidade concertada de que a adxudicación do concerto podería implicar a súa aparición na lista de operacións que se publique nos termos establecidos no artigo 49.3 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

Décimo novena. Publicidade dos concertos

A resolución de concertación publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que terá os efectos de notificación.

Sen prexuízo do indicado no parágrafo anterior, de forma complementaria poderase efectuar a notificación da resolución ás entidades solicitantes por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Vixésima. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Vixésimo primeira. Recursos

A resolución desta convocatoria porá fin a vía administrativa. Contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ou ben recurso contencioso-administrativo, nos prazos e na forma establecidos na súa respectiva normativa reguladora.

Vixésimo segunda. Formalización dos acordos de concerto social

1. O concerto social resultado desta convocatoria formalizarase mediante documento administrativo o día seguinte ao da publicación da resolución de concertación.

2. Os documentos de formalización serán subscritos, en representación da Administración, pola persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.

3. O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

4. O documento de formalización dos concertos sociais conterá as mencións sinaladas no artigo 19.5 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

5. No caso de que non se chegue a formalizar o concerto por causas alleas á Administración, esta poderá, indistintamente:

a) Concertar, sen necesidade de nova solicitude, os servizos ofertados que quedasen excluídos por falta de formalización, seguindo a orde de prelación resultante do procedemento de selección, logo de comprobación de que a entidade segue reunindo os requisitos exixidos.

b) Abrir un novo prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria para concertar os servizos que, se é o caso, quedasen desertos por ausencia de formalización.

Vixésimo terceira. Seguimento e avaliación do concerto social

A Dirección Xeral de Inclusión Social é a responsable do seguimento e avaliación dos acordos de acción concertada subscritos, sen prexuízo das funcións inspectoras que realice o órgano competente en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia.

Realizarase unha avaliación cada ano e unha ao final do concerto social.

Vixésimo cuarta. Organización e funcionamento da prestación

A entidade concertada deberá contar cunha estrutura organizativa que permita a dirección e coordinación dos medios materiais e persoais adscritos ao concerto, a toma de decisións e o correcto funcionamento dos servizos.

Vixésimo quinta. Acceso aos servizos por parte das persoas usuarias

1. Terán a condición de beneficiarias das tarxetas e/ou vales para a adquisición de alimentos e outros produtos de asistencia material básica as unidades de convivencia con menores de idade a cargo cuxos ingresos sexan inferiores ao 40 % da renda mediana nacional e que estean empadroados nalgún municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O acceso das persoas usuarias ao programa e a súa posterior derivación á entidade encargada de prestar os servizos concertados corresponderalles, logo da valoración con criterios técnicos, aos/ás profesionais do traballo social dos servizos sociais comunitarios básicos do concello de residencia das persoas destinatarias da axuda, de conformidade co indicado no prego técnico que figura como anexo I desta resolución.

Por cada unidade familiar participante, a entidade confeccionará un expediente, individual e confidencial, que recompile, organice, rexistre e arquive toda aquela información e documentación referida ao seu proceso de atención social.

Vixésimo sexta. Obrigas da entidade concertada

1. A formalización dun concerto social obrigará a entidade concertada ao cumprimento das obrigas establecidas no artigo 20 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

2. A entidade concertada achegará a súa propia dirección e xestión na execución e é responsable da organización do servizo, da calidade técnica dos traballos que desenvolve e dos servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución da prestación obxecto de concerto.

3. Deberán designar unha persoa responsable do servizo ao seu cargo, quen coordinará e supervisará a execución do programa. O dito responsable recibirá e executará as indicacións que o órgano competente da Consellería de Política Social e Igualdade considere oportuno impartir en relación coa prestación do servizo e deberá ter atribucións suficientes para adoptar, se é o caso e no momento en que se requira, as decisións necesarias para asegurar un bo funcionamento deste.

4. No prazo máximo de catro meses tras a notificación da resolución de adxudicación do concerto, a entidade concertada deberá acreditar que se levou a cabo un procedemento de selección ou licitación do sistema de provisión de tarxetas e/ou vales para a adquisición de alimentos e outros produtos de asistencia material básica, e, tras a súa resolución, facilitar o detalle dos enderezos dos establecementos e os municipios onde se pode empregar a tarxeta.

5. Están obrigados a manter vixente o seguro de responsabilidade civil, exixido en virtude da cláusula oitava desta resolución, durante toda a duración do acordo de concerto social.

6. Deberán informar as persoas usuarias de que as actuacións en que participan están cofinanciadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social e Igualdade) e pola Unión Europea. Os emblemas deberán figurar, como mínimo, en todo o material e nos documentos que se utilicen ou entreguen ás persoas usuarias.

7. A entidade concertada realizará as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento da prestación que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de resultado previstos no artigo 23 do Regulamento (UE) 2021/1057.

Para estes efectos, facilitarase á entidade concertada o acceso á aplicación Participa2127 (https://participa2127.conselleriadefacenda.gal/Participa2127) e aos oportunos cuestionarios, que terán que respectar o principio de integridade dos datos. Para dar cumprimento a estes requisitos de información, a entidade concertada deberá introducir os datos dos indicadores de resultado das persoas usuarias na devandita aplicación informática.

8. Deberán someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Política Social e Igualdade; ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico), nos termos establecidos no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo; ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma; ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

9. A entidade concertada manterá rexistros contables independentes ou empregará códigos de contabilidade apropiados para todas as transaccións relacionadas coa operación, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permitan seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con fondos do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico).

10. A entidade concertada deberá conservar todos os documentos xustificativos relacionados coa operación que reciba axuda do FSE+ durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que a autoridade de xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) efectúe o último pagamento ao beneficiario do fondo, nos termos establecidos no artigo 82 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

11. No caso de resolución do concerto ou extinción polo seu incumprimento, a entidade concertada estará obrigada a seguir prestando o servizo ata a formalización do novo concerto. Nestes casos de extensión do servizo, a entidade concertada terá dereito a ser compensada de acordo cos prezos establecidos no propio acordo de concertación.

12. A entidade concertada deberá garantir que as contías inicialmente asignadas e finalmente non gastadas por parte das persoas usuarias ao longo das anualidades 2025, 2026 e 2027 se dedican integramente á concesión de novas tarxetas. Para estes efectos, poderá habilitar o importe resultante de forma conxunta na anualidade 2028.

Vixésimo sétima. Obrigas da Administración concertante

A formalización do concerto social obrigará a Administración concertante ao cumprimento das obrigas establecidas no artigo 22 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vixésimo oitava. Publicidade

1. A entidade que resulte adxudicataria dará a axeitada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do concerto social.

