O 17 de novembro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503H). A Resolución do 3 de xullo de 2024 (DOG núm. 133, do 10 de xullo) ampliou o importe total do crédito das axudas establecidas na Resolución do 10 de novembro de 2023 por un importe de 1.357.103,78 €.
O artigo 7.7 das bases reguladoras da mencionada Resolución do 10 de novembro de 2023 sinala que para os proxectos tractores de competitividade e sustentabilidade turística o prazo de execución abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o 31 de outubro de 2025 e para os proxectos tractores dinamizadores do turismo cultural o prazo de execución abarcará desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de outubro de 2025. O artigo 25.1. indica que as persoas beneficiarias das axudas quedan obrigadas a acreditar, como data límite o 31 de outubro de 2025, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do investimento subvencionable en virtude do establecido na resolución de concesión que lles foi notificada.
Estes prazos baséanse tanto no Real decreto 1073/2021, do 7 de decembro, polo que se regula a concesión directa de subvencións destinadas ao financiamento do Plan nacional de sustentabilidade turística en destinos Xacobeo 2021, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, co obxecto de regular as axudas en réxime de concesión directa ao Plan nacional de sustentabilidade turística en destinos Xacobeo 2021, para a realización de actuacións no ámbito do Camiño de Santiago como na Resolución do 23 de decembro de 2022 pola que se concede unha subvención á Comunidade Autónoma de Galicia ao abeiro do Real decreto 1073/2021, do 7 de decembro, polo que se regula a concesión directa de subvencións destinadas ao financiamento do Plan nacional de sustentabilidade turística en destinos Xacobeo 2021, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. Ambas as dúas normas establecían como prazo inicial para a execución das subvencións concedidas ao seu abeiro o 31 de outubro de 2025.
Non obstante, o Real decreto 635/2025, do 15 de xullo, polo que se modifica o Real decreto 1073/2021, do 7 de decembro, polo que se regula a concesión directa de subvencións destinadas ao financiamento do Plan nacional de sustentabilidade turística en destinos Xacobeo 2021, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, modifica o dito prazo para equiparar os prazos de execución aos do resto de plans de sustentabilidade turística en destino, que estarán finalizados no segundo trimestre de 2026, conseguindo, polo tanto, homoxeneizar todos os investimentos xestionados no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Coa modificación normativa efectuada amplíase o prazo de execución ata o 30 de maio de 2026. Así mesmo, o prazo de xustificación será dun mes ata o 30 de xuño de 2026. Así se recolle tamén na Resolución do 21 de outubro de 2025, da Secretaría de Estado de Turismo, pola que se modifica a Resolución do 23 de decembro de 2022 pola que se concede unha subvención á Comunidade Autónoma de Galicia ao abeiro do Real decreto 1073/2021, do 7 de decembro, polo que se regula a concesión directa de subvencións destinadas ao financiamento do Plan nacional de sustentabilidade turística en destinos Xacobeo 2021, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Á vista das dificultades existentes para que as persoas beneficiarias poidan finalizar as actuacións dentro do prazo previsto na resolución de concesión, debido á complexidade dos proxectos presentados, en particular os proxectos tractores dinamizadores do turismo cultural, resulta aconsellable ampliar o prazo de execución das actuacións e de xustificación previstos pola Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503H).
Esta ampliación é conforme o prazo de finalización do investimento 1.2 do compoñente 14, recollido tanto na Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España (CID) como na addenda a este. Nos devanditos documentos indícase que os proxectos destinados a promover a sustentabilidade dos destinos turísticos no marco deste investimento deberán estar terminados como moi tarde o 30 de xuño de 2026. Así mesmo, a descrición do fito 221 da C14.I1 é a seguinte: finalización dos proxectos de promoción da sustentabilidade turística en Certificación da execución T2 2026, é dicir, prevese igualmente o segundo trimestre de 2026 como prazo de finalización dos devanditos proxectos.
Dado que, á vista da normativa antes exposta é posible e que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar os artigos 7.7 e 25.1 das bases reguladoras para ampliar o prazo de execución e xustificación ata o 30 de maio de 2026, o que permitirá unha mellor xustificación da subvención por parte das persoas beneficiarias.
O artigo 45.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), establece a posibilidade de que o órgano concedente das subvencións outorgue, salvo precepto en contra contido nas bases reguladoras, unha ampliación do prazo establecido para presentar a xustificación, que non excederá a metade deste e sempre que con iso non se prexudiquen dereitos de terceiros.
Por outra banda, remítese ao disposto con carácter xeral no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), no cal se indica que a ampliación poderá acordarse de oficio ou por instancia de parte antes do vencemento do prazo de que se trate e se as circunstancias así o aconsellan.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ampliación do prazo de execución e xustificación
1. Modificar o artigo 7.7 das bases reguladoras da Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503H), que queda redactado da seguinte maneira:
«O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto. Para os proxectos tractores de competitividade e sustentabilidade turística o prazo de execución abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o 30 de maio de 2026. Para os proxectos tractores dinamizadores do turismo cultural o prazo de execución abarcará desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 30 de maio de 2026».
2. Modificar o artigo 25.1 das bases reguladoras da Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503H), que queda redactado da seguinte maneira:
«1. As persoas beneficiarias das axudas quedan obrigadas a acreditar, como data límite o 30 de maio de 2026, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do investimento subvencionable en virtude do establecido na resolución de concesión que lles foi notificada. En caso de non xustificarse a totalidade do investimento subvencionable, a subvención será minorada na mesma proporción. En calquera caso, a entidade beneficiaria deberá xustificar unha porcentaxe mínima do 50 % do investimento subvencionable; de non acadarse ese mínimo, enténdese que non se lograron os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, determinarase a perda do dereito a cobrar a subvención concedida. Se a xustificación é superior ao 50 %, pero sen acadar o 100 % do investimento subvencionable, percibirase a subvención proporcional correspondente ao investimento xustificado admisible, sempre que se cumpra o resto das condicións de concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.
Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia de Turismo de Galicia na resolución de concesión da subvención e responder, de xeito indubidable, á natureza da actividade subvencionada.
O investimento xustificado deberá coincidir coa resolución de concesión da subvención ou coas modificacións autorizadas».
Segundo. Prazo de presentación de solicitudes
A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a apertura dun novo prazo para presentar novas solicitudes.
Terceiro. Recursos
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
a) Recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.
Cuarto. Entrada en vigor
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2025
José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia
