DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 2025 Páx. 56236

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 27 de outubro de 2025 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga de ámbito nacional convocada polo Sindicato Estatal de Técnicos Superiores Sanitarios (SIETESS) para os días 30 e 31 de outubro e os días 3 e 4 de novembro de 2025, e que afecta os técnicos superiores sanitarios que prestan servizo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa traballadora o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, nas entidades e nas institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e nas competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O desempeño da prestación da asistencia sanitaria non pode verse afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este. Isto implica a necesidade de conxugar o dito exercicio cun axeitado establecemento dos servizos mínimos naquelas áreas e actividades que repercuten na xestión dos servizos sanitarios, para preservar, en último termo, o propio dereito á vida e á integridade física das persoas usuarias dos ditos servizos.

O artigo 3 do citado decreto faculta os/as conselleiros/as competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, establezan o mínimo de actividade necesaria para aseguraren o mantemento de tales servizos, así como para a determinación do persoal preciso para a súa prestación.

O Sindicato Estatal de Técnicos Superiores Sanitarios comunicou unha folga de ámbito nacional, que afectará a todos os técnicos superiores sanitarios, entre os que se atopan os que prestan servizos nos centros e establecementos sanitarios dependentes do Servizo Galego de Saúde e das entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo consta de xeito literal na convocatoria, a folga levarase a cabo os días 30 e 31 de outubro, e os días 3 e 4 de novembro de 2025 durante as 24 horas de cada día (xornada completa), comezando ás 22.00 horas do día previo a cada data convocada para as quendas nocturnas «clásicas» (das 22.00 ás 8.00 horas) e ás 20.00 horas do día previo a cada data convocada para aqueles que traballan con modalidade de quendas de 12 horas (das 20.00 ás 8.00 horas).

Con base no que antecede e logo da audiencia ao comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

A folga convocada entenderase condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen nesta orde, circunscrita ao ámbito da asistencia sanitaria.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manteren a cobertura axeitada do servizo esencial de asistencia sanitaria nos centros sanitarios, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. E asemade, responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, a cal baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.

Por iso, mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantiren a asistencia imprescindible a doentes hospitalizados, así como a atención urxente e permanente ás persoas usuarias e aos servizos sanitarios que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Estes criterios xa foron establecidos en folgas anteriores e responden á necesidade de garantir a asistencia sanitaria esencial nos días laborables, estimando que, para estes efectos, non resultan suficientes, en todos os casos nin en todas as áreas de actividade, as presenzas previstas para as fins de semana.

Ademais, cómpre ter en conta a maior duración desta folga respecto da realizada no mes de xuño, así como o feito de que, neste caso, coincide cunha fin de semana intermedia.

En canto ás diferenzas nos servizos mínimos entre centros, e dado que os criterios reitores son os mesmos, maniféstase que as ditas diferenzas responden a variacións na organización da actividade e á propia estrutura física dos centros de atención especializada de cada área sanitaria.

De acordo coa motivación anterior, establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións afectadas:

I. Persoal da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos: o persoal mínimo necesario para a cobertura da subministración de sangue e hemoderivados, a coordinación das doazóns, os transplantes de órganos e os implantes de células e tecidos.

No eido da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manteren a cobertura axeitada da subministración de sangue e hemoderivados a todos os centros sanitarios, tanto públicos como privados, do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como para evitaren que se produzan prexuízos aos doadores e, consecuentemente, aos posibles receptores. Na mesma medida deben garantirse a coordinación das doazóns, os transplantes de órganos e os implantes de células e tecidos, velando polo cumprimento dos estándares de calidade vixentes e a lexislación de aplicación.

II. Persoal da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica: o persoal mínimo para garantir a realización de determinacións e probas complementarias urxentes e inaprazables a criterio do persoal facultativo.

III. Persoal nas institucións sanitarias públicas e privadas, os criterios de determinación do persoal para a cobertura dos servizos mínimos serán os seguintes:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nos seguintes ámbitos:

– Servizos de urxencias: probas complementarias urxentes.

– Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención das persoas usuarias que requiran intervención cirúrxica inaprazable.

– Salas de partos.

– Laboratorios de urxencias.

– A atención do 100 % das probas complementarias urxentes.

Nas áreas sinaladas é imprescindible a cobertura do 100 % da actividade urxente, dado que non é posible prever as necesidades, por non ser unha actividade programable e, posto que nestes casos é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, sendo necesaria a presenza dun equipo sanitario completo en todo momento, que non pode quedar minguado pola falta de persoal en áreas clave como é o labor dos técnicos superiores sanitarios. Estes profesionais son esenciais para a correcta execución de procedementos, que, en moitos casos, son vitais para a estabilización e a recuperación dos pacientes.

2. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir a realización das probas complementarias dos/das pacientes hospitalizados/as, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

3. Na área das consultas estableceranse servizos mínimos nun dobre ámbito:

– Apoio á atención das consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes.

– Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables dos/das pacientes oncolóxicos/as que requiran tratamento citostático, incluídos os desprazados.