2. A entidade, xunto coa súa denominación, fará constar na documentación, en todas as comunicacións externas, particularmente ás persoas usuarias dos servizos (informes, documentos, trípticos de difusión, webs, insercións na prensa) e na publicidade que realice, a condición de entidade concertada pola Xunta de Galicia, segundo as indicacións do Manual de identidade corporativa que se facilitará desde a Administración, sempre co visto e prace da Consellería de Política Social e Igualdade.

Deberá dispoñer tamén dun rótulo no lugar onde se presten os servizos, no cal se identifique que o servizo está concertado coa Xunta de Galicia, co seu respectivo logotipo, que será proporcionado pola Consellería de Política Social e Igualdade.

3. En particular, deberá cumprir coas medidas de visibilidade, transparencia e comunicación establecidas no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño. Así, de conformidade co disposto nos artigos 47 e 50 do devandito regulamento, a entidade deberá:

a) Empregar o emblema da Unión Europea, de conformidade co anexo IX do devandito regulamento.

b) Facer unha breve descrición da operación no seu sitio web oficial, cando o devandito sitio web exista, e nas súas contas nos medios sociais, de maneira proporcionada en relación co nivel da axuda, cos seus obxectivos e resultados, e destacar a axuda financeira da Unión Europea.

c) Proporcionar unha declaración que destaque a axuda da Unión de maneira visible en todos os documentos e materiais de comunicación relacionados coa execución da operación, destinados ao público ou ás persoas usuarias.

d) Exhibir nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a operación onde se destaque a axuda dos fondos, xunto coa declaración «Cofinanciado pola Unión Europea».

4. Toda a publicidade, a documentación escrita, os anuncios ou a sinalización exterior, como tamén calquera tipo de información en apoio electrónico, informático ou telemático que derive desta actividade, ten que utilizar unha linguaxe inclusiva de mulleres e homes.

5. As entidades concertadas teñen a obriga de incluír na súa memoria anual de funcionamento toda a publicidade, a documentación escrita, os anuncios ou a sinalización que empregasen, en que conste que existe financiamento da Xunta de Galicia e da Unión Europea.

Vixésimo novena. Réxime de compatibilidade

1. De acordo co exposto no artigo 38 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o réxime de concertos sociais será incompatible coas subvencións para o financiamento dos servizos ou prestacións obxecto deste.

2. Sen prexuízo do sinalado no punto anterior, este réxime é compatible con programas específicos que non financien gastos estruturais imputables a este concerto.

Trixésima. Subcontratación e cesión de servizos concertados

1. Queda prohibida a subcontratación das prestacións obxecto deste concerto, coa excepción da provisión das tarxetas e/ou vales para a adquisición de alimentos e outros produtos de asistencia material básica.

2. Queda prohibida a cesión, total ou parcial, dos servizos obxecto do concerto social, excepto cando a entidade concertada sexa declarada en concurso de acredores e non quede garantida a continuidade da atención das persoas usuarias, con autorización expresa e previa da Administración, que adoptará as medidas precisas para garantir a continuidade e a calidade do servizo.

3. Os cambios de titularidade do servizo concertado, xa sexa por sucesión da entidade concertada ou pola cesión do concerto formalizado, terán a consideración de modificación do concerto social. Poderase producir a sucesión da entidade concertada cando esta se fusione ou transforme noutra. Neste caso, o concerto continuará vixente coa entidade que a suceda, sempre que esta continúe reunindo os requisitos exixidos para formalizar o concerto social. A entidade sucesora subrogarase nos dereitos e obrigas derivados do concerto social que estivesen vixentes no momento da sucesión. Se non fose posible concertar coa entidade sucesora por non cumprir esta cos requisitos exixidos no concerto social, considerarase para todos os efectos un suposto de resolución do concerto por culpa da entidade concertada. Para os efectos anteriores, a entidade concertada deberá comunicar á Consellería de Política Social e Igualdade a circunstancia que a producise.

Trixésimo primeira. Incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada

O incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada será sancionado de acordo co disposto no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Trixésimo segunda. Modificación do acordo de concertación

Unha vez formalizado o acordo de concertación, este poderá ser modificado nos supostos, cos requisitos e de acordo ao procedemento establecido no artigo 27 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Trixésimo terceira. Modificación das condicións técnicas

1. As condicións recollidas nos pregos técnicos do concerto social poderán ser modificadas como consecuencia de cambios normativos que as afecten ou da súa revisión por parte da Administración concertante. Neste último caso, deberán estar motivadas pola mellora das condicións de prestación dos servizos mediante informe do órgano competente e despois da audiencia á entidade concertada afectada para que poida formular alegacións á revisión proposta.

Trixésimo cuarta. Causas de extinción

1. Os acordos de acción concertada derivados desta convocatoria extinguiranse polas causas establecidas no capítulo VI do Decreto de concertos sociais.

2. Extinguido o acordo, a Consellería de Política Social e Igualdade garantirá ás persoas usuarias a continuidade do servizo, e a entidade concertada deberá seguir prestando o servizo, en idénticas condicións, durante o tempo indispensable para que a Administración poida asegurar a dita continuidade.

Trixésimo quinta. Constitución de garantías

Para a formalización dos concertos sociais non se exixe constitución de garantías, nin provisional nin definitiva, ao tratarse da prestación de servizos sociais, ao abeiro do artigo 107 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

Trixésimo sexta. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral Inclusión Social para resolver, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, a concesión, denegación, modificación ou outras actuacións que lle correspondan para o desenvolvemento e aplicación desta convocatoria.

Trixésimo sétima. Confidencialidade e tratamento de datos

A entidade concertada estará obrigada ao cumprimento das normas sobre a confidencialidade de datos e declarará que se responsabiliza de que o tratamento de datos de carácter persoal que se poida realizar no marco da prestación do servizo se faga de conformidade coas instrucións da Consellería de Política Social e Igualdade, e con absoluto respecto das normas de seguridade, de acordo co establecido no Regulamento 2016/679 (UE) xeral de protección de datos persoais (en diante, RXPD) e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e é, así mesmo, de aplicación ao respecto a disposición adicional vixésimo quinta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (LCSP), e demais normativa concordante na materia. En caso de incumprimento do estipulado, a entidade concertada e os técnicos destacados serán responsables das infraccións que del deriven. Todo iso, segundo as seguintes estipulacións:

1. Tratamento dos datos persoais da entidade concertada por parte da Consellería de Política Social e Igualdade:

Os datos persoais recollidos neste procedemento serán tratados, na súa condición de responsable do tratamento, pola Consellería de Política Social e Igualdade, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento, verificar os datos e documentos que a persoa interesada achega na súa solicitude para comprobar a exactitude destes e informar sobre o estado de tramitación e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

Os datos poderán ser comunicados ás administracións públicas do ámbito autonómico, estatal e comunitario para o exercicio das súas competencias na materia coa finalidade de levar a cabo as actuacións de control previstas.

As persoas interesadas poderán solicitar, ante o responsable do tratamento, o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Para contacto co/coa delegado/a de protección de datos e información adicional accederase á ligazón: https://www.xunta. gal/informacion-xeral-proteccion-datos

2. Tratamento de datos persoais no marco das actuacións de verificacións recollidas na resolución:

As bases lexitimadoras para o tratamento dos datos persoais que poidan ser facilitados para o adecuado seguimento desta resolución e a xustificación dos correspondentes gastos relativos ás actuacións que constitúen o seu obxecto son o cumprimento dunha misión de interese público ou o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento e o cumprimento dunha obriga legal, fundamentadas ambas no disposto no Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1296/2013, así como na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

As persoas interesadas poderán solicitar, ante o responsable do tratamento, o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Para contacto co/coa delegado/a de protección de datos e información adicional accederase á ligazón: https://www.xunta. gal/informacion-xeral-proteccion-datos

A entidade concertada estará obrigada a informar, pola súa vez, o persoal ao seu servizo e as persoas usuarias, con carácter previo a que se faciliten os seus datos á Consellería de Política Social e Igualdade, dos aspectos establecidos nas epígrafes anteriores.

3. Tratamento de datos persoais das persoas usuarias:

Os datos persoais necesarios para levar a cabo as actividades realizadas ao abeiro desta resolución serán tratados, na súa condición de responsable do tratamento, pola Consellería de Política Social e Igualdade.

Os datos persoais que sexan xestionados pola entidade concertada para a xestión das devanditas accións derivadas da execución do programa, na súa condición de encargadas do tratamento, poderán ser tamén comunicados, cando sexa estritamente necesario, ás administracións públicas no exercicio das súas respectivas competencias e a outros órganos encargados da xestión e control financeiro de fondos europeos.

As persoas interesadas poderán solicitar, ante o responsable do tratamento, o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Para contacto co/coa delegado/a de protección de datos e información adicional accederase á ligazón: https://www.xunta. gal/informacion-xeral-proteccion-datos

4. Deber de confidencialidade da entidade concertada:

A entidade concertada e o persoal que teña relación, directa ou indirecta, coa prestación dos servizos ás persoas usuarias deberán respectar o segredo profesional e, en consecuencia, manter absoluta confidencialidade e reserva sobre a totalidade dos documentos, datos e informacións que lles sexan confiados para a formalización e desenvolvemento das accións recollidas nesta resolución. Así mesmo, quedan expresamente obrigadas:

– A empregar a información exclusivamente no ámbito desta resolución e para as finalidades previstas nela.

– A non comunicala, nin total nin parcialmente, a ningún terceiro sen autorización expresa do emisor, salvo nos casos expresamente previstos na lei, exixindo idéntico compromiso ao persoal que empregue ou que con el colabore na execución da resolución.

– A facilitar o acceso á información unicamente ao persoal que a necesite para o desenvolvemento das actuacións, a quen se comunicará a obriga de tratar a información a que se lle dá acceso con carácter estritamente confidencial.

– A aplicar medidas de cautela e protección e destruír en calquera momento a documentación escrita recibida se así o solicita a parte que a subministrou.

Considerarase información confidencial aquela á cal a entidade beneficiaria acceda en virtude desta resolución, especialmente a de tipo técnico ou tecnolóxico, administrativa, ou económico-financeira, sempre que non teña carácter público ou notorio. Este deber manterase aínda despois de finalizada a relación.

5. Obrigas da entidade concertada como encargada do tratamento dos datos:

A entidade concertada terá a condición de encargada do tratamento de datos persoais en relación con aquelas tarefas de coordinación administrativa, posta en marcha, desenvolvemento e seguimento das accións obxecto deste concerto social que impliquen a recollida de datos das persoas usuarias do programa.

A entidade concertada, como encargada do tratamento, deberá cumprir coas obrigas recollidas a seguir:

– Tratar por conta do responsable os datos persoais necesarios para levar a cabo adecuadamente a prestación do servizo obxecto do concerto.

– Empregar os datos persoais obxecto de tratamento só para os efectos desta resolución. En ningún caso poderá utilizar os datos para os outros fins diferentes, sendo considerado neste caso como responsable do tratamento.

– Tratar os datos de acordo coas instrucións do responsable do tratamento. Se o encargado do tratamento considera que algunha das instrucións infrinxe o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, ou calquera outra disposición vixente en materia de protección de datos, poñerao inmediatamente en coñecemento do responsable.

– Non comunicar os datos a terceiros, salvo que se conte coa autorización expresa do responsable do tratamento ou nos supostos legalmente admisibles. O encargado poderá comunicar os datos a outros encargados do tratamento do mesmo responsable, de acordo coas instrucións deste.

– As persoas autorizadas para o tratamento dos datos persoais deberán comprometerse, expresamente e por escrito, a respectar a confidencialidade e a cumprir as medidas de seguridade correspondentes. O encargado manterá á disposición do responsable a documentación acreditativa do cumprimento desta obriga.

– Garantir a formación necesaria en materia de protección de datos persoais ás persoas autorizadas para o seu tratamento.

– Asistir ao responsable do tratamento na resposta ao exercicio dos dereitos recoñecidos pola lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, mediante as medidas técnicas e organizativas oportunas, para que poida cumprir coa obriga de atender as citadas solicitudes das persoas interesadas no prazo previsto pola normativa vixente. O encargado facilitará ao responsable canta información sexa necesaria ou relevante para estes efectos.

– No caso de que as persoas afectadas soliciten o exercicio dos seus dereitos ante o encargado do tratamento, este informaraas, por calquera medio fidedigno, de que poderán acceder ao procedemento previsto para iso na ligazón: https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos

– Comunicar ao responsable do tratamento, de forma inmediata e aplicando as medidas de seguridade necesarias, as violacións da seguridade dos datos persoais ao seu cargo das que teña coñecemento, xunto con toda a información pertinente para a documentación e comunicación da incidencia, se é o caso, á Axencia Española de Protección de Datos, de conformidade co disposto no artigo 33 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016.