4. No ámbito dos servizos centrais, garantirase a realización de determinacións e probas complementarias urxentes e as que se refiren aos/ás pacientes hospitalizados/as, que, por criterio do persoal facultativo, sexan necesarias e inaprazables, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

5. Garantirase a dispensación de medicamentos, hemoderivados e produtos sanitarios, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

6. Unidades especiais: o número necesario para garantir a continuidade dos tratamentos, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

7. Garantirase a dispensación de sangue, medicamentos e produtos sanitarios, que, segundo o criterio do persoal facultativo, sexan necesarios.

8. Persoal técnico no ámbito da atención primaria (técnico especialista de hixiene bucodental): é imprescindible garantir un mínimo de atención que permita:

– A atención a doentes con tratamento en curso que non poida ser interrompido sen risco para a saúde.

– A prevención de urxencias bucodentais evitables.

– O control de infeccións que poidan ter unha repercusión sistémica.

9. Persoal técnico sanitario noutras áreas de traballo ou servizo: estableceranse, con carácter xeral, un número equivalente ao dos domingos ou festivos.

Nas restantes áreas de actividade en que sexa necesaria unha prestación continuada dos servizos para o seu correcto funcionamento, que conten con persoal convocado á folga, e que xa dispoñen de persoal os domingos e festivos, os mínimos necesarios serán os que traballan de xeito habitual neses días.

Artigo 2

Con base nos criterios establecidos anteriormente, no anexo desta orde recóllese o número de efectivos precisos para cubrir os servizos mínimos durante a folga nas institucións públicas dependentes da Consellería de Sanidade.

As empresas privadas que presten servizos no ámbito da sanidade de Galicia deberán fixar o persoal necesario para garantir a prestación de recoñecida e inaprazable necesidade, de acordo cos criterios establecidos no anterior precepto.

A fixación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá estar adecuadamente motivada.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse adecuadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

A relación de persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicada nos taboleiros de anuncios do centro ou da entidade con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos –que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio– será determinada pola respectiva institución e notificada aos/ás profesionais designados/as.

O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

Artigo 3

Os paros e as alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e os efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías das persoas usuarias dos establecementos sanitarios. Os altercados ou os incidentes que se produzan serán obxecto de sanción conforme as normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2025

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Provincia da Coruña

Área Sanitaria da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

17

13

9

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

17

14

7

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

1

1

-

Técnico/a superior en dietética

1

1

-

Hospital Virxe da Xunqueira-Cee:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

2

1

1

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

2

1

1

Área Sanitaria de Ferrol

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

15

5

4

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

5

3

2

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

2

-

-

Técnico/a superior en dietética

1

1

-

Técnico/a superior en documentación e administración sanitarias

1

-

-

Técnico/a superior en hixiene bucodental

2

1

-

Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

14+3¹

12+3¹

7+3¹

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

31

17

5

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

3

3

2

Técnico/a superior en documentación e administración sanitarias

-

-

-

Técnico/a superior en dietética

1

-

-

¹ Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico, 3 gardas localizadas en cada quenda para trasplantes.

Hospital Público da Barbanza:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

2

2

2

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

2

2

1

Provincia de Lugo

Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Lucus Augusti:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

5

7

4

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

11

8

6

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

2

-

-

Técnico/a superior en radioterapia e dosimetría

4

2

-

Hospital Público de Monforte:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

2

2

1

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

2

2

1

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

1

-

-

Hospital Público da Mariña:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

2

2

1

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

3

2

2

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

1

-

-

Provincia de Ourense

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

4

5

4

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

5

4

3

Técnico/a superior en radioterapia e dosimetría

5

4

-

Técnico/a superior en dietética

1

2

-

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

1

1

Hospital de Verín:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

1

1

1

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

1

1

1

Hospital Público de Valdeorras:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

1

1

1

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

1

1

1

Provincia de Pontevedra

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario de Pontevedra:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

2

-

-

Técnico/a superior en dietética

1

1

-

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

6

3

4

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

9

6

3

Hospital do Salnés:

Servizos mínimos

Maña

Tarde

Noite

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

2

2

1

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

2

2

1

Área Sanitaria de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

16

9

8

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

15

11

7

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico

3

1

-

Técnico/a superior en dietética

2

1

-

Técnico/a superior en hixiene bucodental

2

-

-

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Localidade

Servizo

Categoría

Mañá

Tarde

Noite

Ourense

Medicina nuclear

Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear)

2

-

-

Vigo

Diagnóstico por imaxe unidade móbil

Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear)

4

1

-

Medicina nuclear-PET

Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear)

1

2

-

Oncoloxía radioterápica

Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en radioterapia e dosimetría)

10

9

-

Radiofísica

Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en radioterapia e dosimetría)

2

1

-

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

Localidade

Servizo

Categoría

Mañá

Tarde

Noite

Santiago

FPGMX

Técnico/a especialista (técnico/as superiores en anatomía patolóxica e citodiagnóstico ou en laboratorio clínico e biomédico)

7

-

-

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS)

Servizos mínimos: técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

30.10.2025

31.10.2025

3.11.2025

4.11.2025

Mañá

Tarde

Noite

Maña

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Control calidade

1

1

-

1

1

-

1

1

-

1

1

-

HLA

1

1

-

1

1

-

1

1

-

1

1

-

Criobioloxía

1

1

-

1

1

-

1

1

-

1

1

-

Procesamento analítico

1

1

1

1

1

1

1

1

Produción e distribución

5

5

5

5

3

5

5

5

¹ En quenda de garda.