– Apoiar, cando proceda, o responsable do tratamento na realización de avaliacións de impacto relacionadas coa protección de datos e de consultas previas á autoridade de control.

– Aplicar, se é o caso, as disposicións contidas no Real decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade (ENS). En todo caso, implantará as medidas de seguridade necesarias para:

• Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanente dos sistemas e servizos de tratamento.

• Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais rapidamente, en caso de incidencia física ou técnica.

• Verificar, avaliar e valorar, de forma periódica, a eficacia das medidas técnicas e organizativas postas en marcha para garantir a seguridade do tratamento dos datos persoais.

• Pseudonimizar e cifrar, de resultar necesario, os datos persoais.

– Poñer á disposición do responsable toda a información necesaria para acreditar o cumprimento das súas obrigas, en particular, certificados de cumprimento da normativa expedidos polas entidades acreditadas ou, de non existiren, facilitar a realización das auditorías ou inspeccións que faga o responsable ou outro auditor autorizado.

– Designar un/unha delegado/a de protección de datos, se é o caso, segundo o previsto no artigo 37 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, e no artigo 34 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, así como comunicar a súa identidade e datos de contacto ao responsable do tratamento.

Trixésimo oitava. Medidas antifraude

1. A este concerto social resúltalle de aplicación o Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 10 de decembro de 2021 e actualizado o 19 de maio de 2023.

Para os efectos de facilitar a remisión ás autoridades competentes de calquera información relevante na loita contra a fraude aos intereses financeiros da Unión Europea, a Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha canle de denuncias sobre irregularidades ou condutas de fraude, que terá a súa sede no Sistema integrado de atención á cidadanía (SIACI) (https://siaci-publico.xunta.gal/siaci_publico).

Por contar con financiamento europeo, este concerto estará suxeito aos controis da Comisión Europea, da Oficina de Loita contra a Fraude (OLAF), do Tribunal de Contas da Unión Europea, da Fiscalía Europea e demais controis que se realicen a través de autoridades nacionais ou europeas, e será necesario que se facilite canta información e documentación sexa requirida.

En relación con este procedemento de asignación de concerto, as persoas que interveñan nel e, en todo caso, a persoa titular do órgano competente para a súa tramitación, o persoal que redacte os documentos do concerto, o persoal técnico que elabore os informes de valoración, os membros da comisión de valoración, e calquera outra persoa participante no procedemento que se considere oportuno, cubrirán unha declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI), conforme o modelo previsto no devandito Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia.

2. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con operacións financiadas total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco deste concerto poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servicio Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, do citado servizo, no seguinte enderezo https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/snca/Paginas/ComunicacionSNCA.aspx

En canto non se habilite outra canle específica para o Programa FSE+ Galicia 2021-2027, os devanditos feitos poderán poñerse en coñecemento a través da seguinte ligazón:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

Trixésimo novena. Resolucións de conflitos e recursos

Este concerto terá carácter administrativo e rexerase nos seus efectos polo establecido nas súas cláusulas, polo disposto no artigo 18 do Decreto de concertos sociais, pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, así como pola Lei 8/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Na súa falta, para resolver as lagoas e dúbidas que poidan presentarse, rexerase polo establecido na Lei 9/2017, do 8 de novembro, así como pola Lei 40/2015, do 1 de outubro.

As cuestións litixiosas xurdidas respecto da interpretación, modificación e resolución serán resoltas pola Consellería de Política Social e Igualdade e os seus acordos poñen fin á vía administrativa.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Así mesmo, con carácter potestativo poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que ditou a resolución. Todo iso de conformidade co establecido nos artigos 112, 114, 115, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8, 14.2 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poidan exercer, se é o caso, calquera outro que consideren procedente.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2025

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade

ANEXO I

Prego técnico do concerto social para a xestión do programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea

1. Obxecto do concerto:

O obxecto deste concerto social é a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea, que ten como finalidade facer fronte á privación material das familias máis desfavorecidas con menores a cargo, a través dun sistema de tarxetas e/ou vales físicos ou electrónicos intercambiables por alimentos e outros produtos de asistencia material básica, así como apoiar a súa inclusión social, a través das medidas de acompañamento que se establezan.

As persoas usuarias tan só poderán adquirir coas tarxetas alimentos e/ou artigos para a hixiene tales como xabón, champú e pasta de dentes, así como produtos de hixiene feminina menstrual e cueiros infantís. En todo caso, quedan excluídos do programa os seguintes produtos alimentarios:

a) Todo tipo de bebidas e refrescos que conteñan gas, azucre ou produtos substitutivos.

b) Bebidas alcohólicas.

c) Produtos dietéticos.

d) Bolaría e lambetadas.

e) Auga embotellada, agás en circunstancias en que non se poida acceder á auga potable.

f) Produtos elaborados, a excepción de legumes precociñados e conservas.

A provisión de alimentos e de asistencia material básica estará complementada, como mínimo, por unha medida de acompañamento que se adecúe ás necesidades detectadas das persoas usuarias mentres teñan recoñecida a axuda.

Para levar a cabo as actuacións descritas, faise necesario concertar cunha entidade privada de iniciativa social que se encargue tanto da produción, distribución, activación, uso e control das tarxetas e/ou vales e da asistencia técnica no caso de incidencias ás persoas usuarias, como do desenvolvemento das mencionadas medidas de acompañamento.

A través deste prego técnico establécense as condicións técnicas e materiais que deben rexer o concerto social, así como as obrigas e compromisos asumidos pola entidade adxudicataria.

2. Definición do servizo:

2.1. Encadramento normativo.

O contido do concerto estará comprendido polo servizo de atención ás necesidades básicas e polo servizo de prevención e primeira atención, consonte o disposto no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de inclusión. En particular, o código 0201 do seu anexo fai referencia ao servizo de cobertura da necesidade de alimento, o código 0202 ao servizo de provisión de recursos básicos e o código 0101 ao servizo de valoración, orientación e información.

O servizo de cobertura da necesidade de alimentos defínese como o servizo de manutención, ben nun espazo destinado a esta finalidade ben mediante a distribución de alimentos, destinado a persoas e familias en situación de vulnerabilidade, pobreza ou exclusión social. Cando o servizo consista no apoio económico ou material para o acceso a recursos básicos tales como produtos de hixiene, este correspóndese co servizo de provisión de recursos básicos.

A provisión de alimentos e outros produtos de asistencia material básica, a través dun sistema de prestación indirecta, encádrase nestes servizos da carteira.

Por outra banda, o servizo de valoración, orientación e información defínese como o servizo dirixido a identificar situacións de risco e factores de vulnerabilidade, desde o punto de vista material e en relación co parámetro inclusión/exclusión. Comprende a valoración e a información sobre os recursos e prestacións do Sistema galego de servizos sociais: persoas a que se dirixen, requisitos e procedementos de acceso, posibilidade de combinar distintos recursos e servizos, dereitos e obrigas, e calquera outra información de utilidade.

As medidas de acompañamento encádranse neste servizo da carteira.

2.2. Obxectivos do Programa Básico.

O obxectivo do programa é facer fronte á pobreza infantil e á vulnerabilidade das familias con menores a cargo, para o cal se pretende garantir o dereito á cobertura das súas necesidades de asistencia material básica e reforzar os procesos de inclusión das persoas usuarias. Para iso, sinálanse os seguintes obxectivos que se deben acadar:

– Subministrar alimentos e material de hixiene persoal mediante un sistema de tarxetas e/ou vales.

– Respectar a dignidade e evitar a estigmatización das persoas usuarias, así como fomentar a súa participación activa e capacidade de toma de decisión respecto a todos os aspectos que as afecten.

– Posibilitar unha alimentación saudable e evitar carencias nutricionais básicas das familias en situación de vulnerabilidade, pobreza ou exclusión social.

– Mellorar a administración da economía doméstica das unidades familiares.

– Constituír un recurso de reforzo nos procesos de inclusión social en que estean inmersas as familias beneficiarias.

– Informar sobre os recursos e prestacións a que poidan ter dereito e o acceso a estes.

– Derivar ou reorientar as persoas usuarias aos servizos sociais competentes máis axeitados para apoiar a súa inclusión social.

– Mellorar o coñecemento e uso por parte da cidadanía dos recursos dispoñibles na comunidade.

3. Poboación atendida polo servizo e acceso dos/das beneficiarios/as:

Serán destinatarias do programa as unidades de convivencia con menores de idade a cargo que se atopen por debaixo do limiar de pobreza severa, isto é, cuxos ingresos sexan inferiores ao 40 % da renda mediana nacional, e que estean empadroados nalgún municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por unidade de convivencia entenderase o conxunto de persoas que convivan no mesmo domicilio e manteñan con respecto á persoa solicitante un vínculo por matrimonio ou análoga relación estable, por adopción ou acollemento, ou por parentesco de consanguinidade ou afinidade ata o cuarto e segundo grao, respectivamente, consonte o establecido no artigo 11 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. Dentro da unidade de convivencia determinarase a persoa que deba ter a consideración de titular da axuda. En condicións equiparables, aplicarase o criterio de acceso preferente das mulleres á titularidade da axuda.

O acceso das familias participantes ao programa realizarase mediante derivación dos/das profesionais do traballo social dos servizos sociais comunitarios básicos do concello de residencia das persoas destinatarias da axuda á entidade encargada de prestar os servizos concertados, de acordo coas instrucións e supervisión da Dirección Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social e Igualdade.

A axuda recoñecida terá unha validez de 12 meses desde o seu recoñecemento, e pode ser prorrogada por períodos da mesma duración. O importe mensual desta ascenderá, en función do número de membros da unidade, a 130 euros nas unidades de dous membros, a 160 euros e 190 euros nas unidades de tres e catro membros, respectivamente, e a 220 euros nas de cinco ou máis membros.

Estímase que o número de familias que accederán ao Programa Básico no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia ascenderá a 4.000 unidades ao ano. En consecuencia, a entidade que resulte adxudicataria deberá estar en condicións de poder prestar os servizos descritos na epígrafe seguinte ao dito volume de familias.

4. Contido dos servizos:

4.1. Produción, distribución, activación, uso e control das tarxetas ou vales electrónicos.

A entidade concertada deberá levar a cabo un procedemento de selección ou licitación do sistema de provisión das tarxetas e/ou vales por parte dos establecementos distribuidores de alimentación e outros produtos de asistencia material básica, e encargarse da súa entrega ás persoas usuarias, incluíndo o seguimento e verificación do seu uso, conforme as condicións establecidas a continuación.

4.1.1. Características das tarxetas e/ou vales:

a) As tarxetas ou vales servirán exclusivamente para a compra dos produtos relacionados no número 1 do prego técnico e conforme o saldo dispoñible no momento do seu uso, de xeito que non se poida intercambiar por produtos distintos aos definidos nin realizar operacións de pagamento superiores ao saldo dispoñible en cada momento.

Para estes efectos, deberán permitir restrinxir e/ou delimitar en liña de caixa a compra da lista de produtos excluídos no programa, detallados no número 1 deste prego técnico.

b) As tarxetas ou vales tampouco estarán vinculadas a ningunha conta bancaria da persoa usuaria nin serán intercambiables en ningún caso por diñeiro.

c) As tarxetas ou vales serán de uso persoal e intransferible. Para garantir a súa utilización pola persoa destinataria, ademais ou en substitución da identificación, deberá establecerse algún mecanismo de control. Tamén deberán implantar un sistema de alerta de uso indebido, bloqueo e revogación, así como medidas axeitadas para evitar a fraude e a falsificación.

d) As tarxetas ou vales poderán ter un soporte físico en plástico ou dixital a través dunha aplicación web ou outros soportes electrónicos.

e) O acceso ao programa debe ser completamente gratuíto para as persoas usuarias, polo que non se lles poderán repercutir gastos de envío, emisión e soporte das tarxetas ou vales.

f) Unicamente se poderá conceder unha tarxeta por unidade de convivencia.

g) As tarxetas ou vales deberán ter unha codificación individual para a asignación a cada persoa beneficiaria, onde quede reflectido o historial de compra para a súa posterior xustificación. Este historial de compra incluirá: produtos adquiridos, data, importe destes, verificación de gasto executado por tarxeta e establecemento onde se realizou a compra.

h) As tarxetas ou vales poderán ser usados durante un período máximo de 12 meses, con posibilidade de prórroga, e deberán poder recargarse con periodicidade trimestral. O saldo non consumido irase acumulando para o seu uso en meses posteriores ata o seu vencemento.

i) As tarxetas ou vales teñen que poder facilitar a consulta do seu saldo.

j) As persoas usuarias do programa non poderán ser discriminadas nos establecementos colaboradores con respecto a outros clientes.

k) As tarxetas deberán incluír serigrafado o emblema da Unión Europea e a lenda «Cofinanciado pola Unión Europea», seguindo as indicacións da normativa do uso do emblema europeo nos programas financiados por esta.

4.1.2. Sistemas de información asociados ás tarxetas:

A entidade adxudicataria deberá garantir os desenvolvementos técnicos nas tarxetas e/ou nos sistemas informáticos que sexan necesarios para o cumprimento das seguintes condicións:

a) Programa informático que delimite en liña de caixa os produtos susceptibles de seren comprados polas persoas usuarias do programa dos que non se poden adquirir coa tarxeta e/ou vale, así como a posibilidade de incluír produtos novos que poidan xurdir durante a execución do concerto e que formen parte das categorías excluídas e establecidas no programa.

b) Sistema informático que permita asociar e restar crédito ás tarxetas e/ou vales electrónicos, así como traspasalo entre instrumentos de pagamento en caso de extravío.

c) Sistemas necesarios para garantir que a cantidade económica total que perciban polas familias beneficiarias se axuste á contía determinada polos servizos sociais comunitarios básicos dos concellos, conforme a distribución e importes que figuran no número 3 deste prego técnico.

d) Sistema informático en que se recollan todos os gastos de cada unha das tarxetas, desagregados como mínimo por localización do establecemento, importe total e por grupos de produtos e data de compra. No caso de que estes datos sexan solicitados pola Administración concertante, serán remitidos no formato requirido.

e) A tarxeta deberá incorporar unha funcionalidade que permita o seu bloqueo, logo da comunicación, en casos tales como roubo, extravío ou deterioración.

f) Os sistemas informáticos deberán enviar periodicamente información das tarxetas mediante a funcionalidade de exportación mediante ficheiro, de acordo cos requirimentos técnicos e a periodicidade fixados pola Consellería de Política Social e Igualdade.

Esta información poderá remitirse empregando a interoperabilidade, no caso de que os sistemas informáticos da entidade concertada teñan a capacidade de interoperar coa Comunidade Autónoma de Galicia a través da Historia social única electrónica (HSUE),

A Xunta de Galicia poderá poñer á disposición da entidade adxudicataria un sistema informático propio para a xestión do programa de asistencia material básica a través da HSUE.

g) Deberá garantirse o cumprimento das medidas de seguridade contidas no anexo II do Real decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade (ENS).

4.1.3. Asistencia técnica ás persoas usuarias das tarxetas:

A entidade adxudicataria estará en disposición de prestar un servizo gratuíto de información ás persoas usuarias das tarxetas, que poderá basearse nun servizo de atención telefónica e/ou a través da internet, que permita:

a) Coñecer en calquera momento o saldo dispoñible por parte da persoa usuaria.

b) Xestionar as incidencias que poidan xurdir como consecuencia da deterioración, roubo, perda ou mal funcionamento da tarxeta.

c) Xestionar as incidencias relacionadas coa carga dos saldos, como poden ser saldos non cargados ou cantidades cargadas que non se correspondan coa contía concedida.

4.2. Desenvolvemento de medidas de acompañamento ás persoas usuarias do programa:

A entidade concertada deberá garantir que cada persoa beneficiaria do programa recibe, cando menos, unha medida de acompañamento orientada a favorecer o seu proceso de inclusión social.

Por medidas de acompañamento enténdense actuacións que, logo de valoración singularizada e diagnose social das situacións persoais, familiares ou de grupo, poderán consistir en:

a) Facilitar información sobre os recursos e prestacións sociais dispoñibles, e sobre o acceso a estes.

b) Derivación ou reorientación aos recursos sociais, educativos e sanitarios, entre outros.

c) Asesoramento sobre a xestión dun orzamento doméstico.

d) Promoción socioeducativa de hábitos de alimentación saudable.

Para este efectos, a entidade concertada encargarase de:

a) Informar sobre os recursos e prestacións do Sistema galego de servizos sociais: persoas a que se dirixen, requisitos e procedementos de acceso, dereitos e obrigas, e calquera outra información de utilidade, así como derivar e, nos casos en que proceda, realizar un acompañamento básico ás unidades beneficiarias no acceso aos recursos máis axeitados con respecto ás necesidades identificadas, unha vez informadas e de acordo con elas.

b) Desenvolver actuacións de orientación e información para a administración da economía doméstica e para a promoción de hábitos de alimentación saudable.

Entenderase por actuacións de orientación e información para a administración da economía doméstica aquelas que comprendan contidos referidos á elaboración do orzamento familiar, xestión de subministracións do fogar, balance de ingresos e gastos e coñecementos financeiros básicos (tarxetas de débito e crédito, préstamos, banca en liña...).

Entenderase, así mesmo, por actuacións para a promoción de hábitos de alimentación saudable aquelas que fagan referencia á tipoloxía e calidade nutricional dos alimentos (frescos, procesados, ultraprocesados...), á súa etiquetaxe, aos hábitos hixiénicos na alimentación, ás necesidades nutricionais na infancia e adolescencia, entre outros.

As mencionadas actuacións poderanse levar a cabo mediante a edición e difusión de materiais, charlas informativas, dinámicas grupais, etc., dirixidas a todas as persoas integrantes da unidade de convivencia incluídas as menores de idade.

c) Poñer á disposición das persoas usuarias un correo electrónico e un número telefónico de contacto co persoal de acompañamento social.

d) Manter as canles de derivación e coordinación cos/coas profesionais do traballo social dos servizos sociais comunitarios básicos dos concellos.

e) Manter actualizada a información, rexistro e documentación das actividades desenvolvidas coas unidades familiares.

f) Facilitar a información sobre a evolución do proxecto que lle sexa requirida polos servizos sociais comunitarios básicos dos concellos e, en particular, durante a realización da revisión que debe efectuarse transcorridos seis meses desde o acceso ao programa.

Por outra banda, a entidade concertada disporá dun sistema informático que recolla información tanto das persoas usuarias como das actuacións e intervencións sociais adoptadas, nos termos establecidos na alínea f) do número 4.1.2 deste prego. O contido das medidas de acompañamento será rexistrado neste sistema, garantindo en todo caso a súa transferencia aos servizos sociais de referencia da unidade familiar.

5. Procedemento de acceso ao programa e derivación, entrega e recarga das tarxetas, intervención e coordinación entre axentes implicados:

5.1. Acceso ao programa e derivación:

a) As solicitudes de acceso ao programa serán tramitadas polos/as profesionais do traballo social dos servizos sociais comunitarios básicos do concello de residencia da persoa solicitante, na súa condición de profesionais de referencia do Sistema galego de servizos sociais.

b) Os datos de derivación ao programa dunha familia serán remitidos por parte dos servizos sociais municipais de forma automática a través da HSUE á Consellería de Política Social e Igualdade, que, pola súa vez, dará traslado da información á entidade concertada para que proceda á emisión das tarxetas.

5.2. Entrega e recarga das tarxetas:

a) A entidade contactará coas unidades de convivencia que resulten beneficiarias do programa para que, nos supostos en que proceda, escollan un establecemento distribuidor de alimentación e outros produtos de asistencia material básica entre os colaboradores do programa, e informalas sobre as condicións de uso da tarxeta.

b) No caso de tarxetas en formato físico, a entidade procurará a súa entrega nun punto próximo ao municipio de residencia da unidade destinataria. A entidade adoptará as medidas necesarias para facilitar o acceso daquelas familias que presenten dificultades á hora de acudir de maneira presencial ao punto de entrega correspondente.

c) Por motivos de seguridade, as tarxetas enviaranse sen activar ás respectivas oficinas. As persoas usuarias recibirán asistencia na súa activación por parte do persoal da entidade.

d) A persoa titular terá que asinar un documento de recepción da tarxeta, protección de datos e compromiso de participación nas accións de acompañamento.

e) A recarga das tarxetas realizarase cunha periodicidade máxima de tres meses.

6. Planificación e organización:

A entidade concertada deberá contar cunha estrutura organizativa que permita a dirección e coordinación dos medios materiais e persoais adscritos ao concerto, a toma de decisións e o correcto funcionamento dos servizos.

Por cada unidade familiar participante, a entidade confeccionará un expediente, individual e confidencial, que recompile, organice, rexistre e arquive toda aquela información e documentación referida ao seu proceso de atención social. Así mesmo, deberá contar cos oportunos mecanismos que permitan a consulta do historial de compras realizadas coa tarxeta, desagregado nos termos establecidos anteriormente no número 4.

7. Medios para a prestación dos servizos:

A entidade adxudicataria deberá dispoñer dos medios materiais, equipamentos, soportes informáticos e de comunicacións e as instalacións ou dependencias que sexan necesarios para a correcta execución das prestacións obxecto do concerto. En particular, deberá proporcionar as aplicacións e sistemas informáticos indispensables para o cumprimento das exixencias previstas no número 4 deste prego técnico, así como asegurar, durante a vixencia do concerto, as canles de colaboración que sexan precisas cos establecementos distribuidores de alimentación e outros produtos de asistencia material básica que permitan a provisión dos produtos incluídos no programa ás familias beneficiarias.

De acordo co establecido no artigo 3.2.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, deberase respectar o principio de proximidade á poboación de referencia para procurar a prestación dos servizos nun ámbito preto do lugar de vida habitual das persoas usuarias. Deste xeito, a entidade adxudicataria deberá estar en condicións de contar cos medios necesarios para a distribución das tarxetas ou vales electrónicos, así como garantir unha axeitada implantación da tarxeta no territorio da Comunidade Autónoma da Galicia. Entenderase por grao de implantación axeitado aquel que permita a adquisición de produtos incluídos no programa en polo menos o 25 % do total de municipios da Comunidade Autónoma.

As instalacións ou dependencias e os equipamentos deberán atoparse en perfectas condicións de conservación e funcionamento, e, para tal efecto, deberán subscribir os contratos de mantemento preceptivos, ademais de levar a cabo as reparacións e reposicións que sexan necesarias.

A entidade adoptará as medidas necesarias para asegurar a accesibilidade e non discriminación das persoas con diversidade funcional tanto nos sistemas de información e comunicación como nas instalacións ou dependencias onde se presten os servizos.

8. Seguros:

A entidade deberá dispoñer dunha póliza de seguro de responsabilidade civil por un importe mínimo de 150.000 euros, que garanta a cobertura das posibles indemnizacións que poidan xerarse a favor das persoas usuarias por continxencias ocorridas como consecuencia da prestación dos servizos.

9. Persoal:

A entidade concertada porá á disposición da execución do concerto social os medios persoais necesarios e coa preparación técnica axeitada, de acordo coas indicacións contidas neste prego, para a atención das persoas usuarias do programa.

A entidade concertada exercerá o poder de dirección e de organización respecto das súas persoas traballadoras e quedará obrigada ao cumprimento das disposicións legais e convencionais que resulten de aplicación en materia laboral, fiscal, de Seguridade Social e de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde no traballo. Este persoal dependerá exclusivamente da entidade concertada, por conseguinte, en ningún caso o referido persoal poderá alegar dereito ningún en relación coa Administración nin exixirlle a esta responsabilidade de calquera índole como consecuencia das obrigas existentes entre a entidade e o seu persoal.

A entidade concertada deberá designar un/unha responsable do servizo que se encargue da coordinación e supervisión das prestacións obxecto do concerto. Esta persoa recibirá e executará as indicacións que a Dirección Xeral de Inclusión Social considere oportunos impartir en relación coa prestación dos servizos e deberá ter as atribucións suficientes para adoptar, se é o caso e ao momento, as decisións necesarias para asegurar o bo funcionamento destes.

Deberá dispoñer do título de grao universitario ou equivalente e contar con experiencia acreditada na coordinación de equipos de traballo. As súas funcións comprenderán, entre outras:

– Organizar e coordinar os servizos de acordo coas indicacións, directrices e resolucións da Dirección Xeral de Inclusión Social.

– Informar sobre o funcionamento dos servizos e a evolución do programa á Dirección Xeral de Inclusión Social.

– Informar sobre calquera incidencia significativa que afecte a prestación dos servizos, no día e momento en que teñan lugar.

– Propoñer e aplicar melloras organizativas e velar pola calidade na prestación dos servizos, garantido a homoxeneidade metodolóxica e das ferramentas de traballo entre o persoal de atención ás persoas usuarias.

– Elaborar a documentación xeral do programa: protocolos de funcionamento, memorias, informes periódicos e outros que lle requira a Consellería de Política Social e Igualdade, e propostas de melloras, entre outros.

– Recoller información e datos da xestión dos servizos, así como dar seguimento de altas e baixas no programa.

– Outras funcións vinculadas coa coordinación, co correcto funcionamento dos servizos e co cumprimento da normativa vixente.

A entidade contará cos seguintes perfís profesionais para o desenvolvemento do programa:

a) Profesionais do ámbito da intervención social, preferentemente do traballo social e da educación social, que conten con experiencia na atención, intervención e orientación da poboación destinataria do programa. A súas funcións serán, entre outras:

– Entregar e axudar na activación da tarxeta ás familias beneficiarias e informar sobre as súas condicións de uso e características do programa.

– Informar e derivar, se é o caso, aos recursos e prestacións do Sistema galego de servizos sociais.

– Realizar tarefas de información, apoio e acompañamento individualizado ou grupal ás persoas usuarias.

– Manter as canles de derivación e coordinación cos/coas profesionais do traballo social dos servizos sociais comunitarios básicos dos concellos.

– Realizar informes e demais documentación necesaria para a intervención das persoas usuarias.

– Establecer o calendario da prestación e programar o desenvolvemento das medidas de acompañamento.

– Outras funcións propias da categoría profesional, determinadas pola coordinación do servizo.

b) Persoal administrativo:

Deberán estar en posesión do título de bacharel, técnico de formación profesional ou titulación equivalente. Realizarán funcións de apoio administrativo, contable e fiscal no ámbito do programa, así como de rexistro da información das persoas usuarias e actuacións realizadas, e apoio na entrega e activación da tarxeta ás familias beneficiarias.

O número total de efectivos que se consideran axeitados para o adecuado funcionamento dos servizos concertados ascenderá a un/unha coordinador/a ou responsable dos servizos, 18 profesionais do ámbito da intervención social e 2 auxiliares administrativos/as. A entidade concertada deberá manter este número de efectivos mínimo nos meses en que efectivamente se estean a producir derivacións ao programa e desenvolvemento de medidas de acompañamento. No período de desenvolvemento dos traballos previos (peche de acordos cos supermercados e preparación de sistemas de xestión) e de peche do programa, o persoal deberá ser o mínimo imprescindible para garantir o adecuado funcionamento dos procesos que se realicen.

10. Compromisos asumidos pola entidade:

A entidade que resulte adxudicataria do concerto obrígase a:

a) Achegar, para a realización do obxecto do concerto, os medios persoais e materiais que sexan precisos para a boa execución deste.

b) Admitir na utilización do servizo toda persoa usuaria remitida polos servizos sociais comunitarios básicos e garantir a súa prestación nas condicións que foron establecidas, de acordo cos principios de igualdade e non discriminación.

c) Prestar ás persoas usuarias de forma gratuíta os servizos establecidos no concerto social.

d) Establecer e asegurar canles de colaboración con empresas distribuidoras de alimentación e outros produtos de asistencia material básica e garantir a súa estabilidade durante a vixencia do concerto social.

e) Emitir informes de seguimento trimestrais sobre o uso das tarxetas e/ou vales como instrumento de verificación do gasto executado que incluirán: datas, grupos de produtos, distribución por provincias, relación de tarxetas entregadas, número de persoas cubertas pola axuda, relación de cargas e recargas por importe, número e tipo de incidencia e resolución desta, e outras categorías que se especifiquen.

f) Emitir informes semestrais sobre a evolución da aplicación das medidas de acompañamento, con aqueles campos de información que sexan establecidos pola Consellería de Política Social e Igualdade.

g) Elaborar, ao finalizar a execución do concerto, unha memoria sobre a prestación dos servizos que recolla información sobre a poboación atendida, as características desta, as actividades desenvoltas e os resultados obtidos durante a posta en funcionamento do Programa de asistencia material básica.

h) Facilitar toda aquela outra información que, en relación co funcionamento dos servizos concertados, lle sexa requirida pola Consellería de Política Social e Igualdade.

i) Comunicar á Consellería de Política Social e Igualdade calquera cambio ou variación que se produza na prestación dos servizos.

j) Someterse ás actuacións de control financeiro que correspondan aos órganos competentes da Administración en relación cos fondos públicos achegados para o financiamento dos concertos sociais.

k) Facilitar, por requirimento da Administración, o acceso aos sistemas informáticos que rexistren os datos de compras efectuadas aos responsables da verificación de gastos da Comunidade Autónoma de Galicia e ás autoridades de auditoría nacionais ou comunitarias e a calquera outro órgano de control con competencias na supervisión do gasto cofinanciado pola Unión Europea. Así mesmo, se tras o dito acceso se solicitara o envío de información, esta será remitida no formato requirido.

l) Facilitar o labor do persoal da inspección da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais da Consellería de Política Social e Igualdade, de conformidade co Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

m) Facer mención da orixe deste financiamento e velar por darlle visibilidade, en particular, cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público en xeral, consonte o disposto no artigo 36.1 do Regulamento (UE) 2021/1057.

n) Dar a coñecer a condición de entidade concertada mediante a difusión na documentación e na publicidade das actuacións obxecto deste concerto social. A entidade concertada deberá incorporar en todo o material e documentación xerada polo programa o logotipo da identificación corporativa da Xunta de Galicia e Consellería de Política Social e Igualdade.

o) Gardar o segredo profesional, por parte da entidade concertada e do persoal que teña relación directa ou indirecta coas persoas usuarias do programa previsto neste prego, sobre todas as informacións, documentos e asuntos a que teñan acceso ou coñecemento durante a vixencia do concerto, estando obrigados a non facer público nin allear cantos datos coñezan como consecuencia ou con ocasión da súa execución, mesmo despois de finalizar o prazo contractual.

A entidade comprométese expresamente ao cumprimento íntegro do disposto na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE, así como a formar e informar o seu persoal nas obrigas que de tales normas dimanan.

p) Cumprir o establecido na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, en particular o establecido en relación coa comprobación de antecedentes de delitos sexuais e trata de seres humanos na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e adolescencia fronte á violencia.

q) Cumprir coas disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade social, de seguridade e saúde laboral e igualdade de xénero. Ademais, deberá proporcionarlles aos seus traballadores e traballadoras un traballo de calidade e estable, protexelos fronte aos accidentes e riscos laborais e promover condicións de conciliación familiar e laboral e de igualdade de xénero.

r) Cumprir as disposicións vixentes en materia fiscal, de integración social de persoas con discapacidade, de prevención de riscos laborais e de protección do ambiente que estableza a normativa vixente, os convenios colectivos que sexan de aplicación e as recollidas na convocatoria do concerto social. En particular, deberán cumprir coa cota de reserva de postos de traballo para persoas con discapacidade recollida no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e de inclusión social.

s) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda aquela outra información necesaria para que esta cumpra as obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

t) Facilitar ás persoas usuarias formularios de suxestións e queixas sobre a prestación dos servizos concertados, que se poderán presentar ante a Administración ou ben ante a propia entidade concertada. A entidade concertada deberá remitir as suxestións e queixas recibidas á Administración.

u) Cumprir coas obrigas establecidas na base vixésimo sexta das bases reguladoras do concerto social.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